Editorial Nós

A editorial Nós foi unha casa editorial galega creada na Coruña[1] en 1927. Foi fundada e dirixida polo político e escritor galeguista Ánxel Casal. Da súa imprenta saíron A Nosa Terra e a revista Nós. O seu nome completo era "Nós, pubricacións galegas e imprenta".[2]

Editorial Nós-Ánxel Casal-Santiago de Compostela
Placa na casa onde estaba a imprenta da Editorial Nós en Santiago de Compostela.
Rúa Real - Editorial Nós
Placa no edificio da rúa Real da Coruña no que se fundou a Editorial Nós.

Historia

A revista Nós naceu en Ourense no ano 1920, mais a partir do número 16 comezou a se imprimir en Pontevedra na busca de menores custos. En novembro de 1924, Ánxel Casal, en colaboración con Leandro Carré Alvarellos, fundou a Editorial Lar. Máis tarde, desvencellouse desa iniciativa para fundar en 1927 a Editorial Nós, onde finalmente tería cabida a revista. O 25 de novembro de 1927 publicou o primeiro título Historia sintética de Galicia de Ramón Villar Ponte[3]. En 1930 fundou o xornal republicano El Momento que, por falla de apoio, só duraría 14 números e arrastraría case que á quebra á editorial Nós.

A editorial pasou axiña a ser o brazo editorial das Irmandades da Fala, coa revista A Nosa Terra.

Notas

  1. Mato, Alfonso (2007). Ánxel Casal, un editor para un país: catálogos de Lar e Nós (pdf). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega/Seminario de Estudos Galegos. p. 17. ISBN 978-84-96530-47-8. Consultado o 23 de decembro de 2018. 1924 Aos poucos meses de botarse a andar as Escolas do Insiño Galego, Casal faise cargo da iniciativa. Crea co bibliotecario das Irmandades, Leandro Carré Alvarellos, a editorial Lar, na que Carré será o director-propietario e Casal o administrador. O domicilio de Casal, na rúa Real, 36, 1º, será tamén sede da editorial Lar, da Irmandade coruñesa e das Escolas do Insiño Galego. [...] 1927 En agosto abandona a editorial Lar, que queda en mans de Carré, agora na rúa da Franxa, 34, baixo, e funda a editorial e imprenta Nós, que continúa no seu domicilio da rúa Real, 36, 1º.
  2. "Anxel Casal", artigo na web da Escola Rosalía de Castro.
  3. Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (2018) Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Xerais:Vigo, p. 385

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A romaría de Xelmírez

A romaría de Xelmírez, orixinalmente A romeiría de Xelmírez, é unha novela histórica en lingua galega de Ramón Otero Pedrayo, publicada en 1934 pola Editorial Nós.

Abellas de ouro

Abellas de ouro é un libro de Xosé Lesta Meis, publicado por primeira vez en 1930, pola Editorial Nós, con prólogo de Antón Villar Ponte e portada de Álvaro Cebreiro.

Arredor de si

Arredor de si é unha novela escrita por Ramón Otero Pedrayo, publicada en 1930 pola Editorial Nós.

As cruces de pedra na Galiza

As cruces de pedra na Galiza é o título dun detallado estudo feito por Castelao no que se describe a historia, significado e tipoloxía dos cruceiros galegos, así como doutras cruces de pedra.

O libro foi publicado postumamente, pola editorial Nós, na imprenta López, de Buenos Aires, en xaneiro de 1950. A editorial madrileña Akal publicou unha edición facsímile en 1975 e, posteriormente, Galaxia outra en 1984.

O Museo de Pontevedra organizou no ano 2000 unha exposición conmemorativa d'As cruces de pedra na Galiza, na que presentaba os manuscritos, cheos das correccións que o autor foi introducindo ó longo dos anos , e as ilustracións orixinais. Carlos Valle, daquela director do Museo, explicaba que aínda que algunhas das teses de Castelao sobre a orixe e a expansión dos cruceiros poidan ser discutibles, cos coñecementos actuais, el e este libro conseguiron que intelectuais, homes da cultura etc., "pensaran nestas obras como monumentos, cando antes apenas estaban dignificadas".

Biblioteca Ánxel Casal

A Biblioteca Ánxel Casal é unha biblioteca pública da cidade de Santiago de Compostela, en Galicia. Está situada nun edificio de nova construción, cunha superficie de 5.000 m2. En 2010 contaba cunha colección de 90.000 títulos, a meirande parte deles de libre acceso, e un total de 418 postos de lectura.

