Donostia

Donostia[1] (en éuscaroDonostia; en castelánSan Sebastián; as dúas denominacións cooficiais[2]) é unha cidade e concello do norte do País Vasco, na costa do golfo de Biscaia e na proximidade da fronteira con Francia. É a capital da provincia de Guipúscoa desde 1854. A súa poboación é de 186.122 habitantes (2011), e a súa área metropolitana alcanza os 436.500 (2010).

As súas principais actividades económicas son o comercio e o turismo,[3] constituíndo no pasado un dos máis famosos destinos turísticos de España. A súa paisaxe, dominada pola baía da Concha, así como o seu desenvolvemento arquitectónico moderno iniciado na segunda metade do século XIX, que configurou unha cidade de corte francés e aburguesado, propiciaron o desenvolvemento da actividade turística a escala europea. Todo iso, unido a eventos internacionais como o Festival Internacional de Cine de Donostia, deu proxección exterior á cidade, malia as súas pequenas dimensións.

Donostia foi a Capital Europea da Cultura en 2016 xunto con Wrocław.

Coordenadas: 43°19′17″N 1°59′8″O / 43.32139, -1.98556

Donostia / San Sebastián
Bandera de San Sebastián
Escudo de Donostia
Baía da Concha e cidade de Donostia
A Baía desde o monte Igueldo
Localización
Donostia en País Vasco

Donostia
Donostia
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaPaís Vasco País Vasco
ProvinciaGuipúscoa
ComarcaDonostialdea
Xeografía
Altitude6 msnm
Superficie60,89 km²
Demografía
Poboación186.409 hab. (2012)
Densidade3.061,41 hab./km²
XentilicioDonostiarra[1]
Outros datos
Código postal20001 - 20018
AlcaldeEneko Goia (EAJ-PNV)
www.donostia.eus

Etimoloxía

O seu nome provén da Igrexa de San Sebastián. O nome éuscaro Donostia é unha posible evolución de Doe Sebastian (Doe significa santo). Tamén é coñecida como A Bela Easo. O seu xentilicio é donostiarra (en galego, éuscaro e castelán), se ben no pasado tamén se empregaba o xentilicio de easonenses (da Bela Easo).

O concello da cidade admite 2 denominacións oficiais[2]:

  • Donostia, a denominación oficial en éuscaro.
  • San Sebastián, a denominación oficial en castelán.

Entre 1980 e 2012 a denominación oficial da cidade foi a bilingüe Donostia-San Sebastián. Tamén é coñecida como Sanse (forma coloquial), Donosti (variante coloquial de Donostia moi utilizada), A Bela Easo ou Irutxulo.

Xeografía

Donostia aséntase a beiras do mar Cantábrico, tendo varias praias (sendo a máis coñecida a da Concha, na baía homónima) e un pequeno porto ao abrigo do monte Urgull. Posúe ademais outras montañas, tanto promontorios costeiros como terra dentro, estando a súa cima máis alta, Urdaburu (602 msnm), nun exclave homónimo. Aínda que o relevo é accidentado atópanse algunhas zonas planas de certa amplitude nos vales, chairas onde se concentra boa parte do núcleo urbano.

Clima

Donostia, que posúe un clima oceánico, é unha das cidades máis chuviosas de España. As choivas son abundantes en todas as estacións do ano, especialmente no outono. As precipitacións en forma de neve son escasas e o número de xeadas adoita variar entre 5 e 10 anuais. A finais de setembro e principios de outubro adoitan darse mareas vivas, preamares máis altas e baixamares máis baixas do normal.

Clima San Sebastián (España)
Climograma de Donostia.

