Editorial Compostela

A Editorial Compostela, fundada en 1938 en Santiago de Compostela por Juan Sáenz-Díez García, é a editorial do xornal El Correo Gallego, pertencentes ámbalas dúas empresas ao Grupo Correo Gallego.[1]

Descrición

Foi propietaria dos desaparecidos El Compostelano e La Noche. Dedícase á publicación, impresión, edición e/ou venda de periódicos, libros, boletíns como o Diario Oficial de Galicia, revistas e produtos audiovisuais, como a serie de televisión Pratos Combinados.

Obras publicadas

Biblioteca 114 El Correo Gallego
A Biblioteca 114 é un dos produtos da Editorial Compostela.

Entre outras, sacou do prelo as seguintes:

Notas

  1. "Editorial Compostela na páxina da Asociación Galega de Editores". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2013. Consultado o 21 de xullo de 2013.
  2. Imaxe da portada de: Mil catrocentos dez...
  3. Imaxe da portada de: Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Anxo Tarrío

Anxo Tarrío Varela, nado en Santiago de Compostela o 11 de marzo de 1945, é un filólogo e profesor galego. Foi catedrático de filoloxía galega e portuguesa, na especialidade de literatura galega, na Universidade de Santiago de Compostela.

Avelino Pousa Antelo

Avelino Pousa Antelo, nado en Arzón (A Baña) o 14 de maio de 1914 e finado en Teo o 20 de agosto de 2012, foi un mestre, agrarista, político e escritor galego e mailo presidente da Fundación Castelao no momento de morrer.

Biblioteca 114

A Biblioteca 114 é un produto editorial formado por unha colección de 114 libros, tanto reedicións coma primeiras edicións, de autores galegos consagrados, en lingua galega e castelá, da Editorial Compostela-El Correo Gallego.

Carlos Pedreira López

Carlos Pedreira López, nado o 8 de setembro de 1945 en Pontedeume, é un naturalista, ornitólogo, delineante naval e mestre de educación primaria galego.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Euloxio R. Ruibal

Euloxio Rodríguez Ruibal, nado en Ordes o 16 de marzo de 1945, é un escritor e director galego. Está considerado un dos renovadores do teatro galego.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Ferreira de Pantón, Pantón

Santa María de Ferreira de Pantón é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. Segundo o padrón municipal (INE) en 2012 tiña 609 habitantes (299 homes e 310 mulleres), un máis ca en 2011. A parroquia ten 17 lugares.

Galicia Hoxe

Galicia Hoxe foi un xornal galego que se publicou en Santiago de Compostela editado pola Editorial Compostela, a mesma que edita El Correo Gallego. Foi o primeiro diario en lingua galega, apareceu o 6 de xaneiro de 1994 coa cabeceira O Correo Galego e cunha tirada inicial de 10.000 exemplares, e en maio de 2003 cambiou para o seu nome definitivo. O derradeiro número saíu o 28 de xuño de 2011. As razóns do peche hai que buscalas, segundo o propio medio, no recorte de axudas económicas que habitualmente recibía da Xunta de Galicia. Non obstante mantén a súa cabeceira como diario dixital.

La Noche

La Noche foi un xornal vespertino que se editou en Santiago de Compostela entre 1946 e 1967.

Luís González Tosar

Luís González Tosar, nado en Buenos Aires o 25 de agosto de 1952, é un escritor galego, residente en Santiago de Compostela.

Marcos Valcárcel

Marcos Valcárcel López, nado en Ourense o 3 de marzo de 1958 e falecido na mesma cidade o 5 de decembro de 2010, foi un historiador, xornalista e escritor galego.

Pombeiro, Pantón

San Vicente de Pombeiro é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 186 habitantes, deles 91 eran homes e 95 eran mulleres, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituístes republicanas. Traballou na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Fiel á causa galeguista durante a Guerra civil española, foi expedientado. Foi membro da Real Academia Galega e presidiu a Editorial Galaxia. Participou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. É autor dunha ampla obra narrativa, ensaística e dramática.

A Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Penzol conservan a súa biblioteca e arquivo. En 1988 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Salvador García-Bodaño

Salvador García-Bodaño Zunzunegui, nado en Teis (Vigo) o 17 de xullo de 1935 é un escritor galego, membro do plenario da Real Academia Galega dende 1992 e vicesecretario desa institución no período 2001-2009. Cultiva exclusivamente a poesía en lingua galega e está considerado como membro da Xeración das Festas Minervais. É procurador dos tribunais e dedicouse a diversas actividades mercantís.

Suso de Toro

Xesús Miguel de Toro Santos, máis coñecido como Suso de Toro, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor galego.

Torre de Marce

A Torre de Marce é unha fortificación medieval situada no lugar de Marce na parroquia de Vilar de Ortelle no concello lugués de Pantón, situado na Comarca de Terra de Lemos.

Xosé Neira Vilas

Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.