Ducado de Milán

O Ducado de Milán, tamén chamado Milanesado ou Estado de Milán, foi durante a Idade Media a principal potencia do norte de Italia.

O ducado foi creado en 1395 por Gian Galeazzo Visconti, señor de Milán. Cando a dinastía Visconti se extinguiu en 1447, Milán foi declarado unha República, a pesar das pretensións do duque de Orleáns, lexítimo herdeiro. Orleáns foi incapaz de tomar posesión da súa herdanza, pero a República durou pouco. O aventureiro Francesco Sforza, casado cunha filla do último Visconti, tomou Milán en 1450, autoproclamándose duque.

Ducato di Milano (en italiano)
Ducatus Mediolani
(en latín)

Ducado de Milán

1395–1797

Bandeira de {{{nome_curto}}}

Bandeira

Localización de {{{nome_curto}}}
Capital Milán
Lingua Latín e Lombardo occidental
Relixión Igrexa Católica
Goberno Principado
Duque de Milán Gian Galeazzo Visconti
Francisco I de Austria
Historia
 • Establecido 1395
 • República Ambrosiana 1447–1450
 • Dominio Sforza 1450-1499
 • Dominio Francés 1499–1512, 1515-1521
 • Dominio Español 1535–1706
 • Tratado de Campo Formio 1797
Moeda Escudo milanés

Dominio francés

En 1498 o fillo do duque de Orleáns converteuse en rei de Francia como Luís XII e pretendeu facer efectivas as reclamacións do seu pai sobre Milán, invadíndoo e expulsando a Ludovico Sforza en 1499. Este dominio francés durou até 1513, cando forzas suízas repuxeron ao fillo de Ludovico, Massimiliano, no trono. En 1515 os franceses, baixo Francisco I de Francia, venceron na batalla de Marignano, capturando a Massimiliano e retomando o ducado. De novo foron expulsados en 1521; desta vez, as forzas austríacas coroaron ao irmán de Massimiliano, Francesco II Sforza.

Despois da decisiva derrota francesa na Batalla de Pavía (1525), que deixou a Carlos I de España como principal forza en Italia, Francesco uniuse á Liga de Cognac, xunto ás repúblicas de Venecia, Florencia, o papa Clemente VII e os franceses en contra de Carlos V. Isto levou á rápida expulsión de Francesco de Milán por forzas imperiais, aínda que mantivo algún control sobre outras cidades do ducado, e acabou recuperando Milán polo Tratado de Cambrai (1529).

Dominio español

Cando Francesco morreu sen herdeiros en 1535, abriuse unha pugna entre Francisco I de Francia e o emperador Carlos V pola súa sucesión. Despois varias guerras, o emperador anexionou o ducado, investindo ao seu fillo Filipe como duque. Finalmente, o Tratado de Cateau-Cambrésis de 1559 recoñeceu a anexión do Milanesado por parte de España.

O ducado de Milán seguiu sendo español até a Guerra de Sucesión Española, no século XVIII. Despois da morte de Carlos II herdou as súas posesións Filipe de Anjou, ao que se opuxo o Arquiduque Carlos de Austria quen tamén tiña pretensións á coroa española.

Dominio imperial

Italy northern 1796
Italia setentrional en 1796

O 26 de setembro de 1706 as tropas austríacas tomaron Milán, que pasou a mans do Arquiduque de Austria. Esta situación de dominación austríaca confirmouse legalmente no Tratado de Utrecht. O ducado foi definitivamente ratificado como posesión dos Habsburgo polo Tratado de Baden de 1714.

Dominio napoleónico

Así permaneceu até a súa conquista por parte de Napoleón Bonaparte, durante as Guerras napoleónicas, en 1796. O ducado foi cedido polo Tratado de Campoformio á nacente República Cisalpina.

Unificación italiana

A restauración, despois do Congreso de Viena, significou o seu retorno a Austria, aínda que pronto foi obxectivo do nacionalismo italiano, sendo conquistado polo reino do Piemonte durante as guerras que levaron á unificación italiana.

Gobernantes do Ducado de Milán

A seguinte é unha lista dos gobernantes de Milán desde o século XIII até 1859, cando Milán e o resto da Lombardía foron incorporados ao Reino de Piemonte-Sardeña.

