Edicións A Nosa Terra

Edicións A Nosa Terra foi unha empresa editorial galega, con sede en Vigo, fundada en 1987 e desaparecida en 2010.

Edicións A Nosa Terra
Edicións A Nosa Terra
Fundación1987.
MatrizPromocións Culturais Galegas S.A..
LocalizaciónPríncipe 22 baixo. 36202, Vigo.
FundadorCesáreo Sánchez Iglesias
Persoas clavePresidente e conselleiro delegado:
Afonso Eiré López
Director literario:
Xosé Enrique Acuña.
IndustriaEditorial.
ProdutosLibros.
Páxina web edicions.anosaterra.org

Historia

Comezou a súa andaina en 1987 no seo de Promocións Culturais Galegas. Foi unha editorial xeralista e as súas coleccións cubrían varios campos e temáticas: historia, recuperación da memoria social, literatura, fotografía, libro de viaxes, ensaio, libro infantil, divulgación científica, enciclopedia e texto escolar. Ten máis dun millar de títulos editados.[1] En 2010 declarouse en suspensión de pagamentos.[2][3]

Notas

  1. Catálogo
  2. Héctor Juanatey: "'A Nosa Terra' se despide después de 104 años de historia" Público, 23/9/2011 (en castelán).
  3. Alexandre Vázquez Lorenzo: "A Nosa Terra liquida la editora y cierra su web" El País, 24/9/2011 (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

A Nosa Terra

A Nosa Terra é o nome de varias publicacións periódicas:

A Nosa Terra, voceiro de Solidaridad Gallega (1907-1908);

A Nosa Terra, voceiro das Irmandades da Fala (1916-1932) e do Partido Galeguista (1932-1936);

A Nosa Terra, voceiro da Irmandade Galega da Arxentina (1942-1972);

A Nosa Terra, xornal editado en Vigo (1977-)Tamén foi o nome dunha empresa editorial galega: Edicións A Nosa Terra.

A Nosa Terra (1916)

A Nosa Terra foi o voceiro das Irmandades da Fala (1916-1932) e do Partido Galeguista (1932-1936). Editouse integramente en galego e foi fundamental para o espallamento do ideal galeguista, así como para o achegamento a outras nacións. Publicáronse en total 422 números.

Anxo Gómez Sánchez

Anxo Gómez Sánchez é un filólogo galego.

As Neves

As Neves é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE, contaba no 2014 con 4.121 habitantes, o que supón unha diminución de habitantes con respecto aos censos anteriores. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nevense.

Basilio Cegarra

Basilio Cegarra Martínez é un historiador da arte, profesor de historia e escritor en lingua galega, vigués.

Baía Edicións

Baía Edicións é unha empresa editorial galega, con sede na Coruña.

Calros Silvar

Carlos Rodríguez Silvar, máis coñecido como Calros Silvar, nado o 31 de decembro de 1954 en Ferrol, é un debuxante, pintor e ilustrador galego.

Chambo

Chambo foi un programa de televisión musical, emitido pola Televisión de Galicia entre 1999 e 2000. Estaba presentado por Belén Regueira e dirixido por Xaime Fandiño. En 1999 recibiu o premio da AGAPI á mellor produción para televisión.

Distribución editorial galega

A distribución editorial en Galicia de libros galegos ou en galego está controlada principalmente por dous grupos. O primeiro e maior chámase Distribucións Arnoia, e controla en exclusiva os títulos das seguintes editoriais (os números referidos son os principais ISBN de cada editorial, e poden verse máis no artigo referido a ISBN):

Edicións do Cumio (8289);

Ediciós do Castro (7492, 8485);

Edicións Espiral Maior (88137, 89814, 95625);

Rinoceronte Editora;

Alvarellos EditoraAdemais, posuía a Librería Cervantes (pechada en 2007) na rúa Policarpo Sanz e a Librería Gran Vía case na Praza de América, as dúas en Vigo.

Ata o 2007, distribuía tamén:

Edicións Laiovento (87847, 89896);

Editorial Toxosoutos (605, 89129, 96259);

Ir Indo Edicións (7680);Destas tres, as dúas primeiras pasaron a ser distribuídas polo outro grupo, que é o Consorcio Editorial, que agrupa tamén de sempre a:

Sotelo Blanco Edicións (7824);

Baía Edicións (89803, 96128);

Edicións A Nosa Terra (Promocións Culturais Galegas) (89976, 95350, 96203, 96403);Pola súa banda, Ir Indo Edicións pasou a ser distribuída por Torre Libros.

