Ecosistema

Un ecosistema é unha comunidade de organismos vivos considerados en conxunto coas compoñentes non-vivas do ambiente (como o aire, a auga ou os minerais), que interactúan entre si como un sistema.[1] As compoñentes bióticas e as abióticas interctúan a través dos ciclos de nutrientes e os fluxos de enerxía.[2] Xa que os ecosistemas se definen como unha rede de interaccións entre os organismos, e dos organismos cos seus ambientes[3], estes poden ser de calquera tamaño, inda que dun tamaño específico e limitado.[4] Con todo, algúns ecólogos consideran que o planeta enteiro é un único ecosistema.[5] Un ecosistema está composto por todos os organismos e factores abióticos dunha área definida co que se pode afirmar que é unha comunidade biolóxica interactuando entre si e co seu ambiente físico.

Características

Nun ecosistema teñen lugar diferentes interaccións dos seres vivos entre si e entre estes e os factores ambientais abióticos. Trátase de sistemas abertos, dinámicos e complexos:

  • abertos: os ecosistemas transfórmanse debido a factores externos e novos,
  • dinámicos: os ecosistemas evolucionan sen a influencia de factores externos,
  • complexos: nos ecosistemas actúan de diversas formas tódolos mecanismos e estratexias da bioloxía.

Os elementos bióticos e abióticos exercen influencia entre si (interaccións) e transfórmanse mediante a sucesión e evolución.

Os seres vivos da biocenose inflúen no ciclo da materia e nos factores abióticos (factores ambientais) por medio de tres tipos de organismos:

  • Os produtores, organismos que crean materia orgánica a partir de substancias abióticas e da enerxía (luz solar, enerxía química etc.). Pertencen a este grupo principalmente as plantas e as bacterias.
  • Os consumidores, organismos que se alimentan dos produtores ou doutros consumidores (especialmente os animais, incluído o ser humano) e que producen, a partir destes, dióxido de carbono e sales nutrientes.
  • Os descompoñedores, os cales mineralizan os organismos produtores e consumidores (na súa maioría mortos) e convértenos de novo en substancias abióticas. Pertencen ao grupo dos descompoñedores principalmente as bacterias e os fungos.

Os ecosistemas inflúense uns ós outros: por ex., os ecosistemas mariños inflúen na atmosfera mediante o fluxo de enerxía e o ciclo da materia, e, ó influír na atmosfera, fano tamén nos ecosistemas terrestres (véxase efecto invernadoiro ou cambio climático).

Evolución dos ecosistemas

Os ecosistemas funcionan de forma dinámica e evolucionan tamén cando se dan factores externos e constantes, nunha sucesión de varias fases ata unha posible etapa final, a etapa clímax. A etapa clímax lógrase, por exemplo, co aproveitamento de nichos ecolóxicos de especies inmigrantes e de mecanismos de expulsión.

Nunha etapa de clímax sen interromper, os ecosistemas regúlanse por si mesmos (autorregulación). Os seus compoñentes interaccionan entre si, de tal maneira que aparece un equilibrio de ciclos materiais e fluxos de enerxía (pola achega de enerxía solar, fluxo térmico terrestre e magma de chemineas hidrotérmicas, chamadas tamén fontes termais submarinas ou Black Smokers, que proceden de fondos mariños ou abisais). Doutro modo, non sería posible outra sucesión.

Concepto de ciclo en mosaico

Part of Great Barrier Reef from Helicopter
Ambiente estruturado en mosaico, nun arrecife coralino na Gran Barreira australiana

O feito é que, así e todo, distintas etapas dun ecosistema derivan de influencias ambientais alteradas e eventuais, con frecuencia, simultaneamente. Así, por exemplo, un incendio forestal causado por un raio pode crear terreos de sucesión non cubertos, na etapa clímax dun bosque. Deste modo, consérvanse a dinámica e as especies pioneiras necesarias que poden poboar áreas descolonizadas.

Nalgúns ecosistemas non sempre hai unha etapa estable de clímax constante. Tamén pode darse, sen influencias ambientais, unha sucesión constante de etapas que, despois de superar o máximo ecolóxico, pode transcorrer en reiteradas ocasións. De aí que o concepto de ciclo en mosaico defina a etapa clímax como un estado de grande intervalo de tempo, no que a sucesión se desenvolve sen cesar.

