Educación primaria

A educación primaria é a que asegura a correcta alfabetización, é dicir, que ensina a ler, a escribir, o cálculo básico e algúns dos conceptos culturais considerados imprescindibles. A súa finalidade é proporcionar a todo o alumnado unha formación común que faga posible o desenvolvemento das capacidades individuais motrices, de equilibrio persoal; de relación e de actuación social coa adquisición dos elementos básicos culturais; as aprendizaxes relativas mencionados anteriormente. É o primeiro paso para a educación secundaria e superior. Na maioría de países constitúe un estadio obrigatorio e impártese en escolas ou colexios. Os nenos e nenas deben comezar a educación primaria coincidindo co ano natural no que cumpren 6 anos e normalmente rematan aos 12.

Sistema educativo español
Réxime xeral
Réxime especial

Obxectivos

Os obxectivos xerais deste período educativo son:

  • Comprender e producir mensaxes orais e escritas en castelán e, no seu caso, na lingua propia da comunidade autónoma, atendendo a diferentes intencións e contextos de comunicación, así coma comprender e producir mensaxes orais e escritos sinxelos e contextualizados nunha lingua estranxeira, xeralmente inglés.
  • Comunicarse a través dos medios da expresión verbal, corporal, visual, plástica, musical e matemática, desenvolvendo o razoamento lóxico, verbal e matemático, así coma a sensibilidade estética, a creatividade e a capacidade para gozar das obras e manifestacións artísticas.
  • Empregar na resolución de problemas sinxelos os procedementos oportunos para obter a información pertinente e representala mediante códigos, tendo en conta as condicións necesarias para a súa solución.
  • Identificar e formular interrogantes e problemas a partir da experiencia diaria, empregando tanto os coñecementos e os recursos materiais dispoñibles coma a colaboración doutras persoas para resolvelo de forma creativa.
  • Actuar con autonomía nas actividades habituais e nas relacións de grupo, desenvolvendo as posibilidades de levar a cabo iniciativas e de establecer relacións afectivas.
  • Colaborar na realización e planificación de actividades en grupo, aceptar as normas e regras que democraticamente se establezan, articular os obxectivos e intereses propios cós dos outros membros do grupo, respectando puntos de vista distintos, e asumir as responsabilidades que correspondan.
  • Establecer relacións equilibradas e construtivas coas persoas en situacións sociais coñecidas, comportarse de maneira solidaria, recoñecendo e valorando criticamente as diferenzas de tipo social e rexeitando calquera discriminación baseada en diferenzas de sexo, clase social, crenzas, raza e outras características individuais e sociais.
  • Apreciar os valores básicos que rexen a vida e a convivencia humana e obrar de acordo con eles.
  • Comprender e establecer relacións entre feitos e fenómenos da contorna natural e social, e contribuír activamente, no posible, á defensa, conservación e mellora do medio ambiente.
  • Coñecer o patrimonio cultural, participar na súa conservación e mellora, e respectar a diversidade lingüística e cultural coma dereito dos pobos e individuos, desenvolvendo unha actitude de interese e respecto do exercicio deste dereito.
  • Coñecer e apreciar o propio corpo e contribuír ó seu desenvolvemento, adoptando hábitos de saúde e benestar e valorando as repercusións de determinadas condutas sobre a saúde e a calidade de vida.

A educación organizase nas seguintes áreas impartidas polos Mestres/as:

Comprende seis cursos académicos, desde os 6 aos 12 anos e ten carácter obrigatorio. Estruturase en tres ciclos de dous cursos cada un, para os que se establecen uns obxectivos xerais para cada etapa: ciclo inicial (de 6 a 8 anos), ciclo medio (de 8 a 10 anos) e ciclo superior (10 a 12 anos). Esta é a primeira etapa obrigatoria do sistema educativo polo que deben incorporarse a ela todos os nenos e nenas de 6 anos independentemente de se realizaron ou non a Educación Infantil.

Aprendizaxe

A aprendizaxe é o proceso de adquirir coñecementos, habilidades, actitudes ou valores, a través do estudo, a experiencia ou a ensinanza. Existen diversas teorías da aprendizaxe, que analizan desde unha ollada particular este proceso, como as construtivistas, a teoría de Jean Piaget, a visión da Psicoloxía condutista, a aprendizaxe segundo Vygotsky ou os tipos de aprendizaxe descritos por Ausubel.

