Edificio Curbera

O Edificio Curbera é unha construción racionalista situada no número 30 da rúa García Barbón, no centro da cidade de Vigo. Construído en 1939 polo arquitecto vigués Francisco Castro Represas, foi un dos edificios máis altos de Galicia e de España na súa época cos seus trece andares e 50 metros de altura, sendo daquela toda unha revolución construtiva.

Edificio Curbera
Edificio Rascacielos en García Barbón 30, siniestro
Edificio
Nome inicialEdificio para José Curbera
Tipoedificio de oficinas e vivendas
EstiloRacionalista
Sistema estruturalformigón
LocalizaciónVigo, Galiza Galicia
Coordenadas42°14′12″N 8°42′58″O / 42.236649, -8.716244Coordenadas: 42°14′12″N 8°42′58″O / 42.236649, -8.716244
Construción
Inicio1938
Remate1939
Dimensións
Altura50
Equipo
Arquitecto(s)Francisco Castro Represas

Historia

O Edificio Curbera é unha das obras máis senlleiras da arquitectura viguesa do século XX, froito do desenvolvemento da actividade conserveira dos anos 30 na cidade. O promotor do edificio foi o sonado empresario José Curbera, que encargou a finais dos anos trinta do pasado século o deseño dun edificio de vivendas e oficinas a Castro Represas, acorde coas necesidades e moda construtivas da década dos anos 30, que supuxo a eclosión dos rañaceos en toda Europa e especialmente en América do Norte. O edificio supón o segundo rañaceos de Galicia, despois do edificio do Banco Pastor da Coruña, de 40 metros de altura e contruído nos anos vinte[1]. Trátase do mesmo estilo (racionalista) que Castro Represas emprega noutras obras súas previas coma o edificio Sanchón ou o edificio Ribas. Nun principio proxectouse para ter dez andares no canto dos trece actuais, mais durante os traballos decidiuse engadir tres andares máis. Modificouse tamén a distribución do número de vivendas por andar, que pasou de tres a dúas. A fachada ficou inalterada. Os traballos remataron en 1939.

Construción e estilo

Trátase dun edificio entre medianeiras; a fachada, impoñente, ten unha altura de 50 metros e unha largura de 25,5 metros, practicamente non ten ornamentación, agás na porta de acceso e no ástrago. Construtivamente, trátase dun edificio de formigón, con placas (ou forxados) no mesmo material. Posúe unha planta terrea a xeito de zócolo onde se atopan os locais comerciais, coa porta de acceso no medio e medio da mesma. O entresollado é o andar de oficinas e salienta por ter unha fiestra grande corrida. Tanto a planta terrea coma o entresollado fican algo máis afundidas ca o resto de andares, e recóbrense con placas de granito escuro, ao igual ca o centro de todo o edificio. A partir do entreseollado érguense 12 andares cunha marcada verticalidade por mor do eixo de simetría e mais os elementos verticais de cor cinsenta. A disposición dos vans que forman as fiestras achegan horizontalidade, e xunto cos balcóns rematados cara ao eixo central en curva, demostran a linguaxe moderna da construción. Todos os laterais da fachada, incluíndo os balcóns, recóbrense de granito galego, mentres que, como xa se dixo, a faixa central enfatíase verticalmente coa mesma pedra fusca ca o baseamento. A fachada coróase con lousas macizas a xeito de pérgolas e mais un triángulo escalonado de certa inspiración art déco.[1] A fachada posterior converteuse nun elemento visíbel máis coa apertura da autoestrada do atlántico (AP-9), que entra no centro da cidade por detrás do edificio. Esta é moi simple, mais salientan como elemento racionalista os ollos de boi (xa presentes no edificio Sanchón)[2].

Notas

  1. 1,0 1,1 García Braña, Celestino: Docomomo ibérico
  2. Arquitectura en Vigo 25/11/2008 (en castelán).

Véxase tamén

Outros artigos

Arquivo Pacheco

O Arquivo Fotográfico Pacheco é unha colección fotográfica recompilada na súa maior parte por Jaime de Sousa Guedes Pacheco entre 1915 e 1981, e que está instalada na Casa das Artes de Vigo.

Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales

O Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales é un estadio de fútbol de propiedade municipal, situado en Bouzas, Vigo. Serve de localía ao Club Rápido de Bouzas. O estadio inaugurouse en marzo de 2001.

O seu terreo de xogo é de céspede artificial. A súa capacidade total rolda os 1.500 espectadores, aínda que só posúe unha bancada con capacidade para 600 persoas. O complexo deportivo conta con catro vestiarios, un local para oficinas, dous aseos para uso público e un equipo de calefacción que garante unha permanente subministración de auga quente, ademais dun peche perimetral de todo o campo. Tamén incorpora un local para servizo de cafetaría.

Leva o nome de Baltasar Pujales, quen foi presidente do Rápido de Bouzas durante máis de 30 anos, e que foi o presidente na data de inauguración do estadio. Anteriormente á construción deste campo de fútbol, o Rápido de Bouzas xogaba no campo de fútbol das Gaivotas, un campo de terra que ocupou a área onde agora se ergue o pavillón polideportivo, anexo ao campo actual.

Campo do Vao

O Campo do Vao é un campo de fútbol da parroquia de Coruxo, Vigo, situado preto da praia do mesmo nome. Serve de feudo local do Coruxo Fútbol Club e ten unha capacidade de 1.500 espectadores.

Casa Galega da Cultura

A Casa Galega da Cultura é un espazo multidisciplinar localizado en Vigo que acolle a realización de actividades artísticas e literarias, ao tempo que conta cun fondo bibliográfico e museográfico sobre Galicia.

