Eduardo de Woodstock

Eduardo de Woodstock (en inglés, Edward of Woodstock), nado en Woodstock, o 15 de xuño de 1330 e finado en Londres o 8 de xuño de 1376, foi un príncipe inglés fillo do rei Eduardo III. Foi coñecido co alcume do Príncipe Negro, debido á cor da súa armadura.

Eduardo de Woodstock
Edward the Black Prince - Illustration from Cassell's History of England - Century Edition - published circa 1902
Nacemento15 de xuño de 1330
 Woodstock
Falecemento8 de xuño de 1376
 Palacio de Westminster
CausaDisentería
SoterradoCatedral de Canterbury
NacionalidadeReino de Inglaterra
Ocupaciónmilitar, príncipe e político
PaiEduardo III de Inglaterra
NaiFilipa de Hainault
CónxuxeJoana de Kent
FillosRicardo II de Inglaterra, Edward of Angoulême e Roger Clarendon
IrmánsJoana de Inglaterra (1335–1348), Mary of Waltham, Margarida de Inglaterra, Condessa de Pembroke, Isabela de Coucy, Xoán de Gante, Edmundo de Langley, Leonel de Antuérpia e Tomás de Woodstock
Plantagenet, Edward, The Black Prince, Iconic Image
Eduardo de Woodstock, o Príncipe Negro

Traxectoria

En 1343 foi proclamado Príncipe de Gales, en calidade de herdeiro do trono do seu pai. Participou activamente na Guerra dos Cen Anos e na Guerra Civil de Castela (1366 - 1369), loitando do lado de Pedro I, a quen tamén apoiou a nobreza galega, contra Henrique de Trastámara.

Tras o seu falecemento, foi soterrado na catedral de Canterbury.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Carlos V de Francia

Carlos V o Sabio, en francés Charles V le Sage, nado en Vincennes o 21 de xaneiro de 1338 e finado en Nogent-sur-Marne o 16 de setembro de 1380, foi un rei francés.

Eduardo III de Inglaterra

Eduardo III de Inglaterra, nado o 13 de novembro de 1312 e finado o 21 de xuño de 1377, foi Rei de Inglaterra entre 1327 e 1377. Era fillo de Eduardo II de Inglaterra e da princesa Isabel de Francia.

Guerra dos Cen Anos

A expresión guerra dos Cen Anos (en francés: guerre de Cent Ans, en inglés: Hundred Years' War) identifica unha serie de conflitos armados, rexistrados de forma intermitente, durante os séculos XIV e XV, que durou en realidade 116 anos (mércores 1 de xaneiro de 1337 - mércores 17 de outubro de 1453) entre as dinastías dos Plantagenet e os Valois arrastrando con elas os reinos de Francia e Inglaterra. Esta guerra foi de raíz feudal, pois o seu propósito non era outro que resolver quen controlaría as enormes posesións dos monarcas ingleses en territorios franceses, desde 1154, debido ao ascenso de Henrique II Plantagenet, conde de Anjou, ao trono inglés. Tivo implicacións internacionais e finalmente, logo de numerosos avatares, saldouse coa retirada inglesa de terras francesas.

A longa duración dese conflito explícase polo grande poderío dos ingleses dun lado e a obstinada resistencia francesa do outro. Foi a primeira gran guerra europea que provocou profundas transformacións na vida económica, social e política da Europa Occidental. Francia foi apoiada por Escocia, Bohemia, a Coroa de Castela e o Papado de Avignon. Inglaterra tivo por aliados aos flamengos, alemáns e portugueses. A cuestión dinástica que desencadeou a chamada guerra dos Cen Anos superou o carácter feudal das rivalidades político-militares da Idade Media e marcou o peor dos futuros enfrontamentos entre as grandes monarquías europeas.

Henrique II de Castela

Henrique II de Castela, nado en Sevilla o 13 de xaneiro de 1334 e finado en Santo Domingo de la Calzada o 29 de maio de 1379, foi rei de Castela, fillo ilexítimo de Afonso XI de Castela e Leonor de Guzmán e polo tanto medio irmán de Pedro I de Castela.

Príncipe de Gales

O Príncipe de Gales é, dende 1301, o título do herdeiro dos monarcas británicos. A tradición iniciouna Eduardo I de Inglaterra en 1301 quen lle deu este título ó seu fillo, o príncipe Eduardo (posteriormente Eduardo II de Inglaterra) despois da anexión do País de Gales por Inglaterra, a través do Estatuto de Rhuddlan.

Reino de Galicia

O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.

