Eduardo Moreiras

Eduardo Moreiras Collazo, nado en Quiroga o 3 de xaneiro de 1914 e falecido en Vigo o 28 de abril de 1991, foi un escritor galego.

Eduardo Moreiras
Nacemento3 de xaneiro de 1914
 Quiroga
Falecemento28 de abril de 1991
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta
CónxuxeLuz Pozo Garza

Traxectoria

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, viviu en Vigo e casou con Olga Barreiro con quen tivo tres fillos. Estivo casado con ela trinta e cinco anos, durante os cales desenvolveu a maior parte da súa obra poética. Máis tarde casou en segundas nupcias coa poetisa Luz Pozo Garza.

Foi fundador e director da revista Mensajes de Poesía entre 1948 e 1950. Traduciu ao castelán os poemas de Paul Éluard e de Elena Bono. A partir de 1955 escribiu só en galego. Ingresou na Real Academia Galega o 28 de xaneiro de 1978, a proposta de Francisco Fernández del Riego, Álvaro Cunqueiro e Marino Dónega, co discurso "Poesía: Coñecimento da realidade", respondido por Fernández del Riego.[1]

Obra en galego

Poesía

Ensaio

Narrativa

  • Primaveira no Lor, 1974, Galaxia.
  • Fogo solto, 1976, Ediciós do Castro.

Edición

Obras colectivas

  • Antoloxía da poesía galega actual. Nordés, 1978, Ediciós do Castro.

Premios

Obra en castelán

Poesía

  • El bosque encantado, 1947, Vigo.
  • Éxtasis, 1948, Vigo.
  • Los oficios, 1952, Mensajes de Poesía, Vigo.

Tradución

Notas

  1. Membros numerarios da RAG

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

28 de abril

O 28 de abril é o 118º día do ano do calendario gregoriano (119º nos anos bisestos). Quedan 247 días para finalizar o ano.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Fernando Cortés Bugía

Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874 e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Jaime Ozores de Prado

Jaime Ozores de Prado, marqués de San Martiño de Ombreiro, nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.

José García Acuña

José García Acuña, nado en Betanzos o 15 de xaneiro de 1873 e finado na Coruña o 10 de xuño de 1933, foi un diplomático e escritor galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Luz Pozo Garza

Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922, é unha poeta galega e membro da Real Academia Galega.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Mensajes de poesía

Mensajes de poesía foi unha publicación mensual que apareceu en Vigo entre setembro de 1948 e xaneiro de 1952. Fundada, dirixida, redactada, editada e distribuída por Eduardo Moreiras, non tivo periodicidade fixa e a difusión realizouna o propio autor a 300 amigos.

De edición modesta e coidada, incluíu poemas en galego, castelán, francés, inglés e portugués. Entre os seus colaboradores figuraban Vicente Aleixandre, impulsor da revista, Luis Cernuda, Blas de Otero, Rafael Alberti ou Juan Ramón Jiménez, e os autores galegos Álvaro Cunqueiro, Luz Pozo Garza, Luis Pimentel, e de xeito ocasional, Ricardo Carballo Calero, Ánxel Fole ou Celso Emilio Ferreiro. A revista publicou catro monográficos, dedicados a Rafael Morales, Álvaro Cunqueiro, Carmen Conde e Blas de Otero; este último provocou problemas coa censura e o seu peche definitivo.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Bernárdez González

Ramón Bernárdez González, nado no Carballiño en 1838 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1911, foi un sacerdote e escritor galego.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.