Efeméride

Efeméride significa, en latín, "memorial diario", "calendario" (ephemeris, ìdis) ou, en grego, "de cada día" (ephémerís, îdos). A palabra efémero/a ("que dura un día") ten a mesma etimoloxía.

Efemérides cronolóxicas

Véxase tamén: Wikipedia:Efemérides destacadas.

Unha efeméride é un feito relevante escrito para ser lembrado ou conmemorado nun certo día, ou unha sucesión cronolóxica de datas e os seus respectivos acontecementos. Así, na prensa escrita resulta xa habitual incluír unha sección que, baixo o título efemérides, recolle distintos acontecementos importantes ocorridos nesa mesma data ó longo da historia.

Efemérides astrolóxicas e astronómicas

Na forma plural, efemérides, é o termo usado por magos, astrólogos e monarcas para anunciaren tanto as ocorrencias dalgúns acontecementos celestiais, como as eclipses e cometas, como para como escoller a posición dos astros para sinaturas e tratados imperiais segundo a posición dos astros de cada día, normalmente encontrados nun conxunto de táboas denominadas hoxe efemérides astronómicas, e que indican a posición dos astros para cada día do ano.

En astronomía, unha efeméride é un suceso astronómico puntual no tempo: poden ser eclipses, aliñamentos, oposicións planetarias, equinoccios ou solsticios, apoxeos e perixeos, impactos, etc.

Acimut

O acimut é o arco do horizonte entre o punto norte e o círculo vertical que pasa por un corpo celeste. Mídese desde o norte no sentido das agullas do reloxo, de xeito tal que o norte é 0º, leste 90º, sur 180º, oeste 270º e outra vez norte 360º.

Albedo

Albedo é unha medida da reflectividade difusa ou poder reflectante dun corpo ou dunha superficie. É a razón entre a radiación electromagnética reflectida e a cantidade incidente.

Esta fracción acostúmase a presentar como unha porcentaxe, entre 0% e 100%, e é un importante concepto da astronomía e mais da climatoloxía. A proporción depende da frecuencia da radiación considerada: se non se especifica, refírese a unha media ao longo do espectro da luz visible. Tamén depende do ángulo de incidencia da radiación.

En astronomía, o albedo dos satélites e asteroides pódese utilizar para inferir acerca da composición da superficie, especialmente sobre a cantidade de xeo. En astronomía ofrece un medio indirecto de pescudar a natureza dun astro mediante a comparación do seu albedo co de materias coñecidas: o máis alto corresponde ó do planeta Venus, o máis baixo a algúns asteroides carbonáceos e así como ós satélites marcianos Fobos e Deimos.

En física nuclear, o albedo é a capacidade, por parte dunha substancia, de reflectir neutróns. Mídese polo cociente entre o número de neutróns reflectidos e o número total de neutróns emitidos.

Apse

Un apse (do grego ἁψίς) é o punto de maior ou menor distancia dun corpo a un dos focos da súa órbita elíptica. En mecánica celeste este foco é tamén o centro de atracción, que é normalmente o centro de masas do sistema.

O punto de máxima aproximación (o punto no que os dous corpos están máis cerca) chámase periapse ou pericentro, namentres que o punto de maior afastamento chámase apoapse ou apocentro. Á liña recta trazada cruzando o apoapse e o periapse chámaselle liña de ápsides, e coincide co eixo maior da elipse, que é a liña que atravesa a parte máis longa dunha elipse.

Os termos derivados úsanse para identificar o corpo orbitado. Os máis comúns son perixeo (do grego περί peri = arredor de, e Γαῖα Gaia = Terra) -punto da órbita máis preto da Terra- e apoxeo (do grego ἀπό apó = lonxe, e Γαῖα Gaia = Terra) para referirse a órbitas arredor da Terra e perihelio (do grego περί perí = arredor de, e ἥλιος Helios = Sol) e afelio (do grego ἀπό apó = lonxe, e ἥλιος Helios = Sol) para referirse a órbitas arredor do Sol. Para órbitas arredor da Lúa úsanse os termos perilúa e apolúa.

Astronomía

A astronomía, que significa etimoloxicamente "as regras das estrelas" ou astro-nomos, é a ciencia encargada de observar e explicar os corpos e os eventos fóra da Terra. Unha materia relacionada pero distinta é a cosmoloxía, que se encarga de estudar o universo como conxunto.