Consolidada Compostela como capital do reino desde o século XI, a separación de Portugal (1128) e a individualización dos reinos de Castela e León tras o ano 1065, delimitaron o seu territorio practicamente ó actual. Mantivo unha soberanía política plena —compartindo rei co reino de León— ata o ano 1230 cando o rei castelán Fernando III usurpou o trono poñendo temporalmente o reino baixo control da coroa de Castela.

Os conflitos sucesorios e as tentativas de independencia mediante entronizacións de reis non casteláns como Xoán de Borgoña (1296), Fernando I de Portugal (1369) ou Xoán de Gante (1386) permitíronlle gozar de soberanía fáctica ata que en 1486 os Reis Católicos someteron o reino polas armas. Desde entón o reino estivo subxugado á coroa de Castela (1486-1715) e posteriormente á coroa de España (1715-1833), adquirindo a súa Xunta Suprema (1808-1812) amplas liberdades ó ser o único reino peninsular libre de ocupación napoleónica, pouco antes de ser disolto por María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias en 1833.

Reino de Inglaterra

O Reino de Inglaterra foi un estado soberano e país insular, situado o noroeste dá Europa continental, que existiu desde a caída do Imperio Romano (927) e os seus asentamentos na Britania Romana ata a súa fusión co Reino de Escocia (1707) creando así o Reino de Gran Bretaña.

No seu cénit, o Reino de Inglaterra formábano as dúas terceiras partes do sur da illa de Gran Bretaña (incluíndo País de Gales) e varias illas pequenas periféricas, que é hoxe a unidade legal de Inglaterra e País de Gales. Inglaterra como un estado de nación comezou entre o século IX ou o século X, pero amplamente remonta as súas orixes á invasión anglosaxoa de Gran Bretaña e a Heptarquía anglosaxoa dos pequenos estados que a seguiron e en última instancia unificaron. A invasión normanda do País de Gales de 1067-1283 (formalizado co Estatuto de Rhuddlan en 1284) puxo ao País de Gales baixo o control de Inglaterra, e baixo as normas de administración inglesas, cos actos das leis de Gales (Laws in Wales Acts) de 1535-1542.

O Reino de Inglaterra continuou como un estado independente ate o 1 de maio de 1707, cando mediante a Lei de Unión, levando a cabo os termos acordados no Tratado de Unión o ano anterior, rematou en unión política co Reino de Escocia para crearen o Reino de Gran Bretaña.

Ricardo II de Inglaterra

Ricardo II de Inglaterra, nado o 6 de xaneiro de 1367 en Bordeos, Francia, e finado 14 de febreiro de 1400, foi o segundo fillo de Eduardo, príncipe de Gales, alcumado "o Príncipe Negro" e de Xoana de Kent. As sucesivas mortes do seu irmán maior Eduardo (1372) e do seu pai (1376), convertérono en herdeiro do seu avó Eduardo III.

Morto o rei o 21 de xuño de 1377, Ricardo sobe ao trono con só 10 anos de idade, baixo rexencia de seu tío Xoán de Gante e da súa nai Xoana, falecida en 1385.

Proclamado maior de idade en 1381, durante o seu goberno loitou contra os grandes feudatarios ingleses, e proxectou unha total centralización do poder real, reformas que foron duramente criticadas polos seus principais parentes, sendo o máis importante seu tío e outrora rexente Xoán de Gante.

Buscando unha alianza co Sacro Imperio Romano Xermánico, para, quizais, protexer a súa propia autoridade dos seus inimigos, casou, no Palacio de Westminster, en 1382, con Ana de Luxemburgo, filla de Carlos IV, duque de Luxemburgo, margrave de Moravia, rei de Bohemia e emperador de Alemaña. A raíña Ana foi moi popular en Inglaterra, pero desafortunadamente a unión non tivo descendencia.

A raíña falece no castelo de Sheen, o 7 de xuño de 1394, e Ricardo II decide aliarse co inimigo natural da súa patria, Francia. Nacido e educado en dito país nos seus primeiros anos -por ter sido o seu pai lugartenente de Eduardo III en Aquitania e Güiena-, nunca deixou de sentirse identificado coa cultura francesa, o cal foi outro pretexto dos seus inimigos para acusalo de débil e indolente.

Así, solicita a man de Isabel, a primoxénita do rei Carlos VI de Francia, de tan só 7 anos de idade. Celebrada a voda por poderes, primeiro no palacio de Louvre (novembro de 1396), e logo na provincia de Calais -territorio inglés entón-, a pequena nova raíña é enviada a Inglaterra, inspirando en Ricardo os máis tenros sentimentos, pois sendo demasiado nova para ser a súa esposa, sentíase, non obstante, feliz ao seu lado.