As temperaturas son suaves e temperadas (cunha media de 15 °C), aínda que no verán e inverno a alta humidade (situada en torno a un 70-80 % a maior parte dos días do ano) provoca sensacións térmicas máis acusadas. Os días que sopra o vento do sur, que provoca efecto Foehn, eleva as temperaturas ata os 20 °C en pleno inverno e ata os 37-38 °C no verán, descendendo a humidade considerablemente, aínda que esta situación de altas temperaturas no verán adoita durar pouco tempo, interrompéndose cun xiro de vento a compoñente noroeste, o cal provén do mar Cantábrico. Este fenómeno é a galerna e vén acompañado dun brusco descenso das temperaturas e en ocasións de nubes, tormentas ou ata néboa mariña.

En situación de invasión de aire frío procedente de Europa (ventos do nordés), Donostia é unha das primeiras cidades en notar o frío e adoita ser unha das capitais costeiras españolas máis afectadas dada a súa proximidade a Francia, isto débese a que os ventos non teñen percorrido marítimo e polo tanto tempéranse menos que noutras cidades, polo que non é raro ver a praia de La Concha cuberta de neve. As temperaturas extremas de San Sebastián son de 40 °C e de -13 °C, ambas tomadas no aeroporto.

Demografía

A poboación de Donostia creceu de xeito progresivo ao longo do século XX. Entre 1900 e 1930 o crecemento foi regular, pasando a duplicarse nos apenas 35 anos que separan 1930 de 1965. Este repunte no crecemento demográfico viuse atenuado por un menor crecemento a partir da década de 1970, chegando a reducirse a poboación por primeira vez no século a finais da década de 1980, como consecuencia da caída xeneralizada da natalidade en todo o país.

O crecemento actual da poboación é lento, aínda que o fenómeno da inmigración, aínda incipiente na cidade (as persoas inmigrantes, a 2006, chegan ao 5 % do padrón de habitantes, segundo a Sociedade de Fomento do concello), pode incidir nun repunte do crecemento demográfico. Segundo os datos a 1 de xaneiro de 2009, a poboación total é de 185.357 habitantes, dos cales 97.192 son mulleres (53 %) e 86.116 homes (47 %).

