Docente

Unha persoa docente é aquela que se adica ao proceso de aprendizaxe e ensino. Adoitan ter recoñecida unha destreza notábel nunha determinada área do saber, con capacidade de ensinar e compartir os seus coñecementos con outras persoas, denominadas discípulos, aprendices, ou simplemente alumnos.

O profesorado que se encarga da educación formal e institucionalizada das etapas de de Educación Infantil, Primaria ou Especial en escolas ou colexios adoitan ser chamados mestres e mestras. Tamén algúns mestres poden estar destinados en institutos de Educación Secundaria en programas de garantía social, educación compensatoria ou apoio a alumnos con necesidades educativas especiais, así como en centros de Educación para Persoas Adultas.

6 de novembro

O 6 de novembro é o 310º día do ano do calendario gregoriano (311º nos anos bisestos). Quedan 55 días para finalizar o ano.

Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Austin, Texas

Austin é unha cidade, capital do estado de Texas en Estados Unidos. Segundo datos do 2007 ten 743.074 habitantes, o que a converte na décimo sexta cidade dos Estados Unidos en poboación. Ademais das súas funcións como sede do goberno do estado, Austin é un centro comercial, fabril, docente e de convencións. Entre a súa produción, destacan os artigos de alta tecnoloxía, como equipos eléctricos, semiconductores e equipos informáticos. É a sede da Universidade de Texas en Austin (1883).

En 1730 misioneiros franciscanos estableceron tres misións temporais na zona, por entón ocupada por poboación autóctona dos grupos comanche, tonkawa e lipán. En 1838, asentouse neste lugar unha comunidade permanente á que se deu o nome de Waterloo. Ao ano seguinte esta comunidade incorporouse á República de Texas, sendo designada o seu capital e rebautizada en honra de Stephen F. Austin, considerado como 'o pai de Texas'. A maior parte dos texanos ansiaban separarse do territorio mexicano e aspiraban á unión cos Estados Unidos por razóns comerciais. En 1842, en tempos de Antonio López de Santa Anna, produciuse un incidente que obrigou a trasladar a capital a Houston, pero os cidadáns de Austin forzaron o regreso da capitalidade en 1844 cando a anexión de Texas era xa todo un feito.

Texas entrou na Unión (é dicir os Estados Unidos) en 1845 e Austin converteuse en capital do estado en 1850. Tras a Guerra de Secesión, o desenvolvemento económico de Austin viuse impulsado coa chegada do ferrocarril en 1871. Durante o século XX, Austin beneficiouse da utilización da enerxía hidroeléctrica e para regadío do río Colorado. Moitas empresas dedicadas á produción de artigos de alta tecnoloxía establecéronse na súa área metropolitana na década de 1970.

Carlos Zubillaga

Carlos Alberto Zubillaga Barrera, nado en Montevideo en 1941, é un historiador, xenealoxista e docente universitario uruguaio. Membro de honra da Real Academia Galega..

Cromosoma

Un cromosoma (do grego chroma, "cor", e soma, "corpo" ou "elemento") é unha estrutura organizada de ADN e proteínas que se atopa no núcleo das células. Trátase dun estado temporal no que se encontra o material xenético durante a fase de división celular, tanto na mitose como na meiose, que facilita a repartición equitativa deste nas células resultantes. Os cromosomas son visíbeis ao microscopio óptico, e o mellor momento para a súa observación é na metafase, xa que é cando están situados no plano ecuatorial do citoplasma celular. A organización do ADN que conteñen é sempre a mesma grazas á axuda dunhas proteínas chamadas histonas. Ademais, os cromosomas son empregados para localizar xenes e outras secuencias, xa que, ao estar a información xenética condensada, é cando mellor se aprecian. Serven tamén para explicar dun xeito máis docente o funcionamento da reprodución celular eucariótica, aínda que estes non existan durante o estado de repouso, a interfase. Nese período, o cromosoma aparece desorganizado, atopándose en forma de pequenos filamentos entrelazados, a cromatina, que está suspendida no nucleoplasma e definida en territorios cromosómicos.

Os cromosomas están formados por dúas cromátides irmás unidas por un centrómero. Os máis coñecidos son os chamados comosomas sexuais, X e Y, pola forma característica que teñen. Estes dous cromosomas van determinar o sexo do individuo; as mulleres teñen dous do tipo X (polo tanto terán un xenotipo XX), e os homes un de cada (así que serán XY). O número de cromosomas totais depende da especie; por exemplo, a especie humana posúe 22 pares de cromosomas homólogos e un último para que determina o sexo, ou ben XX ou XY.

O primeiro investigador a observar cromosomas foi Karl Wilhelm von Nägeli en 1842 e o seu comportamento foi descrito en detalle por Walther Flemming en 1882. No ano 1910, Thomas Hunt Morgan probou que os cromosomas son os portadores dos xenes.

Cátedra universitaria

No sistema universitario de España, unha cátedra universitaria é o posto o máis alto no escala docente dunha Universidade, ocupado por persoal docente e investigador logo de pasar unha serie de requisitos. Algúns postos universitarios, como o reitorado, só poden ser ocupados por catedráticos ou catedráticas.

Edificio Docente Roberto Novoa Santos

O Edificio Docente Roberto Novoa Santos da USC, integrado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), é un edificio anexo ao novo Hospital Clínico.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Ensino

O ensino é o acto de transmisión de coñecementos e hábitos por parte dun mestre ou ensinante a uns alumnos. Normalmente desígnase con esta palabra a acción do profesor na educación formal, ou a do oficial ou experto nun traballo ou afección.

Tradicionalmente, consta dos seguintes elementos: docente, alumnos, avaliación, currículo ou materia a ensinar e escola ou marco de aprendizaxe.

