Ecoembes

Ecoembes (Ecoembalajes España SA) é unha empresa sen ánimo de lucro[Cómpre referencia] formada por empresas distribuidoras e sede en Madrid. Foi fundada en 1996, antes ca a Lei 11/97 de Envases e Residuos de Envases. Nesta lei establécense unhas obrigacións que pretenden a recuperación de residuos dos envases, o seu posterior tratamento e valorización. Ecoembes coordina cos concellos e organizacións de recollida de residuos sólidos urbanos os colectores amarelos: envases de plástico, latas e briks.

O 60% do accionariado contrólano asociacións e empresas de envases, principalmente grandes compañías de alimentación e bebidas: Campofrío, Bimbo, Danone, Coca-Cola ou PepsiCo. O outro 40% pertence ao sector de materias primas e distribución: Tetra Pak, Carrefour, Alcampo, El Corte Inglés, Mercadona e outras.

Segundo ADEGA só o 25% dos envases se recicla, o 50% quéimase e outro 25% reexpórtase a China[1]

ECOEMBES
Ecoembes
Vitoria - reciclado 3
TipoSociedade Anónima
Fundación1996
LocalizaciónPaseo de la Castellana 83-85 11ª Planta 28046 Madrid
Beneficio529 millóns de euros en 2017
Páxina webecoembes.com

Ecoembes en Galiza

Ecoembes e Sogama colaboran na recollida de envases e na súa xestión. Os concellos galegos asociados ao programa de Sogama recollen envases nos colectores amarelos que son seleccionados en Cerceda. Ecoembes paga por este servizo aos concellos e a Sogama. En 2018 Sogama licitou este servizo por 17 227 400 euros máis IVE.[2] En 2017 en Galiza recolléronse 57. 000 toneladas de envases.[3]

Notas

  1. "As empresas envasadoras, detrás do lucrativo negocio da reciclaxe". Sermos Galiza. 17 de outubro de 2018.
  2. "Sogama licita, por más de 17,2 millones, la gestión de su planta de clasificación de envases". Sermos Galiza. 20 de outubro de 2018.
  3. "Óscar Martín, consejero delegado de Ecoembes: «Investigamos para que los envases del futuro sean comestibles o biodegradables»". La Voz de Galicia. 29 de abril de 2018.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.