Barrios

Donostia puente kursaal
Ponte de Kursaal, co Hotel María Cristina (esquerda) e o Teatro Victoria Eugenia (dereita) ao fondo, desde o río Urumea.
San Sebastian Puente Maria Cristina
Ponte María Cristina, coa Estación de ferrocarril e Tabacalera ao fondo, conecta o Centro co barrio de Eguía.
Donostia Reina Regente
As fachadas da Rúa da Raíña Rexente, fronte ao Teatro Vitoria Eugenia, son unha boa mostra da típica arquitectura donostiarra de finais do século XIX e comezos do século XX. Forman parte do que se denominou barrio novo de Salamanca, que se desenvolveu en sentido Leste desde a Parte Vella ata o río Urumea, e non no sentido Sur do Ensanche de Cortázar.
Donostia Plaza de Guipúzcoa
Sede da Deputación de Guipúscoa na Praza de Guipúscoa.
San Sebastian Zubieta
O barrio donostiarra de Zubieta está situado nun contorno rural a pouca distancia de Lasarte. Nel atópase o Hipódromo de Donostia e as instalacións de adestramento da Real Sociedad.
Kontxa eskubanda eta hondartza Donostia
Vista da Praia de La Concha desde os Xardíns de Alderdi Eder, fronte ó concello.
San Sebastian.Donostia La Concha
A Praia de La Concha ten unha anchura que varía en gran medida en función das mareas, con marea alta.
  • Aiete: barrio residencial.
  • Altza: é o Barrio máis densamente poboado da cidade, de orixe rural, experimentou un gran crecemento nos anos 60 debido á inmigración, chegou a ser municipio independente, aspiración que aínda existe en parte da poboación.
  • Amara: é o barrio que máis creceu ultimamente, divídese en varias partes Amara zaharra (Amara Vello) e Amara Berri (Amara Novo), barrio de moita actividade comercial onde se atopa o Estadio de Anoeta.
  • Antigua: é o barrio onde estaba o primeiro asentamento humano da cidade, é un barrio moi diverso xa que hai dende casas modestas ata señoriais vilas e pazos a lado da Praia de Ondarreta.
  • Añorga: barrio situado na Periferia de Donostia a medio camiño do municipio de Lasarte-Oria. É unha barrio moi pequeno, só teñen dúas rúas de menos de 200 metros. Esta separado do núcleo urbano, só se pode acceder a este andado bordeando a estrada ou por medio de tren, autobús ou coche.
  • Bidebieta: populoso barrio inconfundible polos seus altos rañaceos, linda co municipio de Pasaia.
  • Centro: é o barrio donostiarra por excelencia. Expandiuse nos séculos XIX e XX; como o ensanche Cortázar. Neste barrio situouse o centro da cidade e o Km. 0 das estradas Guipuscoanas no cruzamento da Avenida da Liberdade (ou "A Avenida"); unha das rúas máis importantes da cidade e centro económico dela; coa rúa Hernani. O seu plano ortogonal ou en cuadrícula é típico do Modernismo, que organiza os edificios en cuadrículas e rúas perpendiculares. De feito compárase o Centro de Donosti con cidades tan importantes como Barcelona ou París, ata, gañouse o nome de "A Pequena París"
  • Egia: barrio separado do centro da cidade polas vías do Ferrocarril, é un barrio con grandes costas onde se atopa o Cemiterio de Polloe.
  • Gros: barrio que pode considerarse como centro da cidade, con moita actividade comercial, que tivo unha gran revalorización coa ampliación da praia de Gros (Zurriola) e a creación do Palacio de Congresos Kursaal.
  • Ibaeta: zona en expansión, tanto para usos industriais como de vivenda. Neste barrio se sitúa o campus universitario da UPV.
  • Igeldo: o 17 de decembro do 2013, o barrio de Igeldo separouse do concello de Donostia, facéndose efectiva ao día seguinte e constituíndose no 89º concello de Guipúscoa[4]. Dous meses máis tarde o Tribunal Superior de Xustiza de Euskadi anulou a súa segregación.
  • Intxaurrondo: outro barrio moi populoso. Afastado do casco urbano.
  • Loiola: barrio coñecido por estar situado o cuartel militar de Loiola, hoxe case en desuso.
  • Martutene: barrio coñecido por estar situada o cárcere do mesmo nome.
  • Parte Vella: é o barrio máis vello da cidade, os seus habitantes divídense en Koxkeros (Os nados xunto á Igrexa de Santa María) e joxemaritarras (Os nados xunto á Igrexa de San Vicente). O nome San Sebastián vén da parroquia do mesmo nome situada neste barrio.
  • Zubieta: caso parecido ao de Igeldo, neste caso o municipio atópase dividido entre os termos municipais de Donostia e Usurbil, moi coñecido porque se atopan as instalacións deportivas da Real Sociedad de Fútbol.

Festividades

A tamborrada

A noite do 19 ao 20 de xaneiro a Praza da Constitución da Parte Vella énchese de donostiarras ao redor do taboado no que se sitúa a tamborrada da Sociedade Gaztelubide, composta ata o 2005 soamente por homes. A lei de Igualdade do Goberno Vasco, tivo como consecuencia a entrada da muller por primeira vez, en 2006; nesta tradición dende mediados do século XIX. O ambiente vai crecendo ata que ás doce da noite toda a cidade está pendente da izada da bandeira ao mesmo tempo que os tambores e barrís da sociedade Gaztelubide tocan o himno da cidade e o resto de cancións compostas por Raimundo Sarriegi para esta data.

Ao longo da mañá do día 20, sae á rúa a Tamborrada Infantil, con máis de medio centenar de compañías infantís de centros escolares da vila, que seguen un percorrido establecido polas rúas máis importantes da cidade ao son das melodías de Sarriegi.

Ademais, durante todo o día pódense ver distintas compañías que van por outros percorridos, cada unha cos seus orquestras. Aínda que é máis común velas pola tarde, xa que respectan o percorrido infantil. En moitas ocasións, debido á gran cantidade de tamborradas que existen, varias compañías diferentes atópanse en distintos puntos dos seus percorridos. Aí aproveitan para tocar xuntos algunhas cancións.

