Eclesiastés

O libro do Eclesiastés, (grego ἐκκλησιαστής, Ekklesiastés, hebreo קֹהֶלֶת, Qohéleth), que pode entenderse como o orador ou o que fala na asemblea, forma parte, na Biblia cristiá, dos chamados libros Libros sapienciais, colocado normalmente entre os Proverbios e o Cantar dos Cantares.

O libro recolle as reflexións que un sabio de Israel fai sobre o sentido da vida: o poder, a riqueza, a amizade, a vellez, a morte... Sempre deixando unha pegada moi persoal e incluso un chisco heterodoxa, que o converten nun dos libros máis orixinais da Biblia.

Autor e data de composición

O autor preséntase como o "Qohelet", o orador, tamén como fillo do Rei David, é dicir, o Rei Salomón. Esta atribución a Salomón é moi común na Biblia e non ten ningún valor histórico: a Salomón, o rei sabio, atribuíanselles os libros sapienciais igual que a David, o rei poeta, se lle atribuían os Salmos.

De calquera xeito, estamos ante un "libro de autor", unha soa man é responsable de todo ou case todo o libro.

Deste autor podemos dicir:

  • É un sabio de Israel, é dicir, un intelectual bo coñecedor da Biblia e do pensamento contemporáneo.
  • Está nunha etapa da vida entre a adultez e a vellez, posto que aos seus coñecementos teóricos une a súa propia experiencia vital, non sempre positiva.
  • Posiblemente, polas referencias que fai, é un home que viaxou polo Oriente Medio e Asia Menor e que coñece o pensamento persa e helénico.

Aínda que tamén hai que dicir que na fin do libro hai dous pequenos engadidos obra de autores posteriores:

  • O parágrafo que comeza dicindo "Qohelet foi un gran sabio...", unha glosa biográfica obra seguramente dun discípulo.
  • A frase final, unha reflexión piadosa totalmente contrario ao contido de todo o libro.

En canto á data de composición, tendo en conta á linguaxe e o dito sobre a influencia persa e helenista, habería que situalo no postexilio, na época de dominación persa, antes da expansión do imperio de Alexandre Magno. É dicir, entre a fin do século V e os inicios do século IV antes de Cristo.

Véxase tamén

Bibliografía

  • A Biblia. Santiago de Compostela: SEPT. 1989. ISBN 84-7337-036-8.
  • SCHMIDT, Werner H. (1983). Introducción al Antiguo Testamento. Salamanca: Sígueme. ISBN 84-301-0916-1.

Outros artigos

Libro anterior:
Proverbios
Eclesiastés
(Libros sapienciais)
Libro seguinte:
Cantar dos Cantares
Antigo Testamento

O Antigo Testamento ou as Escrituras Hebreas (tamén chamadas a Biblia Hebrea) é a primeira parte da Biblia cristiá, que explica a historia desde a creación da Terra ata última profecía da vida do mesías, realizada 400 anos antes da era cristiá. Os xudeus, porén, utilizan o nome Tanakh para referírense ao Antigo Testamento, e aínda que contén os mesmos libros que o Antigo Testamento canónico cristián, non coincide na orde nin no nome destes.

A designación "Antigo Testamento" provén do grego ῾Η Παλαιά Διαθήκη, he Palaiá Diathéke, que significa "antigo pacto", en referencia ao antigo pacto de Deus coa humanidade (principalmente co pobo elixido de Israel) por medio do que viría o mesías a salvalos.

Biblia

A Biblia é o libro que o cristianismo trata como inspirado directamente por Deus. A palabra vén do grego (lingua en que foi escrito o Novo Testamento) «τα βιβλία» tà biblía, ou sexa, os libros. O plural xustifícase, xa que a Biblia non é un libro soamente, senón unha biblioteca composta de 66 libros, sendo 39 pertencentes ao Antigo Testamento e 27 ao Novo Testamento.

Biblia dos Setenta

A Biblia dos Setenta, ou Biblia dos Setenta e Dous, citada comunmente como LXX, é o nome co que se coñece a versión grega da Biblia xudía, o que os cristiáns chaman Antigo Testamento.

Canon bíblico

O canon bíblico (do grego κανών "kanon", "vara" ou "medida", que vén do hebreo קנה "kaneh"), é a lista de libros que se considera que forman parte da Biblia.

O criterio de canonicidade que se utiliza é a calidade de inspirado por Deus que debe ter o libro. É canónico o libro inspirado por Deus e queda fóra o libro, aínda de temática relixiosa coma o Talmud, que non goza desa inspiración.

Carta a Filemón

A carta a Filemón, a máis curta das cartas paulinas, é un breve escrito, pouco máis que unha nota, que o apóstolo Paulo lle dirixe a un cristián chamado Filemón.

Cartas Católicas

As Cartas católicas é unha división dos libros do Novo Testamento que abrangue os escritos en forma epistolar que se atribúen a distintos apóstolos. O adxectivo católico hai que tomalo no seu sentido etimolóxico de universal.

Corpus Xoánico

O Corpus Xoánico é o nome co que se coñece aos libros do Novo Testamento que teñen como autor, ou que se atribúe como autor, a Xoán o Evanxelista.

Deuteronomio

O Deuteronomio é un dos libros da Biblia.

O seu título significa segunda Lei. Recolle, basicamente, as leis polas que se rexe o pobo de Israel.

