Edicións Castrelos

Edicións Castrelos foi unha editorial galega fundada en 1964 e radicada en Vigo. A Editorial Galaxia mercouna en 1979.

Historia

Fundada en Vigo en 1964, con capital dos irmáns Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, coa finalidade de lograr unha maior penetración social do libro galego mediante a impresión de obras de elaboración menos custosa que as publicadas pola Editorial Monterrey.

Ate 1967 publicou "Cuadernos de arte gallego", unha colección sobre o patrimonio artístico, histórico e etnográfico de Galicia. Escrita en castelán, publicou textos de Xosé María Castroviejo, Xesús Taboada Chivite, Hipólito de Sa e Xosé Trapero Pardo, con fotografías en branco e negro. Saíron do prelo case vinte e cinco monografías.

Colección Pombal

A colección Pombal estaba destinada á recuperación dos clásicos da literatura galega, aínda que despois publicou obras de autores coetáneos, como Cemiterio privado de Celso Emilio Ferreiro, Adiós, María de Xohana Torres, Contubernio catro de Tomé S. de Alfredo Conde ou Remuíño de sombras de Neira Vilas. Saíron posteriormente Aires da miña terra de Curros Enríquez, Follas novas de Rosalía de Castro, Queixumes dos pinos e outros poemas de Eduardo Pondal, As cruces de pedra na Bretaña de Castelao, e O siñor Afranio, ou como me rispei das gadoupas da morte de Antón Alonso Ríos.

Colección O Moucho

A colección O Moucho tivo como primeiro número Catecismo do labrego de Valentín Lamas Carvajal, asinado co pseudónimo Frai Marcos da Portela. A venda resultou espectacular, chegando a máis de 10 edicións nos tres primeiros anos, difundíndose máis de 30.000 exemplares a 100 pesetas. O seu deseño baseábase en cores vivas e debuxos de Bofill que lle outorgaron moita sona. O éxito deste libro permitiu que a editorial puidese continuar a súa traxectoria e tirar do prelo novos títulos. Co lema "Libros do pobo pra o pobo" publicou 64 obras. Segundo os seus promotores, a colección vendeu en total máis de 300.000 exemplares; máis da metade dos títulos reimprimíronse. Entre outras obras, saíron nesta colección Retorno a Tagen Ata de Xosé Luís Méndez Ferrín, O tío Miseria de Enrique Labarta Pose, A Virxe do Cristal de Curros Enríquez, Pauto do demo de Ánxel Fole, O Maroutallo de Otero Pedrayo ou Pedro Madruga de Vasco da Ponte.

As últimas obras publicadas foron A boda de Reimundo (24 de decembro de 1980), Parábolas chairegas (31 de agosto de 1981), A boda de Esganarello (24 de abril de 1982), A regueifa (24 de abril de 1982), Refraneiro galego (16 de maio de 1983) e Refendas de vida e morte (16 de abril de 1983).

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

As cruces de pedra na Bretaña

As cruces de pedra na Bretaña é un estudo histórico e descritivo dos cruceiros na Bretaña francesa publicado por Castelao en 1930, como documentación previa para outro traballo similar que estaba preparando sobre os cruceiros galegos, As cruces de pedra na Galiza.

Canteiro

Un canteiro é aquela persoa que extrae a pedra, e labra e constrúe con ela. En tempos tamén traballaban como arquitectos e escultores.

Na sociedade tradicional galega eran os encargados destes labores e para iso tíñanse que desprazar dos seus lugares por longo tempo. Acostumaban viaxar en cuadrillas. Tiñan moitos problemas pola pechazón da sociedade e eran recibidos nos lugares onde traballaban con desconfianza, entre outras razóns pola súa sona de mullereiros. Para defenderse desa sociedade hostil e protexer os segredos do seu oficio empregaban unha xiria de carácter gremial: O verbo dos arxinas.

Canteiriño, arriba, arriba,/ cara a Santa Liberata,/ leva-los picos de aceiro/ halos de baixar de prata.

En palabras de canteiros,/ Rapazas, non vos fiedes;/ Collen os picos e marchan,/ E despois ¿qué lles faredes?

Pica, canteiriño, pica,/ pica na pedra miúda,/ pica na muller allea/ que outro picará na túa.Na literatura popular queda reflectida a sona dos canteiros da comarca de Pontevedra:

Pra nabos n’hai coma Lugo,/ pra canteiros, Pontevedra,/ pra rapaciñas bonitas/ hai que vir á nosa terra

Se queres casa ben feita/ e a porca ben capada,/ canteiros de Pontevedra./ capadores de Moraña

Darío Xohán Cabana

Darío Xohán Cabana Yanes, nado en Roás (Cospeito) o 19 de abril de 1952, é un escritor galego.

