Duna

Unha duna[1], que na literatura de tradición oral tamén se coñece como tombo de area, moutillón, fenal, madorra, modorrón, mouteira, malloeira, monteirón ou medóns[2], é unha acumulación de area formada nos desertos ou no litoral xerada pola acción do vento. A duna de Pyla é a duna máis alta de Europa.

As dunas poden ser producidas por cambios no vento ou por variacións na cantidade de area. A granulometría da area que forma as dunas, tamén chamada area eólica, esta moi concentrada ao redor de 0,2 mm de diámetro das súas partículas.

Cando o vento ten unha dirección dominante, as dunas adquiren a forma dun C coa parte convexa en contra do vento dominante. Estas dunas xeralmente avanzan, móvense, empurradas polo vento. A velocidade de avance das dunas é inversamente proporcional ao seu tamaño, así, as dunas máis pequenas únense ás maiores, coas que se van fusionando, medrando así o seu tamaño. Cando a duna acada un tamaño significativo, máis de 4 a 6 m, comeza a desprenderse unha maior cantidade de material polas dúas puntas do C, dando orixe a novas dunas pequenas, as que ao ser máis veloces que as grandes, vanse afastando da duna nai. Este fenómeno de movemento de dunas, obsérvase con moita claridade no deserto de Sechura, no norte de Perú. O movemento das dunas pode causar serios problemas, como: a invasión dos terreos cultivados, a obstrución e agochamento de estradas e vías de comunicación, e a invasión de áreas poboadas.

Para evitar estes problemas existen varios procedementos para minguar o avance das dunas, entre eles; sementar plantas que requiren pouca auga para subsistires, a retirada da humidade atmosférica; asperxer na parte convexa da duna materiais aglutinantes, como pode ser petróleo, ou aceites industriais usados.

Cando en amplas rexións fórmanse dunas de area fálase de mares de area ou campos de dunas, denominados ergs. Son especialmente visibles no deserto do Sahara.

Existen varias clases de dunas segundo a súa forma, condicionada normalmente polos ventos dominantes:

  • Duna en crecente: duna con planta de C ou media lúa. É un vocábulo árabe. Son dunas que se dan en zonas de subministración de area limitada e superficie dura, plana e carente de vexetación.
  • Duna lonxitudinal (Seif ou en espada): duna alongada e rectilínea formada máis ou menos paralela ao vento predominante.
  • Duna transversal: longas cristas separadas por depresións orientadas con ángulos rectos respecto ao vento. Danse en lugares onde a acumulación de area cobre por completo o chan.
  • Duna parabólica: con forma de O, os seus extremos apuntan en dirección contraria ao vento (ao revés que o barján). Típicas das zonas de costa e onde a vexetación cobre parcialmente a terra.
  • Duna en estrela ou piramidal: outeiro illado con varias cristas que parten da cima. Fórmanse cando hai direccións do vento variables.
Libya 5391 Ubari Lakes Luca Galuzzi 2007
Dunas e oasis en Libia
Duna en Sossusvlei, Namibia, 2018-08-06, DD 005
Duna do deserto de Namibia

O canto das dunas

O deserto, un dos lugares máis silenciosos do planeta agocha un encanto case imperceptible. Dende os tempos de Marco Polo, algúns viaxeiros percibiron un son proveniente das dunas. O son emitido polas dunas, provén do choque entre si das partículas que o conforman, e polo tanto varía en función do diámetro das mesmas. Así, as dunas do deserto de Sand Mountain, en Nevada, Estados Unidos, emite un son na tonalidade do Do maior; no deserto de Chile o son é en Fa maior, e en Marrocos en Sol menor [3].

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para duna.
  2. Vilar Pedreira, Xosé Lois (20 de decembro de 2013). "Aceite, madeira e boinas. Talasonimia dos naufraxios do mar dos galegos" (PDF). Escrita Contemporanea (19): 16–18.
  3. http://www.repubblica.it/2006/07/sezioni/scienza_e_tecnologia/canto-delle-dune/canto-delle-dune/canto-delle-dune.html
Area

A area é unha substancia granulosa ou pulverulenta proveniente da descomposición das rochas, estanto por tanto formada por un conxunto de partículas de rochas disgregadas.

En xeoloxía denomínase area ao material composto de partículas cuxo tamaño varía entre 0,063 e 2 mm. Unha partícula individual dentro deste rango é chamada gran de area. Unha rocha consolidada e composta por estas partículas denomínase arenita (Sin. psamita)

As partículas por baixo dos 0,063 mm e ata 0,004 mm denomínanse limo, e por riba da medida do gran de area e ata os 64 mm denomínanse grava.

