Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós

O dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós é un dobramento recorrente nas montañas do Courel, en Quiroga, que se formou no carbonífero.[1]

Este elemento xeolóxico foi catalogado como monumento natural e ocupa un espazo de 90 hectáreas entre os lugares de Campodola, O Hospital, e Leixazós, Pacios da Serra. É ademais un Geosite español e parte do Xeoparque das Montañas do Courel.

Coordenadas: 42°31′36″N 7°13′06″O / 42.5268, -7.2183

Dobramento de Campodola-Leixazós
Panorámica do dobramento.
Marco Legal
Figura de Protección: Monumento natural, LIX, Geosite
Ano de constitución: 2012
Superficie: 90 ha.
Lexislación: Monumento natural o 26 de abril de 2012
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Lugo
Concellos: Quiroga
Ríos: río Ferreiriño
Picos Pena Falcoeira e Pena das Franzas
Direccións de interese:
Teléfonos:

Descrición

Consiste nun gran dobramento que ten o seu corte transversal exposto á superficie debido aos procesos de erosión e de encaixe do río Ferreiriño e que se conserva desde o Carbonífero Inferior. O dobramento está deitado, é un pregamento tombado, e cunha orientación cara ao norte.

A súa zona central non mostra case modificacións desde a súa formación e ten uns flancos de entre 10 e 12 km. Adscríbese á zona zona centroibérica, que é o dominio do ollo de sapo, ocupando a posición máis setentrional.[1][2] O perfil exposto mostra a evolución dun sinclinal a un pregamento tombado.[3]

Lexislación

Este espazo de interese xeolóxico foi declarado como monumento natural en 2012[1] e atópase dentro do ZEC "Ancares-Courel".[4]

Está catalogado como lugar de interese xeolóxico español desde 1983[5] e como Geosite desde 2011[6].

Está incluído dentro do Xeoparque das Montañas do Courel, declarado en 2019 pola UNESCO.[7]

Galería

Campodola Leixazós 1

Cabeceira da ribeira do río Ferreiriño ao pé do dobramento no seu comezo.

Campodola Leixazós 5

Vista central do dobramento. Á esquerda, os eixes de flexión en horizontal, os cales indican a presenza dun pregamento deitado. No centro cara a dereita o flanco inverso e á dereita cara o leito fluvial o flanco normal.

Campodola Leixazós 9

Eixes de flexión á esquerda e o flanco inverso do pregamento á dereita.

Campodola Leixazós 15

Por riba do pregamento estivo presente un pregamento anticlinal, agora desaparecido pola erosión e que fixo que se poida ver.

Plegamiento de Campodola Leixazós en la Sierra do Caurel

Flanco normal no centro do pregamento.

Campodola Leixazós 24

Campodola ao pé do dobramento, e por onde continúa o río Ferreiriño.

Campodola Leixazós 11

Dobramento menor no flanco inverso do sinclinal.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós". Consultado o 7/5/2019.
  2. "DECRETO 120/2012, do 26 de abril, polo que se declara monumento natural o pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós (Quiroga). Decreto do DOG nº 86 do 2012/5/7 - Xunta de Galicia". Consultado o 7/5/2019.
  3. "Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós". Patrimonio Galego. Consultado o 7/5/2019.
  4. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Ancares-Courel". Consultado o 7/5/2019.
  5. Instituto Minero y Geológico de España (eds.). "CI015b: Pliegues tumbados de la Sierra del Courel en Campodola". Consultado o 7/5/2019.
  6. "Lugares de Interés Geológico Españoles de relevancia internacional (Geosites)" (PDF). Xaneiro 2011. Consultado o 7/5/2019.
  7. "Gallery: Courel Mountains UNESCO Global Geopark Spain". Consultado o 7/5/2019.

Véxase tamén

Ancares-Courel

O espazo natural dos Ancares-Courel é un contorno catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que protexe a maior reserva forestal de Galicia, de árbores como carballos ou bidueiros, e que a ten unha ampla variedade de hábitats. Atópase na serra máis oriental galega, de altitudes medias e altas, e que ten un alto valor xeolóxico por afloramentos calcarios. Os Ancares-Courel teñen unha zona de protección do oso pardo, son unha zona de protección de aves e é de especial interese para a conservación de varias especies de mamíferos. Conta con varias áreas declaradas de cultural e etnográfico.Os Ancares lucenses están dentro dunha Reserva da Biosfera, máis ampla e que inclúe outros espazos naturais limítrofes mais non o Courel.

Espazo natural protexido

Un espazo natural protexido, área protexida ou espazo de conservación, é unha paraxe terrestre ou mariña definida xeograficamente e que se protexe coa finalidade de conservar a súa biodiversidade e os seus hábitats. Préstaselles atención pola súa importancia no ecosistema ou o seu valor engadido de importancia cultural.

Nestes espazos, ben por interese gobernamental ben asociativo, aplícanse accións de preservación do ecosistema para manter os seus servizos ou melloralos, se é que teñen zonas degradadas por actividade humana. A finalidade da protección soe ser a de paliar o impacto humano nos procesos do ecosistema, que provocan unha redución da biodiversidade, e a de garantir que os ecosistemas se conserven para as futuras xeracións.

Hai diferentes tipos de espazos naturais protexidos segundo a categoría que as leis de cada país lle outorguen ou a regulación de convenios de organizacións internacionais, como a Rede Natura 2000 da Unión Europea ou as Reservas da biosfera da UNESCO. Moitos dos espazos mariños protexidos soen incluír áreas mariñas extensas e ser transfronteirizos, polo que a súa conservación é un compromiso internacional.

En 2016 só o 14,8% (161 millóns km2) da superficie terrestre e as augas continentais, o 12,7% (3,6 millóns de km2) da costa e o 5,1% (3,6 millóns de km2) das augas oceánicas estaba protexidas por algunha categoría de espazo natural.

Galería de imaxes da Serra do Courel

Galería de imaxes da Serra do Courel.

Galería de imaxes de montes de Galicia

Galería de imaxes de montes de Galicia.

Macizo Galaico

O Macizo Galaico é un sistema de serras e montañas de Galicia e da zona limítrofe coas provincias de Zamora e León. O seu punto máis elevado é Pena Trevinca cuns 2 127 metros. Outro importante pico é a Cabeza de Manzaneda cuns 1 781 metros.

No folclore tradicional galego os bosques do Macizo Galaico están habitados por elfos, fadas, pantasmas, a Santa Compaña, o Nubeiro e meigas.

Monumento natural

Un monumento natural é un elemento da natureza que ten un valor paisaxístico, xeolóxico, histórico ou social e é único a causa da súa rareza, das súas cualidades estéticas, ou do seu significado cultural.Os monumentos naturais están nalgúns países suxeitos a unha protección legal, que define as características dos monumentos, identifícaas, e realiza o inventario dese patrimonio para logo reforzar a protección ofrecida.

Quiroga

Quiroga é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 3.257 habitantes.

Serra do Courel

A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo que se estende polos concellos de Folgoso do Courel, na súa maior parte, Quiroga e Pedrafita do Cebreiro.

Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.