EDUGA

EDUGA, Revista Galega do Ensino é unha publicación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

E D U G A
Revista Galega do Ensino
OrixeGalicia.
Linguagalega.
Tema(s)educación.
EditorialConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Data de pub.Dende 1993 (25 anos)[1]
ISBNISSN 2171-6595
Depósito legal C-380-2005

Descrición

Editada na Coruña, comezou baixo a dirección de Constantino García. Actualmente o seu director é Juan Antonio Granados Loureda.

De periodicidade semestral, conta coas seccións bibliotecas, actualidade, editorial, innovación, que é, opinión, formación, experiencias, entrevista, foro, investigación, mediateca e a nosa escola.

Directores

Notas

  1. Números antigos en PDF.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Antonio Eiras Roel

Antonio Eiras Roel, nado en Buenos Aires o 10 de marzo de 1931 e finado o 20 de abril de 2017, foi un historiador galego, catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela durante corenta anos e Cronista Xeral de Galicia.

Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Antón Losada Diéguez

Antón Losada Diéguez, nado en Moldes (Boborás) o 22 de decembro de 1884 e finado en Pontevedra o 15 de outubro de 1929, foi un filósofo, escritor e político galego. A súa familia procedía da fidalguía e da nobreza galega do Antigo Réxime, o carlismo e o tradicionalismo, tendencias que influíron na súa traxectoria no nacionalismo galego. Integrante da Irmandade da Fala de Ourense, impulsor da revista Nós e ideólogo do artellamento do grupo Nós e correspondente da Real Academia Galega, atraeu a numerosos intelectuais á causa galeguista, exercendo sobre eles un labor socrático, cunha extraordinaria capacidade de espertar conciencias e estimular talentos. De obra relativamente escasa e en gran parte inédita ata 1985, foi autor, entre outras, de media ducia de poesías, sete contos, dous escritos políticos, a obra teatral incompleta A domeadora e os discursos "Os problemas do idioma e a cultura no rexionalismo galego" (1918) e "Encol da prosa galega" (1924), co que ingresou no Seminario de Estudos Galegos. Morreu prematuramente aos 44 anos de idade. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1985.

David Rodríguez Rivada

David Rodríguez Rivada nado en Ourense o 4 de marzo de 1981, é un filólogo e músico galego.

Domingo Blanco Pérez

Domingo Blanco Pérez, nado en Cariño en 1947, doutor en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, é un especialista en poesía popular galega.

Elena Gallego Abad

Elena Gallego Abad, nada en Teruel o 27 de maio de 1969, é unha xornalista e escritora galega.

Enrique Labarta Pose

Enrique Labarta Pose, nado en Baio (Zas) o 22 de xullo de 1863 e finado en Barcelona o 13 de maio de 1925, foi un escritor e xornalista galego en lingua castelá e lingua galega. Fundou e dirixiu xornais e revistas. A súa obra, fundamentalmente poesía e contos, caracterízase por unha sátira humorística moi marcada. O profesor Ricardo Carballo Calero encadrouno entre Os epígonos, xunto con Manuel Lugrís Freire, Salvador Cabeza de León e Juan Armada Losada, entre outros. Foi coñecido polo sobrenome de Quevedo galego.

Gonzalo Méndez Martínez

Gonzalo Méndez Martínez, nado en Pontevedra o 30 de setembro de 1958, é un experto en cartografía galego.

Jesús Simal Lozano

Jesús Simal Lozano, nado o 2 de xuño de 1938 en Daimiel (Ciudad Real), é un científico galego, catedrático universitario especializado en química analítica e nos estudos sobre a contaminación dos alimentos,Pese súa nacenza manchega pode considerarse como galego, porque desde que chegou a Santiago de Compostela a cursar a carreira de Farmacia quedou a vivir nesta cidade até o día de hoxe, xa xubilado da súa cátedra.

Xosé María Díaz Castro

Xosé María Díaz Castro, nado no lugar do Vilariño (Os Vilares, Guitiriz) o 19 de febreiro de 1914 e finado en Lugo o 2 de outubro de 1990, foi un poeta e tradutor galego. O 4 de novembro de 1973 foi nomeado correspondente da RAG e o instituto de Guitiriz IES Poeta Díaz Castro leva o seu nome.

A Real Academia Galega decidiu adicarlle, coincidindo co centenario do autor, o Día das Letras Galegas do ano 2014. Os outros escritores propostos foron Ricardo Carballo Calero, Xosé Filgueira Valverde, Fiz Vergara Vilariño e Ramón de Valenzuela.

Xosé Tomás

Xosé Tomás Díaz Teijo, coñecido como Xosé Tomás, nado en Betanzos o 26 de outubro de 1971, é un ilustrador, guionista, humorista gráfico e profesor galego.

Xoán Bautista Mariño Abuín

Xoán Bautista Mariño Abuín, nado en Dodro no ano 1968. É un profesor e político galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.