Domingo de Ramos

Para os cristiáns, o Domingo de Ramos é o primeiro día da Semana Santa, período en que conmemoran a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús de Nazaret. Iníciase rememorando a Entrada de Xesús en Xerusalén. A data de celebración varía cada ano, sempre na contorna dos meses de marzo e abril.

A liturxia do Domingo de Ramos comeza coa bendición das palmas e ramas de oliveira.

Pollinica (7)
Procesión da Pollinica, en Málaga
A semana na cultura popular galega

Como acontece noutras culturas, en Galicia tamén estivo presente a vella preocupación supersticiosa polos días faustos e infaustos, felices e infelices. A seguir recóllense crenzas, refráns e cantigas que recollen a pegada da semana na cultura popular galega.

Domingo

O domingo é o sétimo día da semana. O nome "domingo" vén do latín Dominicus (dies) ou día do Señor, por causa da celebración cristiá da Resurrección de Xesús.

Cando o Instituto da Lingua Galega elaborou o Atlas Lingüístico Galego, tamén foi rexistrada localmente a forma arcaica primeira feira, soamente observada polo estudo nos lugares de Sistallo (en Cospeito) e Vilachán (en Tomiño) . O termo "primeira feira" procede do latín prima feria (ou feria prima).

Luns Santo

O Luns Santo é o segundo dos días da Semana Santa, cuxo comezo ten lugar o Domingo de Ramos, e durante a cal os cristiáns conmemoran a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús de Nazaret. Así se pon de manifesto na liturxia das distintas cerimonias que teñen lugar en Semana Santa nas distintas confesións cristiás.

Ademais dos actos celebrados nos templos, diversas manifestacións populares teñen lugar durante a Semana Santa en todo o mundo, destacando as procesións que se organizan en moitos pobos e cidades, como Cartagena, Cuenca, León, Málaga, Salamanca, Sevilla, Valladolid, Ferrol e Viveiro.

Luns de Pascua

O luns de Pascua é o día seguinte (luns) á Pascua católica (domingo). É o primeiro día da Oitava de Pascua (popularmente coñecida como semana de Pascua).

É festivo local no concello de Rois, e neste día celébrase a romaría de San Cibrán na parroquia de Tomeza (Pontevedra), a romaría da Virxe de Chamorro en Serantes (Ferrol), o Lance da Cruz en Sobrada (Tomiño), a romaría da Virxe dos Desamparados nos Vilares (Guitiriz), a romaría na capela da Virxe das Neves no monte da Peneda (Redondela), a romaría do San Bieito da Uceira en Cerredelo (Sandiás), e a festa de San Bieito en San Salvador de Asma (Chantada) e Penouta (Vilamartín de Valdeorras). Tamén se festexa en Esposende (Cenlle) e Circes (Touro).

En España é tamén festivo en Cataluña, Illas Baleares, Comunidade Valenciana, Navarra, País Vasco. Cantabria e A Rioxa, nalgunhas localidades da zona oriental de Aragón, de Asturias e de Estremadura.

Martes Santo

O Martes Santo continúan as celebracións da Semana Santa cristiá comezada o Domingo de Ramos e que conforme vai achegándose os días dos principais cultos (Xoves e Venres Santo) seguen a súa reflexión acerca de diversas pasaxes da Paixón, Morte e Resurrección de Xesús de Nazaret.

Mércores Santo

O Mércores Santo acaba a primeira parte da Semana Santa cristiá para dar paso ó Xoves Santo e á celebración da Última Cea. O Mércores Santo ten lugar a traizón de Xudas Iscariote.

O loureiro na cultura popular galega

Na cultura popular galega, o loureiro ten tres grandes aplicacións: como planta medicinal, como condimento e como protector contra as tormentas, os meigallos e outras desgrazas. Este último aspecto é o que se desenvolve neste artigo.

Tamén é fonte de numerosos topónimos galegos.

Procesión do Domingo de Ramos de Elx

A Procesión do Domingo de Ramos de Elx ou Procesión das Palmas é á celebración do primeiro día da Semana Santa Ilicitana, Domingo de Ramos, na cidade española de Elx (Alacant), onde se representa a entrada de Xesús triunfante en Xerusalén.

Nesta procesión, decenas de miles de ilicitanos percorren, acompañando ao trono de Xesús Triunfante (pas de la burreta) as principais rúas do centro da cidade, portando as palmas brancas elaboradas por familias artesás da cidade e procedentes do Palmeiral de Elx.

Foi declarada Festa de interese turístico internacional en 1997.

Semana Santa

A Semana Santa é a festa máis importante do calendario cristiano. Conmemora a entrada de Xesucristo en Xerusalén, a súa morte na cruz e a súa resurrección.

Aínda que comeza o Domingo de Ramos e termina o Domingo de Pascua, a Semana Santa inclúe varias celebracións:

Venres de Dores

Sábado de Paixón

Domingo de Ramos

Luns Santo

Martes Santo

Mércores Santo

Xoves Santo, celébrase A Última Cea.

Venres Santo, recorda a crucifixión.

Sábado Santo

Domingo de Pascua, celebra a Resurrección.

Luns de Pascua

Martes de Pascua

Mércores de PascuaA Semana Santa celébrase na primavera, pero non coincide cunha data determinada do calendario, xa que ven determinada polo calendario lunar. As igrexas occidental e oriental utilizan calendarios diferentes para determinar o día de Pascua (o gregoriano en occidente e o xuliano en oriente), e aínda non chegaron a ningún acordo para unificar o criterio.

En Galicia destacan as Semanas Santas de Viveiro e Ferrol, ambas declaradas Festas de interese turístico internacional.

