Economía de Serbia

A economía da Serbia baséase nos servizos, que corresponden a 63% do PIB[1].

Economía de Serbia
Moeda Dinar serbio
Organizacións comerciais de que fai parte CEFTA, BSEC
Datos estatísticos[1]
PIB US$ 80,74 mil millóns (2008)
PIB (posición) 74ª no mundo[2]
% de crecemento PIB 5,6% (2008)
PIB per cápita US$ 10 900 (2008)
PIB por sector agricultura 12,3%, industria 24,2%, comercio e servizos 63,5% (2007)
Inflación anual 6,8% (2007)
Poboación abaixo da liña da pobreza 6,5% (2007)
Total da forza de traballo 2 961 000 (2002)
% traballadores por sector agricultura 30%, industria 46%, comercio e servizos 24% (2002)
Desemprego 18,8% (2002)
Principais industrias azucre, máquinas agrícolas, equipamentos eléctricos e de comunicacións, papel e polpa, chumbo, equipamentos de transporte
Parcerías comerciais[1]
Exportacións (US$) 8 824 millóns f.o.b. (2007)
Principais produtos exportados manufacturados, alimentos e animais vivos, máquinas e equipamentos de transporte
Principais mercados Unión Europea 54,2% (2008)[3]
Importacións (US$) 18 350 millóns (2007)
Principais produtos importados petróleo, vehículos, gas natural, ferro e aceiro, máquinas industriais
Principais parceiros Unión Europea 52,9% (2007)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa US$ 26,24 mil millóns (2007)
Receitas (US$) 9,6 mil millóns
Despesas (US$) 9,8 mil millóns
Axuda económica recibida (US$) 2 mil millóns a Serbia e Montenegro (2001)[4]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/ri.html
  2. https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/rankorder/2001rank.html
  3. http://webrzs.stat.gov.rs/axd/dokumenti/saopstenja/ST11/st11122008.pdf
  4. http://globaledge.msu.edu/countryInsights/statistics.asp?countryID=200&regionID=2[Ligazón morta]
Belgrado

Belgrado (en serbio: Београд ou Beograd) ten unha poboación de 1,2 millóns de habitantes (1 717 800 na área metropolitana). É a capital de Serbia (desde 1817), e foi tamén a capital de Iugoslavia (1918-2003) e de Serbia e Montenegro (2003-2006).

Limita ao norte coa provincia autónoma de Voivodina (distritos de Srem, Central Banat e Sur Banat), ao E co distrito de Podunavlje, ao SE co distrito de Šumadija, ao SO co distrito de Kolubara, e ao O co distrito de Mačva. O alcalde é Nenad Bogdanović. Belgrado está dividida en 17 municipalidades (10 urbanas e 7 suburbanas).

Serbia

Serbia (en serbio: Србија/Srbija) é un país pechado ó mar situado no centro e no sueste de Europa, ocupando a parte sur da chaira panónica e a parte central da península balcánica. O país fai fronteira con Hungría polo norte, Romanía e Bulgaria polo leste, Albania e Macedonia do Norte polo sur e con Montenegro, Croacia e Bosnia e Hercegovina polo oeste. A súa capital é Belgrado.

A actual Serbia foi creada en 1817 trala Segunda revolta serbia. Máis adiante, o país estendeu as súas terras cara o sur ocupando o actual Kosovo, a rexión de Rascia e parte da rexión de Macedonia (en 1912). En 1918 a antiga provincia autónoma da Voivodina proclamou a súa secesión do Imperio Austrohúngaro uníndose á Serbia nese mesmo ano. As fronteiras actuais do país establecéronse trala Segunda Guerra Mundial, cando a Serbia se converteu nun estado federal dentro da República Federal Socialista de Iugoslavia. Serbia tornouse de novo un estado independente no 2006, trala ruptura de Montenegro coa unión formada trala disolución da Iugoslavia na década dos 90.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.