Edicións do Cumio

Edicións do Cumio foi unha empresa editorial e selo discográfico galego, activa entre 1988 e 2017.[1] Fundada no ano 1988 en Vigo, estivo dirixida primeiramente por Carlos Blanco Yáñez e logo por Antón Mascato García. Foi adquirida polo grupo distribucións Arnoia, e as súas instalacións foron levadas á Ramalleira (Vilaboa). En 2011 as oficinas foron levadas ao Polígono da Reigosa, en Ponte Caldelas.

Cumio
Instalacións de Edicións do Cumio na Ramalleira.

Traxectoria

Stand Cumio
Stand no CulturGal 2010.

No seu comezo centrou a súa actividade na edición xeral de libros, en especial literatura infantil e xuvenil ("curuxa" e "gaivota"), narrativa para adultos, da que destaca a colección da novela policial "cómplice" e material complementario de ensino ("guías de lectura", "criterio", "manuais" etc). En 1994 comezou a súa actividade musical, nun principio baixo a dirección de Suso Vaamonde, e logo de Cándido Meixide. O folk (Treixadura e Liorna), o rock (Túzaros e Xenreira), e a música tradicional (Pallamallada, Xistra e Ultreia), foron os estilos máis destacados, aínda que tamén atendeu ás chamadas novas músicas (Tangata e Emilio Rúa). Unha das súas especializacións é a cartografía e a publicación de guías turísticas, como mapas de Galicia, de comarcas e de espazos naturais, planos de vilas e cidades, e guías de interese turístico e cultural ("Cidades", "Castros", "Fervenzas" e "Naturguías"). A partir de 1998, a editorial comezou unha nova liña de produción que denominou "multimedia", coa elaboración CD-ROM ademais, o seu catálogo achega tamén importantes series de traballos en CD e DVD que recollen unha boa parte da música galega gravada.

No 1999 publicou o primeiro dicionario electrónico da lingua galega, ademais dun corrector ortográfico. Entre as súas producións destacan os audio-libros infantís, os xogos didácticos e diferentes de lingua galega.

Mantén un criterio aberto nas súas liñas de produción, que vai desde o libro e outros materiais complementarios do proceso educativo até o xogo didáctico, da cartografía ao audio-libro, do produto cultural en soportes multimedia ata o libro ilustrado infantil e xuvenil. Desde 2007 até 2013 o director foi Manuel Villegas Belmonte (1961-2018). O seu derradeiro director é Xosé María Argibay Torres.

Unha das grandes colaboracións que impulsou a creación desta editorial foi Hércules de Ediciones, con sede na Coruña. Esta empresa editorial foi fundada en 1985 coa vontade de impulsar en Galicia proxectos editoriais de gran tamaño. Fundamentalmente dedicada á venda de libro a creto, para a que produce obras como o Proxecto Galicia. Nos últimos tempos deriva a súa oferta á publicación de libro ilustrado para a súa comercialización e librerías. Promoveu unha fundación que leva o nome do seu editor, Francisco Rodríguez Iglesias.

Catálogo editorial

Pódense encontrar unhas 388 publicacións no seu catálogo, repartidas en varias categorías como son: libros, música, dicionarios, e guías e mapas. Entre os seus autores máis destacados están Antón Villar Ponte, Rey Baltar, López Cuevillas ou Álvaro Cunqueiro, entre outros.

Dentro do xénero narrativo hai libros de autores moi recoñecidos como Edgar Allan Poe co seu libro "Os crimes da rúa Morgue" ou "O escaravello de ouro", ilustrados e traducidos por Fino Lorenzo. Tamén podemos destacar libros de mitos e tradicións como "Contos de homes e mulleres" de Xosé Ramón Mariño Ferro ou "Serpes e dragóns", do mesmo autor.

Por outra banda, no xénero do ensaio salienta A poesía de Eduardo Pondal, Ánxel Fole. Aproximación temática á súa obra narrativa en galego ou a obra Rosalía de Castro e os lugares de Cantares gallegos, que trata dun estudo orixinal, tanto no fondo como na forma, pois as explicacións dadas nel amplíanse cunha práctica mostra fotográfica de moitos dos lugares relacionados con Rosalía.

Na categoría de dicionarios, podemos diferenciar entre os bilingües como Dicionario Bilingüe Cumio, con máis de 75 000 entradas de dobre versión: entrada castelán e saída galego, e entrada galego e saída castelán, tamén editado na versión de peto; ou outros monolingües como o Gran Dicionario Cumio da lingua galega con máis de 13 000 entradas.

No apartado de guías e mapas distinguimos entre Guías Cumio: Paseando por..., que pretenden acompañar ao visitante no seu percorrido polos monumentos e polas rúas das cidades, e Guías Cumio: Descubrir..., que son guías das principais cidades e vilas galegas que se editan en varias linguas e conteñen numerosa información gráfica (fotos, mapas, planos...) actualizada. Con referencia aos mapas, encontramos unha gran variedade de cartografías orientadas ao emprego escolar.

Dentro do xénero infantil salientan os contos de cartón como "O gato con botas" ou "O osiño Boris".

