Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia é unha editorial galega fundada en 1950 e radicada en Vigo. O seu director xeral é Francisco Castro.

Editorial Galaxia
Medalla de Galiza.svg
Almacén de Editorial Galaxia na Rúa Numancia de Vigo
TipoSociedade Anónima
Fundación25 de xullo de 1950
LocalizaciónSede social:
Avda. de Madrid, 44 baixo 36204
Delegación comercial e almacén:
Travesía de Vigo 71 soto 36206
Vigo Galicia Galicia
FundadorRamón Otero Pedrayo
Persoas claveAntón Vidal Andión (presidente)[1]
Francisco Castro (director xeral)
IndustriaCultural
Número de empregados16 (en 2015)[2]
Páxina webeditorialgalaxia.gal
Notas
Accionistas principais:
Fundación Penzol: 52%
Fundación Isla Couto: 28%

Historia

Editorial Galaxia
Stand da editorial no CulturGal 2010.

Rematada a guerra civil española apenas se publicaron libros en Galiza e moito menos en galego. A edición, igual que a resistencia política e cultural, desenvolveuse neste período principalmente en América (México, Uruguai, Arxentina), arredor de figuras como Castelao, Manuel Puente, Arturo Cuadrado ou Luís Seoane, auténticos motores da produción editorial no exilio. En 1949 publicouse en Pontevedra a colección de poesía Benito Soto, promovida por Sabino Torres, Manuel Cuña Novás, Emilio Álvarez Negreira e Celso Emilio Ferreiro. Polas mesmas datas saíron os primeiros títulos de Bibliófilos Gallegos, e máis a Editorial Monterrey, da man de Luís Viñas Cortegoso e Xosé María Álvarez Blázquez, orientada maiormente cara á edición de bibliofilia. O proxecto Galaxia consolidouse, de entre todas elas, como o máis estábel e o de máis continuidade, e constituíu a referencia obrigada do rexurdimento da actividade intelectual na Galiza interior.

O Partido Galeguista do interior considerou que había que aproveitar as escasas posibilidades que ofrecía o franquismo para desenvolver a lingua e literatura galega e o propio pensamento galeguista, en aberta contradición do galeguismo do exilio, e así o 25 de xullo de 1950 celebrouse no mesón do hotel Compostela, en Compostela, a asemblea fundacional da Editorial Galaxia. Presidida por Ramón Otero Pedrayo, o Patriarca das Letras, e coa presenza de personalidades senlleiras do galeguismo, como Manuel Gómez Román, secretario do Partido Galeguista. A Editorial Galaxia converteuse no núcleo principal da resistencia cultural e política do galeguismo, obrigado á clandestinidade e ao exilio despois da guerra civil. Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla Couto e Ramón Piñeiro foron as tres personalidades que desde o primeiro momento orientaron a editorial, comprometida coa recuperación da lingua e da cultura galega, nos tempos difíciles da ditadura.

O primeiro libro publicado por Galaxia foi Antífona da cantiga, de Ramón Cabanillas, que saíu do prelo en abril de 1951.

Ramón Piñeiro Siro López
Caricatura de Ramón Piñeiro

A resistencia galeguista deseñou daquela un programa de acción cultural e política que frutificou sobre todo nas seguintes xeracións. Máis de medio século despois, os seus catálogos son referencia obrigada do libro e a creación galega do noso tempo.

Na súa colección Illa Nova (1957) pensada para dar cabida aos escritores novos publicáronse as obras máis representativas da coñecida como a nova narrativa galega que renovou a narrativa galega de posguerra.[3]

Presidentes do Consello de Administración

Ocuparon o cargo:

Características

A oferta de Galaxia ten carácter xeralista, como corresponde a unha editorial que, seguindo aos seus principios fundamentais, tenta manter activo o proceso de modernización da sociedade lectora, incorporando temas, xéneros, novas propostas e novas liñas de traballo e investigación. O seu proxecto concrétase en coleccións de clásicos, traducións de grandes autores da literatura universal, poesía, ensaio, guías de ocio e temáticas ambientais, libros de viaxes, literatura infantil e xuvenil, gastronomía...; e resumindo, atinxe dende a creación literaria e o pensamento á didáctica e os materiais de referencia escolar, como manuais, dicionarios etc.

A Editorial Galaxia ten publicados uns 2.800 títulos,[2] dos cales a metade xa están descatalogados. Desde 1963 edita trimestralmente Grial. Revista galega de cultura.

Premios

A editorial recibiu a Medalla de ouro de Galicia en 2008, outorgada polo goberno galego[4]. En 2010 recibiu tamén o Premio Cultura Galega á Promoción Cultural de Galicia, tamén outorgado pola Xunta de Galicia.

