Dumnonia

Dumnonia é o nome latinizado dun reino ou conxunto de sub-reinos britanos da Britania posromana que existiu entre o século IV e o século VIII d.C., na península hoxe coñecida como Cornualles. Incluía a área coñecida posteriormente como Devon, así como partes de Somerset e, posiblemente, Dorset. A súa fronteira oriental estaba suxeita a continuos cambios.

Somerset cadbury castle modified
Cadbury Castle, Somerset

Interprétase xeralmente que incluía "Cornubia" ou Cornualles, aínda que o reino de Cornualles estaba poboado por unha subtribo, os cornovii, que aparentemente posuíron un alto grao de independencia que mantiveron mesmo despois de que outras zonas de Dumnonia caesen baixo control anglosaxón, entre os séculos VII e X d.C.[1]

Nome

England Celtic tribes - South
Tribos célticas do sur de Britania ó inicio do período romano

O nome do reino procede dos Dumnonii, unha tribo celta britónica que habitaba xa o suroeste da illa cando os romanos chegaron a Britania, de acordo coa Geographia de Claudio Tolomeo.[2] Variacións do nome Dumnonia inclúen “Domnonia” e “Damnonia”, sendo acuñado este último por San Gildas no século VI d.C., facendo un xogo de palabras coa expresión latina “damnum”, que significa condenación. Era un xeito un tanto xocoso de manifestar a negativa opinión que lle merecía o entón gobernante do reino, Constantino de Dumnonia.[3] O nome ten orixes etimolóxicas na raíz protocéltica “*dumno-“, que significa tanto “fondo” como “mundo”. Outras tribos con nomes similares existiron en Escocia (Damnonii) e Irlanda (Fir Domnann).[3] Posteriormente, a área empezou a ser coñecida polos anglos do veciño Wessex como o reino de Gales Occidental, e chamaron ós seus habitantes “Defnas” (xente de Dumnonia). En galés antigo, e de xeito similar, en britónico suroccidental, a expresión utilizada era “Dyfneint”, que sobreviviu no nome do condado de Devon (galés moderno: “Dyfnant”, córnico: “Dewnans”).

Como consecuencia da emigración dende Britania suroccidental ó norte da península de Armórica, un reino irmán, chamado Domnonia (bretón: “Dumnonea”, francés: “Domnonée”) foi establecido na costa norte do que máis tarde se coñecería como Bretaña. Esta emigración produciuse nos séculos V d.C. e VI d.C. e suxeriuse que os Dumnonii viron a fin do Imperio Romano como unha oportunidade de establecer dominios noutros territorios.[4]

Notas

  1. Pearce, Susan M. (1978), The Kingdom of Dumnonia: Studies in History and Tradition in South-Western Britain A.D. 350-1150 Padstow: Lodenek Press.
  2. "Geographia, Book 2, Chapter 2: Albion island of Britannia" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2008.
  3. 3,0 3,1 John T. Koch, Celtic Culture: a historical encyclopaedia, 2006
  4. Yorke, Barbara, Wessex in the early Middle Ages, 1995
Beltane

Beltane ou Bealtaine (en irlandés bo lume) é un antigo día festivo irlandés celebrado o 1 de maio. Historicamente esta festividade celebrábase en Irlanda, Escocia e na Illa de Man. Nos outros países celtas coma Gales, Galicia, Bretaña e Cornualles había festividades parecidas o mesmo día. A festividade sobrevive con prácticas folclóricas nas nacións celtas e a diáspora e experimenta un grao de renacemento nas décadas recentes.

Calan Gaeaf

Calan Gaeaf é o nome do primeiro día de inverno en Gales, o 1 de novembro. A noite anterior é chamada Nos Galan Gaeaf, un Ysbrydnos, ou "noite dos espíritos", na que os espíritos están entre os vivos. Durante esta data, a xente evita ir ós cemiterios e ás encrucilladas de camiños, xa que os espíritos adoitan reunirse neses lugares.

Calan Mai

Calan Mai ou Calan Haf é unha festividade celebrada en Gales o 1 de maio que festexa o primeiro día de verán. As celebracións comezan antes do solpor, coñecido como May Eve, con fogueiras; e coma no Calan Gaeaf, a noite anterior (Nos Galan Mai) é unha Ysbrydnos, ou "noite dos espíritos", momento no cal andan fóra e é posible practicar a arte da adiviñación. A tradición do acendido das fogueiras faise anualmente no sur de Gales dende mediados do século XIX. É o equivalente galés da festa goidélica da Beltane.

