Eduardo Rosales

Eduardo Rosales Gallinas, nado en Madrid o 4 de novembro de 1836 e finado ibídem o 13 de setembro de 1873, foi un pintor español.[1]

Eduardo Rosales
Eduardo Rosales por Federico de Madrazo
Nacemento4 de novembro de 1836
 Madrid
Falecemento13 de setembro de 1873
 Madrid
Soterradocemiterio de San Xusto
NacionalidadeEspaña
Alma máterReal Academia de Belas Artes de San Fernando e Escolas Pías de San Antón
Ocupaciónpintor

Traxectoria

Fillo segundo dun modesto funcionario, que estudou nas escolas Pías de San Antón. Ingresou en 1851 na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, onde foi alumno de Federico Madrazo.

Chegou a Roma en outubro de 1857, polos seus propios medios e sen axuda oficial, aínda que máis tarde conseguiría que lle concedesen unha pensión extraordinaria. Uniuse ao grupo de pintores españois que se reunían no Antico Caffè Greco (Casado do Alisal, Dióscoro Poboa, Fortuny). Alí comezou a asociarse cos círculos puristas nazarenos, pero pronto abandonou esa tendencia, na que realizou a súa primeira obra de importancia, Tobías e o anxo. De seguido interesouse por un estilo máis realista, no que realizou a súa gran obra mestra, Dona Isabel a Católica ditando o seu testamento, conservada no Museo do Prado. Acudiu con ela á Exposición Universal de París de 1867 e logo volveu a Roma, onde chegoulle un telegrama dos seus amigos, o paisaxista Martín Rico e Raimundo de Madrazo, dándolle a noticia do éxito alcanzado polo seu cadro: primeira medalla de ouro para estranxeiros. Concedéronlle tamén a Lexión de honra.

Casou en 1868 coa súa curmá Maximina Martínez Pedrosa e tivo dúas fillas, das que lle sobreviviu unha, Carlota. Á maior, Eloísa, morta ao pouco tempo de nacer, pode verse no cadro Primeiros pasos. Na procura de mellorar a súa saúde, pois estaba enfermo de tuberculose, pasaba tempadas en Panticosa. En 1869 regresa definitivamente de Roma e pon estudo en Madrid. As duras críticas que recibiu a súa obra A morte de Lucrecia (1871) o desanimaron e non volveu pintar cadros de gran formato.

En 1872, buscando un mellor clima para a súa afectada saúde, trasladouse a Murcia. Ao proclamarse a Primeira República española, ofrecéronlle diversos cargos, como director do Museo do Prado ou da Academia de España en Roma, os cales non puido aceptar debido ao seu mal estado de saúde. Morreu na súa casa da rúa de Vállame Deus nº 3, en Madrid, con apenas trinta e seis anos de idade.[2] Enterrado no cemiterio de San Martín, posteriormente os seus restos foron trasladados ao Panteón de Homes Ilustres da Asociación de Escritores e Artistas Españois, na Sacramental de San Justo.[3]

Eduardo Rosales Gallinas - El violinista Pinelli
O violinista Ettore Pinelli, óleo sobre lenzo, 100 x 75 cm, Museo do Prado, 1869.

Pintou acuarelas, debuxos e numerosos retratos. A súa obra máis coñecida é de temática histórica. As súas primeiras obras son máis ben puristas, aínda que posteriormente desenvolveu unha pintura máis persoal, cunha pincelada solta e abocetada, inspirada na obra de Velázquez, tal e como recoñeceron pronto os seus primeiros críticos.

En 1922, foi inaugurada, en homenaxe a este pintor, unha gran estatua, esculpida por Mateo Inurria, no paseo de Eduardo Rosales, en Madrid. En 1973, o Museo do Prado dedicoulle a primeira exposición antolóxica dedicada por esa importante institución a un pintor español do século XIX.

