Edicións Embora

Edicións Embora é unha empresa editorial fundada en Ferrol, en 1993, por Francisco Rodríguez López, os irmáns Carlos e Antonio Miragaya Casteleiro e Miguel Tovar Porta.

Autores

Publicou obra, entre outros, de Bernardino Graña, Xaquín Marín, Xavier Alcalá, Vicente Araguas, Xoán Babarro, Concha Blanco, Xurxo Borrazás, Rafael Carracedo Crespo, Xosé Neira Vilas, Rosa Aneiros, Roberto Vidal Bolaño, Xesús Constela, Xosé Manuel Suárez Martínez, Bernardo Máiz, Xulio Pardo de Neyra, Antón Cortizas, Rafa Villar, Rubén Ruibal, Suso Lista, Enrique Vigo Teijeiro, Manuel Lorenzo Barxa, Fernando Cabeza Quiles, Paco Souto, María Canosa, Guillermo Llorca, Mercedes Queixas, Carlos Pereira Martínez, Rosa Méndez Fonte, Ramón Loureiro, Carlos Labraña, Farruco Graña, Henrique Dacosta, Ignacio Silva, Rosalía Fernández Rial, Imma António Souto, Xabier Maceiras, Fernando Patricio Cortizo ou Xosé Manuel Varela.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Antón Cortizas

Antón Cortizas Amado, nado en Ferrol (no barrio de Canido) o 16 de outubro de 1954, é un mestre e escritor de literatura infantil en lingua galega.

Bernardo Máiz

Bernardo Máiz Vázquez, nado en Ferrol o 12 de maio de 1950, é un historiador galego.

Carlos Labraña

Carlos Ignacio Labraña Barrero, nado en Cedeira o 29 de maio de 1969, é un escritor galego.

Carlos López Gómez

Carlos López Gómez, nado en Boimorto o 21 de maio de 1967, é un escritor e xornalista galego, que asina as súas obras como Carlos López, e que é coñecido polo seu alcume Chinto.

Farruco Graña

Xosé Farruco Graña Rama, nado en Carballo o 7 de outubro de 1966, é un escritor, profesor e político galego.

Fernando Cabeza Quiles

Fernando Cabeza Quiles, nado en Ponferrada en 1953, é un polígrafo galego que destaca pola súa obra sobre a toponimia de Galicia.

Guillermo Llorca

Guillermo Llorca Freire, nado en Ferrol en 1950, é un historiador e escritor galego, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago. Exerceu como profesor de Xeografía e Historia no Instituto Sofía Casanova de Ferrol ata o ano 2011 no que se xubilou.

Henrique Dacosta

Henrique Xosé Dacosta López, nado en Ferrol o 30 de xullo de 1964, é un escritor galego.

Manuela Santalla

Manuela Santalla López, nada en Ferrol o 30 de novembro de 1958, é unha historiadora galega, licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Barcelona e doutora pola Universidade de Santiago de Compostela. Bibliotecaria e arquiveira, actualmente exerce de profesora no ensino secundario de Galicia.

María Canosa

María Canosa Blanco, nada en Cee o 20 de agosto de 1978, é unha enxeñeira de Camiños, Canais e Portos galega, coñecida pola súa participación como xurado en programas concurso da Televisión de Galicia e como escritora de literatura infantil e xuvenil.

Real Coro Toxos e Froles

O Real Coro Toxos e Froles é unha agrupación musical de carácter tradicional galego, fundada en Ferrol en 1914.

Suso Lista

Jesús Lista Neira máis coñecido como Suso Lista, nado en Corme (Ponteceso) o 2 de abril de 1962, é un actor e escritor galego.

Vicente Araguas

Vicente Araguas Álvarez, nado en Xuvia (Neda) o 24 de setembro de 1950, é un músico e escritor galego, un dos fundadores en 1968 do grupo Voces Ceibes.

Xaquín Marín

Xaquín Bieito Marín Formoso, nado en Ferrol o 10 de outubro de 1943, é un debuxante e ilustrador galego.

Xavier Alcalá

Francisco Xavier Alcalá Navarro, máis coñecido como Xavier Alcalá, nado en Miguelturra (Cidade Real) o 19 de agosto de 1947, é un escritor galego. É irmán do arquitecto Alfredo Alcalá.

Xesús Constela

Xesús Constela Doce, nado en Ferrol o 2 de xaneiro de 1963, é un escritor galego.

Xosé Neira Vilas

Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.

Xulio Pardo de Neyra

Xulio Pardo de Neyra, nado en Lugo o 18 de setembro de 1968, é un escritor e ensaísta galego.

Xurxo Borrazás

Xurxo Borrazás Fariña, nado en Carballo o 6 de agosto do 1963, é un escritor galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.