Nome Mandato Notas
Señores de Milán, casas de della Torre (tamén coñecida como Torriani) e Visconti (11971395)
Pagano I della Torre 11971241
Pagano II della Torre 12471257
Manfredo Lancia 12531256
Martín della Torre 12571259
Oberto Pelavicino 12591264
Filipe della Torre 12631265
Napoleón della Torre 12651277
Otón Visconti, Arcebispo de Milán 12771294
Mateo I Visconti 12941302
Guido della Torre 13021311
Mateo I Visconti 13111322 (reposto)
Galeazzo I Visconti 13221327
Azzone Visconti 13291339
Luchino Visconti 13391349
Giovanni Visconti, Arcebispo de Milán 13491354
Mateo II Visconti 13491355
Galeazzo II Visconti 13491378
Bernabé Visconti 13491385
Gian Galeazzo Visconti 13781395
Duques de Milán, casa de Visconti (13951447)
Gian Galeazzo Visconti 13951402
Giovanni Maria Visconti 14021412 Fillo de Gian Galeazzo; asasinado
Filipe Maria Visconti 14121447 Irmán de Gian María
República Ambrosiana (14471450)
República Ambrosiana
Duques de Milán, casa de Sforza (14501499)
Francisco I Sforza 14501466 casado cunha filla de Filipe Maria
Galeazo María Sforza 14661476 Fillo de Francisco
Gian Galeazzo Sforza 14761494 Fillo de Galeazzo María
Ludovico Sforza 14941499 fillo de Francisco
Duques de Milán, alternancia das casas de Sforza e Valois - guerras hispano-francesas de Milán (14991540)
Luís XII de Francia 14991500 neto de Valentina, filla de Gian Galeazzo Visconti
Ludovico Sforza 1500 (reposto)
Luís XII de Francia 15001512 (reposto)
Maximiliano Sforza 15121515 fillo de Ludovico
Francisco I de Francia 15151525 bisneto de Valentina
Francisco II Sforza 15251535 fillo de Ludovico, irmán de Maximiliano
Duques de Milán, casas de Austria e de Borbón - goberno español (15401706)
Filipe II de España 15401598 Despois da morte de Francisco II, o emperador Carlos V reclamou o ducado para o seu fillo Filipe.
Filipe III de España 15981621 fillo de Filipe II
Filipe IV de España 16211665 fillo de Filipe III
Carlos II de España 16651700 fillo de Filipe IV
Filipe V de España 17001706 bisneto de Filipe IV
Duques de Milán, casa de Habsburgo - goberno austríaco (1706-1797)
Carlos VI 17061740 bisneto de Filipe III
María Teresa I de Austria 17401780 filla de Carlos VI
Xosé II de Habsburgo 17801790 fillo de María Teresa
Leopoldo II de Austria 17901792 irmán de Xosé II
Francisco I de Austria 17921797 fillo de Leopoldo II
República Cisalpina (17971799)
República Cisalpina
Duques de Milán, casa de Habsburgo - goberno austríaco (1799-1800)
Francisco I de Austria 17991800 (reposto)
Comisión Imperial do conde de Mantua 1800
República Cisalpina restaurada (18001805)
Comisión Extraordinaria de Goberno 18001802
Napoleón Bonaparte 18021805 Presidente da República Cisalpina
Reis de Reino de Italia, casa Bonaparte - goberno francés (1805-1814)
Napoleón Bonaparte 18051814 previamente Presidente da República Cisalpina
Eugène de Beauharnais 18051814 Vicerri do Reino de Italia
Reis de Lombardía-Venecia, casa de Habsburgo - goberno austríaco (1814-1859)
Francisco I de Austria 18141835 previamente Duque de Milán
Príncipe Henrique XV Reuss zu Plauen 18141815 Vicerrei de Francisco I
Conde Federico Henrique von Bellegarde 18151816 Vicerrei de Francisco I
Arquiduque Antón Vítor de Austria 18161818 Vicerrei de Francisco I
Arquiduque Rainiero de Austria 18181835 Vicerrei de Francisco I
Fernando I de Austria 18351848 fillo de Francisco I
Arquiduque Rainiero de Austria 18351848 Vicerrei de Fernando I
Francisco Xosé I de Austria 18481859 primo de Fernando I
Conde Joseph Radetzky von Radetz 18481857 Vicerrei de Francisco Xosé
Arquiduque Maximiliano de Austria 18571859 Vicerrei de Francisco Xosé
Conde Ferencz Gyulai 1859 Vicerrei de Francisco Xosé
Baron Heinrich Hermann von Hess 1859 Vicerrei de Francisco Xosé

