Domaio, Moaña

San Pedro de Domaio é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Moaña na comarca do Morrazo. Segundo o IGE[1], en 2014 tiña 2.127 habitantes (1.030 homes e 1.097 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 2.052 habitantes.

Coordenadas: 42°17′06″N 08°42′44″O / 42.28500, -8.71222

Domaio
Domaio
Igrexa parroquial.
ConcelloMoaña
Poboación2.127 hab. (2014)
Entidades de poboación6

Xeografía

A parroquia está situada na ría de Vigo, ao leste do concello de Moaña, lindando co veciño municipio de Vilaboa a través da parroquia de Cobres.

Patrimonio

No Regueiriño achouse un importante asentamento correspondente ó neolítico final, e na Fontenla documentouse por primeira vez en Galicia a presenza de elementos da cultura do vaso campaniforme fóra de ambientes funerarios. Acháronse tamén na zona ferramentas e armas de cobre e bronce, e consérvanse petróglifos. Da época castrexa é o castro de Montealegre.

A igrexa parroquial de san Pedro é un templo de estilo barroco serodio. Foi construída no século XVIII, logo de que en 1702 a parroquia fose saqueada logo da batalla de Rande. O templo está situado na enseada de Mouro, preto do estreito de Rande. Ten planta rectangular dunha soa nave e presbiterio cadrado con cuberta a catro augas. A gran torre campanario está situada no centro da fachada occidental, e ten dous corpos superpostos: o primeiro, de planta cadrada, con arcos de medio punto abertos nas catro caras, flanqueados por pilastras acaroadas, e rodeado completamente por un monumental balcón balaustrado. O segundo corpo, máis pequeno, é un macizo cilíndrico coroado con cupuliña. Complementan a decoración piramidóns rematados en bóla nos extremos da fachada e no alto das catro esquinas da torre. No interior do templo hai dous retablos barrocos do século XVIII, un deles datado en 1786.

Outro templo relixioso é a ermida de san Bieito, situada no lugar do Calvar.

O Campo de Golf Ría de Vigo foi inaugurado en 1993.

Galería de imaxes

Ermida San Bieito Domaio

Ermida de san Bieito.

Antenas Domaio

Antenas de telecomunicacións no monte Faro.

Centro Cultural Rosalía de Castro

Centro Cultural Rosalía de Castro.

Monumento a Rosalía de Castro

Monumento a Rosalía de Castro no Centro Cultural homónimo.

Lugares e parroquias

Parroquias de Moaña

Notas

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego).

Véxase tamén

Outros artigos

A Costa, Domaio, Moaña

A Costa é un lugar da parroquia de Domaio, no concello pontevedrés de Moaña na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2013 tiña 248 habitantes, dos cales 120 eran homes e 128 eran mulleres.

Basilio Calvar Solla

Basilio Calvar Solla, O Roxo de Domaio, nado en Domaio (Moaña) en 1910, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Campo de Golf Ría de Vigo

O Campo de Golf Ría de Vigo é un campo de campo de golf galego de 18 buracos, situado en San Lourenzo (Domaio, Moaña). Deseñado por Ramón Espinosa, foi inaugurado en 1993.

Carballido, Domaio, Moaña

Carballido é un lugar da parroquia de Domaio, no concello pontevedrés de Moaña na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2013 tiña 59 habitantes (27 homes e 32 mulleres).

Castro de Montealegre

O Castro de Montealegre é un poboado castrexo da península do Morrazo, situado nun outeiro á beira do mar na parroquia de Domaio (Moaña), moi preto do estreito de Rande. É un castro de especial importancia, non só porque foi un dos primeiros escavados e publicados cientificamente en Galiza, senón tamén pola súa tipoloxía, pola súa situación xeográfica, polos seus petróglifos e, moi especialmente, pola conservación excepcional dalgún dos restos mobles atopados.

Fontenla

O topónimo galego Fontenla pode referirse a:

Fontenla, parroquia do concello de Ponteareas;

Fontenla, lugar da parroquia de Vilacova, no concello de Abegondo;

Fontenla, lugar da parroquia de Cesullas, no concello de Cabana de Bergantiños;

Fontenla, lugar da parroquia de Fragas, no concello de Campo Lameiro;

Fontenla, lugar da parroquia de San Lourenzo de Nogueira, no concello de Meis;

Fontenla, lugar da parroquia de Laxe, no concello de Moraña;

Fontenla, lugar da parroquia de Esteiro, no concello de Muros;

Fontenla, lugar da parroquia de Camos, no concello de Nigrán;

Fontenla, lugar da parroquia de Poio (San Xoán), no concello de Poio;

Fontenla, lugar da parroquia de Lantaño, no concello de Portas;

Fontenla, lugar da parroquia de Miñortos, no concello de Porto do Son;

A Fontenla, lugar da parroquia de Cambre no concello de Cambre;

A Fontenla, lugar da parroquia de Pravio no concello de Cambre;

A Fontenla, lugar da parroquia de Erboedo no concello da Laracha;

A Fontenla, lugar da parroquia de Lendo no concello da Laracha;

A Fontenla, lugar da parroquia de Baión no concello de Vilanova de Arousa;

O Marco da Fontenla, lugar da parroquia de Pexegueiro no concello de Tui;

Sitio arqueolóxico de Fontenla, en Domaio (Moaña);

Petróglifo de Fontenla, na mesma parroquia.Amais, como apelido pode referirse a:

Xosé Fontenla Leal, intelectual galeguista (1864-1919);

Xosé Luís Fontenla Méndez, mestre e político galego (f. 1999);

Antonio Fontenla, empresario galego (n. 1943);

Xosé Luís Fontenla Rodrigues, avogado, político e escritor galego (n. 1944).

