Dolores Vilavedra

Dolores Vilavedra Fernández, nada en Vigo o 4 de agosto de 1963[1], é profesora de Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do consello de redacción da revista Grial, e dirixe a sección de crítica literaria. Coordinou o Diccionario da literatura galega, en catro tomos, que publicou Galaxia. Colaborou durante anos no Diario cultural da Radio Galega.

Dolores Vilavedra
Dolores Vilavedra (AELG)-5
Nome completoDolores Vilavedra Fernández
Nacemento4 de agosto de 1963
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióntradutora e escritora
CónxuxeHenrique Monteagudo
Fillosdúas
XénerosEnsaio, tradución
Estudosdoutora en filoloxía galega
ProfesiónProfesora universitaria
OrganizaciónU. de Santiago de Compostela

Obra

Ensaio

Edicións e antoloxías

Traducións

Obras colectivas

Entrevista, en 2017, para Nós Televisión.

Obra en castelán

Traducións

  • ¿Qué me quieres, Amor?, de Manuel Rivas, Alfaguara. Tradución ao castelán de Que me queres, Amor?.
  • El lápiz del carpintero, de Manuel Rivas, Punto de lectura. Tradución ao castelán de O lapis do carpinteiro.
  • Ella, maldita alma, de Manuel Rivas, 1999, Alfaguara. Tradución ao castelán de Ela, maldita alma.
  • Trece campanadas, de Suso de Toro, Seix Barral. Tradución ao castelán de Trece badaladas.
  • Morgún (lobo mágico), de Suso de Toro, 2004, S. M. Tradución ao castelán de Morgún.
  • El héroe, de Manuel Rivas, 2006, Alfaguara. Tradución ao castelán de O heroe.
  • Los libros arden mal, de Manuel Rivas, 2006, Alfaguara. Tradución ao castelán de Os libros arden mal.

Obras colectivas

  • Narrar desde Galicia. Una literatura para el nuevo milenio, 2008, Xunta de Galicia.

Notas

  1. Barrera, F., ed. (2002). "Vilavedra Fernández, Dolores". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 597. ISBN 84-8064-113-4.
  2. A festa da malla en Dialnet.
  3. Epistolario a Fernández del Riego. Ricardo Carballo Calero en Google Books.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

4 de agosto

O 4 de agosto é o 216º día do ano do calendario gregoriano e o 217º nos anos bisestos. Quedan 149 días para finalizar o ano.

Amélie Nothomb

Amélie Nothomb, nada en Etterbeek, o 9 de xullo de 1966, é unha escritora belga en lingua francesa.

Andrés Torres Queiruga

Andrés Torres Queiruga, nado en Aguiño, Ribeira, o 28 de maio de 1940, é un teólogo e escritor galego.

Anuario de Estudos Literarios Galegos

O Anuario de Estudos Literarios Galegos foi unha revista científica de carácter crítico literario publicada anualmente en galego co respaldo da Editorial Galaxia. Comezou a súa actividade en 1992 baixo a dirección de Xoán González Millán manténdose activa até o ano 2007. En 2003, co pasamento de Xoán González Millán a finais do ano anterior, a revista iniciou unha nova liña editorial baixo a dirección de Dolores Vilavedra. A revista naceu como xustificación aos estudos sobre sistemas e protosistemas literarios iniciados por Xoán González Millán e Arturo Casas en base a Teoría dos polisistemas de Itamar Even-Zohar. A partir de 2003, debido ás NOMIG, o Anuario deixou de chamarse Anuario de Estudios Literarios Galegos para chamarse Anuario de Estudos Literarios Galegos.

Biblioteca Virtual Galega

A Biblioteca Virtual Galega, tamén coñecida polas siglas BVG, é unha biblioteca dixital da Universidade da Coruña e a deputación provincial, accesible a través da Internet, estreada no ano 2002.

Diccionario da literatura galega

O Diccionario da literatura galega -publicado en catro tomos- é un dicionario en lingua galega. Está coordinado pola doutora en filoloxía galega Dolores Vilavedra, contando con autores e autoras como Helena González Fernández e Ana Belén Fortes, entre outros. O primeiro tomo data de 1995 e, o cuarto, de 2004; todos os tomos contan cunha sobrecuberta que protexe as pastas duras que conforman o esqueleto do libro. Foron publicados en Vigo pola Editorial Galaxia.

Diccionario gallego

O Diccionario gallego é un dicionario bilingüe galego castelán de 10.943 voces coas definicións en castelán, elaborado por Xoán Cuveiro Piñol e publicado en Barcelona en 1876. Constitúe o primeiro dicionario galego pancrónico.

Dora Vázquez

Dorinda Remedios Vázquez Iglesias, nada no barrio do Polvorín (Ourense) o 21 de agosto de 1913 e finada o 23 de setembro de 2010 na mesma cidade, foi unha escritora galega. Foi irmá da tamén escritora Pura Vázquez.

Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia é unha editorial galega fundada en 1950 e radicada en Vigo. O seu director xeral é Francisco Castro.

Grandes do noso tempo

Grandes do noso tempo é unha colección de obras de literatura universal traducidas ao galego posta en marcha por Edicións Xerais de Galicia. Consta de 18 títulos, publicados entre 1989 e 1996.

Henrique Monteagudo

Xosé Henrique Monteagudo Romero, nado en Esteiro (Muros) o 26 de novembro de 1959, é un sociolingüísta galego, profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1982 e Catedrático de Filoloxía Galega desde 2018, membro numerario e secretario da Real Academia Galega.

Inmaculada Otero Varela

Inmaculada Otero Varela, nada en Carral o 30 de xuño de 1976, é unha filóloga e ensaísta galega.

Manuel Comellas

Manuel Comellas Coímbra, nado en Ferrol o 30 de abril de 1853 e finado na mesma cidade, na parroquia de Mandiá, o 3 de xuño de 1925, foi un escritor galego en castelán e galego.

María Liñeira

María García Liñeira, nada en Santiago de Compostela en 1979, é unha filóloga e ensaísta galega.

Montse Pena

Montserrat Pena Presas, nada en Sada o 27 de abril de 1981, é unha crítica literaria galega.

Rosario Álvarez Blanco

Rosario Álvarez Blanco, nada en Pontevedra o 12 de xullo de 1952, é catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, foi directora do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela). É membro da Real Academia Galega. En 2018 foi escollida presidenta do Consello da Cultura Galega, converténdose na primeira muller en presidilo.

Xavier Costa Clavell

Xavier Costa Clavell, nado en Chantada o 30 de maio de 1923 e finado en Barcelona o 10 de maio de 2006, foi un escritor e xornalista galego.

Xosé Chao Rego

Xosé Chao Rego, nado en Vilalba o 23 de abril de 1932 e finado en Santiago de Compostela o 28 de novembro de 2015, foi un teólogo e escritor galego.

Xosé Neira Vilas

Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.