A festa continúa ata a noite do 20 ao 21, cando a cidade se reúne de novo na Praza da Constitución esta vez ao redor da tamborrada da Unión Artesá (a Sociedade máis antiga da cidade). Esta compañía toca as cancións de Sarriegui por última vez este ano, para acabar tocando o himno da cidade ás doce da noite, á vez que se ergue a bandeira da vila.

Himno

O himno de Donostia é un texto en éuscaro de Raimundo Sarriegi, dividido en tres partes. A primeira enxalza a cidade, única no mundo; e o santo, único no ceo. A segunda parte fala dos "joxemaritarras", que van tocando de rúa en rúa divertindo á xente. Na terceira parte faise referencia a que dende as doce da noite hai que esquecer as mágoas, xa que os tamorreros van ir berrando pola cidade. Ademais, ao principio e ao final do himno, dise "estamos aquí nós tamén, sempre felices, sempre alegres".

Ba gera, gu ere bai, gu beti pozez, beti alai. Beti alai!!
Sebastian bat bada zeruan, Donosti bat bakarra munduan.
Hura dá santua, ta hau dá herria, horra zer dan gure Donostia!! (bis)
Hiru txuloko, gaztelupeko
joxemaritar zahar eta gazte, joxemaritar zahar eta gazte
kalerik kale, danborra joaz, humore ona zabaltzen hor dihoaz. Joxemari!! (bis)
Gautandik gerora, penak txokora!!
Festara!! Dantzara!!
Donostiarrei oihu egitera gatoz!!
Poz aldiz!! Inauteriak datoz!! (bis)
Ba gera, gu ere bai, gu beti pozez, beti alai. Beti alai!!

Outras festividades

En agosto, durante a semana anterior ao día da Asunción, celébrase a Semana Grande Donostiarra, as festas da cidade. Entre as diversas actividades que se dan, está o concurso internacional de lumes artificiais. Cada noite desa semana unha casa pirotécnica distinta, todas elas chegadas de distintas partes do mundo, encárgase de lanzar os seus lumes artificiais dende os xardíns de Alderdi Eder sobre a baía da Concha.

Ademais, o 31 de agosto lémbrase o incendio que arrasou a cidade en 1813 deixando en pé unha soa rúa; a máis antiga da cidade: a rúa 31 de Agosto, na Parte Vella.

O 21 de decembro é o día de Santo Tomás. Durante este día por toda a cidade pódense ver postos de produtos artesanais entre os que destacan por ser a comida típica do día o talo, a chistorra (ou txistorra en éuscaro) e a sidra.

Cultura

Música

A cidade é a sede do Orfeón Donostiarra e da Euskadiko Orkestra Sinfonikoa.

Festival Internacional de Cine de Donostia

A mediados de setembro, a cidade acolle personalidades do celuloide nun dos catro Festivais de Cine máis importantes do mundo. As estrelas acomódanse no hotel máis importante da cidade, o María Cristina, e as cerimonias celébranse no Kursaal tan só cruzando o río Urumea dende o hotel. Neste Festival o premio máis importante é a Cuncha de Ouro de Donostia á mellor película e a Cuncha de Prata, disputada por directores e actores.

Deporte

Regatas

San Sebastian La Concha
Donostia - Veleiros

As dúas primeiras semanas de setembro celébranse as regatas de traiñeiras da Baía da Concha. Teñen moito arraigo entre as festas populares porque cada traiñeira vai en representación doutras localidades guipuscoanas, como Hondarribia ou Orio, biscaíñas, cántabras e mesmo galegas.

A Real Sociedad

A Real Sociedad de Fútbol, coñecida popularmente como A Real (en éuscaro Reala ou Erreala) é o principal equipo de fútbol de Donostia. Foi campión da Liga Española en dúas ocasións e gañou outros trofeos como a Copa do Rei, e estivo moitas veces ao as portas de gañar outros campionatos nacionais e internacionais.

