Edelmiro Bascuas

Edelmiro Bascuas López, nado na Meda (Castroverde) o 15 de abril de 1931 e finado na Coruña o 10 de febreiro de 2011, foi un teólogo e lingüista galego.

Edelmiro Bascuas
Nacemento15 de abril de 1931
 A Meda
Falecemento10 de febreiro de 2011
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónteólogo e lingüista

Traxectoria

Estudou no seminario de Mondoñedo, e pasou a ser mestre de grego e francés no propio centro. En 1957 graduouse en Teoloxía na Universidade de Salamanca, e en 1968 licenciouse en linguas clásicas na Universidade de Madrid. Aprobou oposicións a cátedra, e exerceu como profesor de grego no ensino medio en Valencia e no IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña.

Colaborou en publicacións como Veleia, Estudios Mindonienses, Studi Celtici, Paleohispánica ou Verba.

Obra

  • Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega (Verba, anexo 51; 2002)
  • Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia (2006)
  • Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega (2014)
Abreu

Abreu é un topónimo galego e portugués. Segundo Edelmiro Bascuas é un hidrónimo relacionable co fitotopónimo abellana nux. Gonzalo Navaza asóciao cos topónimos Vila-Pouca de Guillabreu e O Sillabreu. Pode referirse a:

Abreu, sinalado en 1747 como lugar da freguesía de Merufe, no concello de Monção;Amais, como apelido pode referirse a:

Xoán Abreu (n. 1965), director de escena e actor galego;

Sebastián Abreu (n. 1976), futbolista uruguaio;

Anna Abreu (n. 1990), cantante pop-dance luso-finlandesa;

Cláudia Abreu (n. 1970), actriz brasileira.

Antigo europeo

O antigo europeo é unha lingua indoeuropea extinta cuxa existencia se deduciu a través dos nomes de ríos europeos. A súa existencia foi postulada polo profesor alemán Hans Krahe.

Exemplos son:

*o-/*ol- (fluír, manar): Almar, Almonte, Alenza, Almería.

*ser-/*sor- (fluír, discorrer). Dá nomes en diferentes linguas indoeuropeas, coma no sánscrito sará- “líquido, fluído”, sarít- 'regato', grego oros e latín serum “líquido leitoso”. Hidrónimos derivados desa raíz, encontrámolos na fonte Sar (Santa María del Campo, Burgos); o regato Sarrión (Coaña, Asturias); regato da Sara (Rodeiro, Pontevedra), Sarria (Lugo); a fonte de Sora (Langás, Zaragoza), Sor, Jarama, Jaramillo, Sarria, Sorbes, Saar

*sal- : Sella, Xallas, Jalón, Salamanca, Xálima (río na fronteira entre Cáceres, Salamanca e Portugal).

*albh- (branco): Alba, Elba.

topónimos terminados en -antia: Alesantia e os modernos Aranzuelo, Arlanza, Arlanzón, Numancia.Existen unha serie de ríos europeos con nomes claramente indoeuropeos, pero que non se poden aclarar baseándose en linguas indoeuropeas coñecidas. Os nomes distribúense por toda Europa Central e do Norte, chegando polo sur ata as tres penínsulas mediterráneas: a ibérica, a itálica e a balcánica. Na súa zona de distribución apenas existe hidronimia non indoeuropea. Foron estudados profunda e sistematicamente por Hans Krahe (os ríos europeos), por Javier de Hoz (os ríos españois) e por Edelmiro Bascuas (os ríos galegos).

Na Península Ibérica dáse o caso de que o territorio no que se atopan estes nomes entra claramente en zona historicamente non indoeuropea, é dicir, en Aragón, Cataluña e parte do Levante. Existirían dúas explicacións para este fenómeno: os iberos conquistaron estas zonas posteriormente ou ben a indoeuropeización destes territorios foi parcial e finalmente fallida.

Optouse polo nome de antigo europeo (alemán Alteuropäisch) como denominación neutral. Inicialmente Krahe atribuíu os nomes aos ilirios (teoría chamada panilirismo), aínda que máis tarde defendeu que a lingua era o protoindoeuropeo propiamente dito. As dúas teorías están hoxe en día descartadas.