Despois de comprender que os elementos que forman os "obxectos celestes" son os mesmos que conforman a Terra, e que as leis da física aplícanse do mesmo xeito, naceu a astrofísica como unha aplicación da física ós fenómenos observados pola astronomía.

Os astrónomos necesitan unha gran preparación en física, e as observacións fanse sempre nun contexto astrofísico, estando ligados con frecuencia ambos os campos.

Diagrama de Hertzsprung-Russell

O Diagrama de Hertzsprung-Russell entre a magnitude e o tipo estelar, exactamente entre a magnitude dunha estrela coa súa temperatura superficial, baseado no traballo de Annie Jump Cannon. Debe o seu nome ós seus descubridores. Este diagrama serve para estudar a evolución das estrelas. Destaca a evolución da chamada secuencia principal, dende a esquina superior esquerda, estrelas masivas e quentes ata a esquina inferior dereita, frías e máis escuras.

Fóra da secuencia principal, vense as ananas brancas, e as superxigantes vermellas, e tódalas súas subdivisións.

Día de Internet

O Día de Internet é unha efeméride que se celebra en España o 17 de maio, impulsada pola Asociación de Usuarios de Internet. Celebrouse por primeira vez o 25 de outubro de 2005. Pouco tempo despois, a Cume da Sociedade da Información celebrada en Tunes en novembro de 2005, decidiu propoñer á ONU a designación do 17 de maio como o Día Mundial da Sociedade da Información, polo que se moveu o denominado Día de Internet á devandita data.

Eclíptica

De xeito tradicional, chamábase eclíptica á liña imaxinaria que describía a traxectoria do Sol sobre a esfera celeste ó longo dun ano. En realidade (sistema heliocéntrico do sistema solar) a eclíptica é a proxección da traxectoria da Terra arredor do Sol ao longo dun ano, formando así unha liña imaxinaria (un círculo máximo da esfera celeste) que forma un ángulo duns 23º27' con respecto ó ecuador celeste, e que por forza coincide coa eclíptica definida de xeito tradicional no modelo xeocéntrico.

Os dous puntos onde intersectan o círculo máximo da eclíptica e o círculo máximo do ecuador celeste son os equinoccios (os chamados primeiros Punto de Aries e Libra); os puntos da eclíptica máis ao norte (cara ao polo norte celeste) e máis ao sur do ecuador celeste (isto é cara ao polo sur celeste) son os solsticios, que tamén son perpendiculares aos equinoccios.

Ecuador celeste

O ecuador celeste é o círculo máximo determinado pola intersección da esfera celeste co plano perpendicular ao eixo terrestre. Divide a esfera celeste en hemisferio boreal, ou norte, e hemisferio austral, ou sur.

Podemolo definir dun xeito mais popular como o resultado de cortar imaxinariamente a esfera celeste (é a proxección mental das estrelas nunha esfera na que a Terra está no seu centro) nun punto medio entre ambolos dous polos celestes, e que por forza coincide coa liña do ecuador terrestre (pois é a súa proxección no ceo). En relación a eclíptica esta inclinado 23°27', o xeito mais claro de ver a eclíptica é observar un globo terraqueo (por iso os fan inclinados), en relación coa liña do ecuador pintada no mesmo.

É moi importante en astronomía pola facilidade que da aos astrónomos a hora de documentar as observacións no chamado sistema de coordenadas ecuatorial (onde o ecuador celeste é o punto orixe das coordenadas), sistema que permitiu a construción de monturas para telescopios mais doadas de usar, a chamada montura ecuatorial.

Esfera celeste

A esfera celeste e unha esfera ideal, sen radio definido, concéntrica no globo terrestre, na cal se moven aparentemente os astros.

Festa Nacional de España

A Festa Nacional de España (Festa Nacional d'Espanya, en catalán e valenciano; Fiesta Nacional de España, en castelán; Espainiako Jai Nazionala, en vasco) conmemora a efeméride histórica do Descubrimento de América por parte de España e o nacemento do Imperio Español. Antigamente era coñecido como Día da Raza ou Día da Hispanidade.

Hati (lúa)

Hati ou Saturno XLIII, é unha pequena lúa de Saturno. Foi descuberta por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 4 de maio do 2005, a partir de observacións feitas entre o 12 de decembro do 2004 e o 11 de marzo do 2005 e recibiu a designación temporal de S/2004 S 14.

Hati ten uns 6 kms de diámetro e orbita Saturno a unha distancia media de 20,303 millóns de kms en 1080,099 días, cunha inclinación orbital de 163° respecto da eclíptica (165° respecto do ecuador de Saturno), de movemento retrógrado e cunha excentricidade de 0,291.

Recibiu o seu nome oficial en abril do 2007 a partir da mitoloxía nórdica, nesta mitoloxía, Hati un lobo xigante, fillo de Fenrisulfr e irmán xemelgo de Skoll.

Luminosidade

En física de partículas defínese a luminosidade instantánea como o número de partículas por unidade de superficie e por unidade de tempo nun feixe. Mídese en unidades inversas de sección eficaz por unidade de tempo. Ó integrar esta cantidade durante un período de tempo obtense a luminosidade integrada, a cal mídese en unidades inversas de sección eficaz (como por exemplo o pb−1). Canto maior é esta cantidade, maior é a probabilidade de que se produzan sucesos interesantes nun experimento de altas emerxías. Dado un proceso cuxa sección eficaz coñecemos (X), para unha luminosidade integrada, L, xa dada, podemos estimar o número de veces que se vai producir ese suceso simplemente multiplicando ambas cantidades:

Número de sucesos = L × XEn astronomía, a luminosidade é a cantidade de enerxía por unidade de tempo emitida en tódalas direccións por un corpo celeste. Está directamente relacionada coa magnitude absoluta. Habitualmente se mide por comparación coa luminosidade do Sol.

Noutras ciencias, como a xeoloxía, a luminosidade instantánea (que neste caso emiten rochas, cristais ou minerais) é denominada brillo

Magnitude absoluta

A magnitude absoluta é unha expresión usada en astronomía para referirse á magnitude aparente que tería unha estrela se estivese situada a dez parsecs de distancia do punto de vista.

En efecto, non todas as estrelas teñen o mesmo brillo. Para poder ordenar o seu brillo estableceuse primeiramente a relación empírica da magnitude aparente ou relativa, na que as estrelas máis brillantes teñen magnitudes máis pequenas. Deste xeito, unha estrela moi brillante tería magnitude 0 ou 1, e unha estrela moi débil, case inapreciable a simple vista tería magnitude 6.

Como non tódalas estrelas están á mesma distancia e o seu brillo depende fortemente da súa proximidade á Terra, estableceuse unha distancia estándar para poder comparar o brillo de todas. Esta distancia é o parsec, que son aproximadamente 3,26 anos luz. Pois ben, na magnitude absoluta tómase como distancia de referencia 10 parsecs e así pódese comparar obxectivamente o brillo das estrelas.

Magnitude aparente

A magnitude aparente (m) dunha estrela, planeta ou outro corpo celeste é unha medida do seu brillo aparente, é dicir, a cantidade de luz que se recibe do obxecto. Mentres que a cantidade de luz recibida depende realmente do ancho da atmosfera, as magnitudes aparentes normalízanse a un valor que terían fóra da atmosfera. Nótese que o brillo aparente non é igual ao brillo real (un obxecto extremadamente brillante pode aparecer absolutamente débil se está lonxe). A relación na cal o brillo aparente cambia, mentres que a distancia dun obxecto aumenta, é calculada pola lei da inversa do cadrado. A magnitude absoluta, M, dun obxecto, é a magnitude aparente que tería se estivese a 10 parsecs.

Magnitude bolométrica

En astronomía, magnitude bolométrica é o fluxo de enerxía total emitido por unha estrela, calculado como a suma da enerxías emitidas en todas os lonxitudes de onda.

Nadir

Nadir é o punto inferior da esfera celeste, segundo a perspectiva dun observador na superficie do astro onde se atopa. Esta baixo os pés do observador, do outro lado do planeta.

Narvi (lúa)

Narvi ou Saturno XXXI, é unha lúa de Saturno. Foi descuberta por un equipos de astrónomos liderados por Scott S. Sheppard no 2003 e recibiu a designación temporal de S/2003 S 1.

Trópico

Os trópicos son paralelos xeográficos que limitan a zona por onde o Sol pasa polo zénit. Representan a traxectoria aparente diúrna da proxección do Sol sobre a superficie terrestre nos solsticios.

Glosario de astronomía

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.