Editorial Monterrey

Editorial Monterrey foi unha editorial galega fundada en Vigo en 1950 por Luís Viñas Cortegoso e Xosé María Álvarez Blázquez.

Historia e características

Monterrey creouse para fomentar a edición de textos históricos en galego ou relacionados con Galicia e a publicación de nova creación literaria en lingua galega. Nos dez anos en que estivo activa (1950-1960), a editora lanzou tres coleccións distintas e un total de dezaoito títulos.

As coleccións editadas foron:

  • Beatus Jacobus. Libros en castelán de temática relacionada con Galicia.
  • Leixado do vento. Libros en galego.
  • Frol e froito. Novas propostas da narrativa en lingua galega.

Títulos publicados

En galego

En castelán

  • El buho gallego con las demás aves de España haciendo cortes, preside en ellas el águila real, como imperial señora de todas, Pedro Fernández de Castro, 1951
  • Vida y viajes literarios, Martín Sarmiento, 1952
  • Inéditos de Rosalía, Rosalía de Castro, 1953
  • Galería de gallegos ilustres, 1956
  • Noticias de arqueología gallega, Pedro Díaz Álvarez, 1958
  • Teatro venatorio y coquinario gallego o sea arte de la caza. Y arte de cocina, Xosé María Castroviejo; Álvaro Cunqueiro, 1958
  • La ciudad y los días: calendario histórico de Vigo, Xosé María Álvarez Blázquez, 1960

Véxase tamén

Bibliografía

  • Viejo, Breixo (2012). Sotelo Blanco, ed. "A arte de facer libros: traxectoria editorial e galeguista de Luis Viñas Cortegoso". A Trabe de Ouro (90): 275–291.
  • "Edicións Monterrey". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.

Ligazóns externas

Cantiga nova que se chama Riveira

Cantiga nova que se chama Riveira é un libro de poesía de Álvaro Cunqueiro publicado en 1933 por Resol. Reeditado nunha edición ampliada en 1957 por Editorial Monterrey. Premio Gil Vicente. Tamén reeditado pola Editorial Galaxia na Obra en galego Completa I (1980).

Edicións Castrelos

Edicións Castrelos foi unha editorial galega fundada en 1964 e radicada en Vigo. A Editorial Galaxia mercouna en 1979.

Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia é unha editorial galega fundada en 1950 e radicada en Vigo. O seu director xeral é Francisco Castro.

Editorial de los Bibliófilos Gallegos

Bibliófilos Gallegos foi unha editorial galega fundada en Santiago de Compostela en 1949.

Entremés famoso sobre a pesca do río Miño

A contenda dos labradores de Caldelas, máis coñecida como Entremés famoso sobre da pesca do río Miño é unha peza teatral de Gabriel Feixoo de Araúxo de arredor de 1671, que pasa por ser a primeira escrita en galego.

Fermín Bouza-Brey

Fermín Bouza-Brey Trillo, nado en Ponteareas o 31 de marzo de 1901 e finado en Santiago de Compostela o 11 de xuño de 1973, foi un escritor galego. En 1992 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Historia da lingua galega

A historia da lingua galega (ou historia social ou historia externa) pódese resumir como sete séculos de normalidade, desde as súas orixes cando se separa do latín galaico, aló polo século IX, até a introdución do castelán no século XV, e cinco séculos de conflitos, do século XVI até os nosos días.

Luís Viñas Cortegoso

Luís Viñas Cortegoso, nado en Pontevedra o 25 de marzo de 1912 e finado en Vigo en 2000, foi un editor galego.

Premios de Teatro Castelao

Cando facemos referencia ao Premio Castelao debemos ter en conta a realización de dous certames diferentes, por unha parte o que tivo lugar en Galiza entre 1963 e 1966 e por outra parte o que se celebrou na Arxentina en 1975.

No ámbito galego, e tendo como antecedente o Certame de Teatro do Miño (celebrado en Lugo en 1960), xorden en 1963 os Premios de Teatro Castelao (tamén coñecidos como Concurso de Teatro Castelao), os cales se prolongarán até o ano 1966. A celebración deste acto é un dos acontecementos que marcan o inicio da renovación do teatro galego.

As obras gañadoras foron as seguintes:

Cando Morren os Farois (1963), de Ángel de la Peña.

A revolta (1965), de Jenaro Marinhas del Valle.

Un Hotel de Primeira sobre Río (1966), de Xohana Torres.O final dos Premios de Teatro Castelao produciuse como consecuencia do nacemento do teatro independente en Galicia, supoñendo este último feito (na opinión de autores como Laura Tato Fontaíña ou Manuel F. Vieites) o inicio dunha nova etapa do Teatro Galego.

Por outra banda, no ano 1975 o Instituto Argentino de Cultura Gallega (Bos Aires) convocou un certame literario que tamén se denominaría Premio Castelao polo 25 aniversario da morte do escritor Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituístes republicanas. Traballou na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Fiel á causa galeguista durante a Guerra civil española, foi expedientado. Foi membro da Real Academia Galega e presidiu a Editorial Galaxia. Participou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. É autor dunha ampla obra narrativa, ensaística e dramática.

A Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Penzol conservan a súa biblioteca e arquivo. En 1988 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Xosé María Álvarez Blázquez

Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista. Pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó Emilio Álvarez Giménez, seguiu co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e compartiu co seu irmán Emilio. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca, vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa. En 2008 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Xosé Ramón Fernández-Oxea

Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey ou Xan Fouciño, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista. En 1986 foi galardoado coa Medalla Castelao.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.