Dumbría

Dumbría é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra, na Costa da Morte. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 3137 habitantes (3705 no 2010, 3970 no 2006, 4067 no 2005, 4166 no 2004, 4307 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é dumbriés[4].

Coordenadas: 43°0′N 9°7′O / 43.000, -9.117

Dumbría
Bandeira de Dumbría
---
Escudo de Dumbría
Casa consistorial de Dumbría
Casa do concello
Situacion Dumbría
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Fisterra
Poboación3.040 hab. (2018)
Área124,7 km²
Densidade24,38 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias
Capital do concelloDumbría
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Manuel Pequeño Castro (PSdeG-PSOE)
Concelleiros
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 9
Eleccións municipais en Dumbría
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes90,40%
Na rede
www.dumbria.com
alcaldia@dumbria.dicoruna.es

Demografía

Censo total 2014 3137 habitantes
Menores de 15 anos 266 (8,48 %)
Entre 15 e 64 anos 1926 (61,4 %)
Maiores de 65 anos 945 (30,12 %)
Evolución da poboación de Dumbría   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3526 3824 5031 4778 4166 3705 3651 3291 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello ten unha superficie de 125 km², e abrangue sete parroquias. Os núcleos de poboación máis importantes localízanse arredor dos vales dos ríos Castro e Xallas e o seu principal núcleo urbano é a vila costeira do Ézaro. Dumbría sitúase no Camiño de Santiago cara a Fisterra e Muxía, a uns setenta quilómetros de Santiago de Compostela.

No concello está a desembocadura do río Xallas, o único río de Europa que desemboca en fervenza: a fervenza do Ézaro. As augas do Xallas están retidas polos encoros da Fervenza, da Ponte Olveira, Castrelo e Santa Uxía. No último tramo, o río salva un desnivel de 155 metros, e a altura da fervenza é de 40 metros.

O concello ten clima oceánico, con temperaturas suaves reguladas pola proximidade do mar. Parte do territorio de Dumbría está incluído no Lugar de importancia comunitaria de Carnota - Monte Pindo, integrado na Rede Natura 2000 e declarado en 2004 Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.

Na flora da zona de bosque predomina o piñeiro, canda o carballo, o loureiro ou o acivro. Nas proximidades á costa as masas arbóreas deixan paso a matagueiras de toxo e ericáceas. Tres singularidades botánicas son o carballo anano, a herba hidrófila Isoetes Longissimum —que ocupa os ríos con augas ben osixenadas—, e a Drosera Anglica.

A fauna do concello inclúe mamíferos como lebres, coellos, xabarís e mesmo lontras e lobos. No encoro do Xallas hai poboacións de aves de zonas húmidas como aves rapaces, patos ou garzas. Entre os anfibios abunda unha gran variedade de ras, asentadas no encoro de Ponte Olveira. Son tamén frecuentes aves como os mouchos e as curuxas. Nos ríos hai sobre todo troitas e escalos.

O territorio ten unha orografía diversa, con praias de area fina na costa, e macizos de granito como o Monte Pindo, desde onde se contempla a ría de Muros e Noia.

Historia

Os vestixios humanos máis antigos son o dolmen de Pedra da Arca, da época do megalitismo. Hai en total 33 mámoas, entre elas o conxunto do Prado do Rei e Pedra do Boi, a carón da ermida de San Pedro Mártir, e en Bustelo. Da Idade de Bronce é o o petróglifo de Pedra Ancha.

Do período castrexo destacan os castros das Teixoeiras, o castelo de Logoso, o castro de Regoelle, o de Berdeogas ou o de Alvarellos. Este último foi romanizado, e nel apareceu unha ara de 52 cm cunha inscrición co texto "Consagro aos deuses, Manes Rufo puxo esta ara como ofrenda".

A primeira mención documental de Dumbría é do ano 868, no documento de Tructinio, citada como Santa Eulalia in Donobria. Tamén aparece mencionada na relación de parroquias da antiga diocese de Iria Flavia. Na Baixa Idade Media as terras de Olveira e Olveiroa aparecen vencelladas aos dominios do bispo de Compostela, e nesta última parroquia, que aínda conserva trazas dun urbanismo medieval, había unha torre de defensa, ou casa forte, para controlar o paso sobre o río Xallas. A parroquia de Buxantes pertencía ao mosteiro de San Martiño Pinario, xunto co mosteiro de Moraime (Muxía). A aldea de Hospital debe o seu nome a un albergue para peregrinos, doado polo seu fundador ao cabido compostelán.

