Editorial Toxosoutos

Para o artigo sobre a parroquia de Lousame, vexa Toxos Outos

Sede da Editorial Toxosoutos no Obre, Noia
Sede da Editorial Toxosoutos no Obre.

A editorial Toxosoutos é unha casa editorial nacida en 1988 no Obre (Noia) con fortes vencellos con Gráficas Sementeira. É un dos membros da Asociación Galega de Editores.

Traxectoria

Está centrada en temas relacionados coa historia de Galicia, a lingüística galega, a literatura galega, o mundo celta ou biografías.
Ten as seguintes coleccións:

Promove desde o ano 2001 o premio Historia Medieval de Galicia. Os seus principais números de ISBN son 605, 89129, 95622 e 96259.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Baña

A Baña é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2014 tiña 3754 habitantes (3967 no 2012, 4102 no 2011, 4320 no 2010). No ano 1980 a poboación chegou a ser de 8775 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bañense, avaniense ou bañés.

A Galicia feudal

A época baixomedieval esténdese desde o século XI até a época da conquista de Constantinopla polos árabes e da descoberta de América, a fins do século XV. Para comprender mellor este período consulte o artigo sobre a Idade Media.

A dama das camelias

A dama das camelias (en francés: La Dame aux camélias) é unha novela escrita por Alexandre Dumas (fillo) publicada por primeira vez en 1848. Esta obra está inspirada nun feito real da vida de Alexandre relativo a un romance, que tivo lugar en 1847 segundo o propio autor, con Marie Duplessis, moza cortesá de París que mantivo distintas relacións con grandes personaxes da vida social. A novela pertence ó movemento literario que se coñecería como realismo, sendo unha das primeiras que formarían parte da transición do romanticismo.

A ópera La traviata (A extraviada), do compositor italiano Giuseppe Verdi, baseouse nesta novela cuxo personaxe principal, a cortesá, leva o nome da protagonista. Noutras adaptacións, esta historia tamén é coñecida co título de Camille.

Foi traducida ó galego por Antonia Vega Prieto e publicada pola Editorial Toxosoutos no ano 2005. Ese mesmo ano, foi publicada de novo cunha tradución de Vega Prieto dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.

A filla do mar

A filla do mar (orixinalmente La hija del mar) é unha novela en lingua castelá de Rosalía de Castro, publicada en 1859. Xa no século XXI foi traducida ao galego e publicada por Toxosoutos.

As Neves

As Neves é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE, contaba no 2014 con 4.121 habitantes, o que supón unha diminución de habitantes con respecto aos censos anteriores. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nevense.

Bouvard e Pécuchet

Bouvard e Pécuchet, é unha obra literaria satírica inacabada do do escritor francés Gustave Flaubert. Foi escrita en lingua francesa co título orixinal de Bouvard et Pécuchet e publicada en 1881, logo da morte do autor en 1880. Esta dividida en 10 capítulos máis un posíbel final, en todo caso inconcluso.

Foi traducida ao galego por Ana María Galego, e publicada por Editorial Toxosoutos en 2005.

Castros de Punta Neixón

Os coñecidos como Castros de Punta Neixón son dous poboados contiguos (Castro Pequeno e Castro Grande) cuxo período de ocupación abrangue desde finais da Idade de Bronce ata época tardorromana. Atópanse na parroquia de Cespón, no concello de Boiro, nun promontorio que sobresae á ría: Punta Neixón.

Descrición do Reino de Galicia

Descrición do Reino de Galicia é unha obra en lingua castelá de Bartolomé Sagrario de Molina redactada en 1549 e publicada en Mondoñedo en 1550 co título orixinal de Descripcion del Reyno de Galizia y de las cosas notables del. Trátase dunha descrición do Reino de Galiza redactada polo devandito licenciado Molina, un dos primeiros licenciados en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e malagueño de orixe. A obra foi traducida ao galego e publicada en 2003 por Editorial Toxosoutos.

Distribución editorial galega

A distribución editorial en Galicia de libros galegos ou en galego está controlada principalmente por dous grupos. O primeiro e maior chámase Distribucións Arnoia, e controla en exclusiva os títulos das seguintes editoriais (os números referidos son os principais ISBN de cada editorial, e poden verse máis no artigo referido a ISBN):

Edicións do Cumio (8289);

Ediciós do Castro (7492, 8485);

Edicións Espiral Maior (88137, 89814, 95625);

Rinoceronte Editora;

Alvarellos EditoraAdemais, posuía a Librería Cervantes (pechada en 2007) na rúa Policarpo Sanz e a Librería Gran Vía case na Praza de América, as dúas en Vigo.

Ata o 2007, distribuía tamén:

Edicións Laiovento (87847, 89896);

Editorial Toxosoutos (605, 89129, 96259);

Ir Indo Edicións (7680);Destas tres, as dúas primeiras pasaron a ser distribuídas polo outro grupo, que é o Consorcio Editorial, que agrupa tamén de sempre a:

Sotelo Blanco Edicións (7824);

Baía Edicións (89803, 96128);

Edicións A Nosa Terra (Promocións Culturais Galegas) (89976, 95350, 96203, 96403);Pola súa banda, Ir Indo Edicións pasou a ser distribuída por Torre Libros.