Estrutura e función do ecosistema

Os ecosistemas pódense observar e subdividir tendo en conta a súa:

  • Estrutura (Dimensión do hábitat, espectro de densidade; nivel trófico) e
  • Funcionamento (fluxo de enerxía, ciclo de elementos materiais, sucesión).

Esta clasificación incluso se superpón.

Importantes características e reguladores dun ecosistema son os ciclos materiais e os fluxos enérxicos (fluxo de enerxía e nivel trófico), amais do espectro de densidade ou a distribución. Realizouse unha gran subdivisión na cal os círculos especializados se tratan de forma máis concreta. Cando se analizan os ecosistemas enfocando a súa distribución, e non as súas relacións sistemáticas, fálase de ecotopo.

Tipos de ecosistemas

Wrangel Island tundra
Tundra ártica na Illa Wrangel, Rusia
Baja California Desert
Flora do deserto da Baixa California, rexión de Cataviña, México
Male lion on savanna
Sabana na Área de Conservación Ngorongoro, Tanzania

Clasificación:

Os ecosistemas divídense en tres xéneros:

  • Os microecosistemas, os ecosistemas máis pequenos, acostúmase a utilizar este termo para os ecosistemas microscópicos (unha rama podre, unha comunidade de microbios etc.).
  • Os mesoecosistemas, os ecosistemas cos que xeralmente interactúa o home e outros animais de tamaño semellante (un bosque, unha lagoa, unha selva etc.).
  • Os macroecosistemas, estes ecosistemas comprenden grandes extensións de terra ou auga e comunidades, á súa vez abrangue os microecosistemas e os mesoecosistemas. Exemplos dos macroecosistemas son os Círculos polares, os Océanos e as cadeas montañosas.

Outra clasificación moi utilizada dos ecosistemas é polo seu carácter de terrestres ou acuáticos.

  • Ecosistemas terrestres:
    • Tódalas zonas climatolóxicas: pantanos.
    • Zona climatolóxica polar:
    • Zonas temperadas oceánicas:
    • Zonas temperadas continentais:
    • Zona montañosa:
      • Bosque de coníferas do andar inferior.
        • do andar medio (montano inferior)
        • do andar superior (montano superior)
    • Zona mediterránea:
      • Formacións de folla caduca dura.
    • Zona tropical:
      • Desertos:
      • Deserto costeiro neboento.
      • Deserto salgado.
      • Sabana
      • Bosque tropical seco.
      • Bosque monzónico seco.
      • Sabana seca.
      • Bosque espiñoso.
      • Altas montañas tropicais.
    • Zona ecuatorial (Trópicos)
    • Selva tropical

Ecosistemas acuáticos:

Notas

  1. Tansley (1934); Molles (1999), páx 482; Chapin et al. (2002), páx 380; Schulze et al. (2005); páx 400; Gurevitch et al. (2006), páx 522; Smith & Smith 2012, páx G-5
  2. Odum, Eugene P (1971). Fundamentals of Ecology (third ed.). New York: Saunders. ISBN 0-53442-066-4.
  3. Schulze et al. (2005), páx 400
  4. Chapin et al. (2002), p. 380; Schulze et al. (2005); p. 400
  5. Willis (1997), p. 269; Chapin et al. (2002), p. 5; Krebs (2009). p. 572

Véxase tamén

Outros artigos

Aparello respiratorio

O aparello ou aparato respiratorio é o conxunto de órganos que interveñen na respiración (intercambio de osíxeno e dióxido de carbono coa súa contorna) dos organismos aerobios. Debido a que cada ambiente ofrece desafíos específicos para o mencionado intercambio gasoso, estes órganos empregan distintos métodos segundo o seu ecosistema.

Aquarium Finisterrae

O Aquarium Finisterrae, Acuario da Fin do Mundo ou Casa dos Peixes, é un dos "Museos Científicos Coruñeses". Contén, ademais do "gabinete do Capitán Nemo", mergullado na piscina máis grande de Europa, elementos de museos que propoñen experiencias como tocar estrelas de mar ou rodaballos e coñecer onde viven os lagostinos. Tres piscinas exteriores albergan ademais focas, polbos e outras especies das costas do Atlántico europeo. Non se exhiben peixes vistosos doutras latitudes, senón o ecosistema mariño da costa galega. Foi inaugurado o 5 de xuño de 1999.

