Dora Vázquez

Dorinda Remedios Vázquez Iglesias, nada no barrio do Polvorín (Ourense) o 21 de agosto de 1913 e finada o 23 de setembro de 2010[1] na mesma cidade, foi unha escritora galega. Foi irmá da tamén escritora Pura Vázquez.

Dora Vázquez
Nacemento21 de agosto de 1913
 Ourense
Falecemento23 de setembro de 2010
 Ourense
SoterradaCemiterio de San Francisco de Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta e escritora

Traxectoria

Insua dos Poetas - Pura e Dora Vázquez
Escultura en homenaxe a Pura e Dora Vázquez na Insua dos Poetas.
Insua dos Poetas - Pura e Dora Vázquez 2
Escultura en homenaxe a Pura e Dora Vázquez na Insua dos Poetas.

Criouse na cidade da Coruña dos seis aos trece anos, cando regresou coa súa familia a Ourense, logo de que seu pai, funcionario de correos e poeta afeccionado,[2] fora sancionado durante a guerra civil. Realizou estudos de maxisterio na Escola Normal de Ourense en 1933 e exerceu en Teimende no concello de Parada de Sil durante dezao anos e en Larín no concello de Arteixo outros quince anos ata a súa xubilación anticipada por motivos de saúde. Foi nomeada socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2005.[3]

Obra

Comezou a publicar artigos no xornal La Noche de Santiago de Compostela, publicou en numerosas publicacións galegas e de América. Aínda que escribiu poesía, Dora, dedícase sobre todo á narrativa con especial dedicación á infantil e xuvenil ao que lle dá un sentido exemplarizante e didáctico.[4]

Produción literaria en galego

Poesía

  • Un poema cada mes, 1969, edición da autora.
  • Irmá, 1970, edición da autora.
  • A xeito de antoloxía, 1992, edición da autora.
  • Madeixas debandando, 1997, Concello de Arteixo.
  • Pasatempo ferido de versos, 1999, edición da autora.

Narrativa

  • Bergantiñá, 1968, edición da autora.
  • A Malpocadiña: memorias, 1996, Deputación de Ourense.
  • O agro: un mundo aberto, 2001, edición da autora.
  • Noelia, 2001, edición da autora.

Ensaio

  • Mulleres amadas por grandes homes, 1993, Edicións do Castro.
  • Soñando con Ourense, 1995, Concello de Ourense.
  • Galicia: cousas e xentes, 1997, Deputación da Coruña.
  • Ronseis: cabos soltos dunha historia, 1997, edición da autora.
  • Letras no tempo, 2002, edición da autora.
  • Cadros (reais, de amor, vida, agro e teatro), 2003, edición da autora.

Literatura infanto-xuvenil

  • Campo e mar aberto, 1975, Celta.
  • Contos para nenos e nenas, 1996, edición da autora.
  • O troleiro e outros contos, 2000, Edicións do Castro.
  • A pombiña de Deus, 2002, publicada en internet.
  • Os meus últimos contos para nenos e mozos, 2004, Deputación de Ourense.

Teatro

  • Tres cadros de teatro galego, 1973, edición da autora.

Obras colectivas

Obras con Pura Vázquez
  • A nena que iba á busca de un corazón, en Monicreques, 1974, La Región.
  • Oriolos neneiros, 1975, edición das autoras.
  • Augas soltas no volume Dúas novelas galegas, 1978, edición das autoras.
  • Don Rato busca un obreiro e Xuicio no bosque, ou soñar non costa nada, en Ronseles, 1980, La Región.
  • Viaxe ao país dos contos e da poesía, 1985, Caixa Ourense.
  • Teatro completo para nenos, 2000, Abano, Ourense.

Produción literaria en castelán

  • Palma y corona (historias santas), 1964, Escuela Española.
  • Caminos de plata y sol, 1966.
  • Fantasías infantiles, 1980.
  • Oración junto al camino, 1985, Rondas. Traducido ao galego como Oración xunto ó camiño, 1996, edición da autora.
  • Amor y paz, 1998, Caixa Ourense.
Obras con Pura Vázquez
  • Los poetas, 1971, edición da autora.

Premios

Notas

  1. Falece a escritora Dora Vázquez aos 97 anos de idade Arquivado 27 de setembro de 2010 en Wayback Machine., nova en Xornal de Galicia o 24 de setembro de 2010.
  2. Entrevista a Pura Vázquez, Faro de Vigo, 4 de novembro de 2007
  3. Ficha da autora na Biblioteca Virtual Galega
  4. Dolores Vilavedra (coord.), Diccionario da Literatura Galega, Vol I, Vigo, 1995, páx. 600

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

21 de agosto

O 21 de agosto e o 233º día do ano do Calendario Gregoriano e o 234º nos anos bisestos. Quedan 132 días para finalizar o ano.

23 de setembro

O 23 de setembro é o 266º día do ano do calendario gregoriano e o 267º nos anos bisestos. Quedan 99 días para finalizar o ano.

Antonio Yáñez Casal

Antonio Yáñez Casal, nado en Ferrol en 1959, é un escritor galego, principalmente de literatura infanto-xuvenil.