Outras editoras teñen unha distribución propia. É o caso da Editorial Galaxia (7154, 8288) ou outras editoriais de menor tamaño:

Franka Editorial;

Editorial Ronsel (88413);

Edicións Positivas (87783);

3C3 (932667);

Editorial Trifolium (932716), de Oleiros;

Tristram (89377);

Nigra (controlada pola asturiana Trea baixo a forma de Nigratrea);

a ourensá Linteo;

Kalandraka Editora (8464) e Oqo Editora etc.Pola contra, Edicións Xerais de Galicia (7507, 8302, 9782) está distribuída pola súa casa matriz, o Grupo Anaya, que tamén controla Editorial Obradoiro (8124), Rodeira-Edebé (8116), Everest (241 e 403), Luis Vives (263), SM (348) e Santillana en Galicia.

Caso á parte é a edición institucional: a Xunta de Galicia (453, 89231) é o principal editor de libros do país, tanto directamente das súas consellerías (Cultura ou Turismo pero tamén Medio Rural ou Industria) coma dos centros relacionados (Consello da Cultura Galega [87172], Museo do Pobo Galego, (CIRP) pero a súa distribución non é tan voluminosa. Tamén hai que contar coa importante edición das deputacións provinciais e dos concellos, así coma as Universidade da Coruña (9749), Universidade de Santiago (7191, 8121, 9750) e Universidade de Vigo (8158), da Real Academia Galega (87987) e da Fundación Pedro Barrié de la Maza (87819, 89748).

Fase Autonómica Galega da Copa RFEF

A Fase Autonómica Galega da Copa RFEF é unha competición de fútbol, ronda previa da antedita copa estatal en Galicia. Está organizada pola Federación Galega de Fútbol.

Froila I

Froila I, nado en 722 e finado en Cangas de Onís no ao 768, foi un nobre da alta idade media, fillo de Afonso I, ao que sucedeu á fronte dos territorios patrimoniais, aqueles que logrou expandir alén da Cordilleira Cantábrica durante o seu reinado (757-768).

Coma no caso do seu pai, o denominativo "de Asturias" é debido a diversos autores do romanticismo español de mediados do século XIX denominación que aínda hoxe ten gran vixencia, pero que as crónicas medievais xamais chegaron a atribuírlle. Pola súa pertenza á Galicia alto-medieval, tamén está recoñecido dentro do cómputo de reis de Galicia por boa parte dos historiadores galegos actuais, concedéndolle o nome de Froila I.

Galicia altomedieval

A época altomedieval esténdese desde a caída do Imperio Romano de Occidente até o ano 1000. Para comprender mellor este período consulte o artigo sobre a Idade Media.

O Imperio Romano caeu baixo a presión dos movementos migratorios xermanos. A comezos do século V, tres destes pobos repartíronse a Península Ibérica a través de foedus e a Gallaecia pasou así en 411 a mans de suevos e vándalos asdingos (que posteriormente a abandonarían).

Mendinho

Mendiño, Meendinho ou Mendinho, nomes cos que aparece recollido nos cancioneiros galego-portugueses, foi un trobador galego medieval, que viviu entre o século XIII e o XIV.

O soño do falcón

O soño do falcón é a primeira novela do escritor coruñés Xabier Iglesias. Foi publicada pola editorial Toxosoutos no 2003.

Porto do Son

Porto do Son é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. A capital do concello é a vila homónima, situada na parroquia de Noal. O termo municipal ten unha extensión de 94,58 km² e, segundo o padrón municipal (INE 2015), conta cunha poboación de 9.436 habitantes, o que daba, nesa data unha densidade de 99,77 hab./km². O seu xentilicio é sonense.

No concello de Porto do Son están o castro de Baroña e a vila de Portosín.

Praia de Bens

A praia de Bens é unha praia situada en Bens, no concello da Coruña. Está composta por area e grava, e atópase rodeada por acantilados. É unha praia airosa e de fortes ondas.

Pódese chegar a ela a través da liña de autobús 6A.

O areal ten escasa ocupación debido á contaminación das súas augas.

Ramiro I de Oviedo

Ramiro I, nado posiblemente polo 790, foi un rei de toda a Galiza alto-medieval, sucesor de Afonso II o Casto no 843, que accedeu ao trono tras depoñer a Nepociano, un nobre palatino, parente de Afonso II. Rexeitou os ataques normandos e aos musulmáns, legando a súa coroa ó seu fillo Ordoño I á súa morte en 850. Ao seu reinado fíxose remontar a tradición do "Voto de Santiago".

Toponimia

Para a política de toponimia de Wikipedia, véxase Wikipedia:Toponimia.Toponimia é a división da onomástica que estuda os topónimos, nomes propios de lugares, a súa orixe e evolución; é considerada unha parte da lingüística, con fortes ligazóns coa historia, a arqueoloxía e a xeografía. Tamén se usa o vocábulo toponimia para referírmonos ao conxunto dos nomes dos lugares dun territorio concreto. A toponimia está constituída polos nomes de carácter xeográfico ou topográfico.

Xosé María Vila Ribadomar

Xosé María Vila Ribadomar, nado en Cambados en 1970, é un escritor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.