É máis o que non se coñece sobre este pobo có que se sabe.

Arbo

Arbo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta. Segundo o INE en 2015 tiña 2846 habitantes (4121 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arbés» ou «arbense».

Bascuas

O topónimo Bascuas pode referirse a:

Bascuas, parroquia do concello de Lugo;

Bascuas, lugar de dita parroquia;

Bascuas, parroquia do concello de Vila de Cruces;

Bascuas, lugar da parroquia de Rendal do concello de Arzúa;

Bascuas, lugar da parroquia de Montecubeiro do concello de Castroverde;

Bascuas, lugar da parroquia de San Salvador de Parga do concello de Guitiriz;

Bascuas, lugar da parroquia de Cruces do concello de Padrón;

Bascuas, lugar da parroquia de Dornelas do concello de Silleda;

Bascuas, lugar da parroquia de Coucieiro do concello de Val do Dubra;

Bascuas, lugar da parroquia de Noalla, do concello de Sanxenxo;

A praia de Bascuas, en devandito lugar.Como apelido pode referirse a Edelmiro Bascuas.

Cee

Cee é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2017 tiña 7539 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ceense».

Estudios Mindonienses

Estudios Mindonienses é o anuario de estudos histórico-teolóxicos da Diocese católica latina de Mondoñedo-Ferrol. O seu primeiro volume é do ano 1985. Ao longo dos seus máis de vinte e cinco anos de vida configurouse como un referente cultural en Galicia. Posúe un fondo documental con máis de 500 cabeceiras de publicacións científicas. Mantén intercambio de publicacións con institucións académicas, universitarias e culturais tanto nacionais como internacionais. A súa sé localízase no edificio da Domus Ecclesiae de Ferrol, sé episcopal na cidade. A publicación estivo dirixida polo teólogo e catedrático da Universidade Pontificia de Salamanca Segundo Leonardo Pérez López.

Oia

Oia é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, no ano 2016 tiña 3.002 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é oiense.

Río Eume

O río Eume é un río galego. Nace na xunta dos regos do Lamoso e das Toxeiras, ó pé da Lomba Longa do Seixo Branco, na Serra do Xistral, a 759 m. O nacemento está localizado na parroquia de Montouto, no concello lugués de Abadín, aínda que as cabeceiras nacen na parroquia da Balsa, no concello veciño de Muras a 880 m. O seu percorrido de 80 km transcorre placidamente por terras de Lugo ata que pouco a pouco, pasada a vila das Pontes de García Rodríguez, vaise encaixando nun val profundo coñecido como canón do Eume, en parte asolagado polo encoro do Eume. A medida que se achega á desembocadura vaise abrindo o val ata formar un amplo esteiro que en marea baixa forma unha illa coñecida como As Croas, de gran valor marisqueiro e ecolóxico. Finalmente desemboca na Ría de Ares, no Golfo Ártabro, entre os concellos coruñeses de Pontedeume e Cabanas dos que é a súa fronteira natural.

Río Tea

O río Tea é un afluente do río Miño, duns 50 quilómetros de longo, que atravesa a bisbarra do Condado, no sur da provincia de Pontevedra.

Teo

Teo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 18.254 habitantes (8.962 homes e 9.292 mulleres) (17.807 no 2009, 17.168 no 2006, 16.809 no 2005, 16.428 no 2004, 16.028 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «teense».

Toponimia

Para a política de toponimia de Wikipedia, véxase Wikipedia:Toponimia.Toponimia é a división da onomástica que estuda os topónimos, nomes propios de lugares, a súa orixe e evolución; é considerada unha parte da lingüística, con fortes ligazóns coa historia, a arqueoloxía e a xeografía. Tamén se usa o vocábulo toponimia para referírmonos ao conxunto dos nomes dos lugares dun territorio concreto. A toponimia está constituída polos nomes de carácter xeográfico ou topográfico.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.