Galería de imaxes de Cangas

Galería de imaxes do concello de Cangas na provincia de Pontevedra.

Galería de imaxes de Rosalía de Castro

Rosalía de Castro é a máis salientable figura do Rexurdimento.

Incendio de Fandicosta

O incendio de Fandicosta tivo lugar o 9 de maio de 2016 na parroquia de Domaio (Moaña), nas instalacións da factoría pesqueira da empresa Fandicosta. O lume iniciouse pouco antes das 17:50 h, cando se produciu o aviso ao servizo de emerxencias 112. No momento do incendio, atopábanse na fábrica 120 persoas, que foron desaloxadas ilesas. Ás 12 da noite, os bombeiros deron por controlado o incendio.

José Antonio Fondevila

José Antonio Fondevila García, nado en Fiestras (Silleda) o 20 de agosto de 1952, é un pintor galego. Actualmente reside en Lalín.

Monte Faro de Domaio

O monte Faro de Domaio é un monte galego situado na península do Morrazo, na localidade pontevedresa de Moaña. Ten 636,20 m de altura e é a máxima altitude da serra do Morrazo que percorre a península de leste a oeste.

O nome do pico provén da parroquia de Domaio, na que se erixe. Domina as rías de Pontevedra e Vigo cunha situación estratéxica que o converteu nun importante centro de telecomunicacións.

No seu cumio atópase unha zona de lecer chamada Chan da Arquiña que rodea un dolmen e unha mámoa co mesmo nome, e que constitúe a ruta de sendeirismo homónima. O monumento megalítico posúe máis de 5 000 anos de antigüidade, e consta dunha cámara poligonal composta de 11 pedras verticais e dun corredor, composto de 5 pedras verticais. Ten orientación cara o leste. Nas escavacións encontrouse un enxoval funerario completo composto de diferentes útiles e ferramentas de pedra e fragmentos de cerámica.

Nel nacen varios ríos, pequenos e de caudal irregular, que verten, polo sur na ría de Vigo e polo norte na de Pontevedra. A vexetación está composta por bosque atlántico onde abunda o carballo e o castiñeiro, que van cedendo paso aos eucaliptos e piñeiros que veñen da man da reforestación con fins de explotación forestal.

O terreo é granítico con grandes rochas deste material. Unha estrada sobe até o seu cumio onde hai unha gran cantidade de antenas de todo tipo para servizos de telecomunicacións e televisión.

No cumio do Monte Faro de Domaio instalouse un vértice xeodésico de primeira orde.

Mosteiro de Santa María de Melón

O mosteiro de Santa María de Melón é un mosteiro de estilo románico de transición, pertencente á Orde do Císter e fundado en 1158. Está situado no concello ourensán de Melón. Estivo habitado ata 1835, cando se produciu a desamortización de Mendizábal.

N-554

A N-554 é unha estrada nacional, que une a estrada N-550 ó seu paso por Vilaboa, con Domaio, Moaña, onde liga coa AP-9, a estrada PO-551, e o CG-4.1.

Adoptou esta denominación en 1988 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Foi reformada en 2009.

Mide 10 quilómetros, indo a maioría da estrada paralela á enseada de San Simón e á AP-9. Atravesa as aldeas do Toural, Acuña (parroquia de Vilaboa), Riomaior (Santa Cristina de Cobres), e Santradán (Cobres).

O Calvar, Domaio, Moaña

O Calvar é un lugar da parroquia de Domaio, no concello pontevedrés de Moaña na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2013 tiña 396 habitantes, dos cales 192 eran homes e 204 eran mulleres.

Palmás, Domaio, Moaña

Palmás é un lugar da parroquia de Domaio, no concello pontevedres de Moaña na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2013 tiña 859 habitantes, dos cales 416 eran homes e 443 eran mulleres.

Poza da Moura

A poza da Moura son unhas pozas froito do río Muíño na parroquia de Domaio (Moaña).A poza e mailo sendeiro que percorre as distintas fervenzas contan con muíños e canalizacións antigas, así como camiños tradicionais. Formando un sendeiro de interese cultural, ecolóxico e histórico. O río Miñouva conta con apenas 3,8 km pero un gran desnivel e o seu caudal atópase moi suxeito ás condicións meterolóxicas e as precipitacións. Discorre pola beira sur do monte Faro de Domaio e remata na ría de Vigo.

San Lourenzo, Domaio, Moaña

San Lourenzo é un lugar da parroquia de Domaio, no concello pontevedrés de Moaña na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2013 tiña 78 habitantes, dos cales 35 eran homes e 43 eran mulleres.

Santiago Cortegoso

Santiago Cortegoso Calvar, nado en Domaio (Moaña) en 1974, é un actor, director, dramaturgo e músico galego. Licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela. É especialista en arte dramática. Realizou en 1998 o máster Teoría e práctica da interpretación teatral pola USC.

Verdeal, Domaio, Moaña

Verdeal é un lugar da parroquia de Domaio, no concello pontevedrés de Moaña na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2013 tiña 504 habitantes, dos cales 252 eran homes e 252 eran mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.