Eco de la Revista

Eco de la Revista foi un periódico editado na Coruña en 1852.

Historia y características

Subtitulado Periódico Judicial, Mercantil, Literario y de Variedades apareceu o 11 de xuño de 1852. Aparecía os domingos. Defendía un liberalismo moderado e un rexionalismo insurxente. Tiveron particular resonancia as seccións tituladas "Escritores y hombres célebres de Galicia", onde se publicaron traballos sobre Macías o Namorado, Pedro Vázquez de Neira, Benito Xerónimo Feijoo e Diego Antonio Cernadas Castro; "Corona poética", dirixida por José Puente Brañas, onde se incluíron composicións, en galego ou castelán, de Antonio Neira de Mosquera, Benito Vicetto, Miguel Rúa Figueroa, José María Montes, Luís de Trelles, Pedro Vázquez de Neira e Vicente Turnes e as adiviñas ou charadas de J.M.L. O último número coñecido é o 11, publicado o 26 de setembro.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.

Ligazóns externas

José María Montes

José María Montes Rouco, nado no Castro, parroquia de Osedo (Sada), o 24 de xullo de 1822 e finado no mesmo lugar o 29 de febreiro de 1892, foi un xornalista, escritor e político galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.