Edicións do Cumio caracterízase por posuír unha gran liña multimedia, ofrecendo diversos grupos musicais, corais e bandas, principalmente de folclore tradicional galego; exemplo disto están os grupos como Banda artística de Merza, Banda Unión musical de Valadares, Coral Casablanca ou Banda de Música Municipal de Celanova, con temas de autores galegos e internacionais.

Notas

  1. "A baixada continuada de vendas obriga ao peche a Edicións do Cumio, tras case trinta anos de actividade", Xesús Fraga en La Voz de Galicia, 8 de abril de 2017.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Barato, barato

Barato, barato é unha novela negra escrita por Manuel Forcadela publicada en novembro de 1991 por Edicións do Cumio. É a segunda entrega das aventuras de Toni Barreiro.

Bernardino Graña

Bernardino Graña Villar, nado en Cangas o 27 de setembro de 1932, é un escritor galego.

Carlos Blanco Yáñez

Carlos Blanco Yáñez, nado en Meira o 18 de xaneiro de 1934 e finado en Vigo o 12 de abril de 1998, foi un editor galego.

Diciopedia do século 21

A Diciopedia do século 21, subtitulada Dicionario enciclopédico da lingua galega e da cultura universal ilustrado, é un dicionario e enciclopedia universal, en tres volumes, editada no ano 2006 conxuntamente por Edicións do Cumio, Editorial Galaxia e Edicións do Castro.

Fóra de xogo (libro)

Fóra de xogo é unha novela negra escrita por Manuel Forcadela, publicada en 1993 por Edicións do Cumio. É a terceira entrega das aventuras de Toni Barreiro.

Gaita galega

A gaita galega é un instrumento de vento madeira propio de Galicia, norte de Portugal, occidente de Asturias e o Bierzo. É vista como un símbolo da música tradicional galega.

Manuel Forcadela

Manuel Santiago Fernández Álvarez, máis coñecido polo pseudónimo de Manuel Forcadela, nado en Forcadela, Tomiño, o 25 de xullo de 1958, é un escritor galego.

María Lado

María Lado Lariño, nada en Cee o 14 de abril de 1979, é unha escritora e actriz galega.

O escaravello de ouro

O escaravello de ouro (en inglés: The Gold-Bug) é unha historia curta escrita por Edgar Allan Poe e publicada en 1843. Conta a historia de William Legrand, que é trabado por un insecto de cor dourada. O seu servo Jupiter teme que Legrand estea volvéndose tolo e acode ó amigo de Legrand, un narrador sen nome, que accede a visitar ó seu vello amigo. Legrand conduce ós outros dous a unha aventura despois de descifrar unha mensaxe oculta que conduce a un tesouro soterrado.

Foi traducida ó galego por Susana Rodríguez Barcia e foi publicada por Edicións do Cumio no ano 2009.

Sangue sobre a neve

Sangue sobre a neve é unha novela negra escrita por Manuel Forcadela publicada en maio de 1990 por Edicións do Cumio. É a primeira entrega das aventuras de Toni Barreiro.

Unión Bravú

Unión Bravú é un CD lanzado no ano 1996 por Edicións do Cumio. Reúne a 12 grupos do panorama musical galego da época, de diversos estilos musicais pero co eixo común do bravú. A produción executiva correu a cargo dos Diplomáticos de Monte-Alto.

O libreto do disco vén cun texto de Manuel Rivas.

Valentín Arias

Valentín Arias López, nado na Vilerma (Maside, Sarria) o 22 de abril de 1934 e finado en Sarria o 25 de marzo de 2011, foi un escritor, tradutor e ensaísta galego. Foi o pai da escritora Xela Arias.

Xesús Alonso Montero

Xesús Alonso Montero, nado en Vigo o 28 de novembro de 1928, é un ensaísta, membro do CCG e da RAG, catedrático de Literatura galega, sociolingüista, poeta e conferenciante galego. Foi presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017.

Xosé Carlos López Bernárdez

Xosé Carlos López Bernárdez, nado en Vigo en 1958, é un ensaísta literario galego.

Xosé Luís Laredo Verdejo

Xosé Luís Laredo Verdejo, nado na Coruña o 1 de xaneiro de 1931 e finado en Salamanca o 31 de agosto de 2016, foi un sacerdote e escritor galego.

Xosé María Lema Suárez

Xosé María Lema Suárez, nado en Bamiro (Vimianzo) o 30 de setembro de 1950, é un escritor, historiador e etnógrafo galego.

Xosé Ramón Mariño Ferro

Xosé Ramón Mariño Ferro, nado en Castrofeito (O Pino) o 9 de xaneiro de 1950, é un escritor especializado na antropoloxía de Galicia. Actualmente é profesor titular de Antropoloxía Cultural na Universidade de Santiago de Compostela.

Xulio Ríos

Xulio Ríos Paredes, nado en Moaña o 2 de outubro de 1958, é un ensaísta galego especializado en política internacional.

Xulián Maure Rivas

Xulián Maure Rivas, nado en Vigo en 1941, é un ensaísta e editor galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.