Dozón

Dozón é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2015 tiña 1174 habitantes.

Coordenadas: 42°35′43″N 8°2′48″O / 42.59528, -8.04667

Dozón
Escudo de Dozón
Casa do Concello de Dozón
Casa do concello.
Situacion Dozón
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Deza
Poboación1.110 hab. (2018)
Área74,2 km²
Densidade14,96 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias
Capital do concelloO Castro
Política (2019[2])
AlcaldeAdolfo Campos Panadeiros (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 6

Outros: UCIN 1
Eleccións municipais en Dozón
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes94,37%
Na rede
http://www.dozon.org
dozon@concellos.depontevedra.es

Xeografía

O concello está situado no nordeste da provincia de Pontevedra. Limita ao noroeste con Lalín, ao nordeste con Rodeiro, e ao sur co Irixo e Piñor (provincia de Ourense). Con 75 km², é o municipio máis pequeno da comarca do Deza. Ten 8 parroquias e 54 aldeas, sendo a capital O Castro.

Está situado nas terras altas do val do río Deza, na vertente Oeste da Dorsal Occidental Galega, nos contrafortes das serras do Faro e dos montes do Testeiro, a altitude media é superior os 740 m. O teito do concello constitúeo a Pena de Francia, de 914 m. Tamén destacan os montes Cubelos (833 m) a Gándara (870 m), estas elevacións forman a divisoria das augas das concas do Miño e do Ulla, e e Coto da Lebre (770 m).

Neses montes nacen diversos ríos e regatos, que conforman unha extensa rede fluvial. O río Asneiro, tamén chamado Dozón, nace nas proximidades da Pena de Francia. Dá nome á zona, e é popularmente coñecido coma Deza debido a un erro ortográfico na cartografía do século pasado.

Demografía

Censo total 1174 (2015)
Menores de 15 anos 66 (5,62 %)
Entre 15 e 64 anos 669 (56,98 %)
Maiores de 65 anos 439 (37,39 %)

Evolución da poboación no intervalo 2000 - 2013:

Evolución da poboación de Dozón   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
2750 2636 2506 2492 2030 1781 1744 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Nun documento do ano 832 hai unha referencia a Dezón, manténdose este topónimo até o século XIII. En 1226 aparece o topónimo actual, nun documento no que Gonzalo Rodríguez subscribe coma primeiro titular o establecemento do arcediagado de Dozón.

No termo municipal está establecido o nacemento do lendario rei Vamba[Cómpre referencia]. No século X converteuse en Real Couto de Dozón por iniciativa do rei Sancho I de León e da súa muller, logrando privilexios coma a exención do pago de impostos. O Real Couto foi orixinariamente señorío da abadesa do mosteiro de San Pedro de Dozón, pero máis tarde converteuse en señorío do abade do mosteiro de Oseira, do que aínda se conservan escudos nalgún dos edificios máis senlleiros da bisbarra.

Durante o reinado de Filipe II, Dozón converteuse en Reguengo.

Patrimonio

A vila do Castro aséntase sobre un dos moitos castros fundados na idade de Bronce, dos que aínda se conservan numerosas pegadas. Destacan polo seu bo estado de conservación o castro de San Breixo, en Maceiras, e o de Santa María, na parroquia de Dozón.

Do período da romanización consérvanse súas pontes e restos dunha calzada cara ás terras de Camba.

A igrexa de San Pedro de Vilanova de Dozón é un templo románico do século XII. A igrexa de Santa María de Dozón ten elementos pertencentes ao barroco. Ademais das outras igrexas parroquiais, están as ermidas de San Domingos en Sanguiñedo, a de Santo Amaro e O Pilar, no Sisto, e a da Virxe da Pena de Francia.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Dozón.
Igrexa de Santa María de Dozón, Dozón 3

Igrexa de Santa María de Dozón.

Igrexa de San Xoán do Sisto, Dozón

Igrexa de San Xoán do Sisto.

Capela da Pena de Francia, Dozón

Capela da Pena de Francia.

Campo da festa de Vilarello, Dozón

Campo da festa de Vilarello

Panorámica das pinturas da igrexa de San Xoán do Sisto, Dozón

Pinturas da igrexa do Sisto

CEIP Pío Cabanillas Gallas no Castro de Dozón

CEIP Pío Cabanillas Gallas no Castro de Dozón

Nados en Dozón

Véxase tamén: Categoría:Nados en Dozón.

Lugares de Dozón

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Dozón vexa: Lugares de Dozón.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Dozón". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
As Maceiras, Dozón

San Remixio das Maceiras é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Dozón. Segundo o IGE en 2011 tiña 65 habitantes (39 homes e 29 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 93 habitantes.

Autoestrada Central Galega

A Autoestrada Central Galega ou Autoestrada Santiago - Ourense é unha vía de altas prestacións que interconecta estas dúas cidades, enlazando a AP-9 coa A-52 respectivamente. A vía divídese en dous treitos, dende Santiago de Compostela ata o Alto de Santo Domingo (Dozón) é coñecida como AP-53, de peaxe e dependente do Ministerio de Fomento, mentres que dende Dozón ata o enlace coa A-52 preto de Ourense é coñecida como AG-53, dependente da Xunta de Galicia e ceibe de pago.