Casa Pereira de Castro

A Casa de Pereira de Castro é un edificio situado na Praza da Constitución, na Cidade Vella de Vigo. Monumento Histórico-Artístico dende 1946, é un dos poucos exemplos de barroco civil que existen na vila.

Centro Arqueolóxico de Salinae

O Centro Arqueolóxico Salinae (Vigo) é a primeira salina romana de evaporación solar que foi conservada e musealizada do Imperio Romano. É un centro dependente do Museo do Mar de Galicia e da Xunta de Galicia.

Complexo Deportivo das Travesas

O Complexo Deportivo das Travesas é un recinto polideportivo situado na parroquia viguesa de Freixeiro, construído en 1968 e con capacidade para 3.500 persoas.

Serve de feudo ao Real Club Celta Indepo de baloncesto e máis ao Octavio Pilotes Posada de balonmán.

Edificio Albo

O Edificio Albo é unha construción situada no cruzamento da rúa Urzáiz coa Gran Vía, no centro da cidade de Vigo. Foi un dos edificios máis altos da cidade na súa época. Actualmente está considerado un dos mellores exemplos de arquitectura da posguerra na cidade.

Edificio Bonín

O Edificio Bonín, ou Casa Bonín, é un monumental inmoble de planta baixa e tres andares, situado na rúa Areal, esquina rúa Oporto, de Vigo. Foi proxectado no ano 1909 polo arquitecto galego Jenaro de la Fuente Domínguez (1851-1922).

Estadio Municipal de Barreiro

O Estadio Municipal de Barreiro é un estadio de fútbol situado na parroquia de Lavadores de Vigo. É propiedade do concello de Vigo.

É utilizado como feudo local polo Celta de Vigo B, que xoga na Segunda B. Ten capacidade para 4.500 espectadores. É utilizado tamén polo Gran Peña Fútbol Club.

Festival Aéreo de Vigo

O Festival Aéreo de Vigo foi un festival celebrado dende 2004 ata 2012 na cidade de Vigo. Tiña lugar nun domingo da segunda quincena dos meses de xullo.

Francisco Castro Represas

Francisco Castro Represas, nado en Vigo o 11 de xuño de 1905 e finado ibídem o 23 de abril de 1997, foi un arquitecto galego.

Igrexa de Santiago de Vigo

A igrexa de Santiago de Vigo é unha igrexa decimonónica que se atopa na cidade de Vigo.

Monte da Guía

O monte da Guía é unha elevación situada na parroquia de Teis, no concello de Vigo, a uns 100 metros sobre o nivel do mar, a carón da ría de Vigo. É un dos parques maiores da cidade.

Desde o alto do promontorio hai unha vista bastante completa da cidade de Vigo, así como da ría, das illas Cíes, e da cara sur da península do Morrazo e da ponte de Rande. Antigamente, as mulleres dos pescadores subían a este monte para facer fogueiras e así poder orientar os seus maridos de regreso ao peirao.

Está coroada por unha pequena ermida erixida en honra da Nosa Señora das Neves: Nosa Señora da Guía, obra do arquitecto Manuel Gómez Román.

Ata o ano 2000 estivo situada na súa ladeira máis protexida, cara ao mar, a Escola de Transmisións da Armada, localización militar que tivo importante relevancia na Segunda Guerra Mundial, ó ser usada como lugar de aprovisionamento por submarinos alemáns, o que se evidencia nalgunha película bélica. Naquela época fíxose un túnel baixo o monte para que o tren chegase ás instalacións militares para levar provisións. Tempo despois, ó ser innecesario o transporte ferroviario, o túnel foi usado como almacén militar.

Na súa aba, hai pequenas praias como a da Lagoa ou a da Punta, e un paseo a través dunha senda botánica sinalada. Conta cunha carballeira e distintas especies ornamentais de interese, nas que destacan ademais dos carballos, os piñeiros.

O monte da Guía está conectado co centro da cidade a través do autobús urbano (liña 17).

Policlínico Cíes

O Policlínico Cíes foi un pequeno hospital de titularidade pública situado en Vigo. Facía parte do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Pechou en 2015.

Foi construído en 1967 segundo deseño de Xosé Bar Boo, cun deseño circular, no seu día moi innovador. No ano 2006, engadíuselle un anexo nun estilo completamente distinto.

É un edificio de seis plantas que estaba adicado a consultas externas de atención especializada e mais a cirurxía de ciclo rápido, é dicir, que normalmente non require hospitalización.

Real Club Náutico de Vigo

O Real Club Náutico de Vigo é un club náutico da cidade de Vigo. O seu club de remo compite actualmente na Liga Galega de Traiñeiras, competición que gañou no 2008.

Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo

A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo é un edificio do século XXI situado na cidade de Vigo.

Trofeo Memorial Quinocho

O Trofeo Memorial Quinocho é un torneo futbolístico de verán de carácter amigábel que se disputa anualmente no Estadio Municipal de Balaídos e que é organizado polo Celta de Vigo. Está dedicado ao antigo xerente do equipo, Joaquín Fernández Santomé 'Quinocho', asasinado tras un atraco á sede do club.Comezou a disputarse no ano 1995 e, desde entón, tan só deixou de celebrarse en 2006 e 2016 por mor do mal estado do céspede e obras, respectivamente, en Balaídos.

World Fishing Exhibition

A World Fishing Exhibition (Exposición Mundial da Pesca) é unha feira empresarial do sector pesqueiro que se celebra cada seis anos na cidade de Vigo.

De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.