O campo de fútbol da Real é o Estadio Municipal de Anoeta, no barrio de Amara; pero para os adestramentos utiliza as instalacións de Zubieta, no barrio homónimo.

Predecesor:
Bélxica Mons
República Checa Plzeň
EU Insignia
Capital Europea da cultura
xunto con Polonia Wrocław

2016
Sucesor:
Dinamarca Aarhus
Chipre Paphos

Notas

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para donostiarra.
  2. 2,0 2,1 Donostia / San Sebastián, nova denominación oficial
  3. Sección de Economía de Geografía e historia de Donostia-San Sebastián (referenciada o 29/08/2007)
  4. Igueldo, independiente desde el miércoles en castelán. El País

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aeroporto de Donostia

O Aeroporto de Donostia (IATA: LCG, OACI: LECO) é un aeroporto xestionado por Aena situado no concello de Hondarribia (Guipúscoa), na fronteira de España con Francia, a 20 quilómetros da cidade de Donostia.

Asteasu

Asteasu é un concello da provincia de Guipúscoa, en Euskadi. Atópase na comarca de Tolosaldea, a 22 km de Donostia.

O seu termo municipal ten unha extensión de 16,76 km². Tiña en 2015 unha poboación de 1.525 habitantes.

Astigarraga

Astigarraga é un concello do norte da provincia de Guipúscoa, en Euskadi. Atópase na comarca de Donostialdea, a 5 km de Donostia. Foi un barrio da capital donostiarra ata 1987 cando se constituíu en concello independente.

O seu termo municipal ten unha extensión de 11,91 km². Limita ao norte e noroeste con Donostia, ao sur e suroeste con Hernani, ao leste con Errenteria e ao sueste co enclave de Landarbaso, pertencente a Donostia. Tiña en 2015 unha poboación de 5.688 habitantes.

Ataun

Ataun é un concello do sur da provincia de Guipúscoa, en Euskadi. Atópase na comarca de Goierri, a 45 km de Donostia, no límite con Navarra.

O seu termo municipal ten unha extensión de 58,73 km². Tiña en 2015 unha poboación de 1.674 habitantes.

Beasain

Beasain é un concello da provincia de Guipúscoa, en Euskadi. Atópase na comarca de Goierri, a 42 km de Donostia e 77 km de Pamplona.

O seu termo municipal ten unha extensión de 30,02 km². Tiña en 2015 unha poboación de 13.980 habitantes. É unha vila eminentemente industrial, na que destaca a empresa Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles (CAF).

Bera Bera Rugby Taldea

O Bera Bera Rugby Taldea é un club polideportivo da cidade de Donostia. Posúe diferentes seccións, entre as que destacan as de rugby e a de balonmán feminino, nas que o club se encontra na elite das ligas de España.

Eskoriatza

Eskoriatza é unha vila de Guipúscoa, pertencente á comarca de Debagoiena e situada a unha distancia de 76 km da capital provincial, Donostia.

Festival Internacional de Cine de Cannes

O Festival de Cine de Cannes é un prestixioso festival de cine internacional que se celebrou por primeira vez do 20 de setembro ó 5 de outubro de 1946 na cidade costeira de Cannes, ó sur de Francia. Desde entón celebrouse practicamente cada ano, agás algunhas excepcións.

O Festival adoita lograr a máxima atención por parte dos medios de comunicación, e moitas estrelas do cine asisten ás diferentes proxeccións de películas que acolle.

En Cannes entrégase un prestixioso premio coñecido como Palma de Ouro que concede un prestixioso xurado internacional composto por profesionais do mundo do cine. En ocasións, varias películas comparten o galardón nun mesmo ano.

O festival de Cannes é un festival de categoría "A" acreditado pola Federación Internacional de Asociacións de Produtores Cinematográficos (FIAPF) xunto cos festivais de Berlín, Venecia, Donostia, Mar do Prata ou Karlovy Vary entre moitos outros (ver o enlace á FIAPF para a lista completa).