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cappelli, Adriano (1898): Cronologia Cronografia e Calendario Perpetuo Milano: Hoepli. ISBN 88-203-2502-0
  • VV. AA. (1844): Milano e il suo territorio, Volume 1, Ed. Picola, páx. 85

Outros artigos

Batalla de Crevola

A Batalla de Crevola tivo lugar en Crevoladossola, Piemonte, na primavera de 1487 entre o exército da Confederación Suíza (Valais e Lucerna) e tropas do Ducado de Milán, pola supremacía do Val d'Ossola.

Bellinzona

Bellinzona (en italiano Bellinzona, en francés Bellence/Bellinzone, en alemán Bellenz/Bellinzona, en latín Bilitio) é unha cidade suíza, capital do cantón do Tesino e do distrito de Bellinzona.

Bonaventura Cavalieri

Bonaventura Francesco Cavalieri nado en Milán en 1598 e finado en Boloña o 30 de novembro de 1647 foi un matemático italiano pertencente á orde dos Xesuatos, considerado un dos precursores do cálculo infinitesimal moderno.

Carlos VI, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Carlos VI do Sacro Imperio Romano-Xermánico, tamén coñecido co nome de Carlos VI de Alemaña, nado en Viena, o 1 de outubro de 1685 e finado na mesma cidade o 20 de outubro de 1740, foi un monarca europeo. Coñecido tamén como Arquiduque Carlos de Austria (co nome de Carlos II), foi proposto ao trono español baixo o nome de Carlos III en 1703 durante a guerra de sucesión, en oposición a Filipe de Anjou, neto de Luís XIV, obtendo vitorias nun primeiro momento pero saíu finalmente derrotado.

Castelo de Soncino

O Castelo de Soncino, situado en Soncino, na rexión italiana de Lombardía, é un dos castelos típicos da área de Cremona. Erixido a partir do século X, o castelo tivo un papel fundamental na defensa da zona.

Federico I Gonzaga

Federico I Gonzaga, nado o 25 de xuño de 1441 e finado o 14 de xullo de 1484, foi un nobre de Mantua, terceiro marqués de Mantua entre 1478 e a súa morte.

Filipe II de España

Filipe II de España, tamén coñecido como Filipe II de Habsburgo, nado en Valladolid o 21 de maio de 1527 e falecido en El Escorial, Madrid, o 13 de setembro de 1598, foi rei de España entre 1556 e 1598 e de Portugal e os Algarves, (Filipe I de Portugal) entre 1580 e 1598.Fillo e herdeiro de Carlos I de España e Isabel de Portugal, e neto por vía paterna de Xoana I de Castela e de Filipe de Habsburgo (Filipe o Fermoso), e de Manuel I de Portugal e María de Aragón por vía materna. Chamado o rei prudente, realizou a ansiada unión dinástica con Portugal, que durou sesenta anos. Foi así mesmo rei de Inglaterra, entre 1554 e 1558, polo seu matrimonio con María I de Inglaterra.