Biodiversidade

Biodiversidade (neoloxismo do inglés Biodiversity, á súa vez do grego βιο-, vida, e do latín diversĭtas, -ātis, variedade), ou diversidade biolóxica, é o termo polo que se fai referencia á riqueza de seres vivos dun hábitat ou dun ecosistema, ou a todo o conxunto de seres vivos da Terra. A biodiversidade refírese tanto á riqueza en diversidade de especies, á súa diversidade intraespecífica, como á de grupos taxonómicos, á de grupos morfolóxicos e á de grupos funcionais. Así, o concepto abrangue as diferenzas de composición das individuos de especies (diferenzas xenéticas) e de especies de hábitats ata a variedade taxonómica e funcional das especies dun ecosistema.

Os patróns de biodiversidade dos hábitats e ecosistemas son resultado de procesos que van de mecanismos a curta escala, como a migración ou nacementos, a escalas de miles de millóns de anos, como os procesos especiación e evolución. O termo popularizouse logo da Conferencia Internacional do Río de Xaneiro de 1992 na que numerosos estados asinaron a Convención sobre a diversidade biolóxica.

Non se sabe con certeza o número total de diferentes especies existentes no planeta: a súa riqueza de especies. Estímase que podería haber máis de 30 millóns de especies, aínda que só se ben só se clasificaron algo máis de 2 millóns. Unha estimación de 2011 a cuantificouna en 8,74 millóns de especies, cunha marxe de erro de 1 millón [1].

A biodiversidade ten patróns bioxeográficos e temporais: a riqueza de especies varía segundo a latitude e os ecosistemas analizados e segundo os estadios das sucesións. Estímase que hábitats con maior diversidade son os bosques tropicais, os arrecifes de coral e as zonas de afloramento costeiro.

Cadea trófica

A cadea trófica, tamén coñecida como cadea alimenticia, (do grego trophé 'alimentación'), é a corrente de enerxía e nutrientes que se establecen entre as distintas especies dun ecosistema en relación coa súa nutrición. As cadeas sempre se inician cun produtor sendo os demais membros os consumidores. Non adoitan ter un gran número de elos (de 4 a 7 como máximo), xa que enerxía vaise esgotando a medida que se pasa dun nivel cara o seguinte, polo que adoitan seguir a regra do 10%, e dicir, aproximadamente o dez por cento da enerxía pasa dun nivel cara o seguinte, e o resto (aproximadamente o 90%) pérdese en forma de calor etc.

Contaminación

A contaminación é a introdución de substancias ou outros elementos físicos nun medio que provocan que este sexa inseguro ou non apto para o seu uso; é dicir, calquera substancia ou forma de enerxía con potencial para provocar danos, irreversibles ou non, nese medio. Ese medio pode ser desde un ecosistema, ata un hábitat ou un ser vivo. O contaminante pode ser unha substancia química ou enerxía (como son, calor, luz ou radioactividade).

É sempre unha alteración negativa do estado natural do ambiente, e polo xeral, xérase como consecuencia da actividade humana considerándose unha forma de impacto ambiental.

A contaminación pode clasificarse segundo o tipo de fonte de onde provén, ou pola forma de contaminante que emite ou medio que contamina. Existen moitos axentes contaminantes entre eles as substancias químicas (como praguicidas, cianuro, herbicidas e outros.), os residuos urbanos, o petróleo, ou as radiacións ionizantes. Todos estes poden producir enfermidades, danos no ambiente ou nos ecosistemas. Ademais existen moitos contaminantes gaseosos que xogan un papel importante en diferentes fenómenos atmosféricos, como a xeración de choiva ácida, o enfraquecemento da capa de ozono, e o cambio climático.

Hai moitas formas de combater a contaminación, e lexislacións internacionais que regulan as emisións contaminantes dos países que adhiren estas políticas. A contaminación está xeralmente ligada ao desenvolvemento económico e social. Actualmente moitas organizacións internacionais como a ONU sitúan ao desenvolvemento sustentable como unha das formas de protexer aos ecosistemas e preservalos para as actuais e futuras xeracións.

En 2015, a contaminación matou máis de 9 millóns de persoas.[Cómpre referencia]

Coral (animal)

Corais ou antozoarios son animais cnidarios e unha das marabillas do mundo submarino. Os corais constitúen colonias coloridas que crecen nos mares e poden formar recifes de grandes dimensións que albergan un ecosistema cunha biodiversidade e produtividade extraordinarias.