No Antigo Réxime a maioría das parroquias de Dumbría pertencían á xurisdición de Corcubión, rexentada polo conde de Altamira.

Durante a guerra da Independencia española as tropas francesas cruzaron o río Xallas pola Ponte Olveira camiño de Cee e Corcubión, derrotando a cativa resistencia ofrecida polos guerrilleiros. Despois destruíron as aldeas de Olveiroa e Hospital, matando a moitos dos seus habitantes. Tamén queimaron o lugar da Fonte Santa. Un dos líderes guerrilleiros era o párroco do Ézaro.

A comezos do século XX instaláronse ao pé do Xallas as primeiras centrais hidroeléctricas da zona, que fan del na actualidade un dos ríos máis aproveitados para a produción eléctrica.

Patrimonio

Dentro da arquitectura relixiosa destaca o estilo barroco, como manifestación dunha época de bonanza económica. Sobranceira é a igrexa de San Pedro de Buxantes, atribuída a Domingo Antonio de Andrade e asociada ao Camiño de Santiago. Tamén son de influencia do barroco compostelán os retablos de Santa Baia de Dumbría e de San Mamede de Salgueiros, divididos en tres alturas coa parte central ocupada pola imaxe do titular do templo e arrodeados pola decoración con motivos xacobeos propios da escola compostelá. Dentro das imaxes cabe citar a san Sadurniño do Ézaro —século XVIII— ou o Santiago Peregrino de Santiago de Berdeogas.

Dentro do patrimonio civil destaca a ponte de Ponte Olveira, dos séculos XVII e XVIII. Está construída en pedra de cantería, cuns cinco metros de ancho e tres arcos de medio punto de doce metros de luz e uns sete metros de altura na súa parte máis elevada. Tamén destacan a Casa da Vacariza, casa Curiña e as casas reitorais de Berdeogas e Dumbría. Máis actuais son o albergue de peregrinos de Olveiroa, os centros culturais de Berdeogas e Olveira e o Centro de Interpretación Turística de Ponte Olveira.

Outras construcións de interese etnográfico son as cabaceiras ou cabazos de Berdeogas, Olveira, Olveiroa, Buxantes e Salgueiros, os pombais de Berdeogas e A Farrapa, e os cruceiros de Berdeogas, Fonte Santa, Olveira, Olveiroa, Marco do Couto, Figueiroa e Salgueiros.

Economía

A estrutura económica está moi diversificada, aínda que predomina o sector primario con tradición agrícola-gandeira. O sector industrial destaca en Buxantes, e no Ézaro concéntrase o sector servizos, principalmente comercio e hostalería.

O CEIP Santa Eulalia de Dumbría é o centro escolar de educación primaria.

No concello poden practicarse deportes acuáticos como o piragüismo e a pesca. No río Xallas ten lugar o aberto de pesca á mosca por parellas, e nel celebrouse o Campionato Galego de Piragüismo.

Festas

Cada parroquia celebra as súas festas patronais de carácter relixioso: Santiago en Berdeogas e Olveiroa, San Pedro en Buxantes, Santa Baia en Dumbría, San Sadurniño no Ézaro, San Martiño en Olveira e San Mamede en Salgueiros. Tamén destacan as romarías da Virxe das Neves, a de Santa Lucía e a da Nosa Señora do Mar. O entroido de Dumbría ten sona na comarca.

Dentro da gastronomía sobresaen o peixe e o marisco, con pratos como a caldeirada mariñeira. Tamén a carne destaca pola calidade dos seus pastos e pola caza.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Dumbría.
Dolmen Pedra da Arca (y II)

Dolmen da Pedra da Arca.

Solpor en Ezaro Galicia

Solpor en Ézaro.

Fervenzadeezaro

Fervenza de Ézaro pola noite.

