EMUGA

EMUGA (Emisoras Municipais Galegas) é unha asociación de emisoras de radio municipais de Galicia xurdida en 1988 por iniciativa dos concellos de Oleiros, Negreira, Fene, Corcubión e Ribadavia para promocionar a radiodifusión municipal pública, tamén organiza unhas Xornadas de Radio Local.

Emisoras Municipais Galegas promove desde o ano 2006 a realizacion dunha programación conxunta denominada Radiofusión, que pretende complementar a comunicación de proximidade.

Emisoras

Véxase tamén

Ligazóns externas

Canal Tea

Canal Tea, antes denominada Radio Televisión Municipal de Ponteareas foi a radio e a televisión pública do concello de Ponteareas. Comprendía Canal Tea Radio e Canal Tea Televisión. Comezou a emitir en marzo de 1991, finalizando as súas emisións en 2012.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Radio Allariz

Radio Allariz é unha emisora de radio pública do concello de Allariz que comezou a emitir en decembro de 1992, sendo unha das emisoras municipais máis lonxevas da provincia de Ourense.

Comezou as súas emisións nunhas instalacións sitas no edificio da antiga gardaría municipal, localizándose hoxe os seus estudos centrais no edificio da Casa da Mocidade de Allariz.

Integra a Plataforma Nunca Máis.

Radio Arteixo

Radio Arteixo era unha emisora de radio pública propiedade do concello de Arteixo. Comezou a emitir o 23 de marzo de 1993 e dende agosto de 2011 as súas emisións son prácticamente nulas e limitadas á zona centro do núcleo urbano da vila, a raíz dunha decisión do goberno local, de Carlos Calvelo (PP). Dende ese ano prometeuse substituila por unha plataforma multimedia de son e imaxe, aínda non existente. En 2013, unha reorganización municipal minguou aínda máis o espazo dispoñible para a emisora. Podíase escoitar en toda a comarca de Bergantiños.

Radio Arzúa

Radio Arzúa é unha emisora de radio pública do concello de Arzúa, comezou a emitir o 19 de setembro de 1995 en 107.4 FM. Pódese escoitar en toda a comarca de Arzúa.

Radio Boqueixón

Radio Boqueixón é unha emisora de radio pública do concello de Boqueixón, comezou a emitir o 1 de xuño de 1995 en 107.2 FM, pódese escoitar na comarca do Val do Ulla.

Radio Culleredo

Radio Culleredo é unha emisora de radio pública do concello de Culleredo.

Comezou a emitir o 18 de maio de 1991, e pódese escoitar na comarca da Coruña.

Radio Estrada

Radio Estrada é unha emisora de radio pública do concello da Estrada, comezou a emitir o 1 de marzo de 1995 no 107.7 FM. Transmite as 24 horas do día e cando non emite programación propia conecta con Radio Nacional de España.

Radio Eume

Radio Eume é unha emisora municipal de radio do concello das Pontes, a súa primeira emisión foi o 11 de novembro de 1989. Radio Eume é unha das emisoras municipais que participan no proxecto Radiofusión, programación conxunta dalgunhas emisoras municipais galegas.

Radio Fene

Radio Fene é unha emisora de radio municipal do concello de Fene. A súa primeira emisión realizouse o 27 de setembro de 1984, transmite nos 107.7 da FM e as súas emisións pódense escoitar tamén nos concellos de Ares, Ferrol, Mugardos, Narón e Neda. Conta con 40 colaboradores e ten o seu estudio na Casa do Concello de Fene.

A emisora dependía ao primeiro do Servizo de Normalización Lingüística do concello e posteriormente creouse un organismo propio, o Padroado. Inda que solicitara unha concesión ao abeiro de diversas ordes do Ministerio de Cultura, non obtivo resposta e as autoridades ordenaron o peche da emisora, o cal non se produciu e a emisora seguiu a emitir.

Radio Melide

Radio Melide é unha emisora de radio pública do concello de Melide, comezou a emitir en setembro de 1995 no 107.5 FM. Emite música e novas locais, un dos programas de máis éxito é A hora amiga.

Radio Municipal de Tui

A Radio Municipal de Tui é a emisora de radio pública do concello de Tui.

Comezou a emitir o 16 de abril de 1993 na frecuencia 107.4 da banda FM e pode sintonizarse nos concellos de Tui, Tomiño, Salceda e Salvaterra, aínda que é posible que a súa cobertura sexa aínda maior, chagando a abranguer toda a bisbarra do Baixo Miño.

Segundo o EGM en decembro de 2006 contaba con 10.000 oíntes diarios, o que a converte na emisora municipal galega máis escoitada. En Abril de 2007, o EGM outorgoulle un total de 12.000 oíntes diarios.

Radio Negreira

Radio Negreira é unha emisora municipal de radio do concello de Negreira. Comezou a emitir en 1989 a través do 107.0 de FM. Pertence ás Emisoras Municipais Galegas

Radio Oleiros

Radio Oleiros é unha emisora municipal de radio de Oleiros, membro de EMUGA, realizou a súa primeira emisión o 25 de xullo de 1980 como Radio As Mariñas, é a máis antiga das emisoras municipais galegas aínda que tan só emitiu durante 70 minutos, ata que a Garda Civil entrou nos estudos para precintar os equipos. En 1987 volveu emitir xa co nome actual, pódese escoitar en toda a área metropolitana da Coruña

Radio Ordes

Radio Ordes é a emisora de radio pública do concello de Ordes, comezou a emitir o 2 de xaneiro de 1995 no 107.3 FM. Actualmente transmite de luns a sábado de 9:00 a 13:00 e de luns a xoves de 17:00 a 19:00.

Radio Quiroga

Radio Municipal de Quiroga é a emisora de radio pública do concello de Quiroga. Comezou a emitir o 2 de abril de 1994. Localizada na Casa da Cultura municipal emite máis de dez horas diarias de programación propia, desde as 10:00 ás 20:30 horas.

Radio Redondela

Radio Redondela e unha emisora de radio da frecuencia modulada, de titularidade pública (municipal).

Radio Sada

Radio Sada é a emisora de radio pública do concello de Sada, comezou a emitir polo 107.1 FM o 3 de xuño de 1993. Na actualidade produce oito horas de programación propia.

Radio Salnés

Radio Líder Salnés é unha emisora de radio localizada en Cambados,que comezou a emitir o 19 de marzo de 1995 no 107.9 FM.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.