Eduardo Torroja Miret

Eduardo Torroja Miret, nado en Madrid o 27 de agosto de 1899 e finado o 15 de xuño de 1961 na mesma cidade, foi un enxeñeiro de camiños, docente, construtor e investigador español.

Eduardo Torroja Miret
Eduard Torroja El Pont de Suert
Nacemento27 de agosto de 1899
 Madrid
Falecemento15 de xuño de 1961
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Politécnica de Madrid
Ocupaciónarquitecto, enxeñeiro civil e enxeñeiro
PaiEduardo Torroja y Caballé
FillosJosé Antonio Torroja Cavanillas
Coñecido/a porZarzuela race track e Estadio Nacional Complutense
PremiosMedalha Wilhelm Exner e Gran Cruz da Orde do Mérito Civil
Hipódromo de la Zarzuela-1
Vista das tribunas do Hipódromo da Zarzuela (obra do arquitecto Carlos Arniches Moltó).
PlazaDeAbastos
Mercado de Abastos de Alxeciras.

Traxectoria

Fillo do matemático Eduardo Torroja Caballé, é pai do tamén enxeñeiro José Antonio Torroja Cavanillas e avó da cantante Ana Torroja. Primeiro Marqués de Torroja título outorgado por Francisco Franco en recoñecemento a súa gran labor no campo da enxeñaría civil.

En 1917 ingresou na Escola de Enxeñeiros de Camiños (actualmente integrada na Universidade Politécnica de Madrid). Rematou a carreira o 22 de xaneiro de 1923. De seguida pasa a traballar na Compañía de Construcciones Hidráulicas Civiles, dirixida polo que fora o seu profesor na Escola de Camiños José Eugenio Ribera, na que permaneceu ata 1927. Nesa compañía levou a cabo importantes proxectos entre os que destaca, a cimentación da ponte de Sancti-Petri en San Fernando na provincia de Cádiz, debido o novidoso do procedemento empregado.

Despois abre unha oficina de proxectos propia en Madrid, proxectando en 1933 a cuberta do Mercado de Abastos de Alxeciras, obra realmente excepcional para a época. Como novidade do seu estudio pode citarse o emprego de modelos experimentais a pequena escala, que realizou para tódalas estruturas proxectadas nesta época, como foron o anfiteatro do Hospital Clínico na Cidade Universitaria de Madrid, o Frontón Recoletos ou as cubertas e bancadas do Hipódromo da Zarzuela, todos eles en Madrid.

En 1932 proxecta, xunto co arquitecto Manuel Sánchez Arcas, a Central Térmica da Cidade Universitaria de Madrid. Por esa obra recibiron o Premio Nacional de Arquitectura de 1932.

Empeñado na mellora das técnicas de construción crea, xunto a un grupo de arquitectos e enxeñeiros, a empresa ICON, con laboratorios apropiados para a investigación e medición sobre modelos reducidos e aplicables a todo tipo de investigacións para a construción. Desta empresa naceu, en 1934, o Instituto Técnico de la Construcción y la Edificación, do que Torroja foi o primeiro secretario, e a revista Hormigón y Acero.

En 1939, trala paréntese da Guerra Civil Española, o claustro de profesores da Escola Especial de Camiños, Canais e Portos propono como profesor das materias relacionadas co Cálculo de Estruturas e nos anos seguintes as de Resistencia de Materiais e Fundamento do Cálculo e Execución de obras de formigón armado e pretensado, entre outras. Nese mesmo ano o Instituto Técnico de la Construcción y la Edificación (actualmente Instituto de Ciencias de la Construcción Eduardo Torroja) pasou a integrarse no Consejo Superior de Investigaciones Científicas.

En 1941 encargóuselle a dirección do Laboratorio Central de Ensayo de Materiales de Construcción creado en 1898 e situado na propia escola de Camiños, e a súa vez o proxecto, dirección e construción dun novo edificio para este laboratorio.

Foi presidente da Asociación Internacional do Formigón Pretensado, así como colaborador e membro do Comité Europeo do Formigón.

A última parte de súa vida levouna a cabo, en plena actividade científica, no Instituto Técnico de la Construcción y el Cemento, que na súa honra adoptou o nome de Instituto Eduardo Torroja de la Construcción y el Cemento

Eduardo Torroja recibiu varias condecoracións, entre elas a Gran Cruz de Alfonso X el Sabio, a Gran Cruz del Mérito Civil e os doutorados Doutor honoris causa polas universidades de Tolosa, Buenos Aires e Chile entre outras.

Torroja foi quizais o máximo especialista mundial do seu tempo en construción en formigón. Tódalas xeracións posteriores de enxeñeiros estudan as súas formulacións. Algúns dos conceptos que desenvolveu continuáronse por un dos seus alumnos, Félix Candela.

Obras destacadas

Libros publicados

  • Razón y ser de los tipos estructurales.
  • Cálculo de esfuerzos en estructuras con piezas curvas.
  • Cálculo de esfuerzos en estructuras reticuladas.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Varios autores (1977). La obra de Eduardo Torroja. Madrid:Ed. Instituto de España. ISBN 84-500-2107-3.
15 de xuño

O 15 de xuño é o 166º día do ano do calendario gregoriano e o 167º nos anos bisestos. Quedan 199 días para finalizar o ano.

27 de agosto

O 27 de agosto e o 239º día do ano do calendario gregoriano e o 239º nos anos bisestos. Quedan 126 días para finalizar o ano.

Paderne

Paderne é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.502 habitantes (2.672 no 2009, 2.735 no 2006, 2.715 no 2005, 2.689 en 2004, 2.680 en 2003). Ten unha superficie de 39,8 km².

Ponte do Pedrido

A ponte do Pedrido é unha ponte en arco que cruza a ría de Betanzos, unindo os concellos de Bergondo e Paderne (ámbolos dous na provincia da Coruña). Foi proxectado polos enxeñeiros Eduardo Torroja Miret e César Villalba Granda.

Premio Nacional de Arquitectura de España

O Premio Nacional de Arquitectura é un galardón de arquitectura concedido anualmente en España.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.