Lugares de Dumbría

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Dumbría vexa: Lugares de Dumbría.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 47. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Berdeogas, Dumbría

Santiago de Berdeogas é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Dumbría. Segundo o IGE en 2013 tiña 454 habitantes (245 mulleres e 209 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 632 habitantes.

Buxantes, Dumbría

San Pedro de Buxantes é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Dumbría. Segundo o IGE en 2013 tiña 549 habitantes (383 mulleres e 266 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 742 habitantes. Segundo un estudo de campo realizado no ano 2006 por Modesto García Quintáns a poboación era nese ano de 618 persoas.

Buxán, Dumbría, Dumbría

.

Buxán é un lugar da parroquia de Dumbría no concello coruñés de Dumbría na Comarca de Fisterra. Tiña 165 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 91 eran homes e 74 mulleres.

Caforra, Dumbría, Dumbría

Caforra é un lugar da parroquia de Dumbría no concello coruñés de Dumbría na Comarca de Fisterra. Tiña 18 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 9 eran homes e 9 mulleres.

Canelas, Dumbría, Dumbría

Canelas é un lugar da parroquia de Dumbría no concello coruñés de Dumbría na Comarca de Fisterra. Tiña 24 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 13 eran homes e 11 mulleres.

Castro, Dumbría, Dumbría

Castro é un lugar da parroquia de Dumbría no concello coruñés de Dumbría na Comarca de Fisterra. Tiña 43 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 20 eran homes e 23 mulleres.

Comarca de Fisterra

A comarca de Fisterra é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Fisterra. A esta comarca pertencen os concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía. Correspóndese co territorio chamado Terra de Nemancos.

Costa da Morte

A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán.Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.Os actuais proxectos gobernamentais,das agrupacións locais e europeos adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas ,Muros e A Coruña ; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo,Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais LIC e ZEC por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.

Dumbría, Dumbría

Santa Baia de Dumbría é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Dumbría. Segundo o IGE en 2013 tiña 496 habitantes (249 homes e 247 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 687 habitantes.

Dumbría, Dumbría, Dumbría

Dumbría é un lugar da parroquia de Dumbría no concello coruñés de Dumbría na Comarca de Fisterra. Tiña 9 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 5 eran homes e 4 mulleres.

Figueiroa, Dumbría, Dumbría

Figueiroa é un lugar da parroquia de Dumbría no concello coruñés de Dumbría na Comarca de Fisterra. Tiña 31 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 13 eran homes e 18 mulleres.

Folgosa, Dumbría, Dumbría

Folgosa é un lugar da parroquia de Dumbría no concello coruñés de Dumbría na Comarca de Fisterra. Tiña 5 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 3 eran homes e 2 mulleres.

Galería de imaxes de dolmens en Galicia

Galería de imaxes de megálitos de Galicia.

Hospital, Dumbría, Dumbría

Hospital é un lugar da parroquia de Dumbría no concello coruñés de Dumbría na Comarca de Fisterra. Tiña 51 habitantes no ano 2011 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 24 eran homes e 27 mulleres.

O Ézaro, Dumbría

Santa Uxía do Ézaro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Dumbría. Segundo o IGE en 2013 tiña 672 habitantes (351 mulleres e 321 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.081 habitantes.

A fervenza do Ézaro, na desembocadura do río Xallas, é un lugar de grande atractivo turístico. A carón da fervenza rematou varias veces unha etapa da Vuelta a España.

Olveira, Dumbría

San Martiño de Olveira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Dumbría. Segundo o IGE en 2013 tiña 636 habitantes (435 mulleres e 301 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 944 habitantes.

Olveiroa, Dumbría

Santiago de Olveiroa é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Dumbría. Segundo o IGE en 2013 tiña 140 habitantes (69 mulleres e 71 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 194 habitantes.

Paradela, Dumbría, Dumbría

Paradela é un lugar da parroquia de Dumbría no concello coruñés de Dumbría na Comarca de Fisterra. Tiña 40 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 22 eran homes e 18 mulleres.

Salgueiros, Dumbría

San Mamede de Salgueiros é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello coruñés de Dumbría na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 269 habitantes (143 mulleres e 126 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 331 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.