Ecoloxismo

O ecoloxismo é unha ideoloxía, con fundamentos éticos e orientación política, cuxo obxectivo é protexer a natureza realizando cambios nas actividades humanas que o danan ou prexudican.[1]

As principais áreas de reivindicación e proposta de cambios xiran arredor da contaminación, a protección do ambiente, o control da poboación mundial e a conservación dos recursos naturais.[2] O ecoloxísmo tamén busca orientar a organización política e económica cara a protección e restauración do ambiente.

Por outra banda, está moi achegado a outros movementos como o movemento antimilitarista, o movemento feminista ou o socialismo.

Save The World Awards 2009 show01
Acción reivindicativa contra a enerxía nuclear por parte da organización ecoloxista Greenpeace.
Indios19042007
O Xefe Raoni, figura senlleira contra a deforestación das selvas do Amazonas, entre outros dirixentes indíxenas brasileiros.

Notas

  1. Encyclopædia Britannica (ed.). "environmentalism". Consultado o 25 de marzo de 2014.
  2. Merriam-Webster (ed.). "Environmentalism". Concise Encyclopedia. Consultado o 25 de marzo de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Agricultura ecolóxica

A agricultura ecolóxica, tamén chamada orgánica ou biolóxica, é unha forma de agricultura na cal non se empregan produtos químicos de síntese (funxicidas químicos de síntese, fertilizantes químicos de síntese, herbicidas, conservantes e aditivos artificiais) nin tampouco organismos modificados xeneticamente (GMOs). A agricultura ecolóxica pretende respectar o ambiente e ao ser humano, intentando lograr un desenvolvemento sustentable.

American Bureau of Shipping

American Bureau of Shipping (ABS) é unha Sociedade de clasificación con sede en Houston, Texas. ABS foi fundada en 1862 e actualmente é unha das tres empresas líderes no seu sector a nivel mundial, xunto coa británica Lloyd's Register e a norueguesa Det Norske Veritas. A finais de 2006 ABS tiña clasificados máis de 10.000 buques mercantes e instalacións Off Shore. ABS presta os seus servizos en avaliación de deseños navais, construción de buques e resistencia estrutural.

Bureau Veritas

Bureau Veritas é unha sociedade de servizos de seguridade, calidade, avaliación de riscos e certificacións. Foi fundada en Antuerpen en 1828 (Bélxica) como sociedade de clasificación de buques, a súa sede está en Francia.

Comercio xusto

Comercio xusto define unha forma alternativa de comercio promovida por varias organizacións non gobernamentais, por Nacións Unidas e por movementos sociais e políticos (coma o pacifismo e o ecoloxismo) que promoven unha relación comercial xusta entre produtores e consumidores.

Desenvolvemento sustentábel

Denomínase desenvolvemento sustentábel a un concepto económico, ecolóxico e social aparecido no final do século xx coa constatación de que o desenvolvemento económico precisa ponderar o impacto humano por explotación dos ecosistemas e na biodiversidade coa preservación da calidade de vida das poboacións humanas a nivel global. Iso implica, por exemplo, a xestión racional e equilibrada dos recursos minerais e e uso racional dos recursos dos ecosistemas do planeta.

A idea de desenvolvemento sustentábel ten por base o principio de que o ser humano debería gastar os recursos naturais de acordo coa capacidade de renovación dos mesmos, de modo a evitar o seu esgotamento.

A súa definición é "o desenvolvemento que atende ás necesidades do presente sen prexudicar a capacidade das futuras xeracións de atender as súas propias necesidades" que se formalizou por primeira vez en 1987 no documento das Nacións Unidas coñecido como o Informe Brundtland. Denominado así pola primeira ministra norueguesa Gro Harlem Brundtland, froito da Comisión Mundial de Ambiente e Desenvolvemento de Nacións Unidas, creada durante a Asemblea das Nacións Unidas en 1983. Dita definición asumiuse no Principio 3º da Declaración de Río (1992) aprobada na "Conferencia das Nacións Unidas sobre o ambiente e o desenvolvemento". É a partir deste informe cando se acatou o termo inglés sustainable development.

Det Norske Veritas

Det Norske Veritas ou (DNV) é unha sociedade de clasificación de buques fundada en Noruega en 1864 organizada como unha fundación que ten como obxectivos: "coidar a vida, as propiedades e o medio ambiente".

Xunto con Lloyd's Register e American Bureau of Shipping é unha das tres maiores compañías clasificadoras de buques do mundo, ten 300 oficinas en 100 países.

As industrias más importantes onde opera a compañía inclúen transporte marítimo, a enerxía (tamén eólica e solar), aviación, automoción, finanzas, alimentación, saúde e tecnoloxías da información.

Ecofeminismo

O ecofeminismo é un movemento e unha filosofía nacida da unión do pensamento feminista e do ecoloxista. O movemento cre que existe unha relación entre a degradación da natureza e a opresión da muller. O termo creouno Françoise d´Eaubonne en 1974. En 1980 celebrouse a primeira conferencia ecofeminista en Amherst, que foi a que realmente deu orixe ao movemento

Esquerda política

Esquerda, en política, é un termo referido (sen precisión particular) ó segmento do espectro político tipicamente asociado a calquera clase de socialismo ou socialdemocracia, en oposición á dereita política e ó liberalismo.