Compañeros

Compañeros é unha serie de televisión producida por Globomedia que supuxo durante case 5 anos unha referencia da televisión española, emitida por Antena 3 desde o 25 de marzo de 1998 ata o 16 de xullo de 2002.

Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

O complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán é un parque natural galego que ampara ao sistema dunar, as marismas e as lagoas do vértice occidental da costa da península do Barbanza, en Ribeira, entre a ría de Arousa e a ría de Muros e Noia.

O complexo de Corrubedo é tamén un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) (Complexo húmido de Corrubedo), unha zona de especial protección para as aves (ZEPA) (Complexo litoral de Corrubedo), un zona húmida protexida galega (Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo) e un zona húmida de importancia internacional Ramsar (Complexo de Corrubedo). O arquipélago de Sálvora, e o seu mar, así como parte do litoral de Porto do Son atópanse dentro do ZEC do Complexo húmido de Corrubedo, co que se amplía a súa área a 9.264,64 ha. Así é que a costa entre o cabo de Corrubedo e o Castro de Baroña, o mar arredor das illas de Sálvora e as lagoas de Carregal e Vixán quedan baixo a protección do parque natural e a ZEC.

Corrubedo, Ribeira

Santa María de Corrubedo é unha parroquia do concello coruñés de Ribeira na comarca do Barbanza. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 768 habitantes (388 homes e 380 mulleres), 5 máis que o ano anterior. Até 1928 pertenceu á parroquia de Olveira.

Nela sitúase o cabo de Corrubedo e unha pequena parte do parque natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, que inclúe as dunas de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán, que comparte coas parroquias estremeiras de Olveira, Artes e Carreira.

Este parque natural é un sistema de praia-barreira. Logo dun extenso areeiro que conforma a praia, sitúanse as dunas e, tras delas, a lagoa de Carregal e marismas.

Dunaújváros

Dunaújváros (chamado até 1951 Dunapentele e entre 1951 e 1961 Sztálinváros) é unha cidade situada no centro de Hungría, ó longo do río Danubio (lingua húngara nome: Duna). Está situdada no condado de Fejér.

Illa Guidoiro Areoso

A Illa do Guidoiro Areoso é un illote galego situado no interior da Ría de Arousa a 1,4 quilómetros ao oeste da Illa de Arousa, illa e concello da Provincia de Pontevedra, á que pertence. É o maior dos illotes que conforman o arquipélago de Rúa e Os Guidoiros (O Areoso e O Pedregoso) a pesar de que apenas ten 600 m de longo de norte a sur por 200 m no seu punto máis largo e só acada 9 m sobre o nivel do mar no seu punto máis alto.

É un illote de case 9 hectáreas, baixo e constituído case completamente de area. A metade norte está ocupada por unha duna activa, mentres que na sur se mesturan afloramentos graníticos cunha duna vexetada. Toda a illa está rodeada de arrecifes á flor de auga, ata naquelas partes con máis presenza de area emerxida.

Illas Ons

Para a páxina da illa principal do arquipélago véxase Illa de Ons.

As Illas Ons son un arquipélago nas rías baixas formado pola illa de Ons e a illa de Onza ou Onceta e outros illotes, como o das Freitosas, o Centulo e a Laxe do Crego. O arquipélago das Ons, ao igual que demais illas atlánticas galegas, son unha barreira natural das rías e as Ons pechan a boca da ría de Pontevedra. A illa de Ons é alongada e cun releve pouco marcado. A súa pendente descende cara o leste, cara ao interior da ría. A súa costa exterior é acentuada e e ten múltiples furnas, escollos e paredes verticais no fondo mariño. A costa interior está resgardada e presenta praias e areeiros nos fondos. A illa de Onza é arredondada e cunha costa rochosa.

