Domingo de Andrade

Domingo Antonio de Andrade, nado en Cee en 1639 e finado en Santiago de Compostela o 12 de novembro de 1712, foi un arquitecto galego de proxección universal.

Domingo de Andrade
Nacemento1639
 Cee
Falecemento12 de novembro de 1712
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónarquitecto
Torre berenguela ou do reloxo
Torre da Berenguela ou do Reloxo da Catedral de Santiago.

Vida

Estudou na facultade de Artes da Universidade de Santiago de Compostela con intención de ordenarse crego, aínda que se licenciou noutra universidade (posiblemente de Alcalá de Henares ou Salamanca). No ano 1669 era Aparellador Maior da catedral e en 1676 foi nomeado Mestre de Obras da Catedral. Casou con Isabel Arenas de Canosa pero quedou viúvo en 1700. Logo desta maridanza infrutuosa ordenouse sacerdote e solicitou unha praza no cabido da catedral compostelá, da que era mestre maior desde 1672. Morreu en Santiago e foi soterrado na catedral.

Arquitecto insigne

Moi cedo, no ano 1676 abraiaría a Galicia coa súa primeira construción significativa, se cadra a súa obra mestra: a torre do Reloxo da catedral de Santiago de Compostela: sobre un corpo medieval no que abriu unha elegante xanela, alzou tres máis ata unha altura de 72 metros. O primeiro corpo de forma cúbica ten catro templetes nos ángulos e unha balaustrada. O segundo é octogonal con arcos de medio punto e tamén balaustrada. O terceiro colócase sobre un tambor circular e está ornamentado con oito volutas. No cume loce unha lanterna circular e remata nun pináculo rematado nunha bóla que sustenta unha cruz. A monumentalidade e a solidez en plena harmonía co conxunto catedralicio fan desta realización unha obra barroca de prestixio internacional.

No ano 1700, realizou o Pórtico Real da Quintana buscando unha compatibilidade perfectamente acadada coa torre do reloxo e sen que a profusa ornamentación desentoe do conxunto, antes ben o realza. Na catedral tamén realizou a actual Capela do Pilar, deseñada por el para o seu uso como sancristía.

Son súas a sala capitular e a sancristía da Catedral de Lugo. Nesta última obsérvanse as súas características sartas de froitas, así como o emprego do arco de medio punto. Na mesma cidade interveu no convento de dominicanas de Santa María a Nova.

Escaleira tripla de caracol (Compostela)
Tripla escaleira de caracol de San Domingos de Bonaval.

Volvendo a Santiago, traballou no convento de San Domingos de Bonaval, onde novamente aparecen as sartas de froitas no claustro e onde a contención da fachada trócase en virtuoso alarde na famosa escaleira de caracol.

Como Mestre de Obras municipal hai que salientar a Casa da Parra e a Casa da Conga (a súa obra póstuma ironicamente situada moi preto da que foi a primeira a Torre do Reloxo), na praza da Quintana, así como a Casa das Pomas na Rúa Nova e a casa da praza de Feixóo, onde destacan as escaleiras do interior.

Interveu, así mesmo, na Obra Pía de Santo Antonio, en Melide.

Tamén realizou diversas obras na Catedral de Ourense, concretamente a Capela do Santo Cristo e a sancristía.

Outras actividades

Deben mencionarse as súas obras en madeira, dado que foi tamén un entallador e imaxineiro brillante: retablos como o da igrexa da orde terceira no conxunto franciscano de Santiago, o da igrexa do convento das clarisas, o relicario do convento de San Paio de Antealtares e o desaparecido baldaquino do mosteiro de Oseira falan da súa habilidade nesta faceta menos coñecida

Escribiu a obra Excelencias, antigüedad y nobleza de la Arquitectura en 1695, onde da testemuño do seu saber e na que defende a dignidade profesional e científica da arquitectura.

Brillou como organizador de grandes festas públicas con fogos de artificio (conmemoración da visita da raíña María de Neoburg) e fixo tamén unha labor de enxeñeiro que saneou o urbanismo compostelán.

Domingo de Andrade foi ademais asesor do conde de Lemos, ao que nunha carta de 1696 propuxo o deseño dunha bomba que provocase a peste e que pode considerarse a idea inicial da guerra bacteriolóxica.[1]

Notas

  1. Arnáiz, A. (4-10-2009). "El gallego que ideó la guerra química". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 15-1-2009.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

12 de novembro

O 12 de novembro é o 316º día do ano do calendario gregoriano (317ºnos anos bisestos). Quedan 49 días para finalizar o ano.

As Orfas

O convento, igrexa e colexio das Orfas é un conxunto de edificios de estilo barroco situados en Santiago de Compostela.

