Ecdótica

Ecdótica en filoloxía é a crítica do texto cuxa finalidade é a de aproximar de novo un texto o máis posíbel á súa forma orixinaria, é dicir, á que quixo o autor. Deriva do grego ἔκδοτος ékdotos editado: ecdótica é o termo usado polo filólogo francés Dom Henri Quentin (1872-1935).

A crítica textual abrangue todo tipo de texto, do literario ao musical.

Tal crítica necesita o coñecemento doutros campos do saber, entre os cales están a historia, a literatura, a lingua e a filosofía subxacentes ao texto. No caso dun texto literario, a finalidade da ecdótica é establecer a edición do texto mesmo, posibelmente unha edición crítica.

Historia

Nada no período helenístico co obxectivo da restauración dos textos, a crítica textual adornouse durante o humanismo coa contribución de varias disciplinas, das históricas ás xurídicas.

A finais do século XVIII, grazas aos progresos da filoloxía, da técnica formal e da elaboración de referencias e modelos racionais, asumiu, aínda máis conscientemente, a función de historiador da tradición do libro que se estaba a examinar.[1]

Fases

Habitualmente, a ecdótica segue as fases seguintes:[1]

  • Recoñecemento da tradición, ou sexa, a recuperación de todos os materiais aptos para a reconstrución do texto. a tradición subdivídese en directa, no caso de textos impresos, manuscritos, esbozos, e no tipo indirecto, en presenza de comentarios, citacións, imitacións e traducións.
  • Colocación da tradición directa.
  • Eliminación das copias das que dispoñamos do orixinal.
  • Definición do chamado stemma codicum ou árbore xenealóxica, é dicir, a representación dos varos estadios de modificación do texto sucedidos durante a transmisión.
  • Conxectura. Onde intervén a tradición indirecta, por medio de operacións de tipo intuitivo e interpretativo.

Notas

  1. 1,0 1,1 "Le Muse", De Agostini, Novara, 1965, Vol.IV, páx.13-14

Véxase tamén

Bibliografía

  • Giorgio Pasquali, Storia della tradizione e critica del testo, Firenze, 1954. (en italiano)
  • Gianfranco Contini, Breviario di ecdotica [1986], Torino, Einaudi, 1990. (en italiano)
  • Cesare Segre, Due lezioni di ecdotica, Pisa, Scuola normale superiore, 1991. (en italiano)
  • Giorgio Inglese, Come si legge un'edizione critica. Elementi di filologia italiana, Roma, Carocci, 2003. (en italiano)

Outros artigos

Ligazóns externas

Celso Ferreira da Cunha

Celso Ferreira da Cunha, nado en Teófilo Otoni o 10 de maio de 1917 e finado en Rio de Janeiro o 14 de abril de 1989, foi un profesor, gramático, filólogo e ensaísta brasileiro. Era fillo de Tristão Ferreira da Cunha e tío de Aécio Neves.

O 13 de agosto de 1987 foi elixido membro da Academia Brasileira de Letras en substitución de José Honório Rodrigues na cadeira 35, sendo recibido o 4 de decembro de 1987 polo académico Abgar Renault.

Edición crítica

Na filoloxía ou crítica textual, por edición crítica dun texto enténdese unha publicación do texto mesmo tentando restablecer a súa forma orixinal, respondendo o máis posíbel á vontade do autor, sobre a base do estudo comparado (colación) de cada pasaxe dos diversos testemuños directos e indirectos existentes, ben sexan manuscritos ou textos impresos. A edición preséntase polo tanto cun aparato crítico que cita as variantes de lectura. Pode tamén presentar un stemma codicum que cita os parentescos entre os varios textos postos en relación para atopar o seu arquetipo.

Luis de León

Luis de León, chamado frei Luis de León, nado en Belmonte (Cuenca) en 1527 ou 1528 e finado en Madrigal de las Altas Torres (Ávila) o 23 de agosto de 1591, foi un poeta, humanista e relixioso agostiño español.

Foi un dos escritores máis destacados da segunda metade do Renacemento español, xunto a Fernando de Herrera, Juan de la Cruz, Tareixa de Xesús, Francisco de Aldana ou Alonso de Ercilla. A súa poesía orixinal trata fundamentalmente de moral cotiá, excepto un número pequeno de odas de temática estritamente relixiosa. Todas elas tratan sobre o que debe facer o home para acadar a harmonía e o xusto medio como fin do individuo, algo que se poderá conseguir coa busca de Deus.

Manuel Ferreiro Fernández

Manuel Ferreiro Fernández, nado en Saavedra (Begonte) en 1955, é un lingüista e escritor galego.

Método de Lachmann

O método de Lachmann (ou método stemmático) é, en filoloxía, o instrumento indispensábel para a publicación da edición crítica dun texto.

Foi teorizado sinteticamente polo filólogo alemán Karl Lachmann a mediados do século XIX: o primeiro texto para o que se utilizaron os procedementos posteriormente definidos como "método lachmanniano" foi unha poblicación de 1852 do De rerum natura de Lucrecio (século -I).

Os dous primeiros pasos para a edición dun texto segundo o "método de Lachmann", son a recensio e a emendatio.

Revista Galega de Filoloxía

A Revista Galega de Filoloxía (RGF) é unha publicación científica galega dedicada á investigación filolóxica e, en especial, aos estudos lingüísticos no ámbito galego e portugués.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.