A actual Lei Orgánica de Educación, desenvolvida no currículo aprobado polo parlamento de Galicia o 28 de xuño de 2007 que establece a ordenación da educación primaria, basea a aprendizaxe na adquisición das competencias básicas.

Bangladesh

Bangladesh ou Bangladés (en bengalí: বাংলাদেশ), formalmente República Popular de Bangladesh (en bengalí: গণপ্রজাতন্ত্রী বাংলাদেশ Gônôprôjatôntri Bangladesh) é un estado da Asia Meridional, localizado no fértil delta do Ganxes. Fai fronteira coa República da India polo norte, oeste e leste, con Myanmar polo sueste e co Golfo de Bengala polo sur. Está separado do Nepal e de Bután polo territorio indio coñecido como Corredor de Siliguri. Xunto co estado indio de Bengala Occidental, forma parte da rexión etno-lingüística de Bengala. O nome de Bangladesh significa "País de Bengala" en lingua bengalí.

As fronteiras da moderna Bangladesh foron delimitados durante a Partición de Bengala e a India británica en 1947, cando a rexión se converteu nunha rexión do estado de Paquistán. Debido á exclusión política, á discriminación étnica e lingüística, á dominación económica polo estado de Paquistán e a unha combinación de axitacións populares, o nacionalismo e a desobediencia civil conduciron á Guerra de Liberación de Bangladesh en 1971, que resultou na separación e independencia mediante a formación do estado de Bangladesh. Despois da independencia, o novo estado proclamou unha democracia multipartidista secular. O país afrontouse dende entón á pobreza, á fame, á inestabilidade política e a numerosos golpes militares. A restauración da democracia en 1991 foi seguida dun relativo período de calma e progreso económico.Bangladesh é unha república parlamentaria cun parlamento electo chamado Jatiyo Sangshad. Cunha poboación de máis de 160 millóns de persoas nun territorio de 147 570 km2, Bangladesh é o oitavo país do mundo máis poboado, así como o estado máis densamente poboado do planeta. Os bengalís son o grupo étnico maioritario do país, mentres que pobos indíxenas dos distritos do norte e do sueste son unha minoría diversa e significativa. A rexión do delta de Bengala ten un rico patrimonio cultural. As catro meirandes relixións do país son o islam (89%), o hinduísmo (9%), o budismo (1%) e o cristianismo (0.5%).

Bangladesh é considerada unha economía dos próximos once. De acordo coas Nacións Unidas no 2010, o país fixo a comezos do século XXI grandes esforzos de desenvolvemento humano, incluíndo significativos progresos nas áreas de igualdade de xénero, educación primaria universal, apoio á muller, redución do crecemento da poboación, produción de comida, saúde e enerxías renovables. A porcentaxe de pobreza diminuíu considerablemente dende a independencia, e a renda per cápita duplicouse dende os valores de 1975. As grandes cidades como Dacca e Chittagong foron as principais responsables do recente crecemento. Porén, o páis continúa enfrontándose a numerosos problemas sociais e políticos, como a corrupción burocrática e política, a pobreza, a inestabilidade política, a superpoboación e a vulnerabilidade ó cambio climático.

Bangladesh é un pioneiro e membro fundador de ASACR. É o maior contribuidor do mundo largest contributor das Forzas da paz das Nacións Unidas. É membro do D-8, do BIMSTEC e da Commonwealth, da Organización da Conferencia Islámica, do Movemento de Países Non Aliñados e do G-77.

Bunscoill Ghaelgagh

Bunscoill Ghaelgagh é unha escola de primaria cuxa lingua de instrución é a lingua manx en St John's, Illa de Man. É a única escola do mundo na que os cativos reciben as súas aulas exclusivamente en manx e que posibilita que os nenos dominen a lingua. O alumnado pode continuar a súa educación no instituto de educación secundaria Queen Elizabeth II High School en Peel, onde se ofrece a partir dos 12 anos unha materia (GCSE) en lingua manx.

Carballido, A Fonsagrada

Santa María de Carballido é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 210 habitantes (104 homes e 106 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2007, cando tiña 266.

