DxT Campeón

DxT Campeón, subtitulado Primeiro Diario Deportivo de Galicia, é un xornal deportivo galego fundado por Ángel Hervada e Bieito Rubido. O primeiro número saíu á rúa o 19 de decembro de 1995.

O seu primeiro director foi César Casal González, que permaneceu no posto até 1999, cando o sucedeu Juan Carlos Boga Sánchez, que en 2009 deixou seu posto a Andrés Ríos. Actualmente forma parte do grupo Editorial La Capital, que engloba, entre outros, os diarios El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños ou Diario de Arousa.

Francisco Gutiérrez

Francisco Gutiérrez Ríos, nado en Santiago de Compostela, é un xornalista e escritor galego.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Gladys Vázquez Montes

Gladys Vázquez Montes é unha xornalista galega. Actualmente traballa na canle V Televisión.

Rodri Suárez

Alejandro Rodríguez Suárez, máis coñecido por Rodri Suárez, nado na Coruña en 1974 é un xornalista, guionista e escritor galego.

Tempada 2016/17 do Deportivo da Coruña

Durante a tempada 2016–17 o Deportivo da Coruña competiu na Primeira División (afrontando a súa 45.ª campaña na máxima categoría), logrando o 16.º posto na clasificación logo de 8 vitorias, 12 empates e 18 derrotas. Tamén competiu na Copa do Rei, alcanzando os oitavos de final, onde caeu eliminado fronte o Deportivo Alavés. O equipo foi adestrado inicialmente por Gaizka Garitano e posteriormente por Pepe Mel. O máximo goleador en liga foi Florin Andone, que anotou 12 goles.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.