Aquela felicidade sería breve: en 1399 morre Xoán de Gante, e Ricardo confisca os bens do defunto, desposuíndo ao seu lexítimo herdeiro, seu curmán Henrique, o cal estaba no exilio en Francia por orde súa.

Henrique regresa a Inglaterra e moi pronto convoca ao seu lado todos aqueles humillados e desposuídos polo rei. Ricardo II, derrotado e capturado por Henrique no castelo de Conway, en Gales, é encarcerado na Torre de Londres, e, o 29 de setembro de 1399, é levado ante o Parlamento e obrigado a formalizar a súa renuncia baixo 33 cargos acusatorios, entre eles o de "ter sentenciado a lores ingleses co único afán de vinganza". A Ricardo non se lle permitiu defenderse das acusacións. O Parlamento proclama a Henrique de Lancaster como o novo rei Henrique IV de Inglaterra.

Segundo a lenda, Ricardo lee "con aire risoño" o documento de abdicación, e logo, declara sentirse indigno de ser rei, recoñecendo ao seu curmán como rei.

Coroado Henrique IV, Ricardo é confinado no castelo de Pontefract, en Yorkshire. Logo dalgúns meses, o 14 de febreiro de 1400, anunciouse a súa morte, ao parecer, asasinado -ou deixado morrer de fame- por orde de Henrique IV.

O seu cadáver foi exposto na catedral de St.Paul de Londres, para que todos se convenceran de que estaba morto, sendo logo sepultado na igrexa de King's Langley.

Os rumores de que estaba vivo persistiron até o reinado de Henrique V, decidindo este sepultar a Ricardo na abadía de Westminster en 1413 con gran pompa e cerimonia.

Selección de rugby de Gales

A Selección de rugby de Gales (en galés: Tîm rygbi'r undeb cenedlaethol Cymru) representa ao País de Gales en torneos internacionais de rugby. Compite cada ano coas seleccións de Escocia, Francia, Inglaterra, Irlanda e Italia no Torneo das Seis Nacións. Gales ten gañado este torneo 24 ocasións, sendo o segundo no palmarés tras Inglaterra. A selección tamén compite na Copa do Mundo de Rugby cada catro anos, sendo o seu mellor resultado até o de agora terceiro en 1987. A International Rugby Board (IRB) considera a Gales como unha nación Tier One (de primeiro nivel), e actualmente ocupa o sétimo posto na Clasificación da IRB a 19 de setembro de 2011.

O corpo gobernante da mesma é a Unión de Rugby Galesa, que foi fundada en 1881, o mesmo ano que xogaron o seu primeiro encontro fronte a Inglaterra. As actuacións de Gales no Home Nations Championship (agora o Seis Nacións foi mellorando de xeito exponencial, chegando á súa primeira "idade de ouro" entre 1900 e 1911. No seu primeiro encontro fronte á Nova Zelandia, coñecidos coma os All Blacks, en 1905, gañaron por 3:0 nun encontro moi famoso no Cardiff Arms Park. O rugby galés baixou de nivel entre a Primeira e a Segunda Guerra Mundial, mais experimentou unha segunda "idade de ouro" entre 1969 e 1982 cando gañaron cinco campionatos do Cinco Nacións (incluíndo tres vitorias compartidas). Xogaron a primeira Copa do Mundo de Rugby en 1987 onde acadaron a súa mellor clasificación ata o de hoxe neste torneo, terceiros. Despois da declaración oficial da profesionalización do rugby pola IRB en 1995, Gales acolleu a Copa do Mundo de Rugby 1999 e, en 2005, acadou o seu primeiro Grand Slam no Seis Nacións, seguido por un segundo en 2008.

Os xogadores actuais máis destacados son Ryan Jones e o Xogador Internacional do Ano da IRB en 2008, Shane Williams. Williams ademais conseguiu máis ensaios que ningún outro xogador na historia de Gales con 55.

Gales xoga con camisolas vermellas coas Plumas do Príncipe de Gales. O seu actual estadio é o Millennium Stadium en Cardiff, rematado de construír en 1999 para substituír ao Estadio Nacional de Cardiff Arms Park. Dez antigos xogadores de Gales forman parte do Salón da Fama Internacional do Rugby, e un deles foi incluído no Salón da Fama da IRB.

Xoán de Gante

John of Gaunt ou Xoán de Gante, nado en Gante o 24 de xuño de 1340 e finado en Londres o 3 de febreiro de 1399, cuarto fillo do rei Eduardo III de Inglaterra e de Filipa de Hainault, foi o primeiro duque de Lancaster.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.