Carlos Pedreira López

Carlos Pedreira López, nado o 8 de setembro de 1945 en Pontedeume, é un naturalista, ornitólogo, delineante naval e mestre de educación primaria galego.

Colexio Público Gregorio Sanz

O colexio público Gregorio Sanz é un centro de educación primaria de Ribadeo. Dende 1994 debe o seu nome ó mestre e pedagogo Gregorio Sanz.

Nel o alumnado pode cursar dende educación preescolar ata o 6º curso de educación primaria. En 2005 e cursos sucesivos rondaba os 400 alumnos e alumnas e 20 profesores e profesoras, despois dunha diminución suave pero persistende debido á baixa natalidade.

A construción ten un edificio principal con aulas, un edificio adxacente administrativo, un ximnasio e unha pista cuberta, así como abundante extensión de terreo circundante e outros servizos menores, como parque infantil e un comedor na planta baixa.

Está situado en fronte do IES Porta da Auga e do campo de fútbol.

Ten xornada partida. No 2014 propúxose cambiar a xornada continua, pero non foi aprobado. No curso 2018/2019 volveuse a propoñer.

Diplomatura

Unha diplomatura é unha carreira de ciclo curto de contido humanístico ou sanitario, isto é, diferente ás carreiras curtas técnicas (Arquitectura Técnica e a Enxeñería Técnica).

Pódese impartir en Escolas Universitarias non técnicas ou en facultades. As diplomaturas tenden a desaparecer na Unión Europea a partir da creación do Espazo Europeo de Educación Superior.

Educación infantil

Educación Infantil é o primeiro nivel educativo no sistema español. Precede á educación primaria (tamén coñecida coma educación básica) e non ten carácter obrigatorio. Actualmente o Real Decreto 1630/06 do 29 de decembro (a partir da LOE) regula as súas ensinanzas mínimas en todo o Estado. Xurdiu na década de 1990, cando as novas reformas da LOXSE estableceron a necesidade de ampliar a educación formal á poboación de ata seis anos de idade. Para isto sustentouse nas teorías psicodegágoxicas do construtivismo e de autores coma Jean Piaget, Lev Vygotski e a Liña de Desenvolvemento Curricular ou na pedagoxía progresista coñecida como a Escola Nova.

O seu obxectivo principal é "Contribuír ó desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual dos nenos" (LOE Art. 12.2) e parte dunha serie de principios elementais:

O enfoque globalizador.

O xogo como motor do desenvolvemento humano.

O principio de actividade.

Os espazos e tempos dentro do escenario educativo.

Promover aprendizaxes significativas no alumnado e partindo das ideas que xa posúen.

A importancia da atención á diversidade e a coordinación coas familias.

Educación secundaria

A educación secundaria é unha etapa do proceso educativo das persoas. No sistema educativo español actual, recollido na Lei Orgánica de Educación de 2006, abrangue unha etapa obrigatoria (ESO), e outra post-obrigatoria (Bacharelato e Formación profesional en ciclos formativos).

Educación secundaria obrigatoria

ESO redirixe a esta páxina. Para más información sobre o European Southern Observatory, véxase Observatorio austral europeo.A educación secundaria obrigatoria (ESO) é o nivel educativo en ensino medio en España, obrigado dende a implantación da LOGSE a comezos dos anos noventa.

Ensino

O ensino é o acto de transmisión de coñecementos e hábitos por parte dun mestre ou ensinante a uns alumnos. Normalmente desígnase con esta palabra a acción do profesor na educación formal, ou a do oficial ou experto nun traballo ou afección.

Tradicionalmente, consta dos seguintes elementos: docente, alumnos, avaliación, currículo ou materia a ensinar e escola ou marco de aprendizaxe.

Hoxe en día asóciase ensino só á transmisión de contidos, por iso prefírese falar de educación, que é un termo máis amplo, por referirse ás aprendizaxes.

Ensino superior

A expresión educación superior (ou ensino superior, estudos superiores) refírese ao proceso, os centros e as institucións educativas que están despois da educación secundaria ou media.

Nela pódese obter unha titulación superior (ou título superior).

