Dorrón, Sanxenxo

San Xoán de Dorrón é unha parroquia que se localiza no extremo oriental do concello pontevedrés de Sanxenxo, lindando xa co de Poio. Ó oeste linda coa parroquia de Bordóns, ó norte do concello de Meaño e ó sur coa Ría de Pontevedra.

Segundo o IGE, en 2016 tiña 1.393 habitantes (722 mulleres e 671 homes), o que supón un descenso respecto ó ano 2009, cando tiña 1.412 habitantes, pero un ascenso respecto ó ano 2000, cando tiña 1.328.

A parroquia ten unha superficie de 5,6 km 2, distribuída en 13 entidades de poboación.

San Xoán de Dorrón
Sanxenxo, A Granxa 04-02a
Casa modernista no lugar da Granxa, da parroquia de Dorrón
ConcelloSanxenxo
Área5,6 km²
Poboación1.393 hab. (2016)
Densidade248,75 hab./km²
Entidades de poboación13

Patrimonio

A igrexa parroquial, construída en 1764 sobre un templo anterior que se supón románico, é de planta rectangular dividida en dous tramos. Un consta de dous arcos que forman bóveda de canón con contrafortes no exterior, e o outro é rectangular e de menor anchura, coa sancristía como engadido.

No frontal exterior, con pináculos nas esquinas, destaca unha espadana de dúas campás.

No seu interior destaca o retablo barroco da Capela do Carme.

Lugares e parroquias

Parroquias de Sanxenxo

Véxase tamén

Ligazóns externas

Outros artigos

A Costa, Dorrón, Sanxenxo

A Costa é un lugar da parroquia de Dorrón do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 264 habitantes en 2016 (137 mulleres e 127 homes), o que representa un descenso respecto ó ano 2009, cando tiña 290 veciños, para alcanzar a poboación que tiña en 2004, cando eran 258.

A Granxa, Dorrón, Sanxenxo

A Granxa é un lugar da parroquia de Dorrón do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 259 habitantes en 2016 (141 mulleres e 118 homes), o que representa un descenso respecto ó ano 2009, cando eran 297 veciños, para alcanzar a poboación que tiña en 2004, cando eran 254 habitantes.

Está situado sobre a estrada PO-308, xa na linde co veciño concello de Poio. Posúe un miradoiro desde o que se pode contemplar toda a costa sur da Ría de Pontevedra.

A Torre, Dorrón, Sanxenxo

A Torre é un lugar da parroquia de Dorrón do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 38 habitantes en 2016 (18 mulleres e 20 homes), o que representa un aumento respecto ó ano 2009, cando tiña 32 veciños, o mesmo número que en 2004.

Areas, Dorrón, Sanxenxo

Areas é un lugar da parroquia de Dorrón do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 71 habitantes en 2016 (30 mulleres e 41 homes), o que representa un aumento respecto ó ano 2009, cando tiña 60 veciños, para alcanzar a poboación que tiña en 2004, cando eran 69 habitantes.

Barreiro, Dorrón, Sanxenxo

Barreiro é un lugar da parroquia de Dorrón do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 109 habitantes en 2016 (56 mulleres e 53 homes), o que representa un lixeiro pero continuado descenso respecto ó ano 2009, cando tiña 115 veciños, e ó ano 2004, cando eran 117.

Casal, Dorrón, Sanxenxo

Casal é un lugar da parroquia de Dorrón do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 25 habitantes en 2016 (11 mulleres e 14 homes), o que representa manter a poboación que tiña en 2009, 26 veciños, e un lixeiro aumento respecto ó ano 2004, cando eran 22.

Freixeiro, Dorrón, Sanxenxo

Freixeiro é un lugar da parroquia de Dorrón do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 92 habitantes en 2016 (48 mulleres e 44 homes), o que representa un claro aumento respecto ó ano 2009, cando eran 71 veciños, e ó ano 2004, cando eran só 57.

