Dolmen de Pedra Moura

O dolmen de Pedra Moura é un monumento megalítico situado na parroquia de Aldemunde (Carballo). Forma parte do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.

Coordenadas: 43°09′58.0″N 9°00′27.5″O / 43.166111, -9.007639

Carballo, Aldemunde, Pedra Moura 01-03a

Características

O dolmen de Pedra Moura é un dos máis grandes de Galicia,[1] conta unhas dimensións de 2,40 m por 3,20 m. O túmulo está desaparecido e os ortóstatos foron movidos, só dous están no seu emprazamento orixinal e só conserva cinco dos sete chantos que o conformaban inicialmente.[1] O máis alto chega aos 2,30 m de altura.

Segundo a lenda, a pedra foi traída por unha moura, que a trouxo na cabeza mentres fiaba nunha roca e daba de mamar a un bebé [2].

Notas

  1. 1,0 1,1 "A Pedra Moura". turismocarballo.org. Consultado o 12 de setembro de 2019.
  2. A web de Turismocarballo.com explica así un mural pintado por Nómada nunha das rúas de Carballo: "Se inspiró en la leyenda de A Pedra da Moura de Aldemunde, según la cual las piedras del dolmen fueron acarreadas por una "moura" al mismo tiempo que amamantaba y fiaba".

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Aldemunde, Carballo

Santa María Madalena de Aldemunde é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 125 habitantes (47 homes e 44 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 105 habitantes.

Carballo

Carballo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. É un concello grande (186,8 km²) que segundo o IGE en 2015 tiña 31.283 habitantes segundo o IGE (31.358 no 2012, 31.303 no 2011, 31.149 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballés/carballesa.

Costa da Morte

A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán.Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.Os actuais proxectos gobernamentais,das agrupacións locais e europeos adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas ,Muros e A Coruña ; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo,Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais LIC e ZEC por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.

Dolmen de Pedra Moura de Monte Carneo

O dolmen de Pedra Moura de Monte Carneo atópase entre as aldeas de Arxomil e Carnio, na parroquia de Treos, concello de Vimianzo.

Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte

O Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte é un dos catro centros de interpretación que constitúen a Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico.

Terá a súa sede central no contorno do Dolmen de Dombate pero comprenderá actuacións sobre outros 14 enclaves megalíticos distribuídos en 8 concellos da Costa da Morte.

O Dolmen de Dombate, ficou parcialmente excluído do ámbito deste proxecto supramunicipal por contar xa co seu propio plan director. Dun xeito similar, hai outros monumentos non incluídos en toda a Costa da Morte (v. Costa da Morte#Arqueoloxía de Lista de megálitos de Galicia#Provincia da Coruña)

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.