Namentres que as demais illas do parque natural deixaron de estar habitadas na década de 1970, a illa de Ons segue habitada. Acadou o seu máximo de ocupación na década dos 1960, cando esta tiña núcleos os poboación do Caño, o Curro, o Canexol, Pereiró, Cucorno, Chan da Pólvora e o Centulo, e que acollían a case 500 persoas. En 2018 na illa de Ons residían 65 persoas e tivo unha taxa de ocupación turísticas relevante. A súa poboación reside en vivendas rurais na costa do leste. As leiras destas aldeas mostran aínda hórreos e pequenas colleitas.Os primeiros xacementos arqueolóxico das illas están no Chan de Pólvora e no Cano de Ons onde hai gravados rupestres que poderían datar do neolítico á idade de bronce. Na illa de Ons atópanse dous castros, pouco estudados, que son o Castelo dos Mouros e Cova da Loba. Na praia de Canexol hai restos dunha salgadura romana para peixe. As illas mencíonaas por primeira en vez por escrito Afonso III en 899 cando as chama illas "Aones" e as doou ao poder compostelá. No medievo puido ter asaltos viquingos e ter un mosteiro. As illas puideron quedar despoboadas desde o final do medievo ata o século XVIII polos asaltos como o de navíos ingleses. No século XIX fortificouse a illa de Ons e repoboouse, acadando un máximo a mediados do século XX. Desde o final da II Guerra Mundial as illas pasaron a ser administradas polo estado e a despoboarse, ata ser declaradas como espazos con interese de protección.O litoral das Ons, que conta con múltiples espazos protexidos da marusía, e a riqueza de nutrientes das augas que afloran nas rías favorecen a presenta dun ecosistemas mariño cunha alta riqueza biolóxica. Na súa costa interior, máis resgardada, os areeiros son hábitats que acollen a especies de interese, como bivalvos. Na súa superficie destacan as barreiras dunares, como a praia e duna de Melide, os cantís e as matogueiras e queiroas. Así é, que as Ons desde o 2001 están protexidas por diferentes lexislacións. Forman parte do parque nacional das Illas Atlánticas de Galicia, están dentro do ZEC Complexo Ons – O Grove, constitúen o espazo de protección de aves ZEPA Illas de Ons e Onza, están dentro do OSPAR das Illas Atlánticas de Galicia e son un proxecto de protección de aves dentro do SEO/BirdLife.

Lagoa e areal de Valdoviño

A lagoa e areal de Valdoviño é un espazo natural galego declarado como zona húmida protexida e que ocupa 490 ha. da lagoa da Frouxeira e a praia da Frouxeira, Valdoviño.

Esta zona húmida forma parte da zona especial de conservación (ZEC) "Costa Ártabra" e da zona de especial protección para as aves (ZEPA) da "Costa de Ferrolterra - Valdoviño". É ademais unha das zonas húmidas galegas incluídas na Lista das zonas húmidas de importancia internacional, da Convención de Ramsar..

Olveira, Ribeira

Santa María de Olveira é unha parroquia situada no oeste do concello de Ribeira. Segundo IGE no 2008 tiña 1.228 habitantes (624 mulleres e 604 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación dos que nove están habitados. Isto supón un aumento en relación ao ano anterior cando tiña 1.218 habitantes.

Paisaxe protexida

Unha paisaxe protexida é un espazo natural que polo seu valor estético, ou singularidade no aproveitamento humano do medio natural, se lle outorga unha protección. Esta figura e protección pretende conservar a paisaxe e os elementos socio-económicos que a orixinaron e a mantiveron.O marco lexislativo galego recoñece esta categoría seguindo a Lei 42/2007 do patrimonio natural e da biodiversidade española e o Convenio da paisaxe do Consello de Europa.

Parque nacional

Un parque nacional é, no marco lexislativo español, un espazo natural declarado como parque por estar pouco transformado pola explotación ou pola ocupación humana e que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúe uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos, co cal a súa conservación merece unha atención preferente. Poden ser marítimos ou terrestres, e encontrarse na montaña, no mar, no deserto ou en calquera outro espazo definido xeograficamente.

O único parque nacional galego é o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

O termo de parque nacional pode ser unha figura legal similar noutros estados para a conservación de espazos naturais.

Pena Corneira

Pena Corneira é un espazo natural de 998 hectáreas declarado monumento natural da comarca ourensá do Ribeiro, entre Avión, Carballeda de Avia e Leiro, e que se caracteriza por se asentar sobre un vasto macizo granítico senlleiro cun grande interese pola súa singularidade e importancia dos seus valores científicos, culturais e paisaxísticos. Carballeda de Avia o municipio que alberga unha maior superficie, seguido dos concellos de Leiro e Avión, todos na comarca do Ribeiro.No cumio do monte existe a a Pena Corneira, un penedo vertical de dez metros de altura.

Río Danubio

O Danubio é o segundo río máis longo da Europa (o Volga é o primeiro). Atravesa a Europa de oeste a leste.

O seu nome é en búlgaro (transliterado) Dunav, alemán Donau, húngaro Duna, romanés Dunăre, croata Dunav, eslovaco Dunaj, e en ucraíno Dunay.

Río Lérez, ría de Pontevedra

O río Lérez pertence á vertente atlántica e na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra.

Souto de Rozavales

O Souto de Rozavales, tamén nomeado Souto de Rozabales, é un monumento natural que se atopa no lugar ourensá do Souto de Rozavales, San Martiño de Manzaneda, Manzaneda. Foi declarado monumento natural polo Decreto 78/2000, do 25 de febreiro. Tamén o castiñeiro de Pumbariños, que está aí, se incluíu no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galiza.

