Editorial de los Bibliófilos Gallegos

Bibliófilos Gallegos foi unha editorial galega fundada en Santiago de Compostela en 1949.[1]

Editorial de los Bibliófilos Gallegos
TipoSociedade Anónima
Fundación1949
LocalizaciónRúa Pasanteria, Pontevedra Galicia Galicia
FundadorFrancisco Javier Sánchez Cantón
Xosé Fernando Filgueira Valverde
Persoas claveFrancisco Javier Sánchez Cantón (presidente)

Marcelino Blanco de la Peña (vicepresidente)
Xosé Fernando Filgueira Valverde (secretario)

Felipe Cordero Carrete (xerente)
IndustriaCultural

Historia

A Editorial de los Bibliófilos Gallegos nace en Santiago de Compostela en 1949 co obxectivo de paliar, dalgunha maneira, a case nula actividade editorial daqueles días no que respecta ao libro galego. Moi próxima ao Instituto Padre Sarmiento e ao Seminario de Estudos Galegos, os seus principais fundadores foron Francisco Sánchez Cantón e Xosé Filgueira Valverde, presidente e secretario respectivamente da nova empresa. Felipe Cordero Carrete, outro dos promotores, desempeñaría o posto de xerente e Marcelino Blanco de la Peña sería o vicepresidente. Participaron neste proxecto tamén Ramón Cabanillas, Gaspar Massó García, Antonio Rey Soto, Valentín Paz Andrade, Ramón Baltar Domínguez ou Francisco Fernández del Riego, entre outros. No ano 1994, a editorial extínguese.

Características

Bibliófilos Gallegos foi unha das primeiras iniciativas editoriais da posguerra, xunto a outras como a colección de poesía Benito Soto (1949-50) ou a editorial Monterrey (1959), centrándose en obras de carácter histórico. Cabe destacar que os dirixentes non realizaban traducións do castelán ao galego e intentaban manter a obra na súa forma orixinal. Ademais, buscaban a publicación de obras de temática variada, un coñecemento máis profundo de Galicia e a difusión do mundo das artes, da literatura, da historia e da etnografía. Os seus promotores, nunha circular de presentación e subscrición á nova editora con data de xaneiro de 1948, explicaban deste xeito as intencións e o espírito que os movía:

Para tal fin proxectaron a creación de tres coleccións diferentes e ben definidas: a Biblioteca de Galicia, concibida para dar a coñecer textos inéditos ou reimpresións de obras existentes; Obradoiro, serie de pequenas monografías de divulgación artística profusamente ilustradas; e, por último, a Colección de los Bibliófilos Gallegos, reservada para reedicións facsimilares de obras raras e notables.

Traxectoria

En 1949 saíron do prelo os tres primeiros títulos en cadansúa colección: Camiños no tempo de Ramón Cabanillas, El Pórtico de la Gloria de Ángel del Castillo e unha coidada edición facsímile da Descripción del Reyno de Galizia do Licenciado Molina. Seguirían logo outros importantes como a novela A xente da Barreira de Ricardo Carballo Calero, o Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores de Antonio Couceiro Freijomil, o Cancioeiro da Poesía Céltiga de Julius Pokorny, en versión galega de Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro, e a reedición facsimilar da Relación de Exequias de la Reyna Doña Margarita de Austria, ademais de varias entregas das monografías de arte Obradoiro.

Porén, este pulo inicial –con grande presenza divulgativa e publicitaria na prensa da época, convocatorias de premios, catálogos comerciais etc.- e o ritmo de produción de tres ou catro títulos anuais, só se mantivo ó longo do primeiro quinquenio. Despois decrecería considerablemente. A editorial convocou un certame de ‘novela galega’, aínda que o de ‘galega’ referíase tanto ao tema coma ao idioma. O premio concedeuse en abril do 1950 á obra de Ricardo Carballo Calero, A xente da Barreira.

Obras publicadas

Notas

  1. Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 9, p. 48.
  2. "Portada de Traduccións poéticas de Antón Losada Diéguez". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2016. Consultado o 05 de febreiro de 2016.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Diccionario bio-bibliográfico de escritores

O Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores é unha obra enciclopédica de Antonio Couceiro Freijomil en lingua castelá. Trátase dunha referencia biobibliográfica de diferentes autores literarios que publicaron en Galiza. Foi editada de 1951 a 1954 en Santiago de Compostela pola Editorial de los Bibliófilos Gallegos, dentro da colección Enciclopedia Gallega. Inclúe 4169 entradas.

Felipe Cordero Carrete

Felipe Ramón Cordero Carrete, nado en Redondela en 1895 e finado en Santiago de Compostela en 1988, foi un profesor e estudoso galego.

Francisco Abelaira

Francisco Abelaira Ayán, finado na Coruña o 30 de xullo de 1967, foi un xornalista e político galego.