Notas

  1. 1,0 1,1 "Antón Vidal Andión, novo presidente de Galaxia" Atlántico Diario, 27/3/15.
  2. 2,0 2,1 Entrevista a Antón Vidal Andión en Galicia por diante (Radio Galega) o 22/04/2015 as 09:28.
  3. Dolores Vilavedra, Historia da literatura galega, Galaxia, 1999. páx. 253-255
  4. Galaxia, Medalla de Galicia pola súa contribución á cultura galega Arquivado 03 de decembro de 2013 en Wayback Machine., A Nosa Terra, 3/7/08.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Casares, Carlos: Ramón Piñeiro. Da miña acordanza. Memorias. Galaxia 2002.
  • Rodríguez-Polo, Xosé Ramón: Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo. Xerais, Vigo, 2009.

Outros artigos

Ligazóns externas

Biblioteca Básica da Cultura Galega

A Biblioteca Básica da Cultura Galega é un produto editorial formado por unha colección de cincuenta libros, en lingua galega, publicados dende 1982 pola Editorial Galaxia, co patrocinio das deputacións de Galicia.

Diccionario da literatura galega

O Diccionario da literatura galega -publicado en catro tomos- é un dicionario en lingua galega. Está coordinado pola doutora en filoloxía galega Dolores Vilavedra, contando con autores e autoras como Helena González Fernández e Ana Belén Fortes, entre outros. O primeiro tomo data de 1995 e, o cuarto, de 2004; todos os tomos contan cunha sobrecuberta que protexe as pastas duras que conforman o esqueleto do libro. Foron publicados en Vigo pola Editorial Galaxia.

Diccionario enciclopédico gallego-castellano

O Diccionario enciclopédico gallego-castellano é un dicionario bilingüe galego castelán de 45.673 entradas e coas definicións en castelán, elaborado por Eladio Rodríguez González e publicado postumamente pola Editorial Galaxia en tres volumes en 1958, 1960 e 1961. Considérase o dicionario galego máis importante ata a aparición dos dicionarios monolingües e o último importante baseado na colleita directa. O dicionario de Eladio foi, ademais, a fonte principal para a realización dos dicionarios monolingües modernos do galego.

Diciopedia do século 21

A Diciopedia do século 21, subtitulada Dicionario enciclopédico da lingua galega e da cultura universal ilustrado, é un dicionario e enciclopedia universal, en tres volumes, editada no ano 2006 conxuntamente por Edicións do Cumio, Editorial Galaxia e Edicións do Castro.

Domingo García-Sabell

Domingo García-Sabell Rivas, nado en Santiago de Compostela o 8 de outubro de 1909 e finado na Coruña o 5 de agosto de 2003, foi un médico, escritor, político e académico galego.

Eva Almazán

Eva Almazán García, nada en Pontevedra en 1976, é unha tradutora galega.

Francisco Castro Veloso

Francisco Castro Veloso, nado en Vigo o 27 de outubro de 1966, é un escritor e editor galego. En decembro de 2016 sucedeu como director a Víctor Freixanes á fronte da Editorial Galaxia.

Francisco Fernández del Riego

Francisco Fernández del Riego, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913, e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010 ós 97 anos, foi un intelectual galego. Escribiu cos pseudónimos de Salvador Lorenzana e Cosme Barreiros. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.

Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega. Fernández del Riego pertence á xeración de intelectuais xurdidos arredor do grupo Nós.

Grial (revista)

A revista Grial é unha publicación trimestral editada pola editorial Galaxia (Vigo), desde 1963. Pode considerarse como un dos mellores referentes das revistas culturais galegas.

Como antecedente da revista cabe lembrar a Colección Grial, publicada tamén por Galaxia en 1951 pero que foi pechada pola censura franquista trala publicación de tan só catro números.

Na revista Grial aparecen traballos que obedecen a un dobre propósito: informar sobre a realidade de Galiza, e informar e reflexionar sobre os máis diversos aspectos da cultura universal. Inicialmente, os directores da revista foron Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego. En 1989 asumiu a dirección Carlos Casares e, trala morte deste en 2003, os directores son Víctor Fernández Freixanes e Henrique Monteagudo.