Suspensión

O termo suspensión, do latín suspensĭo, -ōnis, "acción e efecto de suspender, ou de interromper",, pode referirse, entre outras cousas, a:

En cienciasuspensión, en química, é un coloide, un estado provisional no que unha mestura dun líquido ou un gas cun material sólido dividido en partículas diminutas, mantense un tempo sen que as partículas sedimenten.

suspensión, en farmacia galénica, é a dispersión dun sólido (po) insolúbel (ou practicamente insolúbel) nun medio líquido.

suspensión, en xeomorfoloxía, é un proceso de transporte de sedimentos pola acción da auga ou do vento.

suspensión, en matemáticas, é unha construción topolóxica definida por esmagamento das extremidades dun cilindro.En vehículosa suspensión en vehículos é o conxunto de elementos que absorben as irregularidades do terreo polo que se circula para aumentar a comodidade dos pasaxeiros e o control do vehículo;

Nas antigas carruaxes de tracción animal, a suspensión refírese a cada unha das béstas e correas destinadas a suspender a caixa do coche, a fin de dar a esta un movemento máis suave.

Nos automóbiles e vagóns de ferrocarril, a suspensión é o conxunto das pezas e mecanismos destinados a facer elástico o apoio da carrocería sobre os eixes das rodas. No caso dos automóbiles, camións e motocicletas. distínguense dous tipos:

a suspensión vehicular ou suspensión independente,

a suspensión activa, ou electrónica;

á parte está a suspensión na bicicleta, que necesita certas características especiais.En músicaa suspensión, en música, ou retardo descendente, é o retardo duna nota musical que, pertencendo ao acorde anterior, ocupa o lugar dunha nota do acorde co que soa.

Sésil

O termino sésil, adoita utilizarse en botánica para expresar a falta dun órgano (ou parte orgánica) que serva de pé ou soporte.Así, unha folla é sésil se carece de pecíolo; no caso duna flor, se carece de pedúnculo, e no caso da antera dise que é sésil se non ten filamento ou este é moi curto, case imperceptíbel.

O termo deriva do latín sessĭlis, -e, 'apto para sentarse'. Por iso moitas veces ás follas ou as flores sésiles tamén se denominan sentadas.Así mesmo, o termo sésil úsase tamén en zooloxía para referirse a un organismo acuático que crece adherido, agarrado ou arraigado no seu substrato, do que non se separa e sobre o que non se despraza.Moitos organismos do bentos son sésiles, como por exemplo as esponxas, os corais, algúns moluscos bivalvos, como as ostras ou os mexillóns (pero non as ameixas ou os berberechos), os briozoos ou os braquiópodos.

Entre os crustáceos, os da orde cirrípedes, como os percebes e os balanos, tamén o son.

Unión Europea de Radiodifusión

A Unión Europea de Radiodifusión, EBU-UER (en inglés: European Broadcasting Union e en francés: Union européenne de radio-télévision) é unha confederación de 75 empresas de radiotelevisión de 56 países, e 43 empresas asociadas doutros 25. Non ten relación ningunha coa Unión Europea. Os membros son empresas de radio e televisión, moitas das cales son públicas ou privadas de emisión pública. Os membros activos son na súa maioría europeos aínda que tamén os hai do norte de África ou Asia. Os membros asociados non están limitados á zona europea-mediterránea se non que inclúen empresas do Canadá, o Xapón, México, a India e Hong Kong, así coma moitos outros máis.

Zona húmida protexida

As zonas húmidas protexidas son ecosistemas que teñen auga constantemente ou dun xeito estacional e que polo seu interese de protección e conservación son espazos naturais protexidos. Segundo a Convenio de Ramsar, unha zona húmida é unha «área de marismas, esteiros, foces ou turbeiras, tanto naturais como artificiais, nas que a auga é estática ou flúe, é tanto doce, salobre coma salgada, e áreas nas que a auga mariña en marea baixa non ten unha profundidade maior de seis metros». Agás na Antártida, estas zonas están por todo o planeta e son ecosistemas como os de lagoas e ríos, acuíferos subterráneos, marismas, esteiros, turbeiras, deltas, mangleirais, corais ou encoros construídos, entre outros.As zonas húmidas máis destacables do planeta, segundo a UNESCO, son Tonlé Sap (Cambodia), Pantanal (Brasil), Lac Saint-Pierre (Canada), a Ciénaga Grande de Santa Marta (Colombia), Camarga (Francia), a reserva da biosfera de Hara (Irán), o delta do Volga (Rusia), Langebaan (Suráfrica), The Everglades (EEUU) e o delta du Saloum (Senegal).As zonas húmidas Ramsar supera en 2017 as 2200 e cobren o 2,1% da superficie do planeta. En Galicia hai declarados cinco zonas húmidas de importancia internacional.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.