Constantino III de Bretaña

Costantino III aparece na lista dos reis lendarios da Bretaña (actual Inglaterra) relatada na Historia Regum Britanniae de Godofredo de Monmouth. El era fillo de Cador, duque de Cornualles, un parente do rei Artur. Costantino combateu na batalla de Camlann e parece que foi un dos poucos sobreviventes. Cando estaba sendo levado a Avalon, o rei Artur nomeouno o seu sucesor.

Godofredo afirma que Costantino continuou tendo problemas cos saxóns e cos dous fillos de Mordred, Melehan e Melou. Finalmente sobreviviu aos seu inimigos, e parece que incluso matou os dous fillos de Mordred nunha igrexa. Por ter feito tal sacrilexio, foi liquidado por Deus e sepultado en Stonehenge, ao lado de Uther Pendragon.

Costantino tamén aparece na Aliteración da morte de Artur e n` A morte de Artur de Thomas Malory como o primo e sucesor do rei Artur. A tradición identificao con Constantino, rei de Dumnonia, quen acabou por escoller a vida relixiosa e tornouse santo.

Devon

Devon (Dewnens en córnico) é un condado situado na rexión do Suroeste de Inglaterra, que limita con Cornualles ao oeste e con Dorset e Somerset ao leste. O nome Devonshire utilizouse durante un tempo aínda que na actualidade caeu en desuso e utilízase só para algúns nomes oficiais como o de Duque de Devonshire. A súa capital é Exeter.

Galacia

A antiga Galacia (grego Γαλατία) foi unha área das terras altas da península de Anatolia, na moderna Turquía. Galacia recibe o nome dos invasores galos chegados dende Tracia, que se estableceron alí e se converteron na caste dominante no século -III, seguindo a invasión celta dos Balcáns no -279. Tamén foi chamada a "Galia" do leste, xa que os historiadores romanos chamaron ós seus habitantes Galli (Galo ou Celta). Os termo gálatas é un exónimo, e o termo co que se denominaban a si mesmos é descoñecido.

Galia romana

A Galia romana consistiu nunha área do goberno provincial no Imperio romano, no que hoxe son Francia, Bélxica, Luxemburgo, Suíza e o oeste de Alemaña. O control romano da área durou máis de cincocentos anos.

Geraint

Geraint é un personaxe pertencente ó folclore galés que aparece nas lendas artúricas e na Materia de Bretaña. É descrito como o rei de Dumnonia e como un afouto guerreiro. É posíbel que vivira pouco antes do tempo do Rei Artur, pero algúns estudosos dubidan a súa existencia. O seu nome é a forma en galés do nome latino Gerontius.

Gŵyl Fair y Canhwyllau

Gŵyl Fair y Canhwyllau (en galés, "Festa das candeas de Mary") é o nome dunha festividade galesa celebrada o 2 de febreiro. É o equivalente galés da festividade goidélica do Imbolc. É unha variación da cerimonia pre-protestante das candeas levadas nunha procesión. A cerimonia cristiá está inspirada nos festivais pagáns da chegada da primavera, e algúns dos vellos ritos que continuaron en partes de Gales suxiren un ritual mesmo máis antigo.

Imbolc

Imbolc é unha das catro principais festas do calendario celta, asociado co ritual da fertilidade, que foi modificado, ocupado e convertido[Cómpre referencia] polo cristianismo no día de Santa Bríxida. Historicamente a festa é tamén se coñecida en Escocia coma Latha Fhèill Brìghde, en Irlanda coma Lá Fhéile Bríde e en Gales coma Gwyl Ffraed. O Imbolc asóciase co 1 de febreiro aínda que o festival celta comeza o 31 de xaneiro.

Ine de Wessex

Ine foi rei de Wessex entre 688 e 726.

Lingua nórica

A lingua nórica era unha das linguas célticas continentais. Suponse que se falaba na rexión do que posteriormente constituíu a provincia romana de Noricum. Só está testemuñada por dúas inscricións fragmentarias que non ofrecen suficiente información para tirar delas demasiadas conclusións sobre a natureza e características desta lingua.

Linguas britónicas

As linguas britónicas son linguas indoeuropeas, do grupo das linguas célticas xunto coas linguas goidélicas.

Lista de deuses celtas

Angus Og

Anu: Deusa Doncela da fertilidade.

Arianrhod

Badb: Deusa da guerra.

Balar: Avó de Lugh.

Bandua: Deus da guerra, protector da comunidade.

Belenus: Deus solar, asociado á luz.

Belisama: Deusa relacionada cos lagos, cos ríos, co lume, co traballo manual e a luz.

Bran

Brigit: Deusa do lume e a inspiración.

Caer

Cailleach Béirre: Deusa do inverno, protectora dos animais salvaxes.

