Dolmen de Pedra Cuberta

O dolmen de Pedra Cuberta atópase na parroquia de Treos, no concello de Vimianzo, preto da aldea de Arxomil.

Coordenadas: 43°05′22.4″N 8°59′03.5″O / 43.089556, -8.984306

Dolmen Pedra Cuberta
Dolmen de Pedra Cuberta.
Anta da Pedra Cuberta, Treos, Vimianzo
Dolmen de Pedra Cuberta.

Descrición

É de grandes proporcións cun corredor de entrada de máis de seis metros (6,6 m) de longo e cunha altura de case dous metros (1,80 m). Fáltalle a lousa de cobertura da cámara principal. Nel atopouse a pintura dun ídolo en cores vermella e negra sobre branco.

As pinturas realizáronse sobre unha capa de cor branco, probabelmente caolín, utilizando o negro e o vermello. O vermello preparouse con óxidos de ferro e o negro con carbón vexetal aglutinados con albumina de ovo. Son formas xeométricas e liñas onduladas en vertical e horizontal, círculos concéntricos e triángulos.

Están dispostas en tres faixas horizontais, igual que no dolmen de Dombate. Na inferior vense dúas faixas paralelas longas de cor vermella con forma de ondas de perfís rectos que parecen zigzags nuns lados e arcos superpostos noutros. Sepárase da media por dúas faixas, unha negra e outra vermella e con liñas onduladas negras por debaixo. Conta con liñas verticais grosas. A faixa superior sepárase cunha liña negra en zigzag e triángulos e nela vense liñas onduladas, zigzags, orlas de cor vermella, círculos concéntricos e trapecios.

Estas decoracións son continuas e abarcan a totalidade do monumento, corredor e cámara.

Investigacións e divulgación

En 1934 o arqueólogo alemán Georg Leisner deu a coñecer internacionalmente a decoración pictórica existente na parte interna dos ortóstatos da cámara e o corredor. Os debuxos do dolmen, en branco e negro, amosan formas complexas, con liñas en zigzag, triangulares, verticais e con motivos ondulados, aínda que no III Coloquio Internacional sobre Arte Megalítica (A Coruña 1997) denunciouse a perda das imaxes por desinterese das administracións públicas.

Foi declarado Ben de Interese Cultural en abril de 2011[1].

Notas

  1. "RELACIÓN DE BENS DE INTERESE CULTURAL EN GALICIA" (PDF). Xunta de Galicia. Consellaría de Cultura, Eduación e Ordenación Universitaria. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-16.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Outros artigos

Comarca da Terra de Soneira

A comarca da Terra de Soneira é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Vimianzo. A esta comarca pertencen os concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas. Limita coa comarca de Bergantiños polo nordés e coa de Fisterra polo suroeste. Historicamente a comarca incluía ademais dos concellos actuais o de Laxe e varias parroquias de Cabana.

Costa da Morte

A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán.Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.Os actuais proxectos gobernamentais,das agrupacións locais e europeos adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas ,Muros e A Coruña ; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo,Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais LIC e ZEC por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.

Galería de imaxes de Vimianzo

Galería de imaxes do concello de Vimianzo na provincia da Coruña.

Galería de imaxes de dolmens en Galicia

Galería de imaxes de megálitos de Galicia.

Lista de megálitos de Galicia

Esta é unha lista parcial de monumentos megalíticos de Galicia, cos seus datos por columnas (P: provincia; C: A Coruña; L: Lugo; O: Ourense; P: Pontevedra).

Lugares de Vimianzo

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Vimianzo

O Ciprianillo

O Ciprianillo é o nome dun libro máxico, publicado baixo diversos títulos, que describe distintos procedementos (ensalmos e rituais) para atopar os tesouros que os mouros agocharon en covas, castelos ou castros. Secundariamente, o libro ensina tamén a chamar e esconxurar o demo, combater o mal de ollo, adiviñar o oculto e diversos remedios máxicos de todo tipo, feitizos de amor (e de desamor) e outros.

Non se pode falar, realmente, dun Libro de San Cibrán senón dunha colección de versións ou traducións de contidos diferentes e atribuídos a mans diferentes. Todos eles arróganse o carácter de auténtico, o verdadeiro, o único, sen base ningunha que xustifique tal mérito.

Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte

O Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte é un dos catro centros de interpretación que constitúen a Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico.

Terá a súa sede central no contorno do Dolmen de Dombate pero comprenderá actuacións sobre outros 14 enclaves megalíticos distribuídos en 8 concellos da Costa da Morte.

O Dolmen de Dombate, ficou parcialmente excluído do ámbito deste proxecto supramunicipal por contar xa co seu propio plan director. Dun xeito similar, hai outros monumentos non incluídos en toda a Costa da Morte (v. Costa da Morte#Arqueoloxía de Lista de megálitos de Galicia#Provincia da Coruña)

Treos, Vimianzo

San Miguel de Treos é unha parroquia do concello coruñés de Vimianzo, arciprestado de Soneira e diocese de Santiago de Compostela. En 2018 tiña 358 habitantes (169 homes e 189 mulleres), repartidos nas 11 entidades de poboación.

Vimianzo

Vimianzo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Soneira e integrado no partido xudicial de Corcubión. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vimiancés». É un dos concellos máis extensos da provincia (187,4 km²) que, segundo o IGE, tiña 7.565 habitantes en 2015 (8.128 no 2010, 8.402 no 2006, 8.466 no 2005, 8.517 no 2004, 8.653 en 2003), cunha baixa densidade de poboación (40,37 hab./km²). Sitúase practicamente equidistante das cidades da Coruña e Santiago de Compostela; pese a ter apenas uns metros de liña costeira está considerado tamén un dos concellos que forman parte da Costa da Morte.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.