Igrexa de San Francisco da Coruña

A igrexa de San Francisco é un templo relixioso situado no Paseo das Pontes, da Coruña, área cruzada diagonalmente por un antigo acueduto. Orixinalmente estaba na Cidade Vella e formaba parte do primitivo convento franciscano, situado fóra das antigas murallas, nun outeiro elevado sobre as rochas, fronte ao mar. Esta localización fóra das murallas foi precisamente o motivo da súa ruína, xa que durante o cerco inglés da Coruña, no século XVI, foi incendiada para evitar que o inimigo se fortificase no antigo convento.

As súas ruínas, cando inda estaban no seu antigo emprazamento, foron declaradas Monumento Nacional por Orde do 16 de marzo de 1939.

Igrexa de San Miguel de Breamo

A Igrexa de San Miguel de Breamo é un edificio relixioso de estilo románico, que é o que queda do mosteiro homónimo. Sitúase na parroquia de Breamo, no concello de Pontedeume, na comarca do Eume, provincia da Coruña. Declarada Monumento Nacional por Decreto do 3 de xuño do 1931.

Igrexa de San Xulián de Astureses

A igrexa de San Xulián de Astureses é a igrexa parroquial de Astureses, no concello de Boborás. É unha igrexa románica do século XII, de reducidas dimensións e bastante ben conservada.

Igrexa de San Xulián de Moraime

A igrexa de San Xulián de Moraime é un templo medieval do século XII, que antigamente se integraba nun mosteiro, situada na parroquia de Moraime, a tres quilómetros de Muxía, pertencente á comarca de Fisterra, provincia da Coruña. Está moi preto da capital municipal, sobre a estrada AC-440 que conduce até ela e a que se chega a partir da C-552, que pasa por Vimianzo.

Igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño

A igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño é un templo relixioso de estilo románico situado na parroquia de Santo Estevo de Ribas de Miño, no concello do Saviñao. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1931.

José Santiago Crespo Pozo

José Santiago Crespo Pozo, nado en Redondela o 8 de xullo de 1909 e finado en Xunqueira de Ambía o 10 de novembro de 1978, foi un frade mercedario e escritor galego.

Manuel Chamoso Lamas

Manuel Chamoso Lamas, nado na Habana o 16 de maio de 1909 e falecido na Coruña o 24 de abril de 1985, foi un arqueólogo, historiador da arte e escritor galego que dirixiu as escavacións de Iria Flavia e o subsolo da Catedral de Santiago de Compostela.

Manuel Jesús Precedo Lafuente

Manuel Jesús Precedo Lafuente, nado o 30 de marzo de 1925 en Anceis, Cambre, e finado o 12 de febreiro de 2011 en Santiago de Compostela, foi un relixioso galego, cóengo e deán da Catedral de Santiago de Compostela e escritor en lingua galega e lingua castelá.

Manuel Lago González

Manuel Lago González, nado en Randufe (Tui) o 25 de outubro de 1865 e finado en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1925, foi un eclesiástico, poeta, teólogo e arqueólogo galego, en lingua galega e castelán. En 1973 foille dedicado o Día das Letras Galegas.

María Caridad Castedo Díaz de Mourelo

María Caridad Castedo Díaz de Mourelo, nada en Arcos (Outeiro de Rei) en 1900 e finada en 1941, foi unha mestra e escritora galega en lingua castelá.

Mosteiro de Santiago de Mens

O mosteiro de Santiago de Mens é un edificio relixioso do que só queda unha igrexa con significativos restos románicos. Atópase na parroquia de Mens, no concello de Malpica de Bergantiños, na comarca coruñesa de Bergantiños, cuxo principal concello e a capital natural é Carballo. Áchase ao oeste do concello, preto do río de Esteiro e das Torres de Mens. Pódese chegar até ela dende as estradas AC-420 e AC-422, pola C-4307.

Declarada Monumento Nacional por Real decreto 1675 do 25 de maio do 1979.

Mosteiro do Couto

O popularmente coñecido Mosteiro do Couto, tamén chamado Mosteiro de San Martiño de Xuvia está situado na parroquia católica do mesmo nome, no barrio do Couto do concello de Narón, provincia da Coruña. O edificio actual foi construído a comezos do século XII en estilo románico compostelán. A igrexa maila casa reitoral foron declaradas Monumento Nacional por Decreto 2644 do 18 agosto.

Ramón Cabanillas

Ramón Cabanillas Enríquez, tamén chamado O Poeta da Raza, nado en Fefiñáns (Cambados) o 3 de xuño de 1876 e finado en Cambados o 9 de novembro de 1959, foi un escritor galego. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1976, coincidindo co centenario do seu nacemento.

Xosé Fernández Neira

José Fernández y Neira, nado na Coruña en 1790, foi un escritor e militar galego.

Ángel del Castillo

Ángel del Castillo López, nado na Coruña o 24 de xaneiro de 1886 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 1961, foi un historiador e arqueólogo galego, cronista oficial da Coruña. Foi membro de varias academias, fundacións e institucións culturais de diversa índole.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.