Emilio Álvarez Blázquez

Emilio Álvarez Blázquez, nado en Tui o 16 de abril de 1919 e finado en Vigo o 22 de decembro de 1988, foi un escritor e editor galego.

Febreiro na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de febreiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Incluímos tamén as mencións ó entroido, por coincidir -habitualmente- con este mes.

Fisterra

Fisterra (do latín finis terrae 'fin da terra') é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2017 tiña 4734 habitantes (5.005 no 2009, 5009 no 2006, 5042 no 2005, 5093 no 2004, 5141 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «fisterrán».

Ilíada

A Ilíada (en grego antigo: Ἰλιάς, AFI: [iːliás]) é, xunto coa Odisea, o primeiro gran poema da literatura grega e o primeiro momento da chamada historia dos xéneros poéticos gregos. Atribuídas as dúas xeralmente a Homero, foron consideradas polos gregos da época clásica como as dúas obras máis importantes da súa literatura. Eran, para eles, a base da súa pedagoxía (paideia) e a súa recitación constituía unha parte central das cerimonias comunitarias gregas. Os estudosos disputan se Homero existiu, cando, e se nomea a un único individuo ou a un grupo de rapsodos.

Evaristo de Sela publicou en 1977 en Vigo unha tradución parcial ao galego da Ilíada na colección Pombal de Edicións Castrelos. Do mesmo tradutor é a versión completa de 1990 baixo o selo do Consello da Cultura Galega, os cales son responsables tamén da tradución da Odisea, aparecida en 1992.

Manuel García Barros

Manuel García Barros ("Ken Keirades"), nado en Ulla (Berres, A Estrada) o 16 de novembro de 1876 e finado en Callobre (A Estrada) o 11 de abril de 1972, foi un escritor e xornalista galego.

Marzo na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de marzo na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Marzal é o adxectivo, e é incorrecto empregalo como substantivo: Pascua marzal, trigo marzal. Pega marza ou pega marceña son denominacións dunha ave máis coñecida como gaio (Garrulus glandarius).

Chámanse frebas de marzo ós primeiros días de mes, porque neses días adoita facer mal tempo, como fixo en febreiro.

María do Carme Kruckenberg

María do Carme Kruckenberg Sanjurjo, nada en Vigo o 3 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 16 de maio de 2015, foi unha escritora galega.

Noia

Noia é un concello costeiro da provincia da Coruña, capital da comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 14.571 habitantes e ten unha extensión de 37,2 km². O seu xentilicio é noiés.

Os nabos na cultura popular galega

Os nabos son un dos cultivos máis populares en Galicia polas condicións climáticas axeitadas para o seu crecemento , o que explica a súa presenca na cultura popular galega: no léxico xerado ó seu redor, no refraneiro e no cantigueiro.

O nabo seméntase entre xullo e agosto -tempo que xa recomendaba o refraneiro-, en secaño ou regadío, nas mesmas leiras que o millo, o centeo ou o trigo, e xusto cando se colleitan estes, previo arado e estercado; a semente chámase nabiña. Cómese, toda a planta, durante os meses de novembro a maio, tanto para alimento da xente como para o gando. As nabizas ou os grelos úsanse para facer o caldo, ou ben se cocen con patacas e lacón. A raíz, o nabo propiamente dito, empregábase en cachos para facer o caldo aínda que o máis usual é darllo ós porcos ou a outro gando, cocidos con fariña.

Pauto do demo

Pauto do demo é unha obra dramática de Ánxel Fole publicada en 1958 pola Editorial Citania en Buenos Aires. Foi reeditada por Edicións Castrelos en 1970 e 1972 na colección O Moucho, e por Galaxia en 1996 na colección Árbore.

Remuíño de sombras

Remuíño de sombras é unha novela de Xosé Neira Vilas, publicada en 1973 na Colección Pombal de Edicións Castrelos, cun prólogo de Basilio Losada ("Presentación innecesaria de Neira Vilas"). En 1991 foi reeditado pola Editorial Galaxia.

Retorno a Tagen Ata

Retorno a Tagen Ata é unha novela en lingua galega de Xosé Luís Méndez Ferrín, publicada en xaneiro de 1971 por Edicións Castrelos na colección O Moucho. Foi adaptada ao cinema en 1974 por Eloy Lozano na curtametraxe Retorno a Tagen Ata.

Vicente Araguas

Vicente Araguas Álvarez, nado en Xuvia (Neda) o 24 de setembro de 1950, é un músico e escritor galego, un dos fundadores en 1968 do grupo Voces Ceibes.

Xaneiro na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de xaneiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Xosé María Álvarez Blázquez

Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista. Pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó Emilio Álvarez Giménez, seguiu co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e compartiu co seu irmán Emilio. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca, vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa. En 2008 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Xosé Vázquez Pintor

Xosé Vázquez Pintor, nado en Melide o 30 de novembro de 1946, é un escritor galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.