Polo xeral o requisito de ingreso a calquera centro de ensino superior é ter 18 anos como mínimo, o que supón que se completaron a educación primaria e a educación secundaria antes de ingresar.

É común que existan mecanismos de selección dos postulantes baseados no rendemento escolar da secundaria ou exames de selección. Segundo o país, estes exames poden ser de ámbito estatal, local ou universitario. Noutros sistemas, non existe ningún tipo de selección.

Cómpre salientar tamén que cada vez máis institucións de ensino superior permiten, ou mesmo animan, o ingreso de persoas adultas sen que tiveran necesariamente éxito na educación secundaria; isto aplícase especialmente ás universidades abertas.

Escola primaria

Unha escola primaria é unha escola na que os nenos reciben educación primaria desde aproximadamente a idade de cinco a doce anos, o paso seguinte despois do preescolar e antes da escola secundaria (nalgúns países hai un paso intermedio de escola media entre a educación primaria e a secundaria). Na maioría do mundo, a educación primaria é o primeiro paso no ensino, e está normalmente dispoñible sen pagar, pero tamén se ofrecen escolas privadas independentes nas que cómpre pagar.

O termo escola primaria deriva do francés école primaire, que foi usado por vez primeira en 1802.

Escola primaria é o termo preferido no Reino Unido e outras moitas nacións, e na maioría das publicacións da UNESCO.

Escola elemental é o termo preferido nalgúns países, especialmente nos Estados Unidos e Canadá.

Indianapolis, Indiana

Indianapolis é a capital do estado americano de Indiana. De acordo co censo de 2000, a súa poboación é de 791.926, converténdoa na cidade máis poboada de Indiana. É, á súa vez, a capital do condado de Marion, que segundo o censo de 2003, tiña unha poboación de 863.216 habitantes. Foi fundada en 1821 e cobre unha área de 966,3 km².

O nome da cidade chégase a asociar co afundimento do cruceiro USS Indianapolis o 30 de xullo de 1945.

Lingua zulú

O zulú (en zulú, isiZulu) é unha lingua africana da familia nguni, que pertence ao grupo bantú, falada pola xente do pobo zulú. Fálana uns 10 millóns de persoas, que nun 95% viven en Suráfrica, onde é un dos 11 idiomas africanos oficiais desde 1994 e fálao o 25% da poboación. Ensínase en zulú na educación primaria e secundaria e tamén se editan libros e revistas.

Parque de Oza

O parque de Oza é un espazo verde cunha extensión de 55.000 metros cadrados situado na cidade da Coruña, no barrio do Castrillón, o que o converte nun espazo verde urbano e un pulmón para a cidade.

Suráfrica

A República de Suráfrica é unha república situada no extremo sur do continente africano, cunha liña de costa de 2.798 quilómetros entre os océanos Atlántico e Índico. Limita ao norte con Namibia, Botswana e Cimbabue; ao leste con Mozambique e Suacilandia; mentres que Lesoto é un país independente completamente rodeado polo territorio surafricano.

Suráfrica é coñecida pola súa variedade de culturas e linguas, sendo recoñecidos pola súa constitución once idiomas oficiais, dos que dous son de orixe europea: o afrikaans, unha lingua que xurdiu principalmente do neerlandés, e o inglés surafricano. Aínda que o inglés é a lingua máis utilizada na vida pública e de negocios, é tan só a quinta lingua máis falada nos fogares.

Ademais das linguas, o país é tamén etnicamente diverso. Ao redor do 79,2% da poboación surafricana é de orixe negra africana, dividida nunha gran variedade de grupos étnicos que falan diferentes linguas bantús, nove das cales teñen carácter oficial. En Suráfrica tamén viven grandes comunidades de europeos, hindús e etnicamante mixtas. Ao redor dunha cuarta parte da poboación carece de emprego e vive con menos dun euro ao día. Suráfrica é tamén un dos membros fundadores da Unión Africana, da cal posúe a economía máis grande de tódolos membros. Tamén foi membro fundador das Nacións Unidas e é membro entre outras organizacións da Commonwealth de Nacións, da Organización Mundial do Comercio ou do Fondo Monetario Internacional.

Tonga

O Reino de Tonga é un pequeno país situado ao leste de Australia e ao nordés de Nova Zelandia, ao sur do Océano Pacífico.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.