Edificio da Equitativa

O Edificio da Equitativa (La Equitativa) é un inmoble senlleiro que se atopa no chafrán das rúas Marqués de Valladares e Reconquista, no centro da cidade de Vigo. O edificio proxectouno en 1948 o arquitecto asturiano Manuel Cabanyes Mata nun estilo academicista monumentalista, con toques clasicistas, mantendo unha linguaxe característica desta etapa de posguerra con ornamentación que lembra o eclecticismo. O edificio foi deseñado para acoller a sede dunha compañía aseguradora (hoxe integrada en AXA[1]) e vivendas.

Vigo - Edificio da Equitativa 3
Detalle da deusa da xustiza, figura feminina que representa a compañía aseguradora.

La Equitativa era unha filial española da compañía de seguros estadounidense The Equitable Life Assurance Society of the United States. No século XIX a compañía coñecíase en España co nome La Equitativa de los Estados Unidos, porén o nome veuse acurtado a La Equitativa logo de que en 1898 o pobo arrincase o escudo dos EUA que decoraba o pazo madrileño da empresa por mor da guerra de Cuba[2].

Trátase dun edificio simétrico no cruzamento das rúas Marqués de Valladares e Reconquista, que forman un chafrán arredondado, onde o edificio ten a súa entrada principal. A fachada é de cantaría de granito galego, e conta con soto na baixada da rúa, planta terrea, un elevado entresollado, cinco andares e un andar adicional no chafrán a xeito de corpo torreado de decoración clasicista e rematado cun pavillón circular con columnas toscanas pareadas e unha fornela da deusa da xustiza, coa balanza na man e a verba Equitas gravada na peaña, símbolo da compañía aseguradora. Cómpre salientar as cornixas sobrevoadas,a primeira separa o entresollado do resto dos andares e a segunda rematando os andares antes de se elevar a torre. O segundo andar do chafrán ten un balcón corrido sustentado sobre canzorros[3]. O entresollado ten unhas pilastras decorativas e grandes columnas par da porta principal que resaltan o uso comercial desta parte do edificio[4].

Edificio da Equitativa
Vigo - Edificio da Equitativa 4
Edificio
Nome inicialLa Equitativa
Tipoedificio comercial e de vivendas
Estiloacademicista monumentalista, con toques clasicistas
LocalizaciónRúa Marqués de Valladares 21, Vigo, Galicia, España
Coordenadas42°14′18″N 8°43′23″O / 42.23845, -8.7230055555556Coordenadas: 42°14′18″N 8°43′23″O / 42.23845, -8.7230055555556
Remate1948
Equipo
Arquitecto(s)Manuel Cabanyes Mata

Galería de imaxes

La Equitativa, 1948, Vigo

Fachada dende a Rúa Marqués de Valladares

Vigo - Edificio da Equitativa 1

Fachada dende a Rúa da Reconquista

Vigo - Edificio da Equitativa 2

Detalle do pavillón do chafrán

Vigo - Edificio da Equitativa 5

Antiga placa da aseguradora

Notas

  1. Blog de Vigo Oculto
  2. Outono.net
  3. Edificio na Web de Turgalicia
  4. A Equitativa en Turismo de Vigo.org

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Arquivo Pacheco

O Arquivo Fotográfico Pacheco é unha colección fotográfica recompilada na súa maior parte por Jaime de Sousa Guedes Pacheco entre 1915 e 1981, e que está instalada na Casa das Artes de Vigo.

Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales

O Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales é un estadio de fútbol de propiedade municipal, situado en Bouzas, Vigo. Serve de localía ao Club Rápido de Bouzas. O estadio inaugurouse en marzo de 2001.

O seu terreo de xogo é de céspede artificial. A súa capacidade total rolda os 1.500 espectadores, aínda que só posúe unha bancada con capacidade para 600 persoas. O complexo deportivo conta con catro vestiarios, un local para oficinas, dous aseos para uso público e un equipo de calefacción que garante unha permanente subministración de auga quente, ademais dun peche perimetral de todo o campo. Tamén incorpora un local para servizo de cafetaría.

