Edicións Xerais de Galicia

Edicións Xerais de Galicia, S.A. é unha empresa editorial galega con sede na rúa Dr. Marañón de Vigo. Dende 1988 pertence ao grupo empresarial Anaya[1], integrado en 2004 no Grupo Lagardère[2].

Culturgal 2014 Edicións Xerais de Galicia
Expositor de Xerais no Culturgal 2014.

Historia

Fundada en 1979 en Vigo por Xulián Maure Rivas e Germán Sánchez Ruipérez, forma parte do Grupo Anaya dende 1988, ano en que naceu este grupo editorial, que desde xaneiro de 2004 está integrado no Grupo Lagardère.

Publica fundamentalmente libros en galego, de tódolos xéneros literarios, así como libros de texto e de divulgación. Publicou dous dicionarios que se encontran entre os máis difundidos da lingua galega, marcando un fito na difusión editorial da lexicografía xeral: o Dicionario Xerais da Lingua (de capas laranxas), con algunhas etimoloxías e pronuncias e co que estudaron xeracións enteiras de galegos, e o Gran Dicionario Xerais da Lingua do ano 2000, con 2.027 páxinas e de carácter inclusivo, aínda que tamén discrimina as prescricións normativas (na norma daquela, previa á reforma normativa de 2003). Convoca anualmente o Premio Xerais de novela, así como o Premio Merlín de literatura infantil e dende 2006 o Premio Caixa Galicia de literatura xuvenil, que en 2014 pasaría a ser coñecido como Premio Jules Verne[3].

O seu director é Fran Alonso, que sucedeu no cargo a Manuel Bragado[4], e este a Víctor Fernández Freixanes.

O fondo editorial chegaba ós 3.300 títulos o 1 de xuño de 2012, dos que 1.600 forman parte do seu catálogo vivo. A maior parte dos títulos editados realizáronse en lingua galega, mais tamén se publicaron algúns en castelán, portugués e inglés. Xerais edita, fundamentalmente, en soporte papel.

Notas

  1. Aviso Legal e Datos de empresa na páxina web de Xerais.
  2. Un gigante del negocio de las armas crea el tercer grupo editorial del mundo, diario ABC, 7 de febreiro de 2006. Consultado o 21 de abril de 2018 (en castelán).
  3. 2006, o nacemento, fomentar a creación literaria para público xuvenil, na páxina web de Edicións Xerais.
  4. Manuel Bragado causou baixa como director xeral de xerais a peticion propia, na páxina web de Xerais, abril de 2018.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Biblioteca Galega 120

A Biblioteca Galega 120 é unha colección de reedicións de 120 libros de autores galegos en lingua galega, distribuída por La Voz de Galicia, da que se venderon máis de catro millóns e medio de exemplares. Na iniciativa colaboraron Edicións Xerais de Galicia, a Editorial Galaxia, Espiral Maior, Edicións Laiovento, Ediciones SM, Ir Indo, Sotelo Blanco Edicións e Ediciós do Castro.

Certame de Narración Curta Ánxel Fole

O Certame de Narración Curta Ánxel Fole é un premio literario promovido polo Concello de Lugo. Está dotado con 4000 euros e a obra é publicada por Edicións Xerais de Galicia.

De Pondal a Novoneyra

De Pondal a Novoneyra é un libro de consulta, de biografías e crítica literaria, de referencia para o estudo da poesía galega contemporánea, obra de Xosé Luís Méndez Ferrín, publicado no ano 1984 por Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Xerais Universitaria.

Diario da luz e a sombra

Diario da luz e a sombra é unha obra de ensaio de María Victoria Moreno escrita a xeito de diario, publicada en 2004 por Edicións Xerais de Galicia na colección Crónica.

Dicionario dos seres míticos galegos

O Dicionario de seres míticos galegos é un ensaio enciclopédico escrito por Xoán Ramiro Cuba, Xosé Miranda e Antonio Reigosa que a modo de dicionario contén 710 entradas do patrimonio mitolóxico galego. É unha compilación dos protagonistas de lendas, mitos e contos populares galegos ordenados alfabeticamente. Orixinalmente publicado no ano 1999, conta con outras catro edicións, no 2000 (2ª ed.), 2002 (3ª ed.), 2004 (4ª ed.) e 2008 (5ª ed.).A obra está baseada nunha ampla biografía que abarca numerosos antropólogos e intelectuais galegos como Murguía, Risco, Cunqueiro, Ferrín etc), amais de pescudas dos propios autores nos concellos de Abadín, Begonte, Cangas, Chantada, A Fonsagrada, Lugo, Mondoñedo Palas de Rei, Paradela, A Pastoriza, A Pontenova e Vilalba.