Semana Santa de Ferrol

A Semana Santa de Ferrol é o conxunto de actos de conmemoración da Paixón de Cristo que se celebran na cidade de Ferrol, en Galicia. Desde o ano 1995, está declarada Festa de interese turístico nacional, e desde o 2014 de interese turístico internacional.

Dá comezo o Domingo de Ramos e finaliza o Domingo de Resurrección. Durante todos os días comprendidos entre ambos, saen á rúa diversas procesións, organizadas polas cinco confrarías con sede na cidade. Os días máis destacados son o Xoves Santo e Venres Santo.

Semana Santa de Viveiro

A Semana Santa de Viveiro é unha celebración católica que ten lugar de xeito anual, na cidade galega de Viveiro. É unha das celebracións relixiosas máis antigas de Galicia, que se vén realizando de modo ininterrompido dende o século XIII. Nesta conmemórase a paixón, morte e resurrección de Xesús de Nazaret a través dos diferentes actos, celebracións e procesións que realizan as confrarías. Ademais do seu carácter relixioso, a Semana Santa de Viveiro é tamén considerada coma un acontecemento cultural, popular e de atracción turística.A Semana Santa de Viveiro é un dos principais reclamos turísticos da localidade conseguindo ano a ano atraer a miles de visitantes que chegan chamados polo carácter único destas celebracións. Como reflexo da súa importancia, a celebración da Semana Santa de Viveiro alcanzou a declaración de Interese Turístico Internacional, recoñecemento que logrou no ano 2013. Esta Semana Santa destaca polo gran valor artístico da imaxinería e ourivaría, ademais de ter un carácter xeralmente sobrio e austero, que fai que se asemelle máis á Semana Santa castelá, en comparación con exemplos quizais máis soados como a Semana Santa andaluza.Os actos centrais da Semana Santa de Viveiro dan comezo o Venres de Dores e a súa celebración prolóngase durante máis dunha semana, finalizando o Domingo de Resurrección. Nela participan un total de oito Confrarías e Irmandades que compoñen a Xunta de Confrarías, encargada de coordinar os diferentes actos e desfiles procesionais que representan a Paixón de Cristo.

Semana Santa en Galicia

A Semana Santa en Galicia é o período sagrado do Cristianismo comprendido entre o Domingo de Ramos e o Domingo de Resurrección, celebrado en Galicia. Aínda que vai perdendo forza en comparación con outras rexións de España, aínda destacan as procesións dalgunhas vilas coma Ferrol e Viveiro.

Sober

Sober é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra de Lemos e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 2.301 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é soberés.

Sábado Santo

O Sábado Santo (tamén coñecido como Sábado de Gloria) é o segundo día do Triduo Pascual, que conclúe coas segundas Vésperas do Domingo de Resurrección culminando así para os cristiáns a Semana Santa. Tras conmemorar o día anterior a morte de Cristo na Cruz, espérase o momento da Resurrección. É a conmemoración de Xesús no sepulcro e o seu Descenso ao Abismo. Unha vez anoiteceu, ten lugar a principal celebración cristiá do ano: a Vixilia Pascual.

Tordera

Tordera é un municipio español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado no extremo oriental da comarca do Maresme.

Venres de Dores

O Venres de Dores ou de Dor é o venres anterior ao Domingo de Ramos, comprendido dentro da última semana da Coresma, coñecida pola Igrexa como Semana de Paixón. Nalgunhas rexións é considerado como o inicio da Semana Santa ou Semana Maior, ao iniciarse neste os desfiles procesionais.

Os católicos manifestan o seu fervor relixioso na celebración das Dores da nosa Señora, incluíndo por exemplo na liturxia da Misa a secuencia do Stabat Mater.

Nalgúns lugares denomínase Venres de Concilio, o cal é tomado como día de xaxún e abstinencia, quedando proscrito o consumo de carnes.

Xornada Mundial da Xuventude

A Xornada Mundial da Xuventude, tamén coñecida co acrónimo WYD en inglés, é un encontro internacional dos mozos de tradición católica, coa presenza do Papa. Celébrase en dúas modalidades: o Domingo de Ramos de cada ano na igrexa local e un encontro co Papa en Roma; e cada dous ou tres anos unha cita específica do mundo cunha gran reunión que apoia o procedemento formal consolidado cos anos e cun grande numero de participantes de tódalas partes do mundo. Este último encontro, de varios días de duración, asóciase ó nome de Xornada Mundial da Xuventude. En agosto de 2005 en Colonia celebrouse a Xornada Mundial da Xuventude 2005 na que participaron un millón de mozos.[Cómpre referencia] A seguinte tivo lugar en Sidney do 15 ao 20 de xullo de 2008, a segunda, trala de Bos Aires, organizada no hemisferio austral. En 2011 celebrouse en Madrid.

Xornada Mundial da Xuventude 1989

A Xornada Mundial da Xuventude de 1989, tivo lugar durante os días 19 e 20 de agosto de 1989 en Santiago de Compostela, Galicia e o 21 de agosto en Covadonga (Asturias). Esta cuarta edición foi a primeira dunha XMX na Unión Europea, agás as dúas primeiras edicións celebradas en Roma en 1984 e 1985, e tamén foi a primeira vez que o evento non se celebrou no Domingo de Ramos, tendo lugar en verán.

Xoves Santo

O Xoves Santo, celébrase o xoves anterior ao Domingo de Resurrección, no transcurso da Semana Santa cristiá. É o primeiro día do Triduo Pascual. Neste día a Igrexa Católica conmemora a institución da Eucaristía na Última Cea de Xesús, e do Sacerdocio.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.