Federación Rural Galega

A Federación Rural Galega, FRUGA, é un sindicato agrario galego creado en 2009 coma unha escisión do Sindicato Labrego Galego.

Galiza Nova

Galiza Nova é a organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego, fundada no ano 1988.

Greenwashing

Greenwashing (do inglés green, verde, e whitewash, branquear ou encubrir), ecobranqueamento, lavado verde ou lavado de imaxe verde é unha forma de propaganda na que se realiza mercadotecnia verde de maneira enganosa para promover a percepción de que os produtos, obxectivos ou políticas dunha organización son respectuosos co medio ambiente co fin de aumentar os seus beneficios.

Izquierda Unida

Izquierda Unida é unha organización política española federalista, republicana e de esquerdas.

Maná

Maná é unha banda mexicana de Rock fundada en 1987 de grande éxito.

A banda ten gañado catro premios Grammy, sete Premios Grammy Latinos, cinco MTV Video Music Awards Latinoamérica, cinco Premios Juventud, quince Premios Billboard de la Música Latina e quince dos Premios Lo Nuestro. Ademais obtivo múltiples premios polo seu labor a favor do ecoloxismo En 2012 formaron parte do paseo do rock en Hollywood, Estados Unidos.

O son da banda baséase no Rock latino, ritmos latinos, pop latino e o rock en español. Nun principio recibieron o éxito comercial internacional en México, Australia e España, e dende aquela teñen gañado popularidade e a exposición en toda América Latina, Estados Unidos, Europa Occidental, Asia e Oriente Medio. Maná ten vendido máis de 40 millóns de discos en todo o mundo, sendo unha das bandas de rock en español con maior rexistro de vendas.

Movemento ecoloxista

O movemento ecoloxista (en ocasións chamado o movemento verde ou ambientalista) é un variado movemento político, social e global, que defende a conservación e protección do ambiente.

Unha defensa pura do ecoloxismo faise desde formulacións ecocéntricos, dando prioridade ós ecosistemas e ás especies sobre os individuos -sexan humanos ou doutras especies. Un representante desta formulación é Pentti Linkola.

Habitualmente, o ecoloxismo deféndese desde posicións antropocéntricas, é dicir, para satisfacer unha necesidade humana, incluíndo necesidades de saúde e sociais. Neses termos, os ecoloxistas fan unha crítica social máis ou menos implícita, propondo a necesidade de reformas legais e concienciación social tanto en gobernos, como en empresas e colectivos sociais. O movemento ecoloxista está unido cun compromiso para manter a saúde do ser humano en equilibrio cos ecosistemas naturais, considérase a humanidade como unha parte da natureza e non algo separada dela.

A existencia de organizacións ecoloxistas está estreitamente ligada ó desenvolvemento dos sistemas democráticos e ó progreso das liberdades civís. O movemento está representado por unha ampla e variada gama de organizacións non gobernamentais, desde o nivel global até a escala local. Algúns contan con decenios de historia e dispoñen de importantes infraestruturas a nivel internacional; aínda que a maioría fórmano organizacións locais de carácter máis ou menos espontáneo.

Está relacionado coa ecoloxismo político. Enténdese que o ecoloxismo é unha postura que postula que é necesario facer modificacións significativas nas políticas ambientais de todos os estados do mundo. Hai quen propoñen un cambio radical no sistema de Estado e négase a necesidade de máis desenvolvemento no sentido convencional ou capitalista, mentres outros só propoñen un cambio na política ambiental, e outros un cambio profundo na forma das relacións sociais e ambientais de produción.

Posiblemente esta política nace no momento en que se fai patente a deterioración do ambiente por mor dos experimentos ou o descoñecemento da actividade humana. No informe Os límites do crecemento derivado do club de Roma dos Estados Unidos, nace a inquietude e xorden multitude de grupos políticos ambientalistas ou ecoloxistas nese país. O ecoloxísmo político e o ecoloxismo non sempre son partidarios do ecocentrismo absoluto, senón que, xeralmente, adoita partir de posicións antropocentristas.

Normalización lingüística

A normalización lingüística, obxectivo do ecoloxismo lingüístico, é o proceso tendente a converter unha lingua no vehículo normal de comunicación dunha comunidade. Supón a recuperación dun status de normalidade dunha determinada lingua, é dicir, conseguir que o seu uso oral e escrito sexa natural en calquera das situacións da vida cotiá dos falantes. Aínda que ambos os dous conceptos van intimamente ligados,non debe confundirse con normativización, que é o proceso de estandarización ou fixación formal de todo o corpus da lingua.

Partido Socialista Galego-Esquerda Galega

O Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.

Rainbow Warrior

O Rainbow Warrior ("Guerreiro do arco da vella") foi o barco insignia da organización non gobernamental internacional Greenpeace.

Río Navea

O Navea é un río ourensán, afluente do Bibei, pola súa esquerda, sendo este a súa vez tributario do río Sil. A súa lonxitude é de 41 km.

Xurelo (barco)

O Xurelo foi un barco pesqueiro que participou nunha protesta en 1981 contra a instalación dun vertedoiro de residuos radioactivos nas costas de Galicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.