O maior arrecife de coral vivo atópase na Gran Barreira de Coral, na costa da Queensland, Australia. A maioría dos corais desenvólvense en augas tropicais e subtropicais, mais poden atoparse pequenas colonias de coral ata en augas frías, como ao longo da Noruega.

De feito, os corais son rochas vivas moi procuradas no comercio acuarista, unha das razóns de que estean ameazados. O coral é o exoesqueleto de colonias de cnidarios.

Espazo natural protexido

Un espazo natural protexido, área protexida ou espazo de conservación, é unha paraxe terrestre ou mariña definida xeograficamente e que se protexe coa finalidade de conservar a súa biodiversidade e os seus hábitats. Préstaselles atención pola súa importancia no ecosistema ou o seu valor engadido de importancia cultural.

Nestes espazos, ben por interese gobernamental ben asociativo, aplícanse accións de preservación do ecosistema para manter os seus servizos ou melloralos, se é que teñen zonas degradadas por actividade humana. A finalidade da protección soe ser a de paliar o impacto humano nos procesos do ecosistema, que provocan unha redución da biodiversidade, e a de garantir que os ecosistemas se conserven para as futuras xeracións.

Hai diferentes tipos de espazos naturais protexidos segundo a categoría que as leis de cada país lle outorguen ou a regulación de convenios de organizacións internacionais, como a Rede Natura 2000 da Unión Europea ou as Reservas da biosfera da UNESCO. Moitos dos espazos mariños protexidos soen incluír áreas mariñas extensas e ser transfronteirizos, polo que a súa conservación é un compromiso internacional.

En 2016 só o 14,8% (161 millóns km2) da superficie terrestre e as augas continentais, o 12,7% (3,6 millóns de km2) da costa e o 5,1% (3,6 millóns de km2) das augas oceánicas estaba protexidas por algunha categoría de espazo natural.

Espazos naturais de interese local

Os espazos naturais de interese local (ENIL) e os espazos privados de interese natural (EPIN) son figuras de protección de espazos naturais públicos e privados recoñecidos polo goberno galego. Son espazos naturais, que pola súa fauna ou flora, hábitats ou interese locais de conservación, os concellos, mancomunidades ou propietarios particulares lle propoñen ao goberno galego para a súa declaración acompañados dun plano de conservación. Se o goberno avalía como válido o plano de actuacións decláranse o ENILs ou EPINs. O goberno galego vela polo cumprimento dos compromisos de conservación que as entidades públicas ou privadas adquiriron. Porén, estes espazos non forman parte da rede galega de espazos naturais.

Fauna

A fauna é o conxunto de especies animais que habitan nunha rexión xeográfica, que son propias dun período xeolóxico ou que se poden atopar nun ecosistema determinado. A Zooxeografía ocúpase da distribución espacial dos animais. Esta depende tanto de factores abióticos (temperatura, dispoñibilidade de auga) como de factores bióticos. Entre estes sobresaen as relacións posibles de competencia ou de depredación entre as especies. Os animais adoitan ser moi sensibles ás perturbacións que alteran o seu hábitat; por iso, un cambio na fauna dun ecosistema indica unha alteración nun ou varios dos factores deste.

Flora

O termo flora designa o conxunto de especies vexetais presentes nun espazo xeográfico ou ecosistema determinado (por oposición a fauna). Por extensión, designa tamén os atlas que listan e describen as especies, identificando as plantas.

O número de especies é moi grande, pero tales repertorios a miúdo limítanse aos vexetais vasculares ou ás plantas de grans e ás súas principais especies. As coleccións de espécimes que serven para definir as diferentes especies son conservadas en herbarios. A rede de herbarios é importante a través do mundo, sendo a referencia que permite un encontro ós botánicos relacionando as denominacións e descubrimentos antigos e as identificacións actuais.

Mangleiral

O mangleiral é un ecosistema acuático, de transición entre os ambientes terrestre e mariño, unha zona húmida característica de rexións tropicais e subtropicais.

Polo feito de estar asociado ás marxes de baías, enseadas, barras areosas, desembocaduras de ríos e lagoas onde haxa encontro de augas de ríos coa do mar, ou ben directamente exposto á liña da costa, o mangleiral está suxeito ao réxime das mareas e dominado por especies vexetais típicas adaptadas á salinidade, ás que se asocian outros compoñentes vexetais e animais.

Ao contrario do que acontece nas praias areosas e nas dunas, a cobertura vexetal do mangleiral instálase en substratos de lama de formación recente, de pequena declividade, baixo a acción diaria das mareas de auga salgada ou, polo menos, salobre.

