Edicións Laiovento

Edicións Laiovento é unha editorial galega rexistrada en Santiago de Compostela. Ten un repertorio máis de 200 libros e ensaios críticos, con cada vez un maior número de traducións.

Traxectoria

Foi fundada en 1990[1] por Xosé Manuel Beiras, Pepe Carreiro, Xesús Couceiro, Manolo González Millares, Francisco Pillado e Afonso Ribas. O nome tomárono dun texto dramático de Ramón Otero Pedrayo.

Publica ensaio, narrativa, teatro e poesía nas súas coleccións Laiovento, Vento do Sul (en potugués), Breviarios (divulgación), Fóra de Serie e VentoaLto.

O seu organigrama, cando a fundación, era o seguinte:

Francisco Pillado deixou a dirección da editorial en marzo de 2014.[2]

Notas

  1. Laiovento y Miguel Anxo Murado reciben los premios de la Fundación Pedrón de Ouro, Europapress, 31 de maio de 2015 (en castelán).
  2. Francisco Pillado deixa a dirección de Laiovento, en Praza Pública, 4 de marzo de 2014.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A guerra da Galia

A guerra da Galia (en latín: De bello Gallico) é o relato de primeira man de Xulio César sobre a guerra das Galias, escrito como narración en terceira persoa. Nel, César describe as batallas e intrigas que tiveron lugar nos nove anos que pasou loitando contra os pobos xermánicos e celtas da Galia que se opoñían á conquista romana.

A "Galia" á que se refire César é ambigua, xa que o termo tiña varias connotacións no discurso e na escrita de Roma durante a época de César. Polo xeral, a Galia inclúe todas aquelas rexións que foran conquistadas ou administradas ou que estaban principalmente habitadas por celtas; agás a provincia romana de Gallia Narbonensis (as actuais Provenza e Languedoc-Rosellón), que xa fora conquistada naquela época, abranguendo polo tanto o resto das modernas Francia, Bélxica, oeste de Alemaña e partes de Suíza. Segundo a República Romana incursionou máis profundamente no territorio celta e conquistou máis terras, a definición de "Galia" mudou. Ó mesmo tempo, "Galia" foi tamén un termo da fala común como sinónimo de "incivilizado" ou "non sofisticado" xa que os romanos vían ós celtas como non civilizados en comparanza con Roma.

A obra é un dos piares do ensino da lingua latina pola súa prosa sinxela e directa. Comeza coa frase frecuentemente citada "Gallia est omnis divisa in partes tres", que quere dicir "A Galia é un todo dividido en tres partes". A obra completa está dividida en oito seccións, do Libro 1 ó Libro 8, variando en tamaño en arredor de 5 000 a 15 000 palabras. O libro 8 foi escrito por Aulo Hircio, logo da morte de César.Foi traducida ó galego por Alfonso Blanco Quintela e foi publicada por Edicións Laiovento no ano 2019.

Ao voso gusto

Ao voso gusto (en inglés: As You Like It) é unha obra de comedia pastoral de William Shakespeare que foi escrita en 1599 e foi publicada por vez primeira por First Folio en 1623. A primeira representación da obra é incerta, mais suxeriuse como a máis posible a realizada en Wilton House en 1603.

Ao voso gusto conta a historia da heroina Rosalinda e a súa fuxida no xuízo do seu tío, acompañada pola súa curmá Celia, para atopar seguridade e o amor no bosque de Arden. No bosque, atópanse con gran variedade de personaxes, destacando o melancólico viaxeiro Jaques, quen sabe moitos dos famosos discursos de Shakespeare (como "All the world's a stage", "too much of a good thing" e "A fool! A fool! I met a fool in the forest"). Jaques achega un marcado contraste respecto dos outros personaxes da obra, sempre observando e sorteando as dificultades da vida no país.

Historicamente, a resposta da crítica foi variada, considerando a obra algúns críticos como un traballo de gran mérito aínda que de menos calidade que outros traballos de Shakespeare. A obra segue sendo unha das favoritas entre o público e foi adaptada para a radio, o cinema e o teatro musical. A peza é considerada a favorita de famosos actores e actrices anglosaxóns de teatro de cinema, como Vanessa Redgrave, Juliet Stevenson, Maggie Smith, Rebecca Hall, Helen Mirren e Patti LuPone no papel de Rosalinda and Alan Rickman, Stephen Spinella, Kevin Kline, Stephen Dillane e Ellen Burstyn no papel de Jaques.

Foi traducido ó galego por Miguel Pérez Romero e foi publicado por Edicións Laiovento no ano 2019.

As palabras

As palabras (en francés: Les Mots) é unha autobiografía de Jean-Paul Sartre publicada en 1963.Foi traducida ó galego por Dulce Fernández Graña e François Davo e publicada por Edicións Laiovento no ano 1999. No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Fernández Graña e Davo dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.

Aurora Marco

Aurora Marco López, nada en Noguera de Albarracín (provincia de Teruel) o 1 de febreiro de 1948, é unha ensaísta galega.