Obras

  • Tobías e o anxo, inacabado, Museo do Prado.
  • Pascuccia, Museo do Prado.
  • Angelo, Museo Nacional de Artes Visuais, Montevideo, Uruguai. Esta obra considerouse durante moitos anos ilocalizada.
  • Nena (1862), mención especial na Exposición Nacional de 1863, en colección particular.
  • Dona Isabel a Católica ditando o seu testamento, Museo do Prado, primeira medalla na Exposición Nacional de 1864. É o seu primeiro gran cadro, a súa obra máis coñecida, na que investiu máis dun ano e medio.
  • A morte de Lucrecia, Museo do Prado, é o seu segundo gran cadro histórico, cuxa realización lle levou tres anos. Presentada á Exposición de 1871, obtivo a súa primeira medalla.
  • Dona Branca de Navarra entregada ao Captal do Buch (sen localizar).
  • Muller saíndo do baño, Museo do Prado.
  • Retrato do violinista Pinelli, Museo do Prado.
  • Retrato de Conchita Serrano, filla do xeneral Serrano, Museo do Prado (h. 1872).

Galería

Doña Isabel la Católica dictando su testamento (Rosales)

Dona Isabel a Católica ditando o seu testamento, 1864, Museo do Prado.

Eduardo Rosales Gallinas - Episodio de la Batalla de Tetuán

Episodio da Batalla de Tetuán, 1868, Museo do Prado.

Eduardo Rosales - Juan de Austria's presentation to Emperor Carlos V in Yuste

Presentación de don Juan de Austria ao emperador Carlos V, en Yuste, 1869, Museo do Prado.

Eduardo Rosales Gallinas - La muerte de Lucrecia

A morte de Lucrecia, 1871, Museo do Prado.

Eduardo Rosales Gallinas - Ofelia

Ofelia (c. 1860-1871), Museo do Prado.

Mujer desnuda dormida - Eduardo Rosales

Muller espida durmida, 1861, Museo Nacional de Belas Artes de Buenos Aires

Notas

  1. "D. Eduardo Rosales" 17 (42). Madrid. ISSN 1889-8394.
  2. Répide. María Isabel Gea, ed. Las calles de Madrid. Madrid: Ediciones La Librería. ISBN 9788487290909.
  3. Répide, Pedro de (1914). "Los cementerios viejos" (44). Madrid. ISSN 1577-0389.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Juan Chacón Enríquez, Eduardo Rosales, Madrid, ed. Blass, 1926.
  • Antonio Cánovas, Eduardo Rosales, Madrid, 1927.
  • Bernardino de Pantorba, Eduardo Rosales, Madrid, 1937.
  • Gregorio Prieto, Eduardo Rosales, Madrid, Ed. Afrodisio Aguado, 1950.
  • Francisco Pompey, Rosales, Madrid, 1953.
  • Xavier de Salas (ed.), Exposición Eduardo Rosales, Museo do Prado, Padroado nacional de Museos e Universidade de Granada, 1973.
  • Juan Antonio López Delgado, Un tempo xuvenil do pintor Rosales: 1856–1857, Murcia, 2003, ISBN 84-607-6784-1.
  • Juan Antonio López Delgado, Eduardo Rosales en Murcia, Murcia, 1999, ISBN 84-88131-11-9.
  • José Luís Díez e outros, Eduardo Rosales. Debuxos. Catálogo razoado, Santander, Fundación Marcelino Botín, 2007, ISBN 978-84-96655-07-2 .
  • Dicionario de arte, Pintores do século XIX, Editorial LIBSA, 2001. ISBN 84-7630-842-6.
  • Gómez-Moreno, M. E., «A pintura española no século XIX. Do romanticismo ao naturalismo. Os xenios malogrados», Antoloxía de Summa Artis, Espasa calpe, S.A., 2004. Tomo X: ISBN 84-670-1361-3

Ligazóns externas

Isabel I de Castela

Isabel I de Castela, nada en Madrigal de las Altas Torres o 22 de abril de 1451 e finada en Medina del Campo o 26 de novembro de 1504. Foi raíña de Castela desde 1474 ata 1504, raíña consorte de Sicilia desde 1469 e de Aragón desde 1479, polo seu matrimonio con Fernando de Aragón. É chamada «a Católica», título que lles foi outorgado a ela e ao seu marido polo papa Alexandre VI mediante a bula Si convenit, o 19 de decembro de 1496. É polo que se coñece á parella real co nome de Reis Católicos, título que usarían en diante practicamente todos os reis de España.