Hoxe en día asóciase ensino só á transmisión de contidos, por iso prefírese falar de educación, que é un termo máis amplo, por referirse ás aprendizaxes.

Escola

Escola (do grego: scholé e latín: schola) ou colexio é o nome xenérico de calquera centro docente, centro de ensino, centro educativo ou institución educativa; é dicir, de toda institución que imparta educación ou ensino, aínda que adoita designar máis especificamente os do ensino primario.

Facultade

Unha facultade é unha institución docente de estudo e investigación que normalmente constitúe unha subdivisión dunha universidade. Abrangue unha área de estudo concreta ou un conxunto de áreas relacionadas. A antiga Universidade de París, que serviu de modelo para a maioría das universiades medievais de Europa, tiña catro facultades: Teoloxía, Leis, Medicina e Artes. Todos os alumnos tiñan que graduarse nunha delas para poder proseguir os estudos noutra das tres restantes.

As facultades deben o seu nome ó feito de que teñen a atribución ou potestade legalmente recoñecida de outorgar graos académicos, o cal supón que son consideradas autoridades cualificadas para certificar a calidade da formación e os coñecementos dos seus propios titulados. Os graos académicos que outorga unha facultade poden ser de licenciatura ou enxeñaría, de mestría e especialmente, o de doutoramento. Tamén poden ofrecer diplomaturas. Antigamente outorgaban tamén o grao de bacharelato, que era un grao académico até certo punto semellante á actual diplomatura. Nalgunhas universidades, como a UNAM de México, os centros docentes que non teñen programas de doutoramento son chamadas escolas, reservando o nome de facultade para aqueles que si o teñen.

Facultade de Medicina e Odontoloxía de Santiago de Compostela

A Facultade de Medicina e Odontoloxía de Santiago de Compostela é unha institución docente da Universidade de Santiago de Compostela situada en tres localizacións: na rúa de San Francisco, s/n, onde se imparte Medicina (e ademais é onde está a Biblioteca da Facultade); na rúa Entrerríos, s/n, onde se cursa Odontoloxía, e na rúa da Choupana, s/n, onde está o Edificio Docente Roberto Novoa Santos.

Instituto Xelmírez

O Instituto Xelmírez, Instituto Arcebispo Xelmírez ou Arcebispo Xelmírez I, durante moitos anos denominado Instituto Arzobispo Gelmírez, foi o primeiro, e durante moitos anos o único, instituto de ensino secundario da cidade de Santiago de Compostela.

É, polo tanto, un dos cinco "institutos históricos" de Galicia.

Manuel Gallego Jorreto

Manuel Gallego Jorreto, nado no Carballiño en 1936, é un arquitecto galego.

María Teresa Miras Portugal

María Teresa Miras Portugal, nada no Carballiño o 19 de febreiro en 1948, é unha científica galega, catedrática de bioquímica e bioloxía molecular da Universidade Complutense de Madrid (UCM), e presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia.

María Victoria Moreno

María Victoria Moreno Márquez, nada en Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres) o 1 de maio de 1939 e finada en Pontevedra o 22 de novembro de 2005, foi unha editora, tradutora, conferenciante, escritora de literatura infantil e xuvenil galega e profesora de ensino secundario en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. O seu texto máis coñecido é Anagnórise (Galaxia, 1988), vinte veces reeditado e traducido a varias linguas. Algúns trazos fundamentais da súa obra son o lirismo, a conversión dos animais en protagonistas e a crítica a un ensino reseso.En 2018 foi a figura protagonista do Día das Letras Galegas, sendo a cuarta muller, tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño, que levou ese recoñecemento na historia da celebración.

Universidade de Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela. As súas orixes datan de finais do século XV, sendo a primeira universidade fundada en Galiza e a sexta en España. Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas. Uns consideran a fundación como o momento no que se instauran algún tipo de estudos, segundo este criterio a USC fúndase en 1495, o que a converte na sexta universidade española máis antiga despois das de Salamanca, Complutense, Valladolid, Barcelona e Zaragoza. Outros toman como data fundacional o ano en que é recoñecida pola Igrexa ou algunha autoridade civil, de acordo con este criterio a USC foi fundada en 1504 pero continúa sendo a sexta máis antiga de España gañando en antigüidade á de Zaragoza mais perdéndoa coa de Valencia.En 1990 a partir da Universidade de Santiago creáronse as Universidades da Coruña e de Vigo. No ano 2012 contaba con dous campus universitarios (Campus de Santiago -dividido en Histórico, Norte e Sur-, e Campus de Lugo) cun total de 23 facultades e 2 escolas técnicas superiores.Durante o curso 2011-12 o número de estudantes matriculados ascendía a 28.138, dos cales 24.758 correspondían a titulacións oficiais do 1º e 2º ciclos e grao, 1.677 a másteres oficiais e 1.703 a outros estudos (titulacións e másteres propios, cursos de especialización, cursos de formación continua e 4º ciclo).En abril de 2018 foi elixido reitor o xurista Antonio López.

Universidade do País Vasco

A Universidade do País Vasco (en éuscaro: Euskal Herriko Unibertsitatea) é unha universidade pública vasca que foi creada en 1980 a partir da Universidade de Bilbao e esténdese por todo o territorio do País Vasco.

A súa lema, en éuscaro, é Eman ta zabal zazu (Dáo e difúndeo), que é á súa vez un verso do Gernikako Arbola, un himno vasco do século XIX. O seu emblema foi deseñado polo escultor Eduardo Chillida na década de 1970, e converteuse en símbolo reivindicativo na Transición. O reitor actual é Iñaki Goirizelaia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.