Desde a súa morte foi presentado polos seus defensores como arquetipo de virtudes, e como un monstro fanático e despótico polos seus inimigos. Esta dicotomía entre a Lenda Negra e a Lenda Branca ou Rosa foi favorecida por el mesmo, xa que se negou a que se publicaran biografías súas en vida, e ordenou a destrución da súa correspondencia.[Cómpre referencia]Aínda hoxe en día, a historiografía anglosaxoa e protestante presenta a Filipe II como un ser fanático, despótico, criminal, imperialista e xenocida. As súas vitorias foron minimizadas até o anecdótico (salvo uns poucos exemplos, como a Batalla de Lepanto) e as súas derrotas magnificadas en exceso, a pesar de que non supuxeron grandes cambios políticos ou militares, como a perda dunha parte da Grande y Felicísima Armada (a Armada Invencible) debido a un forte temporal que ademais os historiadores anglosaxóns "transformaron" nunha vitoria inglesa.[Cómpre referencia]Durante o seu goberno, o Imperio español dirixiu a exploración global e a extensión colonial a través do Atlántico e do Océano Pacífico, converténdose durante moito tempo no principal país e potencia europea e de todo o mundo. O seu imperio converteuse no primeiro imperio global, porque por primeira vez un imperio abarcaba posesións en todos os continentes, as cales, a diferenza do que ocorrera no Imperio romano ou no Carolinxio, non se comunicaban por terra as unhas coas outras.

Filipe I de Castela

Filipe de Habsburgo, alcumado o Fermoso, nado en Bruxas (Flandres) o 22 de xullo de 1478 e finado en Burgos o 25 de setembro de 1506, foi un nobre da casa de Habsburgo, arquiduque de Austria, duque de Borgoña, Brabante, Limburgo e Luxemburgo, conde de Flandres, Habsburgo, Hainaut, Holanda, Zelandia, Tirol e Artois, señor de Antuerpen e Malinas, entre outras cidades (1482 - 1506), e rei de Castela e de León (1504 - 1506) polo seu matrimonio con Xoana, filla e herdeira dos Reis Católicos.

Foi quen trouxo a liñaxe dos Habsburgo nos territorios da actual España. O apelativo o Fermoso, deullo o rei Luís XII de Francia. En 1501, Filipe e Xoana viaxaban cara a Castela para seren coroados e detivéronse en Blois. Alí o rei francés recibiunos, a velo exclamou: Velaí un fermoso príncipe.

Era fillo de Maximiliano I, emperador de Alemaña e de María de Borgoña. O seu pai pactou o seu matrimonio con Xoana, filla dos Reis Católicos, no marco da Liga Santa que uniu a monarquía castelá-aragonesa co Sacro Imperio, Inglaterra, Nápoles, a república de Xénova e o ducado de Milán contra as pretensións hexemónicas de Francia na península italiana (1495).

Deste matrimonio naceran 6 fillos:

Leonor (Lovaina,1498 - Talavera,1558). Arquiduquesa de Austria. Casada co rei Manuel I de Portugal.

Carlos (Gante, 1500 - Mosteiro de Yuste, 1558). Rei de Castela, Aragón e emperador do Sacro Imperio.

Isabel (Bruxelas, 1501 - Zwijnaerde, Gante, 1526). Arquiduquesa de Austria. Casada co rei Cristián II de Dinamarca.

Fernando (Alcalá de Henares, - Viena,1564), emperador do Sacro Imperio.

María (Bruxelas, 1505 - Cigales, 1558). Archiduquesa de Austria. Casada con Luís II Xagellón, rei de Hungría, Bohemia e Croacia.

Catarina (Torquemada, 1507 - Lisboa, 1578). Arquiduquesa de Austria. Casada co rei Xoán III de Portugal.Nos Países Baixos borgoñóns (Bélxica, Holanda e Luxemburgo) actuou como un administrador competente e un soberano popular e amado, que soubo unir os intereses dos seus diversos territorios, demostrando especial talento para planear reformas e para dar tranquilidade e paz logo de anos de turbulencias políticas.

Mortos os infantes Juan (1497) e Isabel (1498), así como o fillo desta última, o infante Miguel (1500), a súa esposa convértese na herdeira de Castela e Aragón. Morta a raíña Isabel a Católica (1504), ábrese o problema da sucesión nos reinos casteláns. Pola Concordia de Salamanca (1505), acórdase o goberno conxunto de Filipe, Fernando de Aragón e a propia Xoana. Porén, as malas relacións entre el (apoiado pola nobreza castelá) e o seu sogro, o rei Fernando o Católico, obrigaron a este a renunciar ao poder en Castela para evitar un enfrontamento armado. Pola Concordia de Villafáfila (1506), Fernando retírase aos seus estados de Aragón, como rei, e Filipe é proclamado rei de Castela. Hai pois catro monarquías na península neste momento: Portugal, Navarra, Castela-León, Aragón.