A finalidade da autoestrada é desconxestionar a saturada N-525. Entre xullo e agosto do 2008 a AP-53 acadou unha media de 6.000 vehículos diarios, mentres que a AG-53 acadou os 9.000 vehículos diarios ós oito meses da súa posta en servizo.

Bidueiros, Dozón

Santa María de Bidueiros é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Dozón. Segundo o INE en 2010 tiña 228 habitantes (115 mulleres e 113 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 287 habitantes.

Cardelle, Dozón, Dozón

Cardelle é un lugar da parroquia de Dozón, no concello pontevedrés de Dozón, na comarca do Deza. Segundo o INE, en 2008 tiña 34 habitantes (20 homes e 14 mulleres), o que supón unha diminución de 3 habitantes con respecto ao ano 2000.

Comarca de Deza

A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Dozón, Dozón

Santa María de Dozón é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Dozón. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 214 habitantes (107 mulleres e 107 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 369 habitantes.

Enveande, Dozón, Dozón

Enveande é un lugar da parroquia de Dozón, no concello pontevedrés de Dozón, na comarca do Deza. Segundo o INE, en 2010 tiña 7 habitantes (5 homes e 2 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2000 cando tiña 14 habitantes.

Igrexa de San Pedro de Vilanova de Dozón

San Pedro de Dozón é unha igrexa románica situada no lugar do Mosteiro da parroquia de Dozón, no concello de Dozón e que se atopa en bastante bo estado de conservación. Fundouna Dona Guntrodo Suárez no ano 1154 como mosteiro de monxas bieitas, converténdose en igrexa dependente de San Paio de Antealtares no ano 1499.

Lalín

Lalín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. O municipio ten unha poboación de 20 103 habitantes (2018) e divídese entre o núcleo urbano, onde viven máis de 10 000 persoas, e as 52 parroquias do rural. Lalín é a capital e a vila principal da súa comarca e o noveno concello máis poboado da provincia, despois da Estrada. O concello posúe unha densidade de poboación de 63,85 hab./km², e unha superficie de 326,8 km², o que o converte no concello máis grande de Pontevedra e o cuarto de Galicia.

O concello de Lalín atópase no nordeste da provincia de Pontevedra; fai fronteira co concellos de Silleda e Vila de Cruces polo noroeste, con Forcarei polo oeste, con Agolada e Rodeiro polo nordeste, con Dozón polo suroeste e co Irixo polo sur, todos eles pertencentes á comarca pontevedresa do Deza agás O Irixo que pertence á provincia de Ourense.

Lugares de Dozón

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Dozón

O Castro, Dozón

San Salvador do Castro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Dozón. Segundo o IGE en 2011 tiña 360 habitantes (196 mulleres e 164 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 460 habitantes.

O Mosteiro, Dozón, Dozón

O Mosteiro é un lugar da parroquia de Dozón, no concello pontevedrés de Dozón, na comarca do Deza. Segundo o INE, en 2008 tiña 32 habitantes (18 homes e 14 mulleres), o que supón unha diminución de 6 habitantes con respecto ao ano 2000.

O Sisto, Dozón

San Xoán do Sisto é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Dozón. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 264 habitantes (134 mulleres e 130 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha gran diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 422 habitantes.

Piñeiro, Dozón, Dozón

Piñeiro é un lugar da parroquia de Dozón, no concello pontevedrés de Dozón, na comarca do Deza. Segundo o INE, en 2008 tiña 47 habitantes (18 homes e 29 mulleres), o que supón unha diminución de 4 habitantes con respecto ao ano 2000.

Rebordecovo, Dozón, Dozón

Rebordecovo é un lugar da parroquia de Dozón, no concello pontevedrés de Dozón, na comarca do Deza. Segundo o INE, en 2008 tiña 15 habitantes (8 homes e 7 mulleres), o que supón unha diminución de 3 habitantes con respecto ao ano 2000.

Saa, Dozón

Santiago de Saa é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Dozón. Segundo o INE en 2011 tiña 227 habitantes (115 homes e 112 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 280 habitantes.

Sanguiñedo, Dozón

Santa María de Sanguiñedo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Dozón. Segundo o IGE en 2011 tiña 157 habitantes (81 mulleres e 76 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 195 habitantes.

Vilarello, Dozón

Santo André de Vilarello é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Dozón. Segundo o IGE en 2011 tiña 104 habitantes (54 homes e 50 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes.

Ábsida

A ábsida é a parte rectangular, semicircular ou poligonal detrás do altar e que sobresae da cabeceira dunha igrexa. Orixinalmente era un nicho no que se colocaba a estatua dunha deidade nos templos romanos. Os templos paleocristiáns construíronse baseados nas basílicas romanas, e na ábsida integrouse o presbiterio e o altar. Na Idade Media xeralizouse o emprego da ábsida, converténdose nun dos elementos máis característicos da arquitectura románica, bizantina e gótica.

As ábsidas pequenas nas que remata unha nave lateral ou que se abren no deambulatorio ou, por veces, no transepto, denomínanse absidiolas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.