Débense distinguir os termos mangleiral (ecosistema) e mangleiro, termo común dado ás especies arbóreas características deses hábitats.

Marisma

En xeografía, unha marisma é un ecosistema húmido con plantas herbáceas que medran na auga. Unha marisma é diferente dunha zona húmida, que está dominada por árbores no canto de herbáceas. A auga dunha marisma pode ser só de mar, aínda que normalmente é unha mestura de auga mariña e doce, denominada salobre. As marismas adoitan estar asociadas a estuarios, e baséanse comunmente en chans con fondos areosos.As marismas son moi importantes para a vida silvestre sendo un dos hábitats preferidos para criar unha gran variedade de vida; dende pequenas algas planctónicas, até unha abundante cantidade de flora e fauna, fundamentalmente aves.

Mato Groso do Sur

Mato Groso do Sur (en portugués, Mato Grosso do Sul) é un estado brasileiro localizado ó sur da rexión Centro-Oeste. Ten como límites: Mato Groso ó norte, Goiás ó nordeste, Minas Xerais e São Paulo ó leste, Paraná ó sueste, o Paraguai ó sur e suroeste, e Bolivia ao oeste. Ocupa unha superficie de 358.158,7 km². A capital é a cidade de Campo Grande. Outras cidades importantes son: Dourados, Corumbá e Três Lagoas.

O ecosistema do Pantanal ocupa o extremo oeste do Estado; as planicies ocupan o noroeste; e as mesetas con escarpados das Serra da Bodoquena, o este. Os ríos Paraguai, río Paraná, Paranaíba, Miranda, Aquidauana, Taquiri, Negro, Apa e Correntes son os ríos principais.

Natureza

A natureza inclúe todo aquilo que existe no universo, o que non é artificial ou imaxinado. Nun senso máis amplo, equivale ao conxunto do cosmos, do universo existente, e iso abrangue dende as partículas subatómicas ata os obxectos astronómicos, incluíndo a Terra, os seres vivos e os procesos que se relacionan.

O termo "natureza" fai referencia aos fenómenos do mundo físico, e tamén á vida en xeral. En xeral non inclúe aos obxectos artificiais nin á intervención humana, a non ser que se empregue un cualificativo que faga referencia. Nun senso máis restrinxido, adóitase empregar o termo para referirse ao ambiente[Cómpre referencia].

Nicho ecolóxico

Un nicho, en ecoloxía, é a capacidade das especies de vivir baixo unhas condicións ambientais concretas. O nicho ecolóxico é aquilo que define a ecoloxía dunha especie, como é o seu hábitat ou a súa función no ecosistema. Os nichos describen como os organismos ou as poboacións responden á distribución dos recursos do hábitat, dos seus competidores (sexan depredadores, parasitos ou patóxenos) e como iso fai que esas condicións muden.Existen varias definición de nicho que non recollen ao completo os mesmos conceptos. Os nichos segundo Grinnell están definidos polos hábitats nos que as especies viven e para as que teñen adaptacións etolóxicas. Segundo, Elton este concepto inclúe tamén os cambios no ambiente segundo as especies medran nel e o seu comportamento. A definición de Hutchinson, e as posteriores, inciden no espazo definido por varios recursos ou propiedades do hábitat nos que un grupo de organismos ou especies no que poden, ou de facto o fan, persistir e reproducirse.O concepto de nicho é central na ecoloxía bioxeográfica, que está centrada nos patróns de distribución espaciais das comunidades ecolóxicas. A modificación dos nichos polos seus habitantes é o tema de estudo da construción de nichos.

Pesca

A pesca é a extracción de organismos acuáticos do medio onde se desenvolveron para diversos fins, tales como a alimentación, a recreación (pesca recreativa ou pesca deportiva), a ornamentación (captura de especies ornamentais) ou a industria, incluíndo a fabricación de comida para o alimento de animais en crianza e a produción de substancias con interese para a saúde -como o "famoso" aceite de fígado de bacallau.

Serra do Cando

A serra do Cando é unha serra galega pertencente á cordilleira dorsal galega que ten montes a unha altura media de entre 600 e 1.000 metros sobre o nivel do mar. Esténdese polos concellos de Cerdedo-Cotobade, Forcarei, A Lama e Beariz. Está unida á serra do Candán polos montes de Costoia. Nesta serra nacen os ríos Verdugo e Almofrei. É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).