Festival Internacional de Cine de Donostia

O Festival Internacional de Cine de Donostia (en éuscaro: Donostiako Zinemaldia, en castelán: Festival de San Sebastián, en inglés: San Sebastian International Film Festival) é un certame cinematográfico da máxima categoría (A) acreditada pola FIAPF iniciado o 21 de setembro de 1953 na cidade vasca de Donostia. Ten lugar anualmente a finais do mes de setembro.

O de Donostia é o máis importante dos festivais de cine de España e dos países de fala hispana e un dos máis lonxevos e prestixiosos de Europa. Algúns dos acontecementos máis salientables da súa historia son a estrea mundial da película Vértigo, de Alfred Hitchcock, a estrea europea da saga de Star Wars ou a estrea mundial de Melinda and Melinda, de Woody Allen.

No seu máis de medio século de existencia, o festival propiciou o descubrimento de novos talentos do mundo do cine, ó mesmo tempo que gozou da presenza e do apoio de estrelas internacionais consagradas coma Alfred Hitchcock ou Audrey Hepburn.

O axustado do orzamento e a importante competencia do resto de festivais internacionais deu lugar a unha progresiva diminución no número de estrelas de cine que acudiron a Donostia nas últimas edicións. Con todo, o papel predominante do cine e a participación da cidadanía donostiarra no certame son o que máis atractivo resulta ós participantes, que ven no de Donostia o festival de categoría A máis puramente cinematográfico de cantos se celebran. O compromiso social e o apoio ó cine independente son algunhas das características das últimas edicións.

Guipúscoa

Guipúscoa (en éuscaro e oficialmente: Gipuzkoa; en castelán: Guipúzcoa) é unha provincia do País Vasco (España), ademais de ser unha das sete provincias (herrialdes) do País Vasco tradicional. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste con Biscaia, ao sur con Áraba e ao leste con Navarra e Iparralde (País Vasco francés), parte do departamento dos Pireneos Atlánticos. A súa capital é Donostia.

Guipúscoa é a provincia de menor superficie entre todas as de España, cunha área de 1.909 km². A súa poboación no ano 2007 alcanzaba 694.944 habitantes, o que a converte nunha das máis densamente poboadas de España (360,7 hab/km²).

Hernialde

Hernialde é un pequeno concello da provincia de Guipúscoa, en Euskadi. Atópase na comarca de Tolosaldea, a 26 km de Donostia.

O seu termo municipal ten unha extensión de 4,17 km². Tiña en 2015 unha poboación de 331 habitantes.

Itsasondo

Itsasondo é un concello da provincia de Guipúscoa, en Euskadi. Atópase na comarca de Goierri, a 38 km de Donostia.

O seu termo municipal ten unha extensión de 8,94 km². Tiña en 2015 unha poboación de 675 habitantes.

Legazpi

Legazpi é un concello da provincia de Guipúscoa, en Euskadi. Atópase na comarca de Goierri, a 55 km de Vitoria, 64 km de Donostia e 75 km de Bilbao.

O seu termo municipal ten unha extensión de 208,78 km². Limita ao norte con Antzuola, Urretxu e Zumarraga, ao oeste con Oñati, ao sur con Zegama e a parzonería de Altzania, e ao leste con Zerain, Mutiloa e Gabiria. Tiña en 2015 unha poboación de 8.521 habitantes.

Marca (xornal)

MARCA é un xornal español de información deportiva, fundado en 1938 en Donostia. Ten unha tirada media de 413.252 exemplares diarios e unha media de difusión de 287.641 exemplares..

Oiartzun

Oiartzun é un concello situado no nordés de Guipúscoa, en Euskadi. Atópase na comarca de Donostialdea, a 10 km de Donostia.

Tiña en 2016 unha poboación de 10.148 habitantes, dispersa en diferentes barrios que se reparten polo val de Oiartzun. O núcleo principal e capital do concello é Elizalde. Os oito barrios tradicionais do concello son: Altzibar, Arragua, Elizalde, Ergoien, Gurutze, Iturriotz, Karrika e Ugaldetxo.

