Du gamla, du fria

Du gamla, du fria (literalmente: Ti antiga, ti ceibe) é o himno nacional de Suecia. A letra das dúas primeiras estrofas foron escrita por Richard Dybeck en 1844 e as dúas últimas por Louise Ahlén en 1910. Ao contrario que en moitos países, o himno de Suecia non goza de status de oficialidade, senón que se asentou por mero uso tradicional.

Du gamla, du fria
En galego: Ti antiga, ti ceibe
Himno deSuecia Suecia
LetraRichard Dybeck
1844
Mostra da música
Du gamla, du fria (Instrumental)

Historia

Nun comezo foi escrita por Dybeck como unha canción popular da provincia de Västmanland e a letra comezaba con Du gamla, du friska (literalmente "Ti antiga, ti sá"), con todo logo decidiu trocalo por Du gamla, du fria. A canción comezou ser utilizada como himno nacional, a partir da década de 1890, en festas de carácter patriótico. Os dous últimos versos, compostos por Ahlén son pouco coñecidos e rara vez se cantan. As dúas primeiras estrofas son sempre cantadas cando se entoa o himno en Suecia. Nun contexto internacional, como por exemplo en eventos deportivos, varía o número de estrofas utilizadas, e en ocasións só se entoa a primeira.

Letra

Du gamla, du fria Ti antiga, ti ceibe
Du gamla, Du fria, Du fjällhöga nord
Du tysta, Du glädjerika sköna!
Jag hälsar Dig, vänaste land uppå jord,
Din sol, Din himmel, Dina ängder gröna. (bis)
Du tronar på minnen från fornstora dar,
då ärat Ditt namn flög över jorden.
Jag vet att Du är och Du blir vad du var.
Ja, jag vill leva jag vill dö i Norden. (bis)
Jag städs vill dig tjäna mitt älskade land,
din trohet till döden vill jag svära.
Din rätt, skall jag värna, med håg och med hand,
din fana, högt den bragderika bära. (bis)
Med Gud skall jag kämpa, för hem och för härd,
för Sverige, den kära fosterjorden.
Jag byter Dig ej, mot allt i en värld
Nej, jag vill leva jag vill dö i Norden. (bis)
Ti antiga, ti ceibe, ti norte de altas montañas,
Ti silenciosa, ti afable e leda!
Saúdote a ti, o país máis amigable do mundo.
Ti sol, ti ceo, teus verdes prados. (bis)
Ti reinas na memoria de gloriosos días pasados,
cando o teu nome era venerado en todo o mundo.
Sei que es e serás o que fuches.
Si, eu quero vivir e quero morrer no norte. (bis)
Quero servirte sempre, miña terra amada,
quero xurarte fidelidade até a morte.
Defenderei os teus dereitos con mente e man,
portando en alto a túa heroica bandeira. (bis)
Xunto a Deus loitarei polo meu fogar,
por Suecia, miña patria amada.
Non che troco por nada no mundo
Non, eu quero vivir e quero morrer no norte. (bis)

Véxase tamén

Outros artigos

Suecia

Suecia (en sueco: Sverige, [ˈsværjɛ] (AFI), escoitar), oficialmente Reino de Suecia, é un país nórdico situado na península escandinava. Limitado ao norte e oeste con Noruega e ao leste con Finlandia, está conectado con Dinamarca pola ponte-túnel de Oresund, cruzando o estreito de Öreseund. Ademais está bañada polas costas do Mar Báltico, formando o Golfo de Botnia xunto con Finlandia.

Pertencente á Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 1995, é o terceiro estado membro máis grande dela e o quinto de Europa, que xunto cunha poboación de pouco máis de nove millóns de habitantes, supón unha das menores densidades de poboación do mundo. Con todo a meirande parte dos suecos vive na parte sur do país, vivindo ademais o 85% deles en zonas urbanas. A capital é Estocolmo, sendo ademais a cidade máis poboada, chegando aos dous millóns de habitantes na súa área metropolitana. As dúas seguintes cidades máis poboadas son Gotemburgo e Malmö.

Os habitantes de Suecia gozan dun alto nivel de vida, e é un país xeralmente percibido como moderno e liberal. A conservación da natureza, protección dos ecosistemas e a eficacia enerxética son polo xeral prioridade na formulación de políticas e contan con acollida por parte da poboación sueca en xeral. Suecia ten sido durante moito tempo un importante exportador de ferro, cobre e madeira, ademais na década de 1890, a escolarización universal e a industrialización permitiron ao país desenvolver unha grande industria manufactureira. No século XX foi clasificada constantemente entre os países con mellor Índice de Desenvolvemento Humano, ocupando en 2017 o sétimo posto a nivel mundial.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.