Guía das aves de Galicia

A Guía das aves de Galicia é unha guía de campo de identificación de aves de Galicia, obra dos ornitólogos Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López, con ilustracións de Calros Silvar. Foi publicada por primeira vez en 1980 por Editorial Galaxia, e reeditada en 1991 e 2004 por Baía Edicións.Esta guía, na súa edición de 1980, está recomendada pola Sociedade Galega de Historia Natural. A edición de 2004 está recomendada pola Xunta de Galicia para a observación de aves, xunto co libro Collins Bird Guide de aves de España, Europa e da rexión mediterránea.A primeira edición contén 90 fichas de especies silvestres diferentes que poden atoparse en Galicia con 146 ilustracións, unhas en branco e negro e outras a cor, a edición de 1990 contén 360 fichas e máis de 1 500 ilustracións a cor, e a edición de 2004 contén información de 434 aves, incluíndo máis de 2 000 ilustracións, e a maiores, achégase un CD-ROM con fichas adicionais doutras especies menos representativas e o canto de 110 aves.

Historia da literatura galega contemporánea

Historia da literatura galega contemporánea é unha obra de Ricardo Carballo Calero publicada pola Editorial Galaxia en 1963. En 1975 fíxose unha 2ª edición ampliada:

Foi reeditada en 1981 e 2001 .

Larpeiros

Larpeiros é un programa de cociña emitido pola Televisión de Galicia. Este espazo, de trinta minutos de duración, emítese os martes e mércores ás 22:00 h, e os sábados con dobre episodio ás 16:15 e 19:15.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Provincia de Xirona

Xirona (en catalán: Girona, pronunciado [ʒiˈɾonə]) é unha provincia española situada na zona nordés de Cataluña. Limita coas provincias de Barcelona polo sur e oeste; Lleida polo oeste; con Francia e Andorra polo norte e co mar Mediterráneo polo leste.

Un concello da provincia, Llívia, é un enclave separado do resto da provincia, estando rodeado por territorio administrativamente francés.

A provincia contaba con 687.331 habitantes (INE 2006). A súa capital é a cidade de Xirona (en catalán Girona), onde vive algo máis da oitava parte da poboación total.

Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituístes republicanas. Traballou na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Fiel á causa galeguista durante a Guerra civil española, foi expedientado. Foi membro da Real Academia Galega e presidiu a Editorial Galaxia. Participou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. É autor dunha ampla obra narrativa, ensaística e dramática.

A Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Penzol conservan a súa biblioteca e arquivo. En 1988 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Ramón Piñeiro

Ramón Piñeiro López, nado en Armea de Abaixo (Lama, Láncara) o 31 de maio de 1915 e finado en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1990, foi un filósofo, ensaísta e político galego, un dos principais artífices da reconstrución cultural galega na posguerra. Piñeiro vía utópica a formación dun partido político galeguista na situación política e social de entón. Se xa fora un partido minoritario cando as circunstancias eran favorables, e nin sequera conseguira manter a unidade interna, ao seu ver, moitas menos posibilidades ía ter baixo a ditadura. Loitar nesta dirección parecíalle un fracaso seguro. Así foi xurdindo a idea da autodisolución do Partido Galeguista e, por outra banda, en 1950, a fundación da Editorial Galaxia.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas do ano 2009.

Sempre en Galiza

Este artigo trata sobre o libro de Castelao, para o artigo sobre programa de radio véxase Sempre en Galicia.Sempre en Galiza é un libro de ensaio político escrito por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, considerado a obra canónica do nacionalismo galego. A obra publicouse o 10 de marzo de 1944 en Buenos Aires e os primeiros exemplares que chegaron a Galicia fixérono de xeito clandestino.

No libro axúntanse artigos, ensaios, conferencias, discursos xunto a material pensado especificamente para a obra. O limiar da obra, Adro, comprende os artigos que dende Badaxoz escribiu para A Nosa Terra en 1935. A primeira parte escribiuna entre Valencia e Barcelona en 1937, orixinariamente publicouse na forma de artigos no xornal que os galegos exiliados publicaban en Madrid, Nueva Galicia. A segunda parte escribiuna en Nova York e durante a viaxe que o levou a Buenos Aires en 1940. O resto escribiuno en Buenos Aires entre 1942 e 1943.

Víctor Freixanes

Víctor Fernández Freijanes, máis coñecido como Víctor Freixanes, nado o 24 de agosto de 1951 en Pontevedra, é un xornalista, editor e escritor galego. É irmán do pintor Xosé Freixanes. En 2017 foi elixido presidente da Real Academia Galega.

Xaime Isla Couto

Xaime Isla Couto, tamén coñecido como Xaime Illa Couto, nado en Santiago de Compostela o 23 de outubro de 1915 e finado en Vigo o 25 de abril de 2012, foi un intelectual e economista galego.

1984–1999
Desde 2000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.