Outras editoras teñen unha distribución propia. É o caso da Editorial Galaxia (7154, 8288) ou outras editoriais de menor tamaño:

Franka Editorial;

Editorial Ronsel (88413);

Edicións Positivas (87783);

3C3 (932667);

Editorial Trifolium (932716), de Oleiros;

Tristram (89377);

Nigra (controlada pola asturiana Trea baixo a forma de Nigratrea);

a ourensá Linteo;

Kalandraka Editora (8464) e Oqo Editora etc.Pola contra, Edicións Xerais de Galicia (7507, 8302, 9782) está distribuída pola súa casa matriz, o Grupo Anaya, que tamén controla Editorial Obradoiro (8124), Rodeira-Edebé (8116), Everest (241 e 403), Luis Vives (263), SM (348) e Santillana en Galicia.

Caso á parte é a edición institucional: a Xunta de Galicia (453, 89231) é o principal editor de libros do país, tanto directamente das súas consellerías (Cultura ou Turismo pero tamén Medio Rural ou Industria) coma dos centros relacionados (Consello da Cultura Galega [87172], Museo do Pobo Galego, (CIRP) pero a súa distribución non é tan voluminosa. Tamén hai que contar coa importante edición das deputacións provinciais e dos concellos, así coma as Universidade da Coruña (9749), Universidade de Santiago (7191, 8121, 9750) e Universidade de Vigo (8158), da Real Academia Galega (87987) e da Fundación Pedro Barrié de la Maza (87819, 89748).

Eliseo Fernández Fernández

Eliseo Fernández Fernández, nado en Ferrol en 1967, é un historiador galego.

Froila I

Froila I, nado en 722 e finado en Cangas de Onís no ao 768, foi un nobre da alta idade media, fillo de Afonso I, ao que sucedeu á fronte dos territorios patrimoniais, aqueles que logrou expandir alén da Cordilleira Cantábrica durante o seu reinado (757-768).

Coma no caso do seu pai, o denominativo "de Asturias" é debido a diversos autores do romanticismo español de mediados do século XIX denominación que aínda hoxe ten gran vixencia, pero que as crónicas medievais xamais chegaron a atribuírlle. Pola súa pertenza á Galicia alto-medieval, tamén está recoñecido dentro do cómputo de reis de Galicia por boa parte dos historiadores galegos actuais, concedéndolle o nome de Froila I.

ISBN

ISBN é a abreviatura do número internacional para a catalogación de libros (International Standard Book Number), código de 10 ou 13 díxitos que identifica biunivocamente calquera libro editado legalmente no mundo.

Mauregato

Mauregato, finado en Pravia no ano 789, foi princeps (título similar ao de rei ou gobernante) de parte da Galicia altomedieval entre os anos 783 e 789.

Partido Socialista Galego-Esquerda Galega

O Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.

Roberto Blanco Torres

Roberto Blanco Torres, nado en Cuntis o 18 de marzo de 1891 e finado en San Fiz de Galez, Entrimo, o 3 de outubro de 1936, foi un xornalista e poeta galego. Deu os primeiros pasos na poesía da man das vangardas artísticas. A súa obra poética é cualificada polos críticos como dunha grande beleza e intensidade expresiva. Outra das facetas deste home de letras é a de xornalista. O seu traballo nos medios impresos foi moi extenso e variado. A sinatura de Roberto Blanco Torres nas columnas de opinión caracterizou practicamente unha época xornalística.

Ademais de ser colaborador asiduo da prensa galega dirixiu varios xornais. As súas columnas desprenden o talante combativo que caracteriza toda a súa obra. Dende Cuntis, a súa vila natal, emigrou a Cuba. Comprometido co seu tempo, evolucionou politicamente dende o agrarismo ata o galeguismo. Á súa figura dedicouse o Día das Letras Galegas de 1999.

Romanización de Galicia

Para o sistema de transliteración, ver romanización (lingüística)

A romanización o proceso polo que os territorios conquistados polo Imperio Romano ían adoptando os costumes, técnicas, relixión e finalmente idioma destes.

Serra do Eixe

A serra do Eixe ou serra do Eixo é unha cadea montañosa de orientación NO-SL situada no leste de Galicia, a cabalo entre os concellos da Veiga e Carballeda de Valdeorras. Fai parte do macizo de Pena Trevinca.

Serra dos Cabalos

A Serra dos Cabalos é unha das serras orientais de Galiza. Esténdese en dirección NE-SO e está localizada nos límites entre Galiza e a provincia de León. Está conformada por lousas, granitos, areíscas, cuarcitas e calcarias. Polo norte, o leste e máis o sur está rodeada polo río Selmo e os seus afluentes; polo oeste está o curso do río Soldón.

O punto de maior altura é o pico Montouto, con 1534 metros sobre o nivel do mar.

Víctor Caamaño

Víctor Caamaño Rivas, nado en Noia o 15 de xaneiro de 1962, é un político galego e profesor de ciencias, de ideoloxía nacionalista.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.