Entre tanto, Xoana mostra visos de loucura, segundo algúns polos celos que lle producían as infidelidades do marido, polo que sentía un amor tan apaixonado como pouco correspondido. Aínda que as Cortes de Castela reunidas en Valladolid se negaron a declarar a incapacidade da raíña Xoana, Filipe I exerce o poder efectivo sen contar con ela. Tradicionalmente ténselle censurado polo favoritismo que demostrou polos seus conterráneos flamengos, así como por repartiren dádivas e prebendas entre os nobres casteláns para buscar o seu apoio; mais é posíbel que iso respondese a unha estratexia dirixida a afianzar o poder real e a pór couto as inxerencias de seu sogro nos asuntos casteláns. A figura que atinxira maior preeminencia no seu breve goberno (mais non ata consideralo un valido) foi un escuro nobre, o señor de Belmonte, de nome Juan Manuel.

En xuño de 1506 desembarcou coa súa muller na Coruña para dirixirse á Pobra de Sanabria a reunirse co seu sogro, pasando a noite do día 15 na vila da Gudiña. A súa morte, que ocorreu na burgalesa Casa del Cordón, foi tan súbita que correu o rumor de que seu sogro o envelenara. Segundo parece mentres se encontraba Filipe en Burgos, xogando aos birlos, tras a partida, suando aínda, bebeu abundante auga fría, a consecuencia do cal caeu enfermo con alta febre e morreu uns días despois. Porén, os investigadores máis recentes e autorizados atribúen a súa morte á peste. O falecemento do monarca acrecentou a suposta loucura da raíña Xoana.

Fernando o Católico aproveitou o débil estado mental da súa filla para encerrala no pazo de Tordesillas (Valladolid), do que xa no sairá ata a súa morte, para converterse en rexente dos reinos castelán-leoneses.

Gregorio XIV, papa

Gregorio XIV (en latín Gregorius XIV, en italiano Gregorio XIV), nado co nome de Niccolò Sfondrati en Somma (Lombardía) o 11 de febreiro de 1535 e finado en Roma o 16 de outubro de 1591, foi un relixioso italiano, elixido papa o 5 de decembro de 1590.

En 1591, confirma a excomunicación de Henrique IV, rei de Francia e de Navarra.

Guerra italiana de 1521-1526

A guerra italiana de 1521–1526, tamén coñecida como Guerra dos Catro Anos, forma parte das Guerras italianas. O conflito desenvolveuse entre 1521 e 1526 e loitaron Francisco I de Francia e a República de Venecia contra o emperados do Sacro Imperio Romano Xermánico Carlos V, Henrique VIII de Inglaterra e os Estados Pontificios. Entre as causas do conflito está a escolla en 1519–1520 de Carlos I como emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e a necesidade do papa León X de aliarse con Carlos para combater a Martiño Lutero.

A guerra estourou en Europa occidental en 1521, cando Francia envadiu os Países Baixos e intentou axudar a Henrique II de Navarra a recuperar o seu reino. As forzas imperiais repeleron a invasión e atacaron o norte de Francia, onde os franceses deteron o seu avance. Por isto, o emperador, o papa e Henrique VIII asinaron unha alianza formal contra Francia e as hostilidades comezaron na península Itálica. Na batalla de Bicocca, os exércitos imperial e papal derrotaron o exército francés e expulsárono do Milanesado. Despois da batalla, a loita trasladouse ó territorio francès, mentres que Venecia asinaba a paz por separado. O exército inglés invadiu Francia en 1523, mentres que Carlos de Borbón, anoxado polos intentos de Francisco de apoderarse da súa herdanza, traizóao e alíase con Carlos I. En 1524, fracasou unha tentativa francesa de recuperar o Ducado de Milán, cousa que concedeu ó Borbón a oportunidade de invadir a Provenza á fronte dun exército español.