Casou en 1469 co príncipe Fernando de Aragón. Polo feito de ser primos segundos necesitaban unha bula papal de dispensa que só conseguiron de Sisto IV a través do seu enviado o cardeal Rodrigo Borgia en 1472. Ela e o seu esposo Fernando conquistaron o reino de Granada e participaron nunha rede de alianzas matrimoniais que fixeron que o seu neto, Carlos, herdase as coroas de Castela e de Aragón, outros territorios europeos e convertésese en emperador do Sacro Imperio Romano.Isabel e Fernando fixéronse co trono tras unha longa loita, primeiro contra o rei Henrique IV e de 1475 a 1479 na Guerra de Sucesión castelá contra os partidarios da outra pretendente ao trono, Xoana. Isabel reorganizou o sistema de goberno e a administración, centralizando competencias que antes ostentaban os nobres; reformou o sistema de seguridade cidadá e levou a cabo unha reforma económica para reducir a débeda que o reino herdara do seu medio irmán, e predecesor no trono, Henrique IV. Tras gañar a guerra de Granada os Reis Católicos expulsaron aos xudeus dos seus reinos e, anos máis tarde, tamén aos musulmáns.

Isabel concedeu apoio a Cristovo Colón na procura dunha nova ruta cara ás Indias, o que levou ao descubrimento de América. Devandito acontecemento provocaría no futuro a conquista das terras descubertas e a creación do Imperio Español.

Isabel viviu 53 anos, dos cales gobernou 30 anos como raíña de Castela e 26 como raíña consorte de Aragón á beira de Fernando II.

Isabel a Católica ditando o seu testamento

Dona Isabel a Católica ditando o seu testamento é posiblemente o cadro máis coñecido do pintor purista español Eduardo Rosales. Data do ano 1864, está executado ó óleo sobre lenzo e mide 400 centímetros de ancho por 290 cm de alto. Pertence ó Museo do Prado de Madrid, onde chegou tras ser adquirido polo Estado en 1865, para o Museo Nacional (Museo da Trindade), pero tras a disolución deste en 1872 pasou, xunto co resto dos seus fondos, ó Prado. Tras ser traspasado ó Museo de Arte Moderna (MAM), reincorporouse ó Prado en 1971 ó recibir as obras do século XIX que posuía o MAM tras a súa disolución. Está exposto ó público na sala 61B.

Esta pintura de historia representa o momento no que a raíña Isabel dita o seu testamento. Enmarcado dentro da pintura de historia academicista do período romántico, o certo é que é dun estilo máis realista que obras precedentes de Rosales. Investiu nela ano e medio de traballo e presentouna á Exposición Universal de París de 1867. Despois volveu a Roma, onde lle chegou un telegrama dos seus amigos, o paisaxista Martín Rico e Raimundo de Madrazo, dándolle a nova do éxito acadado polo seu cadro: primeira medalla de ouro para estranxeiros. Concedéronlle a Lexión de honra.

Como recoñecemento simbólico da súa relevancia, cabe dicir que foi a primeira obra que se colgou, en presenza do Ministro de Cultura, o director do Museo e o presidente do Real Padroado, da exposición Mestres modernos. As coleccións do século XIX do Museo do Prado, coa que en 2007 se inaugurou a ampliación de Moneo.

Lista de personalidades en selos de España

Esta é unha lista de persoas que apareceron nos selos de correos de España desde 1850 até outubro de 2010, sendo un total de arredor 510 personalidades, reais e imaxinarias.

Inclúese na lista o ano no que apareceron por primeira vez.

Pintura de historia

A pintura de historia, ou pintura histórica, é un xénero pictórico que se inspira en escenas con eventos da historia cristiá, da historia antiga (Mesopotámica, exipcia, grega, romana...), da mitoloxía ou dos acontecementos históricos recentes. Igualmente, inclúese neste xénero a alegoría e aqueles cadros que toman a súa narración non da historia senón da literatura. É dicir, chámaselle «histórica» non porque represente exclusivamente acontecementos históricos senón porque narra unha historia.

Real Academia de Belas Artes de San Fernando

A Real Academia de Belas Artes de San Fernando (Real Academia Española de Bellas Artes de San Fernando, RABASF) é unha institución integrada no Instituto de España. Foi creada por Real Decreto do 12 de abril de 1752, e súa sede está en en Madrid, España.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.