Elexías de luz

Elexías de luz é un libro de poemas póstumo de María Victoria Moreno publicado en 2006 e reeditado en 2017.

Eu conto, ti cantas

Eu conto, ti cantas... é un libro de Literatura infantil que reúne tres contos en verso de María Victoria Moreno, publicado en 2005. A 4ª edición é de xaneiro de 2018.

Fran Alonso

Francisco Alonso Villaverde, nado en Vigo o 27 de xuño de 1963, é un escritor galego, director de Edicións Xerais de Galicia.

Grandes do noso tempo

Grandes do noso tempo é unha colección de obras de literatura universal traducidas ao galego posta en marcha por Edicións Xerais de Galicia. Consta de 18 títulos, publicados entre 1989 e 1996.

Grupo Anaya

Grupo Anaya ou Anaya é unha editorial española de ámbito estatal controlada dende o ano 2004 polo grupo francés Hachette, que á súa vez forma parte do grupo Lagardère.​ Centra a súa actividad no negocio dos libros de texto e engloba diferentes selos editoriais e publicacións, entre eles a galega Edicións Xerais de Galicia.

Historia da literatura galega (Xerais)

A Historia da literatura galega é unha obra en catro tomos escrita por Xosé Ramón Pena e publicada por Edicións Xerais de Galicia en 2013, 2014, 2016 e 2019, respectivamente. O tomo IV chega ata 1975 e está prevista a continuación. A edición correu a cargo de Anaír Rodríguez. Os libros, que non levan ilustración interior ningunha, carecen, tamén, de índice onomástico, a diferenza dalgún dos outros títulos da mesma temática, que si o teñen. A obra recibiu un Premio Fervenzas Literarias (2014), un Premio da Crítica Galicia (2015) e un Premio Antón Losada Diéguez (2017).

Ignacio Chao

Ignacio Chao Castro, nado en Pontedeume en novembro de 1968, é un poeta, xornalista e editor galego.

Manuel Bragado

Manuel Bragado Rodríguez, nado o 14 de decembro de 1959 en Vigo, é un pedagogo, editor e escritor galego. Foi durante 24 anos o director editorial de Edicións Xerais de Galicia.

Os libros arden mal

Os libros arden mal é unha novela en lingua galega de Manuel Rivas, publicada por Edicións Xerais en xuño de 2006.

Pleuronectoideos

A dos pleuronectoideos (Pleuronectoidei) é unha suborde de peixes teleósteos acantopterixios da orde dos pleuronectiformes.

Comprende numerosas especies de interese pesqueiro, entre outras, o rodaballo, o o linguado e a solla.

Unha primavera para Aldara

Unha primavera para Aldara é unha obra de teatro de Teresa Moure. A peza é un drama histórico ambientada nun mosteiro galego na segunda metade do século XV, no marco da Gran Guerra Irmandiña. Acadou o Premio Rafael Dieste e o Premio da AELG en 2008, e o Premio María Casares ó mellor texto orixinal en 2009. Foi levada a escena por Teatro do Atlántico, dirixida por Xulio Lago.

Víctor Freixanes

Víctor Fernández Freijanes, máis coñecido como Víctor Freixanes, nado o 24 de agosto de 1951 en Pontevedra, é un xornalista, editor e escritor galego. É irmán do pintor Xosé Freixanes. En 2017 foi elixido presidente da Real Academia Galega.

Xela Arias

Xela Arias Castaño, nada en Sarria, o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. Proposta, en dúas ocasións (2014 e 2015), para ser a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, a súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira. En 2019 a plataforma de crítica literaria A Sega dedicoulle o Día das Galegas nas Letras.

Xulián Maure Rivas

Xulián Maure Rivas, nado en Vigo en 1941, é un ensaísta e editor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.