Biblioteca Galega 120

A Biblioteca Galega 120 é unha colección de reedicións de 120 libros de autores galegos en lingua galega, distribuída por La Voz de Galicia, da que se venderon máis de catro millóns e medio de exemplares. Na iniciativa colaboraron Edicións Xerais de Galicia, a Editorial Galaxia, Espiral Maior, Edicións Laiovento, Ediciones SM, Ir Indo, Sotelo Blanco Edicións e Ediciós do Castro.

Bloque Nacional Popular Galego

O Bloque Nacional Popular Galego (BNPG ou BN-PG) foi unha organización política constituída en abril de 1977 pola Unión do Povo Galego e a Asemblea Nacional-Popular Galega. Tiña un obxectivo soberanista para Galiza, presentándose como alternativa ao autonomismo.

De profundis (libro)

De profundis (que en latín quere dicir "dende o abismo") é o título dunha epístola escrita por Oscar Wilde entre xaneiro e marzo de 1897 e publicada por primeira vez polo seu testamenteiro literario Robert Baldwin Ross en 1905, cinco anos despois da morte do poeta e dramaturgo irlandés.

Foi traducida ó galego por Fidelina Seco Vilariño e Luz Cao Losada e foi publicada por Edicións Laiovento no ano 1994, baixo o título De profundis e outros escritos. No ano 2004, publicouse en Edicións Xerais unha nova tradución baixo o título De profundis con tradución de Seco Vilariño e Cao Losada. No 2005 foi publicado de novo cunha tradución de Seco Vilariño e Cao Losada dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.

Distribución editorial galega

A distribución editorial en Galicia de libros galegos ou en galego está controlada principalmente por dous grupos. O primeiro e maior chámase Distribucións Arnoia, e controla en exclusiva os títulos das seguintes editoriais (os números referidos son os principais ISBN de cada editorial, e poden verse máis no artigo referido a ISBN):

Edicións do Cumio (8289);

Ediciós do Castro (7492, 8485);

Edicións Espiral Maior (88137, 89814, 95625);

Rinoceronte Editora;

Alvarellos EditoraAdemais, posuía a Librería Cervantes (pechada en 2007) na rúa Policarpo Sanz e a Librería Gran Vía case na Praza de América, as dúas en Vigo.

Ata o 2007, distribuía tamén:

Edicións Laiovento (87847, 89896);

Editorial Toxosoutos (605, 89129, 96259);

Ir Indo Edicións (7680);Destas tres, as dúas primeiras pasaron a ser distribuídas polo outro grupo, que é o Consorcio Editorial, que agrupa tamén de sempre a:

Sotelo Blanco Edicións (7824);

Baía Edicións (89803, 96128);

Edicións A Nosa Terra (Promocións Culturais Galegas) (89976, 95350, 96203, 96403);Pola súa banda, Ir Indo Edicións pasou a ser distribuída por Torre Libros.

Outras editoras teñen unha distribución propia. É o caso da Editorial Galaxia (7154, 8288) ou outras editoriais de menor tamaño:

Franka Editorial;

Editorial Ronsel (88413);

Edicións Positivas (87783);

3C3 (932667);

Editorial Trifolium (932716), de Oleiros;

Tristram (89377);

Nigra (controlada pola asturiana Trea baixo a forma de Nigratrea);

a ourensá Linteo;

Kalandraka Editora (8464) e Oqo Editora etc.Pola contra, Edicións Xerais de Galicia (7507, 8302, 9782) está distribuída pola súa casa matriz, o Grupo Anaya, que tamén controla Editorial Obradoiro (8124), Rodeira-Edebé (8116), Everest (241 e 403), Luis Vives (263), SM (348) e Santillana en Galicia.

Caso á parte é a edición institucional: a Xunta de Galicia (453, 89231) é o principal editor de libros do país, tanto directamente das súas consellerías (Cultura ou Turismo pero tamén Medio Rural ou Industria) coma dos centros relacionados (Consello da Cultura Galega [87172], Museo do Pobo Galego, (CIRP) pero a súa distribución non é tan voluminosa. Tamén hai que contar coa importante edición das deputacións provinciais e dos concellos, así coma as Universidade da Coruña (9749), Universidade de Santiago (7191, 8121, 9750) e Universidade de Vigo (8158), da Real Academia Galega (87987) e da Fundación Pedro Barrié de la Maza (87819, 89748).

José Martinho Montero Santalha

José Martinho Montero Santalha, nado en Cerdido o 5 de abril de 1947, é un teólogo e lingüista galego.

Manuel Castelao

Manuel Castelao Mexuto, nado en Santiago de Compostela en 1956, é un cineasta e escritor galego.

A súa actividade intelectual desenvólvese en tres áreas:

A investigación na historia da literatura galega, con particular atención ao século XX.

A produción cinematográfica, área onde conseguiu pór en andamento varias longametraxes. No mundo do cinema usa o pseudónimo de Raúl Veiga Rouriz.

Unha longa actividade pedagóxica como catedrático de Lingua e Literatura Galegas nun instituto de educación secundaria da Coruña, após ter realizado estudos de Filoloxía galego-portuguesa.