Casa da Conga

A casa da Conga é un edificio de principios do século XVIII sito na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

Trátase dun edificio barroco construído para vivenda dos cóengos da catedral. As trazas iniciais débense a Domingo de Andrade, pero quen rematou a construción en 1730 foi Casas e Novoa. Está situada pechando a parte sur da praza da Quintana. Estrutúrase como un bloque de catro casas cun vistoso pórtico corrido que une as catro edificacións. É de estilo moi clasicista en contraste coa Casa da Parra situada na parte superior da praza. Na actualidade a casa da dereita é sede do Colexio de Arquitectos de Galicia e sala de exposicións. O resto está ocupado por comercios, restaurantes, bares e cafeterías.

Casa da Parra

A casa da Parra é un edificio de finais do século XVII situado na praza da Quintana de Santiago de Compostela. Foi deseñado por Domingo de Andrade

Catedral de Santiago de Compostela

A catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación. Un privilexio concedido en 1122 polo papa Calisto II declarou que serían «ano santo» ou «ano xubilar» en Compostela todos os anos nos que o día 25 de xullo, día de Santiago, coincidise en domingo; este privilexio foi confirmado polo papa Alexandre III na súa bula Regis aeterni en 1179.

Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1896, e a cidade vella de Santiago de Compostela, que se concentra ao redor da catedral, foi declarada ben cultural Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985.

Convento de San Domingos de Bonaval

O convento de San Domingos de Bonaval é un antigo convento dominico do século XIII cunha fábrica composta de elementos góticos, barrocos e neoclásicos.

Convento de Santa Clara de Santiago de Compostela

O convento de Santa Clara é un convento de clausura da orde das clarisas que se atopa na Rúa de San Roque, en Santiago de Compostela. O convento fúndase extramuros ao norte da cidade no ano 1260 grazas a doazóns da vila de Compostela e da dona do rei Afonso X o Sabio: Violante de Aragón. É o primeiro que as clarisas tiveron en Galicia. Foi fundado e impulsado por dona Violante, muller do rei Afonso X o Sabio, na segunda metade do s. XIII, polo que ten o título de "Real".

Sufriu diferentes modificación ao longo dos séculos, as primeiras no século XVI grazas ás doazóns da abadesa Isabel de Granada; e posteriormente nos séculos XVII e XVIII que lle deron o aspecto barroco actual. Nestes traballos participan os arquitectos Domingo de Andrade, frei Gabriel Domínguez, Pedro Arén e Simón Rodríguez.

Salienta a fachada da igrexa, obra de Simón Rodríguez, grande obra do barrroco compostelán.

O convento de Santa Clara foi declarado Monumento Nacional en 1940.

Década de 1680

A década de 1680 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1680 e remata o 31 de decembro de 1689.

Editorial de los Bibliófilos Gallegos

Bibliófilos Gallegos foi unha editorial galega fundada en Santiago de Compostela en 1949.

Fernando de Casas Novoa

Fernando de Casas Novoa, nado ao redor de 1670 e falecido o 25 de novembro de 1749, foi un arquitecto galego barroco de talle mundial.

Francisco Castro Canseco

Francisco Castro Canseco, nado en Valderas (León) en 1655 e falecido en 1724, foi un escultor destacado pola súa produción en Galicia. Hai quen opina que se formou en contacto con Domingo de Andrade[Cómpre referencia]. Residiu en Melide e Ourense.

Historia de Santiago de Compostela

A historia de Santiago de Compostela remóntase a prehistoria, a cultura castrexa, a pegada dos romanos, e como punto de inflexión o achado do enterramento do Apóstolo Santiago. A partir dese momento a cidade conformarase entorno ao centro de poder representado polo Arcebispo de Santiago e a súa representación física, a Catedral. O Camiño de Santiago marcou dende entón o devir da cidade.

Igrexa das Capuchinas da Coruña

A igrexa das Capuchinas é un templo relixioso situado na rúa das Panadeiras da cidade da Coruña. Formaba parte do antigo convento das Capuchinas, que foi rehabilitado para acoller o Museo de Belas Artes.

Pedro Sarmiento de Gamboa

Pedro Sarmiento de Gamboa, nado en Pontevedra en 1532 e falecido no Océano Atlántico, fronte a Lisboa, en 1592, foi un navegante e historiador galego.

Sebastián González García-Paz

Sebastián González García-Paz, nado en Pontevedra o 16 de maio de 1908 e finado na mesma cidade o 5 de agosto de 1967, foi un historiador e arqueólogo galego, secretario do Seminario de Estudos Galegos.

Tui

Tui é un concello galego da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño da que é capital. Tui foi a capital dunha das sete provincias de Galicia até 1833, da provincia de Tui. Segundo o IGE a súa poboación en 2016 era de 16.966 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é tudense.

Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade portuguesa de Valença do Minho unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concellos, separados tan só polo río Miño.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.