Orio

Orio é un concello costeiro da provincia de Guipúscoa, en Euskadi. Atópase na comarca de Urola Kosta, 11 km ao oeste de Donostia.

O seu termo municipal ten unha extensión de 9,81 km². Limita ao norte co mar Cantábrico, ao leste con Donostia e Usurbil, e ao sur e oeste con Aia. Tiña en 2015 unha poboación de 5.805 habitantes.

País Vasco

O País Vasco ou Euskadi (en éuscaro: Euskal Herria ou Euskadi, en castelán: País Vasco ou Euskadi), tamén coñecido como Comunidade Autónoma Vasca (en éuscaro: Euskal Autonomia Erkidegoa, en castelán: Comunidad Autónoma Vasca), é unha comunidade autónoma española situada no extremo nororiental da costa cantábrica. Limita con Cantabria e Castela e León (provincia de Burgos) ao oeste, con Navarra ao leste, coa Rioxa ao sur, e co Golfo de Biscaia (mar Cantábrico) e Francia ao norte.

Está formado por tres provincias, tamén coñecidas como territorios históricos, que son Guipúscoa, Biscaia e Áraba. As súas respectivas capitais son Donostia, Bilbao e Vitoria. A capital e sede do Parlamento e Goberno autonómicos é Vitoria, mentres que a cidade máis poboada é Bilbao.

Ten unha historia milenaria de orixes incertas e a súa lingua propia, o éuscaro, é a lingua máis antiga de Europa falada hoxe en día e a única illada do continente. É considerado unha nacionalidade histórica recoñecida na Constitución española con estatuto de comunidade autónoma. A constitución tamén recoñece os seus foros históricos, de orixe medieval. Hai unha forte forza do nacionalismo e independentismo, tanto politicamente de esquerdas (chamado abertzale) como de dereitas.

Real Sociedad de Fútbol

A Real Sociedad de Fútbol, S.A.D., coñecida en éuscaro como Reala ou Erreala, é un club de fútbol fincado na capital de Guipúscoa, Donostia (País Vasco, España). Con máis de 25.000 socios, ten unha longuísima traxectoria na historia do balompé español.

Gañou dous campionatos da Liga española de fútbol, unha Copa do Rei e unha Supercopa de España, así como diversos subcampionatos en devanditas competicións e múltiples participacións europeas ao longo da súa historia, tres na Liga de Campións. Tras 40 tempadas consecutivas na Primeira División Española (1967-2007), o 17 de xuño de 2007, na última xornada da tempada 2006-07, perdeu a categoría, co que pasou a xogar en Segunda División. A tempada 2009-10 volve lograr o ascenso.

Ocupa o posto nº 8 na Clasificación histórica da Primeira División e o nº 184 na clasificación histórica mundial da IFFHS. É, ademais, o sexto equipo que máis internacionais achegou á Selección española de fútbol e ostenta o récord de xornadas consecutivas sen perder en Primeira.

O Athletic Club é o rival histórico da Real Sociedad por excelencia. Os dous equipos manteñen unha rivalidade desde os seus comezos, entre outras cousas porque son os dous principais equipos do País Vasco.

Universidade do País Vasco

A Universidade do País Vasco (en éuscaro: Euskal Herriko Unibertsitatea) é unha universidade pública vasca que foi creada en 1980 a partir da Universidade de Bilbao e esténdese por todo o territorio do País Vasco.

A súa lema, en éuscaro, é Eman ta zabal zazu (Dáo e difúndeo), que é á súa vez un verso do Gernikako Arbola, un himno vasco do século XIX. O seu emblema foi deseñado polo escultor Eduardo Chillida na década de 1970, e converteuse en símbolo reivindicativo na Transición. O reitor actual é Iñaki Goirizelaia.

Capitais de provincias de España
Capitais europeas da cultura

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.