A vexetación da serra son as xestas, o mato de toxos, breixos e carqueixas. Hai importantes plantacións de piñeiro e eucalipto. Existe un ecosistema de gran valor nos altos da serra, así como nas carballeiras do río Verdugo e os seus afluentes.

Unión Internacional para a Conservación da Natureza

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), (en inglés: International Union for Conservation of Nature and Natural Resources, IUCN), é unha organización internacional dedicada á conservación dos recursos naturais.

Fundada en 1948, ten a súa sede en Gland (Suíza). A IUCN reúne 78 estados, 112 axencias de goberno, 735 ONGs e miles de expertos e científicos de 181 países.

A misión da IUCN é influenciar, estimular e asistir sociedades en todo o mundo na conservación da integridade e biodiversidade da natureza, e asegurar que calquera uso dos recursos naturais sexa equitativo e ecoloxicamente sustentábel.

As Categorías de Áreas de Manexo Protexido que existen son as seguintes:

Ia - Reserva Estrita da NaturezaÁrea de terra e/ou mar que posúe algún ecosistema, aspecto e/ou tipo xeolóxico ou fisiolóxico, importante ou representativo, dispoñíbel primariamente para investigación científica e/ou monitoramento ambiental.Ib - Área SalvaxeGrande área de terra e/ou mar non modificada ou pouco modificada, que mantén o seu carácter e influencia naturais, sen habitación permanente ou significativa, que é protexida e manexada de modo a preservar a súa condición natural.II - Parque NacionalÁrea natural de terra e/ou mar, destinada a:

protexer a integridade ecolóxica dun ou máis ecosistemas para a xeración actual e as futuras;

excluír a exploración ou ocupación inimiga dos propósitos indicados para a área;

fornecer unha base para oportunidades espirituais, científicas, educativas, recreativas e de visita, que deben ser todas ambiental e culturalmente compatíbeis.III - Monumento NaturalÁrea contendo unha, ou máis, características naturais ou culturais que son de valor significativo ou único debido á súa rareza, calidades representativas ou estéticas, ou significado cultural inherente.IV - Área de Manexo de Hábitat/EspecieÁrea de terra e/ou mar suxeita a intervención activa co propósito de manexo para garantir a manutención de hábitats e/ou satisfacer as necesidades de especies específicas.V - Paisaxe/Costa ProtexidaÁrea de terra ligada á costa e ao mar, onde a interacción entre persoas e natureza ao longo do tempo produciu unha área de carácter distinto con valor estético, ecolóxico e/ou cultural significativo, xeralmente con grande diversidade biolóxica. Salvagardar a integridade desta interacción tradicional é vital para a protección, manutención e evolución de tal área.VI - Área Protexida de Manexo de RecursosÁrea que contén predominantemente sistemas naturais non modificados, manexada para garantir protección e manutención a longo prazo da diversidade biolóxica, aínda que suplindo ao mesmo tempo un fluxo sustentábel de produtos naturais e servizos para satisfacer as necesidades da comunidade.

Valdoviño

Valdoviño é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE no 2014 contaba con 6.796 habitantes (6.978 no 2009, 6.896 no 2006, 6.888 no 2005, 6.854 no 2004, 6.877 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valdoviñés».

O nome do concello fai pensar a algúns nunha agricultura baseada na vide, así Val do viño sería a orixe do topónimo. Tamén hai quen manexa outra hipótese: Val do Aviño, rego que atravesa o chan do municipio, se ben as últimas investigacións, indican que o nome provén do propietario dunha pequena explotación agraria, chamado Baldovino, Baldoviño ou Balduino, do que hai abondosa documentación nos textos medievais.Ocupa unha franxa costeira desde a praia de Campelo ata a entrada da ría de Cedeira.

Nesta poboación leváronse a cabo no século XVIII (1767) os primeiros cultivos de patacas traídas desde América.

As praias do término municipal de Valdoviño son moi populares polo seu paisaxe natural e entre os aficionados ao surf. Entre elas, destacan o areal da Frouxeira, duns 3,6 km de lonxitude, e a praia de Pantín, onde anualmente cada mes de setembro celebrase o Pantín Classic, campionato internacional de surf que comenzou súa andadura en 1988.

A lagoa da Frouxeira é un destacado ecosistema de gran valor ornitolóxico por ser lugar de descanso de aves migratorias e de cría dalgunhas especies de aves.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.