Freixo común

O freixo común, chamado simplemente freixo (Fraxinus excelsior) é unha árbore polígama de ata 30–40 m. O seu sistema radicular é potente e estendido e presenta un tronco dereito e cilíndrico cunha cortiza lisa e verde agrisada nos exemplares novos que se volve parda escura, rugosa e gretada nos exemplares adultos. A copa é alta, ovoide, estendida e pouco ramalluda.

Pódese confundir co freixo de folla pequena (Fraxinus angustifolia), do que se distingue por ter as xemas negras e aveludadas.

Esta especie é orixinaria de Europa e o oeste de Asia, habita en sebes, ribeiras e bosques con solos frescos e profundos. É abondosa no norte da Galiza, e no sur é substituída polo Fraxinus angustifolia. O segundo nome latino (Excelsior), significa o "mais alto", por ser o freixo que acada maior altura.

Ademais de freixo, a forma máis común en toda Galiza, outras denominacións galegas son: afereixo, afreixo, freixa, freixeira e frinxo. Para o colectivo existen as denominacións freixal, freixedo, freixeiro e freixido.

Herminio Barreiro

Herminio Barreiro Rodríguez, nado en Dorrón, Sanxenxo en 1937 e finado en Santiago de Compostela o 6 de novembro de 2010, foi un docente e pedagogo galego.

Magaláns, Dorrón, Sanxenxo

Magaláns é un lugar da parroquia de Dorrón do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 150 habitantes en 2016 (77 mulleres e 73 homes), o que representa un mantemento respecto a anos anteriores: 155 en 2009 e no ano 2004.

Mosteiro de San Salvador de Lérez

O mosteiro de San Salvador de Lérez foi un convento construído na Idade Media na parroquia de Lérez, en Pontevedra. Nel celébrase cada 11 de xullo (día de san Bieito) a romaría de San Benitiño de Lérez.

O Castro, Dorrón, Sanxenxo

O Castro é un lugar da parroquia de Dorrón do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 92 habitantes en 2016 (48 mulleres e 44 homes), o que representa manter a poboación que tiña en 2009, cando tiña 93 veciños, e un aumento respecto ó ano 2004, cando eran 83.

O Outeiro, Dorrón, Sanxenxo

O Outeiro é un lugar da parroquia de Dorrón do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 130 habitantes en 2016 (67 mulleres e 63 homes), o que representa un aumento continuado respecto ó ano 2009, cando eran 114 veciños, e ó ano 2004, cando eran 104.

PO-308

A PO-308 é unha vía da Xunta de Galicia, que vai desde a Ponte da Barca, na Caeira (Poio), até A Lanzada (Sanxenxo), percorrendo a costa norte da ría de Pontevedra. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

Recarei, Dorrón, Sanxenxo

Recarei é un lugar da parroquia de Dorrón do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 85 habitantes en 2016 (49 mulleres e 36 homes), o que representa un leve descenso respecto ó ano 2009, cando eran 81 veciños, para alcanzar a poboación que tiña en 2004, cando eran 86 habitantes.

Reguengo, Dorrón, Sanxenxo

Reguengo é un lugar da parroquia de Dorrón do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 40 habitantes en 2016 (19 mulleres e 21 homes), o que representa un claro aumento respecto ós anoa anteriores, cando tiña 29 veciños en 2009 e 28 en 2004.

Rodeiras, Dorrón, Sanxenxo

Rodeiras é un lugar da parroquia de Dorrón do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 38 habitantes en 2016 (21 mulleres e 17 homes), o que representa un leve aumento respecto ó ano 2009, cando tiña 35 veciños, e máis marcado respecto ó ano 2004, cando eran 29.

Samieira, Poio

Santa María de Samieira é unha parroquia do concello de Poio. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 1.057 habitantes (537 mulleres e 520 homes) distribuídos en 12 núcleos de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 1999 cando tiña 1.063 habitantes.

Sanxenxo

Sanxenxo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2018 contaba con 17.212 habitantes (8.487 mulleres e 8.725 homes), cifra que segundo o concello se multiplica por seis en época estival. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é sanxenxino ou sanxenxeiro e, popularmente, lilaino, -a .

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.