Manuel Ferreiro Fernández

Manuel Ferreiro Fernández, nado en Saavedra (Begonte) en 1955, é un lingüista e escritor galego.

Medida por medida

Medida por medida (en inglés: Measure for Measure) é unha obra de teatro de William Shakespeare, que se cre foi escrita en 1603 ou 1604. Orixinalmente publicada en First Folio de 1623, onde foi clasificada como unha comedia, a primeira representación da obra produciuse en 1604. Os principais temas da obra son a xustiza, a "mortalidad e a misericordia en Viena", e a dicotomía entre a corrupción e a pureza: "algúns álzanse polo pecado, e outros caen pola virtude". A misericordia e a virtude prevalecen, xa que a obra non remata traxicamente, coa compaixón e o perdón exercidos no remate da produción. Aínda que a obra se centra na xustiza en termos xerais, a escena final ilustra o que Shakespeare esperaba da xustiza moral respecto dunha xustiza civil estrita: algúns dos personaxes reciben comprensión e clemencia no canto dun castigo severo ó que, segundo a lei, poderían ter sido sentenciados. Medida por medida é chamada unha das "obras de problemas" de Shakespeare. Comtinúa a ser clasificada como unha comedia, aínda que unha escura, xa que o seu ton pode desafiar estas expectativas.Foi traducido ó galego por Miguel Pérez Romero e foi publicado por Edicións Laiovento no ano 2019.

Mercedes Queixas

Mercedes Queixas Zas, nada na Coruña o 22 de xullo de 1968, é unha profesora e escritora galega.

Montse Pena

Montserrat Pena Presas, nada en Sada o 27 de abril de 1981, é unha crítica literaria galega.

O reiciño de Galicia

O reiciño de Galicia (en francés: Le Petit Roi de Galice) é unha epopea incluída na primeira serie da colección de poemas La Légende des siècles (1859) do escritor francés Victor Hugo. Está inspirada na historia de García II de Galicia. O poema relata a tentativa de usurpación do reino a Nuno, fillo de García de Galicia.Foi traducida ó galego por Henrique Harguindey e foi publicada pola Edicións Laiovento no ano 1998. No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Harguindey dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.

Sociedade Nazonalista Pondal

A Sociedade Nazonalista Pondal foi unha asociación independentista galega de Buenos Aires entre os anos 1927 e 1938.

Vítor Vaqueiro

Vítor Vaqueiro Foxo, nado en Vigo o 4 de agosto de 1948, é un escritor e fotógrafo galego.

Xosé Manuel Beiras

Xosé Manuel Hixinio Beiras Torrado, máis coñecido como Xosé Manuel Beiras, nado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1936, é un político e catedrático en economía galego de ideoloxía nacionalista galega e de esquerdas.

Ten sido membro fundador e líder do Partido Socialista Galego (PSG), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Anova Irmandade Nacionalista (Anova), asemade ten impulsado coalicións electorais con representación parlamentar como Galeusca, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ou En Marea. Nese tempo, foi tamén portavoz no Parlamento de Galicia do BNG (1985-2005) e AGE (2012-2016).

No eido profesional ten estado á fronte da cátedra de Estrutura Económica da Facultade de Ciencias Económicas na Universidade de Santiago (USC). Tamén é un prolífico escritor, ex-numerario da Real Academia Galega (RAG).

Á espera de Godot

Á espera de Godot (en francés: En attendant Godot) é unha obra pertencente ó teatro do absurdo, escrita a finais da década de 1940 por Samuel Beckett e publicada en 1952 por Éditions de Minuit. A estrea como obra teatral, dirixida por Roger Blin, realizouse o 5 de xaneiro de 1953 no Théâtre de Babylone de París. Beckett escribiu a obra orixinalmente en francés, a súa segunda lingua. A tradución ó inglés foi realizada polo mesmo Beckett e publicada en 1955.

A obra divídese en dous actos, e en ámbolos dous aparecen dous vagabundos chamados Vladimir e Estragon que esperan en balde xunto a un camiño a un tal Godot, con quen (quizais) teñen algunha cita. O público nunca chega a saber quen é Godot, ou que tipo de asunto teñen que tratar con el. En cada acto, aparecen o cruel Pozzo e o seu escravo Lucky (en inglés, «afortunado»), seguidos dun raparigo que fai chegar a mensaxe a Vladimir e Estragon de que Godot non virá hoxe, "pero mañá seguro que si".

Esta trama, que intencionalmente non ten ningún feito relevante e é altamente repetitiva, simboliza o tedio e a carencia de significado da vida humana, tema recorrente do existencialismo. Unha interpretación estendida do misteriosamente ausente Godot é que representa a Deus (en inglés: God), aínda que Beckett sempre negou isto. Beckett afirmou que derivaba de godillot, que en xerga francesa significa bota. O título podería entón suxerir que os personaxes están a esperar «á bota». Como nome propio, Godot tamén pode ser un derivado de diferentes verbos franceses.

Foi traducida ó galego por Francisco Pillado Mayor e foi publicada pola Edicións Laiovento no ano 2003. No ano 2005, foi publicado de novo coa tradución de Pillado Mayor dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.