Doa

Denomínanse doas,[1] abelorios[2] ou contas a diversos tipos de elementos confeccionados en múltiples formas, materiais, cores e deseños utilizados para confeccionar colares, pulseiras ou outros obxectos para decoración persoal.

Algúns descubrimentos arqueolóxicos suxiren que xa se utilizaban na antiga Mesopotamia así como tamén na India, en forma de contas de ouro. En Exipto, os nobres regalaban colares con contas de pedras preciosas de cores, así como tamén de cristal ou cerámica. Os nobres mongois e os cortesáns de Bizancio levaban consigo colares de perlas. En Norteamérica, algúns indíxenas e tribos africanas utilizaban colares de doas pequenas. Os aztecas utilizábanos como parte da súa vestimenta principal chamada Maxtlatl; sobre os ombreiros portaban unha manta á que chamaban tilmatl e que os nobres decoraban con plumas e abelorios.

As doas poden ser de distintos materiais, cores, formas e calidades. Dentro da inmensa cantidade de materiais susceptibles de englobarse no termo salientan os cristais, entre os que destacamos varios tipos: o austríaco, o de Bohemia ou "cristal checo" e o de Murano. Á parte destes tipos, tamén salientan os cristais fabricados en Asia.

Furnaceglass
Doas de cores e formas diversas.
Monederos españoles bordados con abalorios.l S XIX,
Moedeiros bordados con abelorios de cores (s. XIX).

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para doa.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para abelorio.
Aula 2001

Aula 2001 foi un programa da Televisión de Galicia dedicado ao mundo universitario que se emitiu na tempada 1986-1987 presentados por estudantes da Universidade de Santiago de Compostela.

Chunda Chunda

Chunda Chunda foi unha serie documental de oito capítulos que emitiu a TVG no ano 2000. Dirixiuna Jorge Coira e presentouna Luís Tosar, a serie seguía a dúas orquestras de verbena en xira por toda Galicia no verán de 1999.

Con perdón

Con perdón foi un programa de humor da TVG que se emitiu en 1997. Dirixido por Manolo Bello, realízaronse 26 capítulos e os seus presentadores eran Marma Campos, Alberto Comesaña e Xoán Pérez.

Contrafío

Contrafío foi un programa de debates da Televisión de Galicia que se emitiu na tempada 1987-1988 nun primeiro momento dirixido e presentado por Amelia García e logo asumiu a función de dirección Xosé María Palmeiro.

Costeira galega

Costeira galega foi un programa divulgativo e informativo sobre o mundo do mar e dos mariñeiros emitido na Televisión de Galicia na tempada 1985-1986 presentado por Queca Merino.

Costeira galega emitíase os luns ás 20:00 horas cunha duración de 55 minutos. En xuño de 1986 o programa reduce a súa duración ata os 30 minutos e muda de nome a Mar.

DeZine

DeZine foi un programa sobre cine que emitiu a TVG desde 1998 ata 2005 presentado pola actriz Uxía Blanco e dirixido por Pilar Comesaña e Eduardo Galán Blanco. Recibiu o Premio AGAPI 1998 ó mellor programa de televisión e o Premio Mestre Mateo 2002 ó mellor programa de televisión.

Espacio aberto

Espacio aberto[sic] foi un programa cultural da Televisión de Galicia dedicado á divulgación de espectáculos, tanto galegos como foráneos, que se desenvolvían no territorio galego. Estaba dirixido e presentado por Pemón Bouzas que percorría a xeografía galega nunha unidade móbil para realizar as reportaxes, xeralmente tres por programa.

Extramuros

Para a colección literaria de Edicións Xerais de Galicia véxase: Colección Extramuros.Extramuros foi un programa cultural da Televisión de Galicia que se emitiu en 1988 dirixido e presentado por Luis Álvarez Pousa dedicado ás novas correntes artísticas e de pensamento en Galicia e no mundo.

Galegos (programa de televisión)

Galegos foi un programa da Televisión de Galicia dunha hora de duración presentado por Xosé Antonio Silva que comezou a emitirse o 4 de setembro de 1985. O programa consistía nunha longa entrevista a un personaxe coñecido da sociedade galega.

O protagonista do primeiro programa foi Valentín Paz-Andrade.

Galicia de noite

Galicia de noite foi un programa da Televisión de Galicia presentado por Xerardo Rodríguez que se emitiu no ano 1986, consistía en actuacións musicais e entrevistas e faladoiros de actualidade, estaba inspirado noutro programa de radio de igual nome que tamén presentaba Xerardo Rodríguez en Radio Popular de Vigo.

Lúa Nova

Lúa Nova foi un programa da Televisión de Galicia dirixido e presentado por Xosé Ramón Gayoso que se emitiu na tempada 1986-1987, consistía en actuacións musicais, entrevistas, espectáculos de humor e circenses.

Martín Codax

Martín Codax ou Codaz foi un poeta galego, posiblemente un xograr que viviu entre o século XIII e o século XIV. No ano 1998 dedicóuselle o Día das Letras Galegas xunto con Johan de Cangas e Mendinho.

O campo de atrás

O campo de atrás foi un programa infantil que emitiu a TVG en 1988. Dirixido por Manuel Pombal, contou coa participación, entre outros, dos actores Avelino González como o boneco Bogo, a xa falecida Marisa Soto, Xosé Lois, Serxio Pazos, Gonzalo Uriarte e Xosé Manoel Conde como o "Profesor Lampantín". Foron guionistas do programa Xosé Manoel Conde, Cándido Pazó, Avelino González, Manoel Pombal e Paco Barreiro.

O mellor

O mellor foi un programa da Televisión de Galicia dirixido e presentado por Manuel Rivas que se emitiu na tempada 1986-1987, consistía nun concurso de enxeño e humor, no que os concursantes subían a un ring de boxeo para competir en ser o mellor humorista, en cada programa tamén contaban chistes recoñecidos humoristas e afeccionados, como varios presentadores da propia TVG no primeiro programa.

Ruada

Ruada foi un programa da Televisión de Galicia presentado por Xosé Luís Blanco Campaña que se emitiu na tempada 1985-1986. Emitíase os mércores e venres pola noite. Ruada consistía en actuacións de músicos, bandas e grupos de baile tradicionais galegos e entrevistas a personaxes populares e do eido da cultura.

Superamigos

Superamigos foi un programa infantil emitido TVG en 1989-1990.

Xente nosa

Xente nosa foi un programa dedicado a entrevistas de profundidade da Televisión de Galicia que se emitiu en 1987 e 1988, dirixido e presentado por Xosé María Palmeiro na primeira tempada e por Antonio Vallejo na segunda. Entre os persoeiros que pasaron polo programa estiveron Francisco Vázquez Vázquez, Antonio María Rouco Varela, María Xesús Sáinz, Antón Reixa, Carlos Pajares, Luísa Castro, Luís Carballo, Rosalía Dans, Chano Piñeiro ou Moncho Borrajo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.