Feitos dos Apóstolos

O libro dos Feitos dos Apóstolos narra a vida do grupo dos primeiros discípulos de Cristo e a súa expansión por Oriente Medio e o Mediterráneo.

I Samuel

I Samuel é un dos libros do Antigo Testamento, xunto con II Samuel constitúe o oitavo libro da Tanakh que os cristiáns dividiron en dous. O libro está consagrado á vida do profeta Samuel, consagrado a Deus pola súa nai Hannah. Cronoloxicamente cobre un período de cen anos correspondentes á vida de Samuel e contén a historia de Elí e da súa muller Ana (1-4), a historia de Samuel (5-12) e a historia de Xaúl e de David no exilio(13-31)

Levítico

O Levítico, en hebreo vaiiqrá, é o terceiro libro da Biblia. Forma parte do Pentateuco, ou Torá para os xudeus. Contén normas relixiosas polas que debía rexirse o pobo de Israel.

Libro de Rut

O Libro de Rut ou Libro de Ruth é un libro da Biblia, dos chamados episódicos.

Narra, de xeito sinxelo, a historia dunha viúva xudía, Noemí, que volta á súa terra en compaña da xentil Rut, súa nora, viúva ela tamén dun dos fillos de Noemí. A determinación de Rut e os seus esforzos por coidar da súa sogra, lograranlle un matrimonio con Boaz, home rico e parente distante do seu sogro, o que lle permite saía da pobreza, fundar unha familia e obter o recoñecemento da súa sogra e de toda a comunidade.

Libro de Xob

O Libro de Xob é un libro da Biblia que forma parte dos chamados sapienciais. É unha reflexión, en forma de diálogo, sobre o sentido do sufrimento. Nas Biblias cristiás adoita situarse no primeiro lugar dos sapienciais.

Libro de Xonás

O Libro de Xonás é un breve libro da Biblia que relata as andanzas e predicacións de Xonás, encargado por Iavé de chamar á conversión aos habitantes de Nínive. O ton anecdótico e case humorístico do libro garda unha mensaxe universalista e unha imaxe dun Iavé clemente, que o converten en case unha excepción no conxunto da Biblia.

Libro de Xudit

O Libro de Xudit é un libro deuterocanónico bíblico do Antigo Testamento. Non forma parte da Biblia hebrea e polo tal os protestantes considérano apócrifo mentres os católicos recoñecérono como canónico no sínodo do ano 382 e os ortodoxos no concilio do ano 692. Escrito orixinalmente en hebreo, non se conserva a versión orixinal, o texto máis antigo conservado está en grego pero a versión máis difundida foi a latina da Vulgata. O libro conta a historia de Xudit, unha viúva hebrea de gran beleza, que no transcurso da guerra de Israel contra os asirios descobre que o xeneral invasor, Holofernes, está namorado dela. Acompañada da súa criada, a viúva entra na tenda do xeneral e engánao para que que confíe nela. Cando Holofernes dorme por efecto do alcohol, Xudit córtalle a cabeza, confundindo ao exército asirio e obtendo a vitoria para Israel.

Libros episódicos

Clasificación que os estudosos cristián da Biblia aplican a unha serie de libros históricos que teñen en común ser relatos breves, cun protagonista individual, e cun fin didáctico e moralizante.

Novo Testamento

Novo Testamento (do grego: Διαθήκη Καινή, Diathéke Kainé) é o nome dado á colección de libros que compoñen a segunda parte da Biblia ou libro sagrado do cristianismo. Esta parte corresponde aos Evanxeos canónicos, segundo a tradición escritos por Mateo, Marcos, Lucas e Xoán, que relatan a vida de Xesús, xunto con diversos libros que describen os primeiros tempos do cristianismo e unha Apocalipse, a de Xoán.

O termo é unha tradución do latín, Novum Testamentum, á súa vez tradución do grego Ἡ Καινὴ Διαθήκη, Hê Kainê Diathêkê, significando "A Nova Alianza" ou Testamento. Foi orixinalmente usado polos primeiros cristiáns para describir as súas relacións con Deus (ver II Corintios 3:6-15; Hebreos 9:15-20) e posteriormente para designar o canon de escritos cristiáns, estabelecido progresivamente.

Os 27 libros do Novo Testamento foron escritos por varios autores en varias épocas e lugares. Ao contrario do Vello Testamento, o Novo foi escrito nun curto espazo de tempo, durante un século ou un pouco máis.

Números

Números é o cuarto libro da Biblia e da Torá, contén narracións sobre o tempo de peregrinación do pobo de Israel polo deserto. O seu nome vén das numeracións das tribos de Israel coas que se inicia.

Vanitas

Vanitas é o termo latino, que pode traducirse por vaidade, que designa unha categoría particular de natureza morta, de alto valor simbólico, un xénero moi practicado na época barroca, particularmente en Holanda.

O seu título e a súa concepción relaciónanse cunha pasaxe do Eclesiastés: vanitas vanitatum omnia vanitas (vaidade de vaidades, todo é vaidade). A mensaxe que pretende transmitir é a inutilidade dos praceres mundanos fronte á certeza da morte, animando á adopción dun sombrío punto de vista sobre o mundo. É, ao mesmo tempo, un elemento esencial no xurdimento do bodegón como xénero individual.

Libros da Biblia
Divisións maiores
Canon
Máis divisións
Versións e Manuscritos
Véxase tamén

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.