Cerridwen: Deusa galesa que posuía o caldeiro da Inspiración e a Sabedoría.

Cernunnos

Dagda

Dana: Deusa da terra.

Endovelico: Deus da saúde.

Epona: Deusa dos Cabalos, a Curación e a Morte.

Grian: Deusa do sol e as fadas.

Gwydion

Home Verde

Lugh: Deus supremo da mitoloxía celta.

Lir: Deus do mar

Macha

Manannan mac Lir

Morrigan: Deusa celta da morte e a destrución.

Navia: Deusa das augas.

Nemain

Nuadha

Ogma

Rei do Carballo

Rei do Acivro

Reva: Deus da xustiza.

Rhiannon

Taranis, Taranu, Toran (irlandés), Taran (galés)

Lughnasadh

Lughnasadh é unha festa celta celebrada o 1 de agosto, durante a tempada de maduración da colleita local de froitas, ou durante o plenilunio preto do punto medio entre o solsticio de verán e o equinoccio de outono.

Mitoloxía celta

A mitoloxía celta é unha serie de relatos da aparente relixión dos celtas na idade de ferro. Ó igual que outras culturas indoeuropeas neste período, os primeiros celtas mantiveron unha mitoloxía politeísta e unha estrutura relixiosa. Entre o pobo celta en estreito contacto con Roma, como os galos e os celtiberos, esta mitoloxía non sobreviviu ó imperio romano, debido á súa conversión ó cristianismo e á perda dos seus idiomas orixinais, aínda que ironicamente foi a través de fontes romanas e cristiás, contemporáneas, que coñecemos detalles sobre as súas crenzas.

En contraste, a comunidade celta que mantivo as súas identidades políticas ou lingüísticas (tales coma as tribos de escotos e bretóns das Illas Británicas) transmitiu xeralmente vestixios remanentes das mitoloxías da idade de ferro, as cales foron rexistradas a miúdo de forma escrita na Idade Media.

Mitoloxía galesa

A mitoloxía galesa son os mitos e lendas propias do pobo galés. Componse en parte das tradicións folclóricas desenvolvidas en Gales, e por polas tradicións britanas anteriores ó final do primeiro milenio. Moitos dos contidos pertencen ó período pre-cristián, que sobreviviron nunha forma alterada a través de manuscritos medievais galeses como o Libro Vermello de Hergest, o Libro Branco de Rhydderch, o Libro de Aneirin e o Libro de Taliesin.

As historias en prosa dos libros Branco e Vermello son coñecidas como Mabinogion, un título dado polo seu primeiro tradutor, Lady Charlotte Guest, e tamén usado polos tradutores posteriores. Poemas como Cad Goddeu (A batalla das árbores) e listas de textos mnemotécnicos como as Tríades da Illa de Bretaña e os Trece Tesouros da Illa de Bretaña, tamén conteñen material mitolóxico. Estes textos tamén inclúen partes da Materia de Bretaña e a historia tradicional da Bretaña romana.

Outras fontes son a compilación histórica en latín do século IX Historia Britonum (A historia dos bretóns) e a crónica do século XII de Geoffrey de Monmouth Historia Regum Britanniae (A historia dos Reis de Bretaña), así como folclore posterior como The Welsh Fairy Book de W. Jenkyn Thomas 1908.

A historia galesa, antes da invasión romana, era transmitida oralmente polos druídas ós seus aprendices. Debido ás invasións por parte dos romanos e saxóns, a historia e a mitoloxía confúndense por falta de fontes escritas.

Música celta

Música celta é un termo popular que fai referencia á música tradicional dos pobos do Atlántico Europeo: Irlanda (Éire), Escocia (Alba), Gales (Cymru), Cornualles (Kernow), Illa de Mann, Bretaña (Breizh), Asturias e Galiza; mesturada en ocasións con patróns de música medieval.

Os instrumentos musicais que a caracterizan son o acordeón, a concertina a arpa, a guitarra acústica, o bouzouki irlandés a frauta traveseira irlandesa o violino, o bodhrán os whistles a bombarda bretoa e especialmente a sempre protagonista gaita de fol.

Existen diversos sub-tipos de "música celta".

O termo "música celta" pode referirse ás composicións musicais baseadas en patróns medievais dos pobos da fachada atlántica europea (dentro da música folk galega destacaría neste sub-tipo o gaiteiro Carlos Núñez ou Luar na Lubre), tamén pode referirse á música popular e aos cánticos populares deses pobos (no caso galego a mellor representante é Mercedes Peón), ou pode referirse a música espiritual (a irlandesa Enya é a representante deste estilo que goza do máis recoñecemento internacional).

Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.