O mesmo Francisco dirixiu un segundo ataque contra o Ducado de Milán (a actual Lombardía) en 1525. A súa desastrosa derrota na batalla de Pavía, na cal foi capturado e na que a maioría dos seus principais nobres morreron, conduciu ó fin da guerra. Mentres estaba preso en España, Francisco asinou o tratado de Madrid, no cal renunciaba ás súas aspiracións a Italia, Borgoña e Flandres. Porén, unhas semanas despois da súa liberación, rexeitou as condicións do tratado, comezando deste xeito a guerra da Liga de Cognac. Malia que as Guerras de Italia continuaron durante tres décadas máis, estas remataron sen que Francia puidese recuperar ningún territorio substancial en Italia.

Guerras italianas (1494-1559)

As guerras italianas, tamén coñecidas como as grandes guerras italianas e as guerras de Italia, foron unha serie de conflitos bélicos sucedidos entre 1494 e 1559 que implicaron, en distintas ocasións, aos principais Estados da Europa Occidental: Francia, España, Sacro Imperio Romano Xermánico, Inglaterra, a República de Venecia, os Estados Pontificios e a maioría das cidades-estado italianas, así como tamén ao Imperio otomán.

Inicialmente tratouse dunha disputa dinástica sobre os dereitos hereditarios de Francia sobre o Ducado de Milán e o Reino de Nápoles, pero as guerras convertéronse rapidamente en loitas territoriais e de poder entre os distintos participantes, que estiveron marcadas por xogos de alianzas, contra-alianzas e frecuentes traizóns.

Luís XII de Francia

Luís XII de Francia ou Luís de Orleans, tamén alcumado co nome de Pai do pobo, foi un monarca da Casa de Valois quen gobernou como rei de Francia desde 1498 ata 1515 e como rei de Nápoles desde 1501 ata 1504, nado en Blois (Francia) o 27 de xuño de 1462 e finado en París o 1 de xaneiro de 1515. Fillo de Carlos I de Orleans e María de Clèves. É coroado como rei de Francia tras falecer o seu primo Carlos VIII e sen deixar descendencia. Estivo casado con Xoana de Valois, con Ana da Bretaña, con quen tivo dúas fillas, a futura raíña de Francia Claudia (1499-1524) e Renata (1510-1575), e con María Tudor.

Pío V, papa

Antonio Michele Ghislieri, nado en Bosco Marengo (Alessandria) o 17 de xaneiro de 1504 e finado en Roma o 1 de maio de 1572, foi o 225° Papa da Igrexa católica desde 1566 até a súa morte, co nome de Pio V. Foi canonizado por Clemente XI no 24 de maio de 1712.

República Cisalpina

A República Cisalpina foi unha República irmá, un Estado satélite da Primeira República Francesa creado o 29 de xuño de 1797 por Napoleón Bonaparte, pola unión das repúblicas Cispadana e Transpadana.

Situada no norte de Italia, con capital en Milán, comprendía un territorio duns 40.000 km² atravesados polo río Po. Dispoñía dun exército integrado por tropas francesas e autóctonas.

Tomou o nome de República Italiana o 26 de xaneiro de 1802, e despois o de Reino de Italia o 17 de marzo de 1805.

Despareceu como estado despois da denifinitiva derrota de Napoleón na batalla de Waterloo, en xuño de 1815, e tras o Congreso de Viena o seu territorio foi asignado ao Imperio austríaco.

República Italiana (1802-1805)

La República Italiana foi unha República irmá, un Estado satélite da Primeira República Francesa, que existiu entre 1802 e 1805, e estaba situado no norte de Italia, con capital na cidade de Milán, e que ocupaba o territorio do antigo Ducado de Milán e parte da Emilia-Romaña.

República Transpadana

A República Transpadana foi unha República irmá, un Estado satélite da Primeira República Francesa situado no norte de Italia, no territorio do Ducado de Milán, que existiu entre 1796 e 1797, cando desapareceu para fusionarse coa República Cispadana e dar orixe á República Cisalpina. Tamén se coñeceu co nome de República Lombarda.

Soncino

Soncino é unha localidade e comuna italiana da provincia de Cremona, na rexión de Lombardía, con 7.641 habitantes.

Tratado de Utrecht

O Tratado de Utrecht, ou Paz de Utrecht, foi un tratado asinado en 1713 na provincia máis pequena do actual Reino dos Países Baixos na súa capital homónima. Esta provincia limita coas de Holanda Meridional, Holanda Setentrional e Güeldres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.