É unha das bibliotecas nodais das seis que se integran na Rede de Bibliotecas de Galicia.

O nome da biblioteca provén de Ánxel Casal, antigo alcalde da cidade e fundador da Editorial Nós

Federico García Lorca

Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase: Aeroporto de Granada.Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e falecido en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz, membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), o poeta español máis lido de tódolos tempos. Morreu fusilado polas autoridades franquistas un mes despois do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu pé ao inicio da Guerra civil española.

Lar (editorial)

Lar foi unha editorial da Coruña, continuadora da Editorial Céltiga, que publicou con periodicidade irregular, de 1924 a 1928, unha colección de novelas curtas. Estaba dirixida por Leandro Carré Alvarellos e administrada por Ánxel Casal. Os cinco primeiros números editáronse na imprenta Moret. A capa da colección estaba deseñada por Camilo Díaz Baliño.

Cesou en 1928, dando paso á Editorial Nós.

Nós (revista)

Nós foi unha revista publicada en galego entre 1920 e 1936 con contidos literarios, lingüísticos, artísticos, etnográficos, filosóficos e de pensamento político.

O coello na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada do coello na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

En Cambados, para cura-la decipla (erisipela), untan a parte enferma con sangue de coello. Tamén se cre que se unha muller embarazada come carne de lebre ou de coello, o meniño dormirá despois cos ollos abertos.

O porco de pé

O porco de pé é unha novela satírica de Vicente Risco publicada en 1928 pola Editorial Nós, ambientada nunha vila ourensá a comezos do século XX.

Os dous de sempre

Os dous de sempre é a única novela de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Foi publicada en 1934 pola Editorial Nós, de Santiago. En 1967 Editorial Galaxia tirou do prelo unha segunda edición, con numerosas reimpresións.

Pelerinaxes I

Pelerinaxes I é un libro de viaxes escrito por Ramón Otero Pedrayo, con prólogo e debuxos de Vicente Risco, editado por vez primeira en setembro de 1929 pola Editorial Nós.

Retrincos

Retrincos é un libro de 61 páxinas, publicado en 1934 por Nós, consistente nunha colección de relatos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, composta por cinco narracións autobiográficas ("O segredo", "O inglés", "Peito de lobo", "O retrato" e "Sabela"), ordenadas cronoloxicamente e escritas cun mesmo criterio.

Roberto Blanco Torres

Roberto Blanco Torres, nado en Cuntis o 18 de marzo de 1891 e finado en San Fiz de Galez, Entrimo, o 3 de outubro de 1936, foi un xornalista e poeta galego. Deu os primeiros pasos na poesía da man das vangardas artísticas. A súa obra poética é cualificada polos críticos como dunha grande beleza e intensidade expresiva. Outra das facetas deste home de letras é a de xornalista. O seu traballo nos medios impresos foi moi extenso e variado. A sinatura de Roberto Blanco Torres nas columnas de opinión caracterizou practicamente unha época xornalística.

Ademais de ser colaborador asiduo da prensa galega dirixiu varios xornais. As súas columnas desprenden o talante combativo que caracteriza toda a súa obra. Dende Cuntis, a súa vila natal, emigrou a Cuba. Comprometido co seu tempo, evolucionou politicamente dende o agrarismo ata o galeguismo. Á súa figura dedicouse o Día das Letras Galegas de 1999.

Seis poemas galegos

Seis poemas galegos é un poemario do poeta e dramaturgo español Federico García Lorca (1898–1936), unha escolma de seis poemas en galego, unha homenaxe á paisaxe e a lingua de Galicia. Escritos entre 1932 e 1934, foron publicados en 1935 en Santiago de Compostela pola Editorial Nós (fundada en 1927 por Ánxel Casal), edición príncipe prologada en castelán por Eduardo Blanco Amor. Admirador de Rosalía de Castro, de Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez, así como dos poetas medievais galegos Martín Codax e Mendinho, e dos portugueses Luís de Camões ou Gil Vicente, os poemas xorden por mor das viaxes realizadas por Lorca a Galicia dende 1931.

Seminario de Estudos Galegos

O Seminario de Estudos Galegos (SEG) foi unha institución creada en 1923 polo galeguismo para estudar e divulgar o patrimonio cultural galego e para formar investigadores.

Vieiros (libro)

Veiros é un libro de poemas de Ricardo Carballo Calero publicado en 1931 pola Editorial Nós. Foi reeditado en parte en 1980.

Ánxel Casal

Ánxel Casal Gosenxe, nado en Betanzos o 17 de decembro de 1895 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.