Biblioteca Virtual Galega

A Biblioteca Virtual Galega, tamén coñecida polas siglas BVG, é unha biblioteca dixital da Universidade da Coruña e a deputación provincial, accesible a través da Internet, estreada no ano 2002.

Celia Díaz

Celia Díaz Nüñez, nada nas Eiras (O Páramo) en 1961, é unha escritora galega.

Concurso nacional de contos infantís O Facho

O Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho, foi creado por esta asociación, como parte do seu esforzo de dinamización e normalización do idioma e da cultura propias. Premia obras de literatura infantil e xuvenil escritas en galego.

O primeiro premio convocouse no ano 1968 e foi premiado o conto A galiña azul, de Carlos Casares.

1968: 1º premio A galiña azul, Carlos Casares.

1969: 1º premio O león e o paxaro rebelde, Bernardino Graña.

1971: 1º premio O espantallo, Xosé Agrelo Hermo.

1972: 1º premio O bosque de Ouriol, Arcadio López-Casanova.

1973: 1º premio Sabeliña e os ratos, Paco Martín.

1974: 1º premio Zoca, zoqueira, Xoán Babarro.

1975: 1º premio O cataventos, María Victoria Moreno.

1976: 1º premio Cascabel, o cabaliño do circo, Dora Vázquez.

1977: 1º premio Os amigos do cabeceiro, Ana María Fernández Martínez.

1979: 1º premio O Rei de nada, Sabela Álvarez Núñez.

1980: 1º premio O país dos ríos, Xesús Pisón.

1984: 1º premio O demo presumido, Xesús Pisón.

1985: 1º premio Hestoria de Fertolpo, Alfonso Álvarez Cáccamo.

Insua dos Poetas

A Insua dos Poetas é un parque situado en Esgueva (Madarnás, O Carballiño), a carón do río Pedriña.

O espazo acolle esculturas adicadas a poetas da literatura galega. Está xestionado pola Fundación Insua dos Poetas, que preside Luís González Tosar.

María Canosa

María Canosa Blanco, nada en Cee o 20 de agosto de 1978, é unha enxeñeira de Camiños, Canais e Portos galega, coñecida pola súa participación como xurado en programas concurso da Televisión de Galicia e como escritora de literatura infantil e xuvenil.

Pinto

Pinto pode referirse a:

O peixe pinto (Labrus merula);

O topónimo Pinto pode referirse a:

En Galicia:

O Pinto, lugar de Vilar de Ordelles, do concello ourensán de Esgos.

Fóra de Galicia:

a localidade madrileña de Pinto;

a comuna chilena de Pinto, na provincia de Ñuble;

a localidade estadounidense de Pinto, no estado de Texas;

a localidade hondureña de Pinto, no departamento de Atlántida;

a localidade arxentina de Pinto ou Villa General Mitre, no departamento de Aguirre;

a localidade arxentina de Cañada de Río Pinto, no departamento de Ischilín;

a localidade arxentina de General Pinto, no partido de General Pinto;

a localidade arxentina de Sauce Pinto, no departamento de Paraná;O apelido Pinto pode referirse a:

o futbolista e adestrador retirado José Pinto Rosas;

o futbolista do FC Barcelona José Manuel Pinto Colorado;

o Presidente de Chile Francisco Antonio Pinto Díaz;

o Presidente de Chile Aníbal Pinto Garmendia;

o cineasta portugués Joaquim Pinto;

a actriz india Freida Pinto.

Pura Vázquez

Carmen Pura Vázquez Iglesias, nada en Ourense, no barrio do Polvorín, o 31 de marzo de 1918 e finada na mesma cidade o 25 de xullo de 2006, foi unha poetisa galega. Representante da poesía de posguerra, apostou por unha saída lírica e existencialista fronte a liñas máis combativas. Poetisa en galego e castelán, e irmá da escritora Dora Vázquez, tamén se conta entre as escritoras vencelladas á emigración. Foi a primeira muller que comezou a publicar en galego nos xornais e revistas de Galiza e da emigración tras a guerra civil. Tamén foi unha das pioneiras no eido da literatura infantil e xuvenil.

Rafael Laso Lorenzo

Rafael Laso Lorenzo, nado en Xinzo de Limia o 25 de xaneiro de 1965, é un escritor galego.

Rapazas, rapaces e rapazadas

Rapazas, rapaces e rapazadas é o noveno álbum de estudio (e undécimo na discografía) do cantante de folk galego Suso Vaamonde. Foi publicado en 1997 baixo o selo Produccións Trebón.

Trátase dun dobre CD para nenas e nenos con letras populares e máis dos poetas Pura Vázquez, Bernardino Graña, Uxío Novoneyra, Antón Zapata, Dora Vázquez, Manuel Cuña Novás, Camilo José Cela, Luís Pimentel, Crecente Vega, Neira Vilas, Emilio Álvarez Blázquez, e Manuel María.

Ánxela Gracián

Ánxela Rodríguez Rodríguez, nada en San Paio de Arcos (Castroverde) o 1 de marzo de 1968, é unha escritora galega, máis coñecida polo pseudónimo de Ánxela Gracián.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.