Leva o nome de Baltasar Pujales, quen foi presidente do Rápido de Bouzas durante máis de 30 anos, e que foi o presidente na data de inauguración do estadio. Anteriormente á construción deste campo de fútbol, o Rápido de Bouzas xogaba no campo de fútbol das Gaivotas, un campo de terra que ocupou a área onde agora se ergue o pavillón polideportivo, anexo ao campo actual.

Campo do Vao

O Campo do Vao é un campo de fútbol da parroquia de Coruxo, Vigo, situado preto da praia do mesmo nome. Serve de feudo local do Coruxo Fútbol Club e ten unha capacidade de 1.500 espectadores.

Casa Galega da Cultura

A Casa Galega da Cultura é un espazo multidisciplinar localizado en Vigo que acolle a realización de actividades artísticas e literarias, ao tempo que conta cun fondo bibliográfico e museográfico sobre Galicia.

Casa Pereira de Castro

A Casa de Pereira de Castro é un edificio situado na Praza da Constitución, na Cidade Vella de Vigo. Monumento Histórico-Artístico dende 1946, é un dos poucos exemplos de barroco civil que existen na vila.

Centro Arqueolóxico de Salinae

O Centro Arqueolóxico Salinae (Vigo) é a primeira salina romana de evaporación solar que foi conservada e musealizada do Imperio Romano. É un centro dependente do Museo do Mar de Galicia e da Xunta de Galicia.

Complexo Deportivo das Travesas

O Complexo Deportivo das Travesas é un recinto polideportivo situado na parroquia viguesa de Freixeiro, construído en 1968 e con capacidade para 3.500 persoas.

Serve de feudo ao Real Club Celta Indepo de baloncesto e máis ao Octavio Pilotes Posada de balonmán.

Edificio Banca Viñas-Aranda

O Edificio Banca Viñas-Aranda é un inmoble senlleiro que se atopa no cruzamento das rúas Reconquista e Marqués de Valladares, no centro da cidade de Vigo. Foi proxectado polo arquitecto porriñés Antonio Palacios en 1941. O edificio contruiuse para ser sede da antiga antiga Banca Viñas-Aranda; hoxe é sede do Banco Popular.

O edificio ten un estilo clasicista que se achega á escola de Chicago de finais do século XIX e é un exemplo seriodio da arquitectura comercial das obras realizadas por Palacios en Madrid a principios do século XX. Está contruído en cantaría de granito galego; ten soto, planta terrea, entresollado, catro andares, un máis diferenciado. Aproveita o chafrán que se forma entre as dúas rúas para situar a porta principal do banco; este chafrán ten un gran van con dúas pilastras lisas, no alto da cornixa do chafrán o edificio ten un corpo a xeito de torre de tres andares que achega monumentalidade. Ten un gran corpo basamental con pilastras e arcos almofadados no entresollado e a planta terrea. Os catro andares seguintes caracterízanse polas fiestras tipo oriel window, tipicamente inglesas, e as grandes columnas recubertas de cerámica que enriquece o edificio plasticamente. O último andar diferenciado funciona coma un falso entaboamento cunha disposición clásica de tríglifos no friso e fiestras con métopas.

O inmoble foi construído pola casa Pérez Conde. As oficinas sa banca abriron o 27 de maio de 1944. É de salientar, ademais, que nesta vivenda morou desterrado o poeta, tradutor e xornalista Plácido Castro.

Edificio Bonín

O Edificio Bonín, ou Casa Bonín, é un monumental inmoble de planta baixa e tres andares, situado na rúa Areal, esquina rúa Oporto, de Vigo. Foi proxectado no ano 1909 polo arquitecto galego Jenaro de la Fuente Domínguez (1851-1922).

Estadio Municipal de Barreiro

O Estadio Municipal de Barreiro é un estadio de fútbol situado na parroquia de Lavadores de Vigo. É propiedade do concello de Vigo.

É utilizado como feudo local polo Celta de Vigo B, que xoga na Segunda B. Ten capacidade para 4.500 espectadores. É utilizado tamén polo Gran Peña Fútbol Club.

Festival Aéreo de Vigo

O Festival Aéreo de Vigo foi un festival celebrado dende 2004 ata 2012 na cidade de Vigo. Tiña lugar nun domingo da segunda quincena dos meses de xullo.

Igrexa de Santiago de Vigo

A igrexa de Santiago de Vigo é unha igrexa decimonónica que se atopa na cidade de Vigo.

Monte da Guía

O monte da Guía é unha elevación situada na parroquia de Teis, no concello de Vigo, a uns 100 metros sobre o nivel do mar, a carón da ría de Vigo. É un dos parques maiores da cidade.

Desde o alto do promontorio hai unha vista bastante completa da cidade de Vigo, así como da ría, das illas Cíes, e da cara sur da península do Morrazo e da ponte de Rande. Antigamente, as mulleres dos pescadores subían a este monte para facer fogueiras e así poder orientar os seus maridos de regreso ao peirao.

Está coroada por unha pequena ermida erixida en honra da Nosa Señora das Neves: Nosa Señora da Guía, obra do arquitecto Manuel Gómez Román.

Ata o ano 2000 estivo situada na súa ladeira máis protexida, cara ao mar, a Escola de Transmisións da Armada, localización militar que tivo importante relevancia na Segunda Guerra Mundial, ó ser usada como lugar de aprovisionamento por submarinos alemáns, o que se evidencia nalgunha película bélica. Naquela época fíxose un túnel baixo o monte para que o tren chegase ás instalacións militares para levar provisións. Tempo despois, ó ser innecesario o transporte ferroviario, o túnel foi usado como almacén militar.

Na súa aba, hai pequenas praias como a da Lagoa ou a da Punta, e un paseo a través dunha senda botánica sinalada. Conta cunha carballeira e distintas especies ornamentais de interese, nas que destacan ademais dos carballos, os piñeiros.

O monte da Guía está conectado co centro da cidade a través do autobús urbano (liña 17).

Policlínico Cíes

O Policlínico Cíes foi un pequeno hospital de titularidade pública situado en Vigo. Facía parte do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Pechou en 2015.

Foi construído en 1967 segundo deseño de Xosé Bar Boo, cun deseño circular, no seu día moi innovador. No ano 2006, engadíuselle un anexo nun estilo completamente distinto.

É un edificio de seis plantas que estaba adicado a consultas externas de atención especializada e mais a cirurxía de ciclo rápido, é dicir, que normalmente non require hospitalización.

Real Club Náutico de Vigo

O Real Club Náutico de Vigo é un club náutico da cidade de Vigo. O seu club de remo compite actualmente na Liga Galega de Traiñeiras, competición que gañou no 2008.

Rúa Reconquista de Vigo

A rúa Reconquista é unha rúa da cidade olívica que debe o seu nome, dende maio de 1882, á conmemoración da expulsión do exército francés, o 28 de marzo de 1809, por parte dos vigueses. Liga a rúa Policarpo Sanz coa praza de Compostela.

Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo

A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo é un edificio do século XXI situado na cidade de Vigo.

Trofeo Memorial Quinocho

O Trofeo Memorial Quinocho é un torneo futbolístico de verán de carácter amigábel que se disputa anualmente no Estadio Municipal de Balaídos e que é organizado polo Celta de Vigo. Está dedicado ao antigo xerente do equipo, Joaquín Fernández Santomé 'Quinocho', asasinado tras un atraco á sede do club.Comezou a disputarse no ano 1995 e, desde entón, tan só deixou de celebrarse en 2006 e 2016 por mor do mal estado do céspede e obras, respectivamente, en Balaídos.

World Fishing Exhibition

A World Fishing Exhibition (Exposición Mundial da Pesca) é unha feira empresarial do sector pesqueiro que se celebra cada seis anos na cidade de Vigo.

De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.