Edward Bellamy

Edward Bellamy, nado o 26 de marzo de 1850 e finado o 22 de maio de 1898, foi un escritor americano principalmente coñecido pola súa novela de ficción científica ambientada no ano 2000, Looking Backward, publicada en 1888; hai unha tradución desta obra ao galego intitulada Se o socialismo chegase, feita por Tomás González Ahola, en Urco, 2009. Tamén existe unha tradución a cargo de Elena Maure Noia da obra The Parable of the Water Tank, publicada en BIVIR co título A parábola do depósito de auga e distribuída en papel en 2014 nunha edición da Asociación de Tradutores Galegos.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Edward Bellamy
Edward Bellamy - photograph c.1889
Nacemento26 de marzo de 1850
 Chicopee
Falecemento22 de maio de 1898
 Chicopee
Causatuberculose
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUnion College
Ocupaciónescritor, novelista, xornalista e escritor de ciencia ficción
Coñecido/a porLooking Backward
Appletons' Bellamy Edward signature
22 de maio

O 22 de maio é o 142º día do ano do calendario gregoriano e o 143º nos anos bisestos. Quedan 223 días para finalizar o ano.

26 de marzo

O 26 de marzo é o 85º día do ano do calendario gregoriano e o 86º nos anos bisestos. Quedan 280 días para finalizar o ano.

Tarxeta de crédito

Unha tarxeta de crédito é unha tarxeta de plástico cunha banda magnética, moitas veces acompañada por un microchip, e un número sobreimpreso que se emprega para facer pagos en todos os establecementos que aceptan o servizo, sen ter que usar cartos e ata un determinado límite estabelecido pola tarxeta do banco emisor. Unha tarxeta de crédito é diferente dunha tarxeta de cargos, na que se require que o saldo sexa pagado na súa totalidade cada mes.

Tomás González Ahola

Tomás González Ahola, nado en